Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 

ACLARACIÓNS PARA DESMENTIR INTERPRETACIÓNS INTERESADAS POR PARTE DALGUNHA DIRECCIÓN

 

A ampliación dos días de vacacións por antigüidade deriva da Lei 9/2003, do 23 de decembro, de medidas tributárias e administrativas, e a súa aplicación ao persoal do SERGAS estableceuse mediante a Circular 14/2004 da División de Recursos Humanos.

Nesta Circular dise entre outras cousas que “con carácter xeral os anteditos días (adicionais de vacacións) terán o mesmo tratamento, en canto a períodos de goce, partición e demais circunstáncias, que os demais días de vacacións…”.

Tamén deixa establecido que “Os Centros establecerán os critérios para que o seu goce se adapte ás necesidades asistenciais e organizativas dos servizos, polo que poderá establecerse o seu goce en períodos distintos dos ordinários vacacionais, prévia negociación nas respectivas Comisións de Centro”.

Pois ben, as Xeréncias –tanto a de Primária como a do Hospital- non propuxeron negociación algunha coas Comisións de Centro tendente a establecer os critérios sinalados anteriormente para establecer o disfrute das vacacións adicionais fóra do período ordinário, polo que NON PODEN DICIR AGORA COMO DÍN QUE NON SE PODEN DISFRUTAR TALES VACACIÓNS NO PERIODO ORDINÁRIO CANDO SE SOLICITAN COMO UN SEGUNDO OU TERCEIRO PERIODO.

As Direccións que así actúan incumpren a legalidade, ben por ignoráncia – habela, haina- ben por MALA FÉ –idem-, non sabemos que será peor.

A ignoráncia xa non poderá ser excusa. A mala fé non ten reparo.