Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

12072011506

CO LEMA DE: RECORTES NO CONCELLO, NON NA SANIDADE

A política sanitaria da Xunta de Galiza inclúe a supresión de tódalas prazas posibles de distintos profesionais da Primaria e en tódalas áreas posibles.

Non é a  primeira vez que esto acontece, aproveitando o concurso de traslados e OPE decidiron deixar con cupo 0 prazas de médicos en: O Saviñao, Brollón, O Incio… e un par de sitios máis, probablemente sigan facendo o mesmo con prazas de Enfermería (eso se comenta en Escairón).

O Comité de Primaria interesouse hai uns 10 días por esto, a explicación que deron foi que lograran non ter que amortizar (suprimir) as prazas, que as deixaban con cupo 0 (o que lles permite reutilizar os cartos para outras cousas) e que en canto pasara a esta atenazante crise (que atenaza a uns e non a outros/as) as retomarían. Cuestión esta que ou é así ou non o é, queremos dicir que as prazas non teñen que amortizarse para perderse, xa que poden reclasificarse noutras categorías sen demasiado problema…

Neste pobo a súa Asociación de Veciños, a Plataforma para a defensa da Sanidade Pública de Monforte, a CIG… apoian aos seus habitantes na reivindicación de respecto á poboación e mantemento do médico que lles quitan. Están enviando reclamacións á Xerencia da Primaria e esta estalles contestando con bastante menos sinceridade da que usou para informar ao Comité.

Os veciños quéixanse de que nun Concello como O Saviñao, con 5077 habitantes, haxa 4 dedicacións exclusivas dos seus concelleiros (11 en total), que son soldos políticos, e non haxa cartos para manter un médico que a poboación precisa, máis agora no verán que se duplica a súa poboación.

Supoñemos que haberá máis capítulos que contar a partires deste, un goberno que non respecta os seus propios acordos, non respecta á súa propia poboación (sendo unha parte importante a que lle vota), non merece tregua, cando as decisións que toma son arbitrarias, asoballantes e contrarias á opinión de todos/as.

A CIG-Saúde, participou e fomentou a creación e  o desenvolvemento do Plan de Mellora da Primaria, e dende aquí pide, como mínimo, que xa que se dan pasos cara a ordenación de recursos, que se sigan a dar con tódalas consecuencias é dicir que se sobra nun sitio se coloque noutro no que se precisa, non que se faga desaparecer como por arte de maxia.