Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

salarios

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Como sabedes este edificio no que pasamos boa parte da nosa vida, ben por traballo ben por algunha cuestión de saúde, xa sexa nosa ou dalgunha persoa achegada, ten 7 anos de vida. Foi aló polo 2011 cando o inauguraba Feijoo  dicindo que ía a ser “unha referencia para Europa”, pois sí, referencia vaina ser pero de unha construción deficiente e do deixamento do Sergas en poñerlle freo e pedir responsabilidades aos culpables deste feito.

Poderíamos citar moitos casos onde vemos que non é normal que neste tempo xa sufriramos tantos problemas polas deficiencias estruturais ou técnicas do edificio como por exemplo:    
 -caídas das placas de escaiola do teito

- os ascensores que  pechábansenos  dándonos uns trompazos terribles pola falta de células,

 -os problemas das cañerías que producen un cheiro que apeletra polo deficiente desaugue, que así tamén afecta a duchas de vestiarios

- as inundacións producidas polas insuficiencias na canalización das augas e unhas arquetas mal dimensionadas,

-dificultades habituais na regulación da temperatura do edificio

-constantes levantamentos no chan da planta 0, porque o seu recobremento non está adecuado ao trote que leva

-o aire acondicionado ao límite nunha “ola” de calor que alí non pasou dos 37 graos

-ata a pedra para suxeitar a porta de acceso de pacientes externos á farmacia....

-e ultimamente e xa para poñernos si cabe máis en perigo, estanse a desplomar as lousas colocadas na parede exterior do edificio.

Isto como comprenderedes, debido ao perigo que supón, xa pasa da anécdota, unhas pedras de máis de 60 kgs de peso que caen en vertical dende unha altura considerable son unha verdadeira guillotina que polo de agora afortunadamente non causaron danos persoais, pero non por elo nos sigue a parecer unha situación gravísima para a seguridade sobre todo dos traballadores e traballadoras que fan tarefas de limpeza de cristais e no exterior.

Din as malas linguas que isto foi unha herdanza da Cidade da Cultura, e se ve que para D. Manuel ía o mellor, por iso as boas das pedras teñen un grosor considerable, máis alá do estritamente necesario, posiblemente.

A resposta que recibimos as O.O. S. S.  dende os responsables da dirección do centro foi que se estaba a investigar o problema, e que no caso de ser factible pediríanse dende os Servizos Xurídicos do Sergas contas aos responsables.

Dende a CIG-Saude queremos denunciar esta situación que podería causar danos gravísimos  e incluso mortes, non podemos quedarnos de brazos caídos ante un problema de esta envergadura.  Instamos á Xerencia do Hula e aos responsables do Sergas a que revisen o estado do HULA, nomeadamente a colocación e o amarre destas lousas que están a caer, que poñan a traballar a todos os técnicos e enxeñeiros que sexa necesario, pero que se poña unha solución rápida e eficaz ao problema mentres que se curse orde ás empresas concesionarias, nomeadamente limpeza e mantemento dos xardíns de cesar a súa actividade nesas zonas...

Así mesmo, esiximos que se investigue a orixe de todas estas eivas do edificio, e que se lle reclamen responsabilidades ás empresas implicadas na construción. Sexa cal sexa o nome de esa empresa e teñan os contactos políticos que teñan o seus donos.

Dende a CIG temos a impresión de que este adorable Castelo que arquitectonicamente pode ser moi meritorio pode ter innumerabeis problemas de agora en adiante, por ser deseñado e construído como se fora para outros usos, non para estar funcionando a pleno rendemento as 24 hs do día, tódolos días do ano de tódolos anos da súa “vida”, por isto cruzamos os dedos para que non sexa un Castelo de naipes.

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Onte mantivemos unha reunión coa subdirección médica a respecto desta charleta/sesión clínica, ou chámalle X. Se tedes interese en saber que aconteceu podedes premer aquí,  charlas_cirurxa_sen_sangue.odt

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

INFORMACIÓNS VARIAS SOBRE CLECE, EMPRESA CONCESIONARIA DA LIMPEZA NO HULA

 

O día 15 reuniuse o Comité de Clece no HULA e por resumir, tomáronse varias decisións por unanimidade:

-Cursar denuncia a Inspección do Traballo polo incumprimento do Convenio  en canto á entrega de uniformes de traballo. Dado que a empresa ten a política de entregar os uniformes en Xaneiro de cada ano (segundo din eles), saltou un ano sen entregalos porque entrou en maio e considerou que ao ano seguinte tiña que aforrar a entrega. Desta vez o que fixeron, segundo explicacións da xefa  de RRHH, é que pediron os uniformes en outubro pero non lle preguntaron á empresa ata Xaneiro e daquela dixéronlles que non tiñan constancia do pedido, polo que se formalizou en Xaneiro, co cal non teredes uniformes ata Abril ou Maio, parece que hai quen non sabe facer o seu traballo.... así que precisamos que Inspección lle ensine...

