Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

A XAP de LUGO decidiu de xeito unilateral e sen previo aviso non renovar o contrato ás empresas de Seguridade que se encargan da vixiancia nos distintos PACs da provincia.
Deste xeito PACs como os de Fingoi, Vilalba ou Viveiro, con gran frecuentación, quedarán sen vixiancia nocturna. A XAP de Primaria obvia sen consideración algunha que non hai moito tempo se produciu unha severa agresión a un facultativo do PAC de Fingoi, na cal o garda de seguridade xogou un importante papel para evitar lesións maiores ao traballador.
A CIG-Saúde valora negativamente esta medida, por non estar comunicada nin argumentada,  e pedirá a esa xerencia que nos remita os datos que obren no seu poder sobre as agresións ao persoal da Primaria.