Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo



Comunican do Sergas que está previsto que mañá se publique en DOG a relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización periódica das listas de selección temporal elaboradas ao abeiro do Pacto do 26 de abril de 2011 nas categorías de técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior en hixiene bucodental, técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico, técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, técnico/a superior en radioterapia, técnico/a superior en documentación sanitaria, técnico/a superior en dietética e nutrición, técnico/a en farmacia e técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría.

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Enlaces ás plantillas de respostas dos exames do 23 de xaneiro de 2016:



DUEs


MÉDICO FAMILIA



 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

       O SERGAS  comunicanos que xa ditaron instrucións a todas as xerencias para que ás/os enfermeiras/os que participen na OPE do día 23 se lle conceda a noite do día 22.

        A discrepancia é que a noite non vai coma permiso, se non coma cambio de quenda.

        Este tema témolo que levar á próxima mesa sectorial, para que compute, cando menos, coma 7 horas de traballo efectivo, igual que outro permiso.

        Dixéronnos que si coñeciamos algún caso no que non lle mudaron a quenda que llo comuniquemos.

     En todo caso, a recomendación é que non cambiedes vós a noite anterior, que vola cambie a casa, por si acaso é susceptible de ser reclamada se na Mesa Sectorial nos din que non. 

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo
Publicar a relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización periódica das listas de selección temporal elaboradas ao abeiro do Pacto do 26 de abril de 2011 nas categorías de médico/a de urxencias hospitalarias, pediatra de atención primaria, enfermeiro/a especialista de saúde mental e enfermeiro/a especialista do traballo
 
 
As persoas interesadas poderán presentar reclamación ante as direccións das estruturas organizativas de xestión integrada e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade no prazo de dez (10) días naturais contados a partir do seguinte ao da súa publicación
 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Dende o Sergas, confirman unha vez máis que a data do exame de enfermeira/o e médica/o de familia, vai ser o día 23 de xaneiro.
Xa está enviado a DOG e

contan que se publique na vindeira semana, como moito.

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Infórmase que está previsto que mañá 1 de decembro se publique no Diario Oficial de Galicia a listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as así como os exentos e non exentos do exercicio de lingua galega no concurso oposición das categorías de enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía, fisioterapeuta, logopeda, terapeuta ocupacional, técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior e hixiene bucodental, técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico, técnico/a superior en radioterapia, técnico/a en coidados auxiliares de enfermería e técnico/a en farmacia.
O prazo de reclamación é de dez días hábiles e finaliza o próximo 14 de decembro.

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

http://www.poderjudicial.es/cgpj/es/Poder-Judicial/Tribunales-Superiores-de-Justicia/TSJ-Castilla-y-Leon/Noticias-Judiciales-TSJ-Castilla-y-Leon/El-TSJCyL-suspende-la-convocatoria-de-acceso-a-personal-estatutario-fijo-para-enfermeros-en-el-Servicio-de-Salud-de-la-comunidad



   Deixamos aquí o enlace á nova de hoxe. O tribunal superior de justicia de Castilla y León suspende a OPE de enfermeiras porque a convocatoria se fixo sobre unha oferta de emprego do 2011, cando a vixencia máxima destas ofertas é de 3 anos e xa van 4 cumpridos.

    Dende logo é mellor que se suspenda a que se anule unha praza gañada nunha OPE que non é válida, pero de todos xeitos debemos consideralo unha gran trapallada irrespectuosa dun goberno e unha administración pouco seria. Cada día máis o único que parece importante é que as aspirantes paguen as taxas....


     Que este goberno sexa dun partido que presume constantemente de ter salvado España cando nin son capaces de convocar unha OPE válida..... dá que pensar bastante...


ACLARACIÓN Á ESTA NOTICIA


Onte non explicamos máis, pero a cuestión é esta


A avogacía do estado pon en compromiso esta OPE por pelexa internas do PP, xa que dende o goberno se impugnou porque consideraron que se excedían as prazas convocadas (554) e sobrepasaban a taxa de reposición marcada polo goberno.

A sentenza non chega a meterse con iso xa que se basea noutra cousa certa, a vixencia da oferta de emprego, co cal o fin que eles pretendían foi cumprido.


OPE SERGAS

ESTA OPE  SEGUE ADIANTE/ A OFERTA DE EMPREGO ESTÁ EN VIGOR E A CONVOCATORIA TAMÉN. NON TEN NADA QUE VER COS LÍOS DE CASTELA.

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Tal e como se quedou onte na mesa sectorial informan hoxe que está previsto que os exercicios da fase de oposición do proceso selectivo das categorías de médico/a de familia e enfermeiro/a se realicen o próximo 23 de xaneiro.

 
Máis artigos...
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>