-Cursar denuncia a Inspección polo incumprimento do Convenio porque non se sacan a concurso os postos de traballo só as quendas de mañá, sen determinar o posto, e omítense as de tarde.... a maiores as persoas con fillos/as menores de 12 anos (ás que defende a lei de modo tallante) e outras que precisan conciliar o seu horario non teñen opción, mentres hai outras que teñen no seu contrato o espíritu de correturnos o que fan é estar seguido de mañá..... dado que todo isto nos parece un desbarre tentaremos poñerlle remedio....

Por último, hoxe a maioría de membros do comité (excepto o delegado da csif, porque é amigo, e un delegado da Cig porque se lles colou, foron citados a unha conciliación co fin de presentarlles unha demanda polo penal, é dicir, unha querella criminal por inxurias e difamación á empresa Clece por ir repartir o panfleto sobre violencia machista ás  Termas o día 25 de novembro.

Dende a CIG entendemos que denuncian ao Comité porque non teñen nin idea de quen foi repartir, así que todas caladiñas...

O pior disto é que houbo quen lle contestou a unha delegada de outro sindicato que algo farían.... que saiba esa tipa que igual cando lle toque non hai quen a defenda....

O comité reúnese o martes para tomar decisións, evidentemente esperamos o voso apoio....    

Saúdos e valor para todas, vaivos facer falta, está o Convenio pa caducar a fin deste ano, co cal o teremos que empezar a negociar Xa.... de xeito que vos teredes que preparar para mobilizarvos........... e poñer a cara pa non perder o que tedes.... facédeme caso, sei o que digo....

Vou colgar un artigo ao respecto na páxina para que o vexa o persoal e a Dirección do Hula....

bks

 

 

 

 

 

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

RESUMO COMITÉ SEGURIDADE E SAÚDE CLECE

 

Tratáronse varios temas que viñan arrastrados de outras reunión

1.       Uniformes.- daranos a primeiros de ano

2.       Os polares.- trasladóuselle ao presidente do Comité de Seguridade dous modelos para que o persoal que sae fóra poida escoller cal lle pareza do seu agrado

3.       Crearon un correo corporativo para que se poida acceder por parte dos membros do comité e  a propia empresa e alí colgarán a información e se poderá manter a comunicación.

4.       A actualización da avaliación dos postos de traballo será colgada alí.

5.       Falamos da avaliación de riscos psicosociais (clima laboral, relacións con xefes e compañeir@s, percepción de cargas de traballo...), propoñen crear un grupo de traballo para darlle forma. Pasan un borrador dunha enquisa e falaron de que se se entregaba de modo xeralizado os resultados tamén ían ser moi xerais, de modo que non van servir para detectar os problemas, eu persoalmente concordo con iso.

Ugt (con Araceli á cabeza)  á que se sumou despois CCOO empezaron a dicir que era fundamental o anonimato e que se se facía por servizos se ía saber quen contestaba e o que, se se facía por quendas tamén.... é dicir, o discurso do medo de sempre....

Nós preguntamos polo circuíto que ían seguir as enquisas, van poñer un buzón e vai traballar con elas Noemí e a técnico de prevención, non os encargados, isto quedou moi claro....

Da enquisa, só nós dixemos que estaba incompleta, están dispostos a engadirlle preguntas que consideremos que faltan, xa que se vai crear un grupo de traballo.

Quero explicar que estes informes son obrigatorios e preventivos, serven para determinar malos funcionamentos tanto no liderazgo, como no reparto de cargas, como nas relacións interpersoais.... e os resultados son globais, no Sergas fanse por unidades ou servizos.... Entendo, persoalmente que facer ese traballo para nada é absurdo, entendo que hai que agrupar as enquisas (que serán por escrito, voluntarias e que se deixarán nun buzón) procurando garantir o anonimato pero sen paranoias.

Con estes  que funcionou foron os ovos, non agachar a cabeza....

