Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo
 
 
Hai uns días a CIG-Saúde a traveso da súa delegada electa 
para o Comité de Laborais mantivo unha reunión informal
coa Dra de Enfermería do Centro de S. Rafael, para tratar
o tema de a maneira de solicitar os días de libre
disposición (DLD) e a súa concesión ou non.
O problema ven sendo vario, por unha banda non hai impresos
no centro para que o persoal poida solicitar os seus DLD por
escrito e a reposta verbal que recibían era que tiñan que
esperar porque igual non poderían disfrutalo nesa data que
pedian.
Despois de unha cantas reviravoltas na conversa chegamos 
ás seguintes conclusións:
 -Solicitaranse máis impresos ao HULA, tardarán unha semana.
(Parece ser que escaseaban, e pretendían que os recollésemos
nós no Lucus  Augusti).
 -Os impresos quedarán en admisión calquera que queira terá
acceso a  eles, haberá que  cubrilos e entregalos á dirección
de enfermería.
 
 Conclusión: Cando solicitedes un LD facédeo sempre por escrito,
 mínimo 5 días antes.

 Pódese dalo caso que non o concedan pero ten que ser unha causa
de forza maior, entendéndose as necesidades de servizo entre estas, e lembrade que sempre ten que estar o 50% do turno con antigüidade.
 
Aquí habería que decidir que son necesidades de servizo?, esto cremos
que está claro e non o dí somentes a CIG, é algo universalmente
compartido, necesidades de servizo son:
 aquelas que fan imposible a concesión dun permiso: que non haxa xente
nas listaxes de contratación, que haxa un excesivo número de permisos
pedido... e poucas cousas máis, o resto son caprichos,non necesidades
de servizo.

 O agravante destas cuestións é que a Dirección de Enfermería decidiu
no seu momento que as supervisoras (do tipo que foren) xestionaran os
RRHH das distintas unidades, para esto afirmou e confirmou que ía formalas,
 non sabemos se esto aconteceu ou non (eles din que si), o que si
constatamos a diario é que segundo sexa e actúe a Supervisora o persoal
está mellor ou peor no seu contento e cos seus direitos mellor ou
peormente recoñecidos.

Que a "Pecata minuta" de S. Rafael non se convirta en algo absurdo e
invencible é responsabilidade de todos e todas, incluídos persoal e
Xefes e Xefas.