Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

FB_IMG_1445001384233

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo



 

Hoxe publicase no DOG o documento definitivo dos días que nos devolven, desde CIG non asinamos nin imos asinar acordo ningún a este respecto, se a Administración eliminou estes e outros dereitos por decreto, non poden pretender agora que sexamos moeda de cambio para os seus anuncios electoralistas. Queremos lembrarlle á Administración do PP que inda nos debe 3 días de libre disposición e a recuperación económica dos acordos asinados e nunca cumpridos, así como outras cuestións como as extras completas, a carreira profesional etc....


Primeiro róubannos e cando nos veñen devolver unha mínima parte do que nos roubaron, inda o venden coma se fora un obsequio que teñen a ben facernos, cando non é outra cousa que un intento por mercar votos.

Para ver o anuncio en DOG:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151019/AnuncioCA01-161015-0001_gl.pdf



 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

log_plataforma_polasaudelugo




A Plataforma pola Saúde de Lugo naceu con motivo da destrucción da Sanidade Pública que se está a vivir en LUGO.

Entre outras moitas cuestións o feito de que o hospital permanecera con máis de 100 camas pechadas á volta do verán motivou unha gran contestación entre o persoal e os/as usuarios/as, xa que o persoal se ve desbordado á hora de dar asistencia sanitaria de calidade, tendo isto unha repercusión directa sobre os doentes .

A Plataforma quere denunciar, a través deste comunicado, a situación que se está a vivir estes días no HULA, como mostra non só da súa razón de ser, senón tamén como mostra da mala xestión da Sanidade en todo Galicia, cuestión da que Lugo non escapa.

No día de onte, aconteceu o que de seguido relatamos:

- Había pacientes de traumatoloxía recén operados nun box de observación de urxencias

-A UCI E Reanimación estaban cheas, non se dispoñía de celadores/as suficientes para trasladar os que estaban de alta á súa correspondente planta, xa que se cubren as mínimas ausencias de persoal

-Dous paciente de Reanimación ingresado no Espertar (que é para post-operatorios inmediatos, non para ingresos de pacientes agudos de maior estancia)

-A Planta de Cirurxía, chea (34 pacientes con 3 enfermeiras, cando deberían estar 4)

-A Planta de Medicina Interna, recén aberta (con 34 pacientes e 2 enfermeiras, cando deberían estar 4)

-A Planta de Cardioloxía con pacientes de Medicina Interna e Traumatoloxía…., etc

A resistencia da Dirección a abrir camas causa un desbaraxuste concatenado que supón unha gran afectación para persoal e doentes, consideramos esta situación insoportable, polas penosas condicións de traballo do persoal e por a dignidade e asistencia dos doentes.

Poderiamos ver esto como un exemplo de organización, pero non somos capaces, non nos queda máis remedio que seguir a pelexar colectivamente ata onde nos sexa posible, contando e solicitando de novo o apoio de todas aquelas entidades que aínda non forman parte da Plataforma.

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

CIG-SAÚDE NON VAI CESAR NAS DENUNCIAS XUDICIAIS ATÉ QUE RECUPEREMOS A TOTALIDADE DAS RETRIBUCIÓNS DA PAGA EXTRA

A CIG gaña varias sentenzas sobre o complemento específico da extra de 2013.

Os tribunais volven darnos a razón e condenan ao SERGAS ao pago de costas

A CIG-SAÚDE está a gañar as demandas xudiciais que tiñamos presentadas para que a Admón. nos devolvese o COMPLEMENTO ESPECÍFICO DA PAGA EXTRA DO ANO 2013.

Lembraredes que a Lei de Orzamentos do estado do ano 2013 recolle a retribución do complemento específico para as/os traballadoras/es públicos. Aquí na Lei de Orzamentos do ano 2013 da Xunta de Galiza, o Sr. Feijóo lexislou para que as/os traballadoras/es públicos/as non percibíramos o específico nas pagas extras, e ségueno a manter no ano 14/15 e previsiblemente no ano 2016.