Atrévome a asegurar que van manter as formas e garantir a confidencialidade, paréceme indecente que dende calquera dos comités se instaure o discurso do medo, xa o fixo moitos anos a ugt e agora faino a csif e a ugt, e ccoo non dá máis de si, non dubido da competencia técnica de Brea pero si da sindical, ata que demostre o contrario.

De todos xeitos faremos asemblea antes de poñer en práctica todesto ou incluso para aprobar as conclusións do grupo de traballo.

Melloraremos a enquisa e advertiremos de que se a confidencialidade non se garante denunciarémolos....

Como anécdota contarei que houbo outra queixa, bronca, choro, pola recollida de sinaturas nas Termas e a súa temática, ben os fodeu.... e canto nos alegramos, fixación teñen con iso, caña e namais....

Se queredes mandádeme a vosa opinión por wass

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Eses días  atrás atención ao traballador/a enviou mail para avisar de que ía proceder ao cambio das tarxetas para entrar ao aparcamento pola tarxeta sanitaria e que para iso había que acudir á central de seguridade.

Ante varias persoas que se interesaron por se se producía o acceso aos datos que figuran no chip da tarxeta, poido explicar o que segue:


Seguridade encárgase deste tema porque son os que controlan as barreiras de acceso


A tarxeta sanitaria na súa parte blanca ( é dicir sen que teña nada que ver coa información do chip, nin cos datos impresos na tarxeta) leva un número de serie que a identifica.  


O aparato polo que pasan a tarxeta non é un lector, é un aparato que vincula o número interno do plástico cun número ou identificación que poida ler ou entender o lector  que abre a barreira do parking.


Esta información foime trasmitida polo responsable de seguridade que é o que tamén se fai cargo deste traslado de tarxetas.


Para que quede claro, o plástico co que abrimos a barreira leva un código que agora se vai trasladar ao plástico da tarxeta sanitaria, sen que teña nada que ver ningún outro dato que figure nela.


De todos xeitos, esta explicación quizá deberan dala dende a dirección, e a CIG alégrase de que non se entregue confianza cega nin a seguiridade, nin a ninguén, sen ter unha explicación razoable.            

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 

 

                A empresa comunicou que o motivo de readmitir a Marifé tras falar con ela  foi que demostrou boa actitude e que en ningún momento lles costou dar este paso e quedaron tan anchos coma largos. Por suposto, dixo que fora algo lícito xa que os amparaba a lei.

                Logo continuou cun discurso sobre o fraudulento do absentismo e que no mes que durou o proceso de 16 persoas que había de baixa ao inicio quedaron en 6.

                Seica o Comité é o primeiro interesado en que a empresa poña á súa disposición os medios para mellorar a saúde dos/as traballadoras e piden apoio para iso.

                Unha das medidas que propoñen primeiro é modificar o convenio para incluír a retirada do complemento do 100% con intención de equiparalo ao sergas (descontos do 50% od 3 primeiros días, o 25% do día 4º ao 20, e a partir do 21 o 100%), según dicen no CHUS xa pasou.... e según deron a entender tamén os días de libre disposición.

                Dixeron que as entrevistas non eran para coaccionar, considérana unha das mellores medidas, xa que permiten coñecer ao persoal e ver de que modo se lles pode axudar, que poden ir acompañadas de quen queiran.... trátase de ver se se amaña indo a outro centro, ou incluso recurrir a un centro privado para adiantar unha proba....

                En todo momento finxiron unha gran boa intención

Cando  se lles dixo todo o  que incumprían do convenio e da documentación e avaliacións de seguridade e saúde recoñecérono.... e namais...

CONCLUSIÓNS

Teñen unha cara coma un cesto, se denuncian o convenio co fin de recortar condicións laborais que se ganaron hai moitos anos con pelexas e folgas das compañeiras que estaban daquela, teremos que seguir dando a cara e mobilizándonos.

Na loita de Marifé quedou demostrado que a unidade de acción sindical e o apoio masivo das compañeiras/os son fundamentais para chegar a unha victoria.

Así acumulade forzas que nos queda moita tela que cortar..

 

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

orzamentos2017

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

“En Mercadona está prohibido caer de baixa” Entrevista á delegada Sindical da CIG na empresa



    http://irmandade.info/maria-lopez-de-mercadona-non-actuo-dende-o-resentimento-eu-fago-sindicalismo/

 
Máis artigos...
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>