Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

http://praza.gal/movementos-sociais/11165/asi-se-derruba-o-antigo-hospital-de-lugo-co-que-a-xunta-ainda-desconece-que-facer/



Deixamos aquí o enlace a este interesante artigo trala visita dos grupos municipais e do Xerente da EOXI ao Materno Infantil.... desta volta omitimos os comentarios a tanta decrepitude... xulgade vós....   


Inclúese tamén, no mesmo enlace,  o vídeo realizado pola plataforma Pola Saúde de Lugo sobre o peche de camas do HULA

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Hai favores que nunca se dan pagado….

O Sr Conselleiro premia a Quintáns, recente xerente da nosa EOXI nomeándoo subdirector de asistencia sanitaria.

Dende a CIG entendemos que a Quintáns o depuxeron para lavarlle a cara a Feijóo, a pota estaba fervendo e había que tomar medidas antes de que estoupara... e tomáronas, ala... Quintáns á “rúa”, xa, xa...

Un tipo pouco dialogante, incapaz de interactuar,   nin de cambiar de postura, pero moi capaz de pechar unidades de oídas sen ningunha planificación, de reducir as substitucións, de pasar de saber a opinión dos doentes, de quitar autoridade a varias das subdireccións (sobre todo as de enfermería) e de ningunear aos xerentes executivos de Burela e Monforte (que como el dicía, teñen as competencias que teñen).... de estrangular á Primaria (da que el proviña), de usar como argumento que todo é cuestión de política, de dicir que faciamos demagoxia.... e que el o facía todo moi ben por definición.... resulta elevado ao ceo dos servizos centrais do sergas.

Entendemos que é porque en Lugo o fixo moi ben por isto agora o vai facer moi ben para Galiza.

Sabemos que aquí durante o seu mandato pasaron  grandes cousas.... a creación dunha aula de simulación con monicreques para o que trouxo a un amigo seu que botaron da Fegas, para facer un mix público privado.... pechar unha planta de traumatoloxía, dicir que creaba unha unidade de preingreso... poñer en funcionamento radioterapia e medicina nuclear que saiu pública de chiripa.... facer despachos a esgalla.... e por iso o levan para os servizos centrais.... para facer grandes cousas tamén....

No tempo que estivo ningunha das inquedanzas ou propostas sindicais e do persoal tiveron resposta, nin se viu interese polo que pasaba fóra dos despachos da dirección.... xa dixen antes de agora  que nunca traballou para nós.... e iso ten premio..... MANDA CARALLO!

Espero que sexamos capaces de tomar nota....

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Publícase hoxe no DOG a resolución que dá publicidade á convocatoria de cursos de formación continuada para o persoal estatutario do SERGAS ao abeiro do plan AFEDAP:

  • RESOLUCIÓN conxunta do 18 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos e da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, pola que se convocan cursos de formación continua para o persoal deste servizo. Descargar PDF

Nesta ocasión hai certos cambios con respecto ao xeito en que se realizan as solicitudes, polo que é importante ler a resolución con calma.

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

hacinamento_urxencias

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Hoxe foi convocada a Xunta de Persoal polo novo Xerente, Ramón Ares.
 
Alí nos xuntamos coa plana maior, xa coñecida, máis o "novo", que xa é coñecido por moita xente. A dicir  verdade, non parece un tipo arrepiado, que camiñe tal como se levitara, un metro por riba do chan. Parece unha persoa normal e interactiva, capaz de escoitar e sacar as súas propias conclusións.... o cal en si mesmo non é malo, de feito, a primeira impresión sempre condiciona as relacións no futuro. Concluímos pois, que lle imos dar o beneficio da dúbida....


A Xunta de Persoal expúxolle varios bloques temáticos de cuestións xerais, xa que non parecía o momento de facer un relato exhaustivo e puntilloso, porque primeiro terá que ter coñecemento e tomar o pulso da EOXI, para poder decidir ou dar explicacións.    


O que segue vouno explicar coas miñas palabras, non coas que usou a Presidenta da Xunta de Persoal:
  

Plantillas.- as plantillas ben ou mal dimensionadas, estábano en función da organización do hospital por Especialidades Médicas, cada vez que pecha unha unidade, temporal ou definitivamente, a mestura de doentes, a concentración dos mesmos, os traslados.... fan que as cargas de traballo se multipliquen sen que o persoal se incremente. Pensamos que isto hai que tomalo en serio, facer unha avaliación das necesidades e dotarnos do persoal preciso (hai que ter en conta que en Lugo o persoal foi deficitario clasicamente, na época en que este mesmo xerente gobernou tamén, de feito levantamos a cabeza con pouca fortuna e moi progresivamente)


Contratacións.- Fanse contratos de reforzo no canto de contratos de substitución, o cal lesiona gravemente ao persoal das listas, a maiores no colectivo médico a precariedade é escandalosa, dándose casos de 10 anos de contratos de reforzo concatenados cada 3 meses.


Clima Laboral.- Danse situacións de maltrato por parte dos mandos intermedios en tódolos estamentos, pedimos a corrección destes usos e costumes, e respeto ao persoal.


Comunicación coa Xunta de Persoal.- trasmisión de información regular, información sobre as modificacións dos servizos hospitalarios.... e fluidez na comunicación


Novos servizos.- que se dotaran na súa máxima potencialidade.   


Con respecto aos/ás usuarios/as.- Recuperación de Servizos que se perderon, transparencia nas listas de espera (incluída a espera non estructural), e remodelación do servizo de admisión, de modo que non se lle causen tantos trastornos....

