Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 

O luns pasado nun ataque de cinismo e incorrección absolutos o noso Dr de Enfermería deixou plantados a un grupo de profesionais á porta do seu despacho, despois de un: “5 minutitos… y enseguida vuelvo”…

Estes profesionais, xoves e con ilusión polo traballo, non daban creto ao que estaba acontecendo, só querían expoñer as súas lexítimas reivindicacións.

Esta menda personouse no despacho do Dr. para comprobar se o desplante fora por causa de forza maior, e a pesares de que o señor me asegurou que así fora e de que se desculparía cos traballadores/as, soaba todo a TROLA das gordas, tan gorda que aínda é hoxe o día en que nin sequera se desculpou.

Parece esta historia a punta do Iceberg da falla de respecto que dende algunha Dirección se ten ao persoal desta casa, de modo que a quen ten gaña e ilusións se castiga e ás/ós que xa a perderon se culpabilizan. Así queda todo atado e ben atado.

A miña impresión, moi particular, é que parecía que de Enfermería o noso Dr non sabía nada de nada, pero de relacións humanas ía sobrado, pois tampouco, a realidade é que o que está facendo como práctica habitual é lucirse “chuleando” ao persoal.

Estes días descubrimos a maiores que dende a Dirección:

- descoñecen a regulamentación emitida polo SERGAS sobre o desfrute da lactancia

-se escollen ás/aos profesionais para os distintos servizos segundo as medidas, o que pasa é que non sabemos cales medidas valen e cales non

-non tiveron en conta que os acúmulos de determinadas categorías remataban co inicio dos bloques de vacacións, así que se está dando a paradoxa de que contratadas con 30 puntos teñen un bloque de 2,5 meses e outras con 19 puntos, un acúmulo de 6 meses, dado todo cunha diferencia duns días. UNHA DESCOORDINACIÓN FLAGRANTE ENTRE A DIRECCIÓN DO HOSPITAL E A DIRECCIÓN PROVINCIAL (esperemos que tenten amañalo).

-os acomodos internos seguen a estar a medias, a demora na pesquisa das prazas de enfermería fai que tardemos moitos meses  en que se poidan convocar, xa que a dirección non sabe quen está, en que posto está, que condición ten, onde ten as vacantes… se se reestructuraron ou non….

Haberá que ter paciencia,  porque a incompetencia é moita, as gañas de traballar non se sabe cales son… a racionalidade está ausente,…. Menos mal que aínda nos deixan desfrutar das vacacións….