Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

FEASvinculacionsmaio2019

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

No día de onte sae unha nova na prensa que realmente fai que nos desmoralicemos como profesionais da Sanidade Pública.

Esta noticia fala do resultado dunha sentenza a respecto do cese dunha Supervisora do HULA e no seu corpo recolle o literal dunha auditoría interna promovida pola Dirección co fin de xustificar o seu cese, e que dende o noso punto de vista  o que fai é deixar en mal lugar ao persoal.

Dende a CIG-Saúde o primeiro que temos que dicir é que consideramos a estes/as profesionais como altamente cualificados/as, responsables e competentes no seu traballo, moitos deles levan anos desenvolvendo o seu labor magnificamente e sacando vidas adiante. Non somentes teñen formación específica, senón tamén un alto nivel de cualificación. Ningún/unha traballadora do HULA o dubida.

A segunda cuestión é se a Dirección utiliza o desprestixio do persoal para xustificar o cese dunha Supervisora e para iso fai unha auditoría interna de parte.

Dende a CIG-Saúde nin  podemos nin queremos discutir a conveniencia deste cese, todo cargo de responsabilidade é limitado no tempo por definición, o que si discutimos enerxicamente é que se usen este tipo de artimañas que o que fan é deixar fatal ao persoal e ao HULA e que por riba crean alarma social.

Entendemos que esta auditoría foi tendenciosa simplemente porque a partires dela e sen tomar medidas extraordinarias de ningún tipo se fixeron outras cun resultado positivo para a Unidade.

En canto ás formas non nos queda máis remedio que pedir que se asuman responsabilidades polas decisións tan erróneas que se tomaron dende a Dirección de Enfermaría, onde parece que a máxima é que o fin xustifica os medios sen ter en conta as consecuencias.

En canto ao fondo, tamén temos que pedir responsabilidades, xa que o fin de todo isto non era a mellora do servizo, senón a xustificación dunha decisión administrativa e para iso non se dubidou en sacar fóra do HULA os resultados da tal auditoría, feita “ad hoc”, expoñendo así tanto ao persoal, como ao Hospital, como á Sanidade Pública ao desprestixio  social.

Tamén a propia Dirección quedou en evidencia,  prexudicándose así mesma, todo con tal de conseguir o que quería, algo de ben pouca entidade, un cese, o cal nos debe dar a dimensión da súa incompetencia para dirixir asistencial e organizativamente a área de enfermaría da EOXI de Lugo, Cervo, Monforte.


Segundo parece hoxe a Dirección foi á UCI pedir disculpas, descoñecemos os termos nos que as pediron, creo que á Supervisora cesada tamén hai que pedirllas, xa que ninguén está excluído do dano profesional e persoal causado por estas barbaridades