Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 

NOTA ENVIADA Á PRENSA SOBRE EXAME CELADORES

Este fin de semana celebrouse en Silleda o exame da oposición para o Sergas da categoría de CELADORES, o mesmo constaba de 2 partes diferenciadas:

  • Unha parte específica, con temario propio.
  • Unha parte común tamén con temario propio.

Unha vez rematado o exame nas suas partes, os opositores constataron que na parte específica había un número de preguntas, que non debían de figurar nese exame en concreto, pois pertencian ao temario da parte común.

Por todo isto dende CIG-Saúde pedimoslle ao Sergas que busque unha solución, xa que non parece de recibo realiza-los cambios de temarios entre os distintos exercicios.

Tamén se constatou que o nivel dun grande número de preguntas non correspondía coa titulación esixida para á categoría. 

----------------

No local sindical, temos modelo de impugnación.

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Están colgadas na Web do Sergas as listaxes dos aspirantes NON exentos do exame de galego.

http://www.sergas.es/OPE2008/ListadoCategorias.aspx?IdPaxina=60100

Prazo de reclamacións ata o 22/10/09´.

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

En Lugo tamén

573-70471-a-mexandoOs afiliados que acudiron a asemblea convocada por CIG-Saúde Lugo por causa da proposta do SERGAS para o Baremo do Pacto de Contratacións manifestaron claramente a súa discordancia con esa proposta.

En termos de porcentaxe poderiamos dicir que o 99% non concordan con que haxa unha lista única de aprobados coas demais subsidiarias, o 100% non concordan con que na 2ª lista  se bareme só  a nota do exame.

É, polo tanto, unha clara oposición a esta proposta e así o transmitiremos ao Consello Nacional da CIG o día 22, facendo notar que os nosos afiliados contratados están dispostos a mobilizarse no caso de que as listas pendentes de publicación non saian coa celeridade suficiente.

Séntese o persoal extremadamente agraviado porque o aprobar a última OPE non lles vale para nada, e séntese os últimos da fila... 

Terémosvos informados a todos, para calquera dúbida o 982296537 ou ben o 607547358

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

O SERGAS FAI UNHA NOVA PROPOSTA PARA A NEGOCIACIÓN  DO PACTO DE CONTRATACIÓNS QUE CAMBIA POR COMPLETO O CONCEPTO DE LISTAS DE CONTRATACIÓN, PROPÓN :

- UNHA 1ª LISTA COS APROBADOS SEN PRAZA DA OPE NA QUE SE INCLÚE A PUNTUACIÓN DA FASE DE CONCURSO

-UNHA 2ª LISTA COS PRESENTADOS SUSPENSOS NA QUE SÓ SE TEN EN CONTA A PUNTUACIÓN DOS EXERCICIOS DA OPE

-UNHA 3ª LISTA SUBSIDIARIA DESTAS PARA QUE SE ANOTE O PERSOAL QUE RESTA E O QUE SE VAIA INCORPORANDO

 

COMO VEDES O CAMBIO DE CONCEPTO É SUBSTANCIAL, NO CONSELLO NACIONAL DA CIG-Saúde DECIDIUSE DISCUTIR NAS COMARCAS.

EN BREVE TEREDES CONVOCATORIA DE ASEMBLEA DE AFILIADOS SEN PRAZA, CO FIN DE ACADAR UNHA POSTURA QUE DEFENDER NO GRUPO INTERNO DE TRABALLO CREADO PARA A RENEGOCIACIÓN DO PACTO DE CONTRATACIÓNS. CONTAMOS COA VOSA OPINIÓN.

 

 

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo
As últimas listas de contratación estaban sen baremar en case que tódalas Direccións Provinciais. Teremos que empezar a dar caña, o venres día 2 hai mesa central de contratacións, prantexaremos o tema. Xa vos teremos informados.
 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Como a Dirección de Recursos Humanos do SERGAS convoca unha xuntanza para tratar como será o novo pacto de contratacións,  publicamos as propostas de CIG-Saúde cara a este novo Pacto de contratacións.

Ler máis...

 
<< Inicio < Anterior 41 42 43 44 45 46 47 48 49 Seguinte > Final >>