Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

CIG-Saúde aposta por seguir traballando para mellorar as condicións laborais e asistenciais nos PACs

Defende que se traslade ao persoal información “veraz e transparente”

Nacional - 

Foi necesario que PACs en Pé de Guerra se mobilizara durante un ano e que se convocara unha folga indefinida para que o SERGAS tivera a ben presentar, neste mes de febreiro, unha proposta que, tal e como se manifestou na mesa por representantes do comité de folga, atendía no 95% das demandas. Unha proposta sobre a que a CIG-Saúde propón traballar para solucionar, na súa totalidade, as demandas das e dos traballadores dos Puntos de Atención Continuada.

Por iso a CIG-Saúde non entende o posicionamento que defenden CCOO e OMEGA, máis alá de atender os seus intereses, “puramente electorais”, porque “en vez de manter a unidade de acción e sumarse ao traballo conxunto para acadar as demandas, convocaron para esta mesma mañá unha rolda de prensa sen previa reunión coas áreas e as comarcas e máis cando catro persoas do comité de folga presentaron a súa dimisión. Algo do que a CIG non vai participar”.

Para María Xosé Abuín “o que toca é recompoñer esta situación, escoitar por que o persoal rexeitou a proposta, cales son as melloras e obxectivos que percibe que non están aínda contemplados e traballar conxuntamente nese sentido para acadalos”.

Por iso defende que a información referida ás propostas presentadas en Mesa Sectorial se trasladen con transparencia, veracidade e sen manipulación algunha a todas as traballadoras  e traballadores para o seu coñecemento e valoración.

A CIG-Saúde aposta polo cumprimento dos Acordos acadados en 2008 -que leva desde aquela demandando que se apliquen- para mellorar as condicións laborais e asistenciais. Unha mellora pola que seguirá loitando incansablemente. Entende ademais que “asinar acordos co SERGAS non é un fin en si mesmo, senón acadar esas melloras”.

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Capturapax

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

CIG-NON-acordo-vinculacions-15012019_1

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

A CIG agarda que sexa operativa e que a Consellaría de Sanidade resposte a cada unha das demandas

 

Persoal dos Puntos de Atención Continuada e as organizacións sindicais con presenza na mesa sectorial  do Sergas fixeron esta mañá entrega de máis de 700 sinaturas en denuncia das condicións de traballo que padece o colectivo que traballa nestes centros de saúde e que repercuten negativamente na asistencia. Coincidindo co acto traballadores e traballadoras concentráronse diante do Sergas para demandar a constitución dunha comisión técnica da mesa sectorial para abordar as súas demandas.

Foi necesaria esta mobilización para que as/os representantes deste colectivo e das organizacións sindicais foran recibidos por unha subdirectora de Recursos Humanos do Sergas que confirmou que se incorporará na Orde do Día da mesa sectorial a constitución desa comisión técnica.

A este respecto, a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, lembrou que a inclusión deste punto da Orde do Día foi solicitada polas/os representantes da central sindical en reiteradas ocasións pero “a administración fixo caso omiso até que se celebrou esta concentración”.

Abuín agarda que esta comisión técnica sexa operativa e que “en cada unha das reunións que teñamos o Sergas dea resposta ás cuestións que se vaian abordando”.

Empeoramento das condicións

  

As traballadoras e traballadores que prestan asistencia de xeito eventual, fixo ou interino nos Puntos de Atención Continuada (PAC destinados a urxencias extrahospitalarias) no Sergas denuncian o empeoramento das condicións nos últimos anos, tanto den recursos humanos e materiais como en retribucións e presión asistencial, nomeadamente desde a creación das Estruturas Organizativas de Xestión Integrada (EOXI).

Entre outras cuestións demandan equipos completos medico/a-enfermeiro/a en todos os PAC: entende que “a atención a emerxencias sen persoal non é aceptable nun país desenvolvido”. Responsabilizan ademais, desta asistencia de baixa calidade á mala planificación por parte das EOXI.

Xunto a isto exixen respecto aos tempos de traballo do persoal conforme as directivas europeas que “están para garantir unha atención eficiente por persoal descansado en beneficio dos doentes”. Consideran que isto debe ser independente de ter un contrato fixo ou traballo fraccionado e que “o fraccionamento dos contratos non pode empregarse para non cumprir cos descansos”.

Listas de obxectivos

Tamén entenden que calquera avaliación de ‘derivación hospitalaria’ debe ser eliminada das listas de obxectivos, xa que “as derivacións non son opcionais, seguen criterios médicos”.

  

Reclaman ademais criterios obxectivos para a dotación de persoal nos PACs en base á carga asistencial, dispersión, distribución etaria, distancia ao hospital e número de mobilizacións polo 061, para garantir o dereito a asistencia.

Complementos, ITs e permisos

O persoal dos Puntos de Atención Continuada exixe o pago do 100% dos complementos de nocturnidade e festividade desde este momento e con carácter retroactivo desde 2010; que non se aumente a xornada laboral efectiva das 1.451 horas actuais. “Calquera exceso de xornada debe ser voluntario, incentivado e por tramos. Empeorar as condicións laborais aumentará as fugas de persoal a outras áreas e servizos e empeorarán a asistencia”, afirman.

Demandan o cómputo axeitado das Incapacidades Temporais e permisos retribuídos e que se contabilice como xornada laboral a asistencia a calquera reunión convocada desde as xerencias ademais de que as dietas dos domingos e festivos sexan aboadas pola comida e pola cea.

Tamén demandan a elaboración dos calendarios de quendas dando prioridade ao persoal propio de PAC, ocupando o persoal voluntario os ocos e a dotación de Equipos de Protección Individual a todo o persoal que traballa nestes centros, aínda que sexa persoal en formación ou ocasional. “Debe existir un circuíto de limpeza que evite ter que levar a roupa a lavar ao domicilio persoal

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Hoxe tocou ir ao pleno da Deputación de Lugo, lémbrarlles que: NON, NON QUEREMOS  a supresión das áreas sanitarias de Monforte e A Mariña, NON QUEREMOS que sigan desmantelando a Sanidade Pública e apostando descaradamente polo beneficio da sanidade privada a conta da saúde d@s galeg@s


Captura

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo
No día de hoxe  31 de Maio, publícase a Resolución definitiva do procedemento de mobilidade voluntaria provisional convocado por Resolución do 31 de marzo de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

Podedes acceder á listaxe a través da intranet ou no voso Fides.


 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Pincha aquí para ver noticia en prensa

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

CIG-Saúde non está dacordo coas decisións que toma a Xerencia da EOXI con respecto a cobertura dos médicos dos C.S. Guitiriz, non pode ser que un centro dotado con 4 profesionais pase a ter sólo dóus.unnamed

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Probablemente se publique na primeira quincena de Outubro, a Resolución cos destinos definitivos do Concurso de Traslados do persoal de Xestión e Servizos (Celadores, Pinches, Aux. Adtivos, PSX, Persoal de mantemento, informática.. etc..).

 
Máis artigos...
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>