Roubounos o específico con carácter retroactivo, sabendo que a Constitución prohibe a retroactividade da Lei. A Xunta de Galiza era consciente de que, cos orzamentos prorrogados, tiña que pagar a todo o persoal o complemento especifico dos meses de xaneiro e febreiro, xa que a Lei de Orzamentos de Galiza entrou en vigor o 1 de marzo de 2013.

A CIG-SAÚDE está a gañar todas as sentenzas presentadas, son sentenzas firmes, nas que condenan ao SERGAS a un pago de taxas superior á retribución que lle recoñece ao persoal.

CIG-SAÚDE esixe á Consellaría que nos devolva esta parte do COMPLEMENTO ESPECÍFICO da extra do ano 2013 que os tribunais nos están a recoñecer. Non podemos entender que a Xunta de Galiza estea a agardar as sentenzas para devolvernos esta retribución, e menos que prefira pagar costas antes que recoñecela de oficio.

Esta é unha pequena batalla gañada, máis non imos cesar até recuperar as retribucións que nos veñen roubando desde o ano 2009.

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo



Onte houbo reunión da Mesa Xeral de Empregados/as Públicos/as, onde se nos informou de que os días adicionais de vacacións e libre disposición por antigüidade van ter efectos para este ano e con prazo para o seu goce ata o 30 de abril.


O Director de Función Pública na reunión de hoxe pretendía que as OOSS asinaramos un acordo para a devolución dos días de libre disposición e adicionais de vacacións por antigüidade de xeito que as OOSS nos fixeramos copartícipes desta medida.

Desde a CIG non asinamos nin imos asinar acordo ningún a este respecto, se a Administración eliminou estes e outros dereitos por decreto, non poden pretender agora que sexamos moeda de cambio para os seus anuncios electoralistas. Queremos lembrarlle á Administración do PP que inda nos deben 3 días de libre disposición e a recuperación económica dos acordos asinados e nunca cumpridos, así como outras cuestións como as extras completas, a carreira profesional, etc...

Anuncios electorais, iso é o que nos venden. Primeiro róubannos e cando nos veñen devolver unha mínima parte do que nos roubaron, inda o venden coma se fora un obsequio que teñen a ben facernos, cando non é outra cousa que un intento por mercar votos

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Hoxe día oito de outubro, publicouse no D.O.G a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal estatutario de xestión e servizos, convocados por Resolución do 19 de novembro de 2014.

O estado da solicitude podedes consultalo no expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Para consultar a resolución tedes a vosa disposición : 

DOGA

A páxina web do Servizo Galego de Saúde. 


PRAZOS DE CESAMENTO DO PERSOAL ADXUDICATARIO: -

Por necesidades organizativas e asistenciais, o cesamento dos profesionais que resulten adxudicatarios producirase con data 15 de outubro .

PRAZOS DE TOMA DE POSESIÓN DO PERSOAL ADXUDICATARIO:

A toma de posesión da nova praza debedes efectuala, segundo a praza de procedencia:

Dentro dos tres días hábiles seguintes ao cese (último día do prazo 19 de outubro), se as prazas son da mesma área de saúde.

No prazo de quince días hábiles (último día do prazo 3 de novembro), se as prazas son de distinta área de saúde.

No prazo dun mes (último día de prazo 16 de novembro), se a praza desempeñada corresponde a outro servizo de saúde.

Non dispoñen de prazo posesorio os adxudicatarios que xa ocupen praza no mesmo centro de destino ou en virtude de comisión de servizos ou reingreso provisional.

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

12047190_1472472229727236_3148275927999269989_n

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Carreira_Profesional_XA1

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 
Acábannos de comunicar do SERGAS, que por fin entraron en razón, e que van  modificar o computo de xornada nos permisos sen soldo. A partires de agora o permiso sen soldo computarase coma neutro. Isto implica que non teñas que devolver xornada. Se queredes consultar algún caso particular pasade polo local. Ao fin ser moi pesad@s dá algún resultado.

 
Máis artigos...
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>