Por último pediuse axilidade nos acomodos internos (di ti que isto, en realidade, pasa por reforzar ao persoal que barema, senón non será posible)


El respondeu dun xeito xenérico a tódolos puntos, insistiu na vontade de diálogo e escoita, en que a súa porta estaba aberta e que igual había cousas que non dependían del....  pero que o que dependera del se podía discutir.... 

Cando lle tocou a quenda de palabra á CIG, démoslle a benvida, agradecémoslle que tivera a porta aberta, pero o que máis lle agradecíamos era que houbera dentro do despacho alguén polo que apetecera entrar....


Falámoslle do mal endémico da incomunicación, dos prexuízos e da sensación de insatisfacción de persoal e usuarios/as, que precisamente por ser algo subxectivo era indiscutible.


Que pediamos da Xerencia unha sistemática nas relacións e na información

Que lle pediamos transparencia e planificación, que non se tomaran medidas sen facer o preceptivo estudo e avaliar as consecuencias

Que se mimara o orzamento para a plantilla, e se investira niso.

E que innumerables cousas que non costan cartos farían máis doada a nosa vida laboral....

Respondeu animoso, correcto e parecía que se daba conta....


Así que se abre un novo camiño, esperemos que sexa razoablemente produtivo....    A Primaria quedou de convocala para a semana, por isto só tratamos temas do hospital...                   


O talante válenos, os feitos coma sempre daranlle ou quitaranlle a razón...  

     

               

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Publicado en DOG 7 de xaneiro, Resolución pola que se convocan probas para a obtención dos certificados CELGA.

Pincha aquí para ver DOG.

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Pola_Saude_Lugo_1712

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

1.- Informes médicos de centros concertados.- de agora en adiante dixitalizaranse e colgaranse no Ianus na carpeta de Centro Externo.
 
2.- Tarxetas parking e incremento de prazas.- vaise mellorar a dispoñibilidade de plásticos para entrar ao parking.... o incremento de 30 prazas do que se falara igual non se produce por mor de que os orzamentos para levar isto adiante son demasiado elevados.

3.- Colchóns antiescaras , termómetros e cartuchos do tubo neumático.- segundo parece estase probando unha nova marca nunha unidade, pero os que hai son do mellor que hai no mercado. Enviarán recordatorio das instruccións de uso. Colchóns, tamén enviarán recordatorio do circuito a seguir cando se avarían. Así mesmo, recordarán que se devolvan os cartuchos a cada unidade da que proceden, se unha vez feito isto non chegan os cartuchos poderán mercar máis.

4.-Informacións ao persoal ante as modificacións en planta (sobre peches, aperturas ou cambios de carteleira).- Queixámonos de que todo se fai a salto de mata, sen previsión e que iso lesiona ao persoal. Preguntado o xerente sobre previsións de peches para o nadal, dixo que a día de hoxe non hai previsto o peche de ningunha cama. (e non nos estraña, entre as eleccións e a última desaparición de 34 de uroxolía.... calquera se atrevería a pechar máis).

 5.- Indixentes no HULA, parece ser que por unha tempada unha parella estivo dormindo en camas baleiras do hospital, parece que está cursada a denuncia e tramitado o que fore pertinente cos servizos sociais.

6.- Petición de que cambien os termos dos office, xa que os de 25 litros son demasiado grandes, pídese que deixen os de 5l e poñan outros de 10l, tomaron nota.

7.- Dotación Enfermeiras nas plantas e dotación de recursos materiais, ordenadores e carros de medicación. Fálase longo e tendido sobre a necesidade de persoal, que 3 enfermeiras de mañá non chegan, por varias razóns, mestura de doentes, cargas burocráticas e de rexistro. Por moito que a Dirección insiste en que nestes intres temos unha plantilla superior á de Ourense, nós decímoslle que aquí a plantilla está cubríndose así mesma a cotío, co cal non é unha plantilla real. Coma sempre, a Dirección de Enfermería non nega que haxa traballo e dí que puntualmente se pode reforzar cando se precisa, pero non é preciso facelo rutinariamente.... volta a discutir sobre quen valora se hai que poñer reforzo e se valora ben.... Non negan que poida haber que darlle unha voltiña á plantilla dalgunhas unidades.... Non sabemos cando se poñerán a iso. Con respecto a carros e ordenadores, din que se van poñendo segundo van chegando, e que se aumentarán nas unidades que faltan. Carro de medicación estáse probando un novo...

8.- Plantilla e persoal de celadores/as.- Falamos da escaseza de persoal no retén, din que van incrementar 2 postos no retén, unha delas para apoio a quirófano en turno de 11,30 a 18,30 hs. Vai haber 5 reservas de praza e 7 vacantes que se darán en xaneiro. Con respecto á colaboración nas necropsias comunican que van formar ao persoal a primeiros de ano e pagaráselle ás persoas que vaian a parte que lles corresponda do plus que leva ese posto.

9.- Volvemos rosmar porque á xente aínda se lle está dicindo a estas alturas os días que deben.... e incluso se deben 2 hs ou ben algún día do 2014.... A resposta foi que dos casos especiais se podía falar... o día do 2014 está prescrito...

 10.- A raíz de varios escritos de unidades cóntanos a Dr de Enfermería que é un obxectivo da Dirección auditar as unidades de enfermería.... Isto xa se fixo en xeriatría e diso saíu un grupo de traballo para tentar mellorar a organización da unidade, o resultado disto compartirase con todo o servizo e logo cando haxa un documento definitivo tratarase a cuestión co Xefe de Servizo. Así faranse máis auditorías noutras plantas

11.- Preguntado pola reestruturación das consultas, confirman que aínda non hai nada previsto posto que a dixitalización aínda non concluíu.... O único reseñable que queda por dicir é que prantexamos unha cuestión de seguridade con respecto ao accesos á REA....

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Scan_pola_saude_30.11.15

 
Máis artigos...
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>