Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

MESA DE NEGOCIACIÓN DO NOVO PACTO DE CONTRATACIÓN DO 20 DE ABRIL DE 2016.

Despois de case un ano parece que por fin a Admón tivo unha mínima vontade de negociación. Mais con esta reunión dáse por rematada a fase de negociación, en espera de que nos vindeiros días se remita o texto definitivo ás OOSS para a súa sinatura ou non na vindeira Mesa Sectorial.

O novo texto introduce unha serie de cambios con respecto ao anterior:

•    Introduce, no apartado de baremo, que se terá en conta a mellor puntuación global da fase de oposición das dúas últimas convocatorias de OPE do SERGAS.

•    Introduce que en Promoción Interna se pode inscribir en calquera área, e que nas listas de ámbito autonómico se pode marcar área de opción preferente (agás para o 061).

•    Os cambios de áreas aceptados en Comisión Central faranse efectivos aos 15 días.

•    Os contratos a tempo parcial en áreas limítrofes, terán carácter voluntario.

•    Engade a suspensión de chamamentos voluntaria.

Dende CIG-Saúde denunciamos as formas utilizadas e a deslealdade coas OOSS pola nota de prensa publicada nos últimos días nos medios de comunicación, cunha clara intención propagandística e electoralista, anunciando uns pactos coas OOSS e dando unhas expectativas as/os aspirantes sobre temas que nin estaban debatidos nin se sabía se ían a quedar así ou de outra maneira.

Dende CIG-Saúde expuxemos as nosas alegacións, das cales van ser incorporadas no novo texto as seguintes:

•    Listas subsidiarias: solicitamos a non penalización en segunda volta. Acordouse buscar un sistema para que o/a aspirante poida renunciar sen penalización unha vez que haxa dispoñibles.

•    Listas de FEAs: solicitamos que se establezan uns prazos para a negociación do procedemento de selección temporal. Acórdase que na Acta de fin de negociación se establecerá un calendario.

•    Listas de curta duración (pool):

  • Aceptan incluír no texto e nas inscricións a aclaración (pool) para identificar claramente estas sublistas.
  • Solicitamos que se mantivese a puntuación pola permanencia nas listas de curta duración obtida nos pactos anteriores. Acórdase consolidar a puntuación pool dos pactos 2004 e2011.

•    Reservas dos vínculos de longa duración: solicitamos incluír as situacións de IT derivada do embarazo e por accidente laboral. Quedaron en valorar a inclusión do suposto de IT derivada do embarazo.

•    Solicitamos a inclusión dun Anexo cos ámbitos territoriais (localidades) de cada área ou zona. Acórdase publicitalo na web sen incluílo directamente no Pacto.

•    Solicitamos a inclusión de varios acordos da comisión central que non figuran no Anexo III. Quedaron en  revisar  os acordos  e ver  de  incluílos.  

Outras engádegas ao texto do pacto:

•    Suspensións de chamamentos de reactivación automática:

  • Incluirase Enfermidade grave de familiar. Pendente de valorar ata que grado e a posible xustificación.
  • Incluirase en exame fóra da Comunidade, 2 días.

•    Modifícase o Anexo II:

  • Pasa a chamarse Listas compatibles en lugar de Categorías compatibles.
  • Incluirase Enfermeira Especialista en Obstetricia e Xinecoloxía (Matrona) no apartado b) Bloque I .

•    Valorarán de ampliar os 15 días de suspensión de chamamentos  voluntaria incluídos no último borrador.

Ademáis, dende CIG-Saúde defendemos o resto das nosas alegacións, inda que non parece que vaian ser recollidas no novo texto:

•    Solicitamos a incorporación do descanso obrigatorio.

•    Promoción Interna: solicitamos que só se poida participar na área na que se ten a praza en propiedade, e que se poidan ofertar contratos iguais ou superiores a 1 mes. Nesto último fan referencia a que o 206/2005 é quen establece que se ofertarán os contratos de 2 meses ou máis.

•    Solicitamos a incompatibilidade das listas de área especial entre si, ademais de coa lista pool.

•    No pacto incorpórase a exixencia da licencia de operador para a manipulación de equipos radiactivos. O SERGAS, a pesar da reiterada petición, inda non informou da norma na que se rexen para esta exixencia, ao incorporalo é obriga da empresa formar para a obtención desta licencia.

•   Non entendemos a necesidade dunha área especial de TAC e RMN na categoría de TER.

•   Solicitamos  que  os  chamamentos  para  listas  autonómicas  se  sigan  a  facer  dende  Servizos Centrais.

•   Solicitamos que se estableza unha prelación clara nas situacións de indispoñibilidade.

•    Solicitamos  que  se  permita  a  renuncia  sen  penalización  nos  supostos  de  chamadas  para  a cobertura do mesmo día. Manteñen a redacción coas 3 horas de antelación, sendo obrigatoria a aceptación en segunda volta.

•    Listas de curta duración (pool):

  • Solicitamos reducir de 4 a 3 días a duración dos contratos.
  • Solicitamos que se defina o que é urxente e non programado.

•    Solicitamos a concreción na suspensión voluntaria de chamamentos de a qué datas se refiren con período estival, Semana Santa e Nadal.

•    Solicitamos un Anexo onde se definan os tipos de contrato e a xestión dos mesmos.

•    Solicitamos un Anexo que indique as/os aspirantes de que áreas poden ser chamados a través da sublista de áreas limítrofes.

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Está previsto que manán 21 de abril se publique en DOG a resolución pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal nas categorías de:


    • Enfermeiro/a especialista de saúde mental
    • Enfermeiro/a especialista do traballo
    • Médico/a de urxencias hospitalarias
    • Pediatra de atención primaria.
 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo


Infórmase que está previsto que os exercicios da fase de oposición do proceso selectivo das categorías de:
enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía, fisioterapeuta, logopeda, terapeuta ocupacional, técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior en hixiene bucodental, técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico, técnico/a superior en radioterapia, técnico/a en coidados auxiliares de enfermería e técnico/a en farmacia, se desenvolvan durante a fin de semana do 28 e 29 de maio, próximos.


 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Publicada hoxe 31/03 en DOG Resolución con relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización periódica das listas de selección temporal elaboradas ao abeiro do Pacto do 26 de abril de 2011 nas categorías de:

(incluén a nota provisional da nova OPE)


. Enfermeiro/a

. Enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061---> OLLO ESTÁ LISTA TEN MOITOS ERROS

. Enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía

. Médico/a de familia.


Enlace ao DOG

Enlace ás listaxes


 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

ListasContratacin17032016

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

cartaz_manifa_10_marzo

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Cartaz_3_marzo_OPE_todalas_vacantes

 
Máis artigos...
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>