Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

REUNIÓN DELEGADOS CIG-SAÚDE FUNCIONARIOS E LABORAIS COA DIRECCIÓN

 

A CIG tiña solicitada reunión coa dirección para o tratamento de temas variados dende o día 25 de Xuño, polo tanto, hoxe non foi sen tempo.

Dende a CIG pensamos que hai unha serie de cuestións que dende a Dirección se tentan resolver aínda que dende fóra nos coste ver capacidade e dilixencia coa que presumen que se fai, outras, suporán tropezar cun escollo de notoria importancia, pero é o que nos toca pelexar neste momento.

A nosa solicitude de reunión estruturábase en 2 partes diferenciadas:

1ª.- O relativo a cambio de ubicación e integración funcional:

                -Previsión de data de traslado e estado das obras (non hai data oficial nin a haberá ata estar seguros de poder cumprila, o que está claro e que o Centro actual non reúne as condicións mínimas que se lle supón a un edificio público que acolle doentes e que as obras en Calde non comezaron), a resposta vén a ser: en canto sexa posible.

                -Posibilidades de oferta asistencial (esperemos que aquí se cumpra a normativa que regula as unidades de rehabilitación psiquiátrica)

                -Plan funcional e participación do persoal.- Desto hai cousas que xa empezaron a funcionar, como por exemplo a comisión de persoal encargada das suxerencias relativas á modificación da estrutura do novo centro e á organización do traballo. Tamén hai distintos profesionais (neste caso os FEA)que teñen feito un proxecto para o novo centro, no que se inclúe a carteira de servizos (sen desenvolver) e outra serie de cuestións relativas á asistencia sanitaria Queda claro que todo non se pode facer de golpe, polo que pedimos, que antes de proceder a tomar medidas, a aceptar ou rexeitar propostas… se compartan os distintos proxectos ou visións entre todo o persoal, aínda así quedarán matices importantes sen tocar, de seguro.

                -Definición de funcións e protocolos.-Neste apartado solicitamos que se valore a preparación da medicación na farmacia do Lucus e que se leve a cabo a definición de funcións e tarefas por categorías

2ª.- O relacionado coa vida diaria, que tamén ten a súa importancia.

                -Nóminas.- Parece que se fixo un esforzo importante por acadar unhas nóminas correctas e que recollan correctamente as retribucións.

 Unha das dúbidas que había é que na paga extra non se reflectía correctamente a contía nin a correspondente cotización á SS.

Explicáronnos que a paga corresponde aos 5 meses que leva o persoal transferido ao SERGAS (as pagas de agora en adiante serán de novembro a maio e de maio a novembro) polo tanto afecta aos correspondentes 5 meses do 2011, o que se cobra son os 5/6 da paga, o mes de decembro debeuno pagar a Deputación ao liquidarvos, se non o fixo aínda hai case 4 anos para reclamarlle.

Por outro lado, o salario base que marca a Orde de confección de nóminas  (que abrangue as nóminas de tódolos funcionarios) a efectos de paga extra non se corresponde co  salario mensual, en base a todo esto se fixo a nómina da extra, e tal como nos explicaron dan as contas.

Con respecto ás cotizacións haberá que dicir que están collendo a base de cotización de cada mes, a non ser que sexa inferior á base de decembro, que collerían neste caso, tal como é correcto.

En todo caso, o persoal de nóminas ofrécese a responder ás preguntas concretas que lle queirades facer se é que algo non entendedes.

Aclaráronnos tamén que hai uns conceptos que por cuestións de mecanización van sen desglosar (festivos, noites e noites prefestivas) eles teñen os datos desglosados e tampouco teñen inconvinte en ofrecérvolos, o de facelo agrupado é por causa de non ter que mecanizar todo á man.

Dende a CIG recomendamos que levedes conta da atención continuada que facedes, para poder reclamar no caso de que haxa erro no apunte dalgúnha noite ou festivo.

-Pago da Produtividade.- Polo que parece estase valorando pagala con normalidade, a fin de ano, como xa aconteceu o ano pasado.

-Acción Social.- Tamén se están aceptando e valorando as solicitudes, de feito parece que se procedeu ao pago dalgún concepto e así se seguirá a facer.

-Existencia de rexistro nos centros periféricos.- Segundo parece non é posible porque ten uns requisitos oficiais que exceden as competencias do Centro, pero no relativo a rexistro de solicitudes de permisos vaise solventar en breve coa habilitación do fidex para tramitalos (cando sexa o traslado a Calde, claro).

- DLD.- Comentamos coa Dirección a dinámica da negativa que impera en S. Rafael á hora da concesión de permisos, alí séguese un costume similar ao de algunhas unidades de aquí: “non o pidas porque non cho imos dar”, co agravante de que nin sequera están as follas de solicitude a disposición do persoal, se non custodiadas por quen concede ou non os permisos, hoxe levaron de aquí unhas poucas para deixar nos distintos servizos, que é o normal, como tamén é normal que o persoal pida e a dirección lle conceda ou negue, pero cando nega ha de ser en base a algo… polo tanto, o argumento para denegalos non pode ser que teñen que quedar 6 antigos de mañá (cando son os 6 que hai en carteleira), xa que se no quirófano o criterio ben sendo que quede o 50% da plantilla, como norma xeral, en S. Rafael non pode ser distinto. Non poder pedir un permiso é anormal e ilegal. A dirección entendeuno e quedou de comentalo cos responsables do Centro.

Mención aparte merece a Cociña, xa que alí tal como está organizado, na categoría de Cociñeiros,  quitaríaselles o dereito ao desfrute dos DLD, cuestión impensable, veremos que dan resolto aquí.

Falamos tamén da escaseza de persoal, xa que fan 220 comidas con 4 cociñeiros e 6 pinches, aínda que esto vai ser temporal (en Calde servirase a comida dende o Lucus), parece que deberían buscarlle algunha solución, xa que por moi custosa que sexa, tamén é algo temporal.

-Antigüidade.- Están traballando para que o persoal poida adquirir certificados de servizos prestados válidos e reais, pídennos un pouco de tempo para que isto sexa unha realidade, recoñecendo que é un dereito que os/as traballadores/as teñen. Con respecto á data de antigüidade do fidex, aclaran que só se refire ao tempo que o persoal leva transferido ao SERGAS.

-Cálculo de Xornada.- Deixamos enriba da mesa unha proposta de cálculo , que nos parece argumentada e razonada, quedamos en falar dela para o próximo mes, a este apartado adicarémoslle un capítulo propio non futuro cercano.

Confirmáronnos que o día de Sta Rita está denegado de xeito rotundo e invariable, moito nos tememos que o resto de festivos propios tamén, o que queda neste caso é acudir ao Xulgado, é o que hai. O noso consello é que os que aínda non o solicitastes o fagades, para que volo deneguen, claro, e así seguir co proceso.

 

Desta volta nada máis.