Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo


MERCORES DIA 2 DE XULLO

 

Dende CIG-SAUDE  LUGO, seguimos a denunciar o caos e a falla de consideración desta xerencia de novo, cos doentes de Lugo.

Informamos que onte esta xerencia suspendeu o ingreso de 5 doentes de uroloxía para ser intervidos en quirófano no día de hoxe, o parecer por falla de camas. Estaba previsto que ingresaran na planta de ciruxía, para así poder pechar a de uroloxía que continua aberta a dia de hoxe,  con 8 doentes de uroloxía máis outro de otorrino (a planta de otorrino traumatoloxía esta pechada dende o dia 27)

Cando dende sempre se informou por parte de esta xerencia que as camas sempre estarían operativas e que ninguén que precisase quedaría sen atender, unha falsedade e unha mostra mais de que o que importa non son os doentes senón o interese económico.

Por outra banda, rexeitar o trato que esta xerencia lle dá ao persoal da planta de uroloxía que como dicimos a dia de hoxe continua aberta, esta pendente de onde vai a traballar de un dia para outro e en que quenda, creando unha incertidume e un malestar destas profesionais que como tal preocúpalles o feito de non saber con antelación onde deben prestar servizos

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2014/07/03/denuncian-falta-camas-obligo-suspender-5-operaciones-hula/0003_201407L3C3991.htm


http://elprogreso.galiciae.com/nova/343362-cig-denuncia-se-suspendieron-operaciones-hula-falta-camas

PODEDES VER A NOTICIA NOS ENLACES, E VER COMO NEGAN  TODO, COMO SEMPRE E COMO NOS TEÑEN ACOSTUMADOS "MENTIRAS E MAIS MENTIRAS" HOXE 3 DE XULLO

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo



http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2014/06/27/ocho-mil-lucenses-exigen-pp-dote-hula-servicios-prometidos/0003_201406L27C2991.htm#.U60d8QRolrI.facebook



http://elprogreso.galiciae.com/nova/342107-lugo-vuelve-salir-calle-demanda-servicios-hula





OITO MIL LUCENSES EXIXEN O PP QUE DOTE O HULA XA OS SERVIZOS PROMETIDOS
HEMODINÁMICA 24 HORAS, RADIOTERAPIA E MEDICINA NUCLEAR, PARABÉNS AO POBO DE LUGO E AO PERSOAL DO HULA

Presentacin1
Presentacin2





 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo
Demanda que se repoña nos seus postos de traballo aos profesionais que viñan facendo estas tarefas antes da súa privatización
.
CIG-Saúde reclamou esta mañá, en rolda de prensa, que o SERGAS denuncie a IBERMAN, empresa concesionaria do servizo de mantemento dos aparellos de electromedicina; que deixe de pagarlle e que repoña nos seus postos aos profesionais que viñan facendo estas tarefas antes da súa privatización. Denuncia os constantes incumprimentos do prego de condicións e o mal servizo que presta e alerta de que todo indica que, malia isto, o SERGAS renovará a concesión con esta empresa incrementando os actuais custos.
14-06-25 CIG-Saude Rp electromedicina

CIG-Saúde denuncia que a situación é de tal gravidade que os propios centros hospitalarios recoñecen que o mantemento electromédico se deteriorou até límites que mesmo poñen en perigo a asistencia sanitaria. Por iso reclama que se denuncie o contrato.

Asegura que os máximos responsábeis desta adxudicación, entre eles o Director de Recursos Humanos, Pablo Torres, coñecen a realidade pero non fan nada por resolver a situación. “Teñen informes detallados por Áreas de Xestión –seis lotes, que se corresponden con 6 Áreas- advertindo que IBERMAN, S.A. non está a cumprir ningún dos apartados do concurso”, denunciaron.

Entre outros incumprimentos sinalaron deficiencias na implantación do sistema informático (MantHosp); falta de persoal con presenza física as 24 horas nas Xerencias; renovación tecnolóxica; inventarios incompletos; incumprimento dos plans de mantemento correctivo, condutivo, preditivo, preventivo, técnico legal e substutivo; non teñen a disposición das xerencias equipos dispoñíbeis para substitucións en caso de avarías; carencia de medios técnicos; incumprimento dos tempos de resposta; non entregan informes nin balances de actuacións; non teñen a disposición das xerencias plans actuación.

A secretaria nacional de CIG-Saúde, que compareceu acompañada de dos delegados Xosé Vázquez de Lugo; Fernando Rivas, de Ourense e Xermán Rouco de Pontevedra, preguntouse polos intereses ocultos aos que obedece a Conselleira para non tomar unha decisión que poña fin a esta “caótica situación”. Entende que estes informes non deixan dúbidas sobre os incumprimentos reiterados e  manifestos en todos e cada un dos lotes adxudicados e denuncia que, malia isto, o SERGAS, “contravindo o contrato e as recomendacións de varias xerencias, está a pagarlle a esta empresa por un servizo que non presta”.

Para a CIG-Saúde detrás desta situación hai unha “estratexia de IBERMAN, S.A., pensamos que coa conivencia do SERGAS, de deixar pasar o tempo até que se cumpra un ano desde a adxudicación (xullo de 2014) para negociar unha revisión á alza no prezo do contrato”.

A isto engadiron que esta empresa “nunca tivo a intención de cumprir o contrato, e polo que parece o SERGAS non ten a intención de facerllo cumprir” e que desde que foi adxudicataria do servizo de electromedicina “sempre estivo a pór trabas e recorrer a argucias como que os inventarios de equipos non son reais ou que antes non se facía tal mantemento. Argumentos que a propia Conselleira, en sede Parlamentar, deu por bos cando defendeu a actuación da empresa”.

Alertan de que a situación pola que está atravesando o servizo de electromedicina desde a súa privatización “é de tal descontrol” que desde varias xerencias xa teñen enviado a Servizos Centrais escritos solicitando que se denuncie o contrato con IBERMAN, S.A.

1623265_816992634991277_8238456858965900337_n
Rescate do servizo


CIG-Saúde exixe, xa que logo, o rescate do servizo de electromedicina en base ás cláusulas da Folla de Prescricións  Administrativas Particulares: 8.11.2. (incumprimento das obrigas contractuais esenciais), 8.11.3. (causas que aconsellan por interese público a extinción do contrato) e 8.11.4. (a adxudicataria deberá indemnizar a administración polos danos e prexuízos ocasionados).

Tamén exixe que, mentres non se resolva o contrato, se aplique a cláusula 8.7.4. da Folla de Prescricións Administrativas Particulares e cancele de inmediato todos os pagos á adxudicataria “por incumprimentos do contrato graves e moi graves de xeito reiterado”.  Abuín asegura que de non facelo “os responsábeis do SERGAS estarían incorrendo nun delito”.

A secretaria nacional de CIG-Saúde advirte que se a privatización do servizo de electromedicina está dando os problemas que está dando “non podemos imaxinar que ocorrerá cando se privatice, como xa nos teñen anunciado desde a Consellaría, a esterilización e a alta tecnoloxía”.

A este respecto lembra que son dous servizos que teñen unha incidencia directa na asistencia sanitaria e na calidade asistencial: quirófanos e radioloxía e subliña a magnitude económica destes contratos representan un negocio para as grandes empresas do sector que buscan inversións seguras.

“Esta é a política aniquiladora que o Partido Popular está aplicando na Sanidade Pública Galega: favorecer o negocio das empresas privadas a conta de todos os contribuíntes e por riba pondo en perigo a saúde dos galegos e das galegas”, conclúe.

A nova en Avantar

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Os Plans de Ordenación de RRHH presentados na Mesa Sectorial no ano 2010 e 2013 recollen, na súa totalidade, que o número de traballadoras/es fixas/os que se van xubilar neste período é de 859 traballadoras/es de xestión e servizos, polo que o número de prazas a convocar neste concurso debería ser a suma das 859 máis as que se atopan ocupadas por persoal interino, o que conlevaría unha oferta de prazas moi superior á presentada polo SERGAS.

100X100_PRAZASNo Plan de Ordenación do ano 2010 a Administración recolle que a Mesa Sectorial será informada das reclasificacións que se fagan no cadros de persoal do SERGAS. Agora a Administración aproveita este concurso de traslados para reclasificar as prazas sen información previa. Nin sequera están a cumprir a normas que publican.

Non existe un criterio homoxéneo nas xerencias á hora de convocar as prazas. A impresión que temos na CIG-SAÚDE desta convocatoria é que RRHH do SERGAS toma a decisión de convocar un número x de prazas neste concurso, e reparte esa cifra entre as xerencias.

Non é de recibo que unha Administración Pública convoque un concurso de traslados pensando no interese das empresas privadas que, co beneplácito da Consellaría de Sanidade, se van lucrar a costa do Sistema Sanitario Público. Por iso, para preservar o interese das privadas,neste concurso non se convocan as prazas dos servizos en trámite de privatizar.

Con este criterio de non dotar de persoal fixo os cadros de persoal destes servizos, o obxectivo do SERGAS é poder facilitar o despedimento do persoal interino que na actualidade está a cubrir estas prazas, para que cando chegue a privada, poida cubrir estes postos con traballadoras/es con salarios marcados pola reforma laboral.

Tampouco entendemos por qué, se nesta convocatoria se ofertan a prazas ocupadas por persoal fixo que está en promoción interna, non se ofertan as prazas de promoción interna do persoal estatutario das Fundacións.

Desde CIG-SAÚDE non podemos máis que denunciar que o SERGAS está a convocar un concurso de traslados baseado en dous criterios: coma 1º criterio amortizar prazas de traballadoras/es públicos,  e coma 2º criterio beneficiar os intereses das empresas privadas.  

CIG-SAÚDE exixe que se convoque un concurso de traslados de persoal de Xestión e Servizos co 100% das prazas: as prazas cubertas por interinas/os e as prazas vacantes por xubilacións non cubertas.  E que con posterioridade estas prazas sexan ofertadas nunha convocatoria de OPE (oferta pública de emprego).

Queremos volverlle lembrar a esta Administración:

COA CIG-SAÚDE NON CONTEDES PARA ESTE PARIPÉ!

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 images_1

Iso se fartaba de dicir Astérix, ese memorable home…. E  vén moi acaído no post-arde lucus

                -Están acontecendo excesivas incidencias a conta de que non queren darnos permisos que nos corresponden, faltas á protección da maternidade (UCI), ameazas, unhas veladas e outras non, expedientes (sinto non poder poñer o sitio).... intentos de boicotear as persoas de Saúde Laboral para protexer a outras (farmacia)…, un sin número de atrocidades, dende o noso punto de vista.

De modo continuado hai problemas, para acompañar na CMA a un familiar, para trasladarse de domicilio, para os exames CELGA, en resumo hai problemas pa tó…

Non pode ser que nestas épocas de estreituras tan forzadas aínda nos racaneen dereitos recollidos na normativa básica sen pestenexar.

No fondo, trátase  de que a Dirección e mandos intermedios  se poñan a favor do persoal ou en contra… e parece que ultimamente só están EN CONTRA, EN CONTRA E EN CONTRA.

Cada día están a acontecer máis desbarres nos mandos Intermedios…. Dirección…., ou ben é porque precisamos vacacións ou porque se perdeu a cordura definitivamente, a ver se as traballadoras non a perdemos tamén.

En todo caso, non debemos perder ningún dos dereitos que penosamente nos quedaron, xa que toda perda é un paso máis para que nos quiten máis cousas…..

NON TRAGUEDES CON TODO POR FAVOR!!!!!!

               

 

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

10463875_777496562291004_2513980383053075247_n

Incumprimentos de convenio, negativa a incrementarlles o Ipc, cando o concello si que llo incrementa o concello a urbaser, rebaixarlles o valor dos trienios, incremento de xornada.... retirada do plus por atender o arde lucus....
Non se trata de envidialos senón de animalos na defensa dos seus dereitos... e iso sempre beneficia a tod@s, o Sr Florentino Pérez (desculpas a Florentino Fernández ao que lle achamos bens que non ten), dono de urbaser, quere quitárllelos cartos ós de lugo pa pagarlle a Cristiano Ronaldo..... os seus pluses 

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

SARNA , PICA , RASCA E FÓDETE

images

Como sabedes estes días  falase de sarna no HULA , o caso e que o persoal de xeriatría vén queixándose e avisando dende hai dous meses de esta situación.

Dende o servizo de saúde laboral desentendéronse do problema mandando que foran a urxencias ou dicindo que “son uns granitos sen máis”…

Co resultado de  moitas compañeiras moi afectadas e despois de contaxiar tamén aos seus familiares , vendo que aquí neste HOSPITAL e repito HOSPITAL , se pasaba do problema , foron pola súa conta a médicos de familia e dermatólogos de pago que lles confirmaron o diagnostico “SARNA”  e tras ser  tratadas , volveron a reinfectarse xa que, como é obvio, incluso para os profanos coma min,  se non se toman as medidas adecuadas o bicho propágase sen fin .

Despois de dous meses de peregrinaxe ,  mal estar e sensación de abandono por parte da dirección , saltou por fin a lebre e confirmaron  o brote de sarna .

Dende a dirección din que se están a tomar as medidas adecuadas e puxeron en tto a todo o persoal das plantas de xeriatría e paliativos, aos seus familiares convivintes máis aos doentes ingresados,  sen o medicamento na farmacia (por falta de existencias ) porque claro din que só hai seis casos, pero a realidade e que precisan tto para máis de cen persoas.

Os protocolos da xunta de galicia son clariños e meridianos en canto a como tratar estes brotes en institucións sanitarias, pon claro que tras administrar o medicamento deben pasar al menos 24 horas sen estar en contacto directo con outras persoas .

Aquí neste HOSPITAL e volvo a poñer HOSPITAL non ven necesario seguir o protocolo da xunta,  e din que se poñan o tto e sigan traballando na planta como si nada, que se alguén debe coller unha baixa que lla dea o seu medico de cabeceira que eles non dan baixas.

Esta dirección non se fai cargo do problema, nin de os seus traballadores/as nin dos doentes ou eso parece.

E de supoñer como non, que o criterio e  non substituír o persoal e non gastar  un peso nin por unha plaga , mandar a xente a casa a curarse lles costa cartos, e eso nin de coña, e prefiren negar o problema que recoñecelo e resolvelo.

Eso si, na dirección con esas barreras infranqueables non creo que entre o bichiño senón seguramente si se tomarían medidas, para o resto: se pica rasca, como xa estamos acostumados a rascar os bolsillos….

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Infórmase que se publicou hoxe  no Diario Oficial de Galicia a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos relativa á publicación da plantilla definitiva de respostas dos distintos exercicios e as puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo especialista de área e médico de urxencias hospitalarias, convocado por Resolución do 30 de abril de 2013.


Publicase, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), as puntuacións provisionais obtidas polos/as aspirantes presentados/as aos exercicios da fase de oposición do citado proceso selectivo

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

conclusins_esterilizacin

 
Máis artigos...
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>