Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

EN RELACION CO CPV, desde a Agrupación Médica da CIG-Saúde (AgM-CIG)

ESTAMOS EN CONDICIÓNS DE AFIRMAR QUE:

 

       Os facultativos que non asinen os obxectivos tamén teñen que ser forzosamente avaliados polo SERGAS e este, en función desa avaliación, ten a obriga legal de pagarlles o CPV.

son falsas e ilegais, e hai sentenzas que así o establecen claramente, as ameazas realizadas desde algunhas xerencias de que, os que os facultativos que non asinen os obxectivos que o SERGAS pretende impoñer, non percibirán o CPV.

 

       As xerencias non poden deixar de abonarlles o adianto mensual do CPV aos facultativos que non asinen:

os rumores promovidos desde algunhas xerencias de que non asine os obxectivos van deixar de percibir o adianto mensual do CPV non deben enganar a ninguén.

à existen sentenzas que establecen claramente a ilegalidade de non seguir abonando eses adiantos aos profesionais que non asinen os obxectivos.

 

       O SERGAS ten a obriga legal  de negociar coas centrais sindicais, na Mesa Sectorial, para “a fixación dos criterios, pautas ou ambos para a determinación dos obxectivos dos que se derive a percepción do CPV”.

a pretensión do SERGAS de impoñernos sen negociación un modelo de CPV inaceptábel e non negociado é ilegal, de acordo co establecido en sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia,

 

Estas conclusións, que se tiran do Informe da Asesoría Xurídica da CIG do 17/06/2011, elaborado a petición da Agrupación Médica de CIG-Saúde, baséanse en dúas sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que conteñen idéntica doutrina: a primeira de data 30 de setembro de 1999 (relator:  Sr.  Outeiriño  Fuente)  e  a  segunda  de  data  5  de  abril  de  2004  (relator:  Sr.  López  Paz).  

 

As sentenzas e más información na web da Agrupación Médica de CIG-Saúde:

www.agmedica.org