Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo



  

Igual vos preguntades o porqué de semellante desatino, pero évos ben certo que a Sra logrou dinamizar ao persoal con 2 declaracións máis que a CIG con 25500 convocatorias.

E logo non?, a boa da muller di que os contratos de reforzo son excepcionais, que non hai motivo para facelos (cando hai categorías enteiras que só teñen este tipo de contratos)…. E por fin sae a vea sensible do persoal contratado e logran enfurecerse, tanto que un novo sindicato recén creado se manifesta como primeiro protestante ante tamaña desvergoña.

Parten dun erro fácil, confundir o Pacto de contratacións coas contratacións, por se a alguén lle interesa diremos que o Pacto ordea os chamamentos, pero son as Xerencias as únicas que deciden que tipo de contrato se fai, polo tanto, é a dirección política dos Centros a que decide pervertir o tipo de contratación, sen que o Pacto teña nada que ver.

Por outra banda, dicir que calquera contestación ao actual estado de cousas é benvida….. esperamos que non deixen de demandar cousas xustas, compartimos plenamente a penosidade que hoxe en día vive o persoal das listaxes de contratacións de calquera categoría.

É por isto que a Sra Conselleira, unha muller sensible, sen dúbida, declara no diario El Progreso esta fin de semana, que o SERGAS non é unha axencia de contratación, e polo tanto contrata como lle sae da gana, que a súa función é a asistencia sanitaria.

A Sra non sabe que o sergas nin contrata nin asiste... é todo unha macro penosidade, tampouco sabe que a ela a escolleron para cumprir unha función social, en apoio á cidadanía e comunidade e na súa representación (dos contratad@s e d@s doentes)... mais ela esqueceuno, como o seu amigo Feijóo e agora ambos se dedican a mandar en benificio dos seus amigos... eses empresarios con “pasta” que se atopan construíndo o hospital de Vigo, ou rexentando POVISA ou dos que se farán cargo da radioterapia e da medicina nuclear do HULA, que xa sabedes que o segundo acelerador só virá cando o servizo estea “rodado”.... un escándalo de declaracións.... tan atinadas que igual acabamos cun servizo móbil para os novos servizos, que por certo... aínda non sabemos para cando....

 AH!!!!!!!!!! NON ESQUEZADES QUE SEGUIMOS A ESTAR AQUÍ...... DÍA 3 DE DECEMBRO CONCENTRACIÓN NO VESTIBULO DO HULA POR UNHAS CONTRATACIÓNS DIGNAS.....

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Dende Cig-saúde velando unha vez máis pola saúde dos traballadores deste centro, instamos á xerencia a que se estableza un protocolo de actuación para os casos de exposición e/ou contacto cun paciente ao que lle sexa diagnosticado unha meninxite bacteriana. Xa van varias veces nas que no Servizo de Urxencias se atende a algún paciente que horas máis tarde do seu paso por este servizo se lle fai este diágnostico, e o persoal que estivo en contacto con este paciente entérase, no mellor dos casos, días máis tarde, e sempre dun xeito extraoficial, é dicir, a través dos compañeiros. Sendo tamén a decisión de iniciar a terapia profiláctica un tema que se decide falando cos propios compañeriros da urxencia, sen ter unha valoración seria e oficial de cada caso.

Segundo os protocolos que están publicados na páxina web do sergas, a administraciòn da terapia profiláctica debe facerse inmediatamente despois do contacto, sendo sempre preferible nas 24 horas que seguen ao ingreso hospitalario, xa que os beneficios atribuídos á profilaxe vai diminuíndo co paso dos días e non se recomenda pasados os 10 días.

E por eso, que insistimos na necesidade de regular este procedemento dende o momento 0 que empezaría por un sistema de alerta no que todos os traballadores afectados de calquera dos servizos polos que pase o paciente con este diagnóstico sexan avisados e se lles informe do procedemento a seguir.

Este tema levarase por parte desta central sindical ao vindeiro Comité de Saúde Laboral que será o 19/12/2014, ademais de poñelo xa en coñecemento desta xerencia.

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

25n

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

imagen no mostrada

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

CONSELLEIRA:

COMO PODE MENTIR, E QUEDARSE TAN PANCHA????

A táctica dos membros do goberno do PP é mentir, aínda a sabendas que o fan, por que sabendo, que nos cabrearemos e contestaremos, tamén saben, que a plataforma informativa non é nin de lonxe a mesma que teñen eles. Minten e minten e sempre queda algo, porque a súas mentiras se oen moito máis alto e chegan a tódolos medios  e as  verdades do pobo no dia a dia case nin se escoitan.

O domingo dia 16 a conselleira de sanidade Rocio Mosquera quedouse tan pancha dicindo que no Sergas se fan contratos para substitucións e que se contrata moito, que son anecdóticos os contratos que se fan por un dia, e que se cobren baixas, permisos bla bla bla…...

O raro é que non lle notemos que lle medre o nariz, porque a estas alturas tería que ser un nariz escandaloso.

Periodicamente fáísenos chegar a relación de nomeamentos coas listas dos contratos que se dan dende esta xerencia, e como debe ser este sindicato conta e reconta, e ve o que ve,  e temos que dicirlle a Sra. Rocio Mosquera que minte,e de que xeito,  que os contratos que se fan por un dia en reforzo cubrindo baixas, permisos etc non so non é unha anécdota, senón que se pode dicir que é a práctica  máis habitual sobre todo dende que ela e a conselleira.

Nun período comprendido dende 13/10/2014 ata 12/11/2014  en atención primaria de Lugo se fixeron un total de 340 contratos de un dia en diferentes categorías por reforzos que non son tales pero así os fan.

Na atención especializada no HULA, no período de 23/09/2014 ata 30/09/2014 se fixeron 448 contratos de un dia repartidos entre tódalas categorías.

Podían facer o mesmo con vostede e contratala de luns a venres (se non hai festivos polo medio) ou en días alternos, ou por horas así tamén tería un cento de contratos e os números serían marabillosos o ver a gran cantidade de contratación que fai a súa consellería

A precariedade no emprego do persoal das listas de contratación e un feito, e o que isto conduce e unha precariedade na atención xa que os profesionais non están a ser substituídos .

Non minta máis Conselleira que aínda que non nos escoiten como a vostede, seguiremos berrando .

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS
LISTAXES PROVISIONAIS DE BAREMACIÓN E DESTINOS

Infórmase que, hoxe 14 de novembro publícouse no Diario Oficial de Galicia a resolución provisional do concurso de traslados das categorías sanitarias de licenciado, diplomado e formación profesional, convocado por Resolución do 8 de xaneiro de 2014.

O prazo de presentación de reclamacións contra a baremación ou destinos provisionais é de 15 días hábiles, iniciándose o 15 de novembro e finalizando o 2 de decembro, ambos incluidos.

As reclamacións deberán presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos indicados no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro e deberán dirixirse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, órgano convocante do proceso.

Enlace a Resolucións DOG: 

Licenciado sanitario

Diplomado sanitario e de formación profesional

Enlace as listaxes Web Sergas: Listaxes, (poderanse ver en canto as publiquen).

A maiores dicir, que o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a concursante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

 

 

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Documento  información sobre Mesa Sectorial do 05.11

Documentación  sobre prazas traslados non sanitario e oferta emprego 2014

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

A CIG-Saúde denuncia que esta formación xa é impartida pola FEGAS

A consellaría de Sanidade destina 228.600 euros a contratar unha empresa privada para impartir formación ás/aos profesionais do SERGAS

Compostela, 30 de outubro de 2014.- A CIG-Saúde vén de denunciar que nos orzamentos para 2015 a consellaría de Sanidade destina unha partida de 228.600€ para contratar unha empresa privada que imparta formación continuada a profesionais en “mellora da calidade e seguridade e redución de custos”. Para a CIG-Saúde este gasto está enmarcado na política da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera,  de detraer dos orzamentos públicos diñeiro para empresas privadas sen xustificación algunha.

A CIG-Saúde explica que até o de agora a formación das e dos profesionais era impartida pola Fundación Pública de Formación Sanitaria (FEGAS) e a formación a usuarios/as a través da Escola de Cidadáns.

Ademais disto, engade que agora a consellaría de Sanidade vai crear a Axencia Galega de Formación e Innovación Sanitaria que “entendiamos que era para mellorar o servizo público e a formación das e dos profesionais –e non só para incrementar o número de directivos designados a dedo- cando, ao final, semella que non vai ser así porque prima o interese por seguir privatizando”, afirma a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín.

Neste sentido, a  CIG-Saúde lembra que  desde a chegada do PP ao goberno da Xunta fóronse reducindo os orzamentos destinados a formación e pregúntase se o obxectivo último, á vista desta nova partida orzamentaria, non sería precisamente a de” ir reducindo a formación desde o sistema público para finalmente derivala a empresas privadas”.

Redución de custos

A CIG-Saúde alerta ademais dos obxectivos concretos desa formación que se pretende impartir desde a empresa privada, nomeadamente no que se refire e “redución de custos”. Neste sentido sinala que até o de agora para o Partido Popular “reducir custos foi e é recortar dereitos e prestacións sanitarias o que vai en detrimento da calidade do sistema público de saúde, castigando ás persoas con menos recursos”.

 
Máis artigos...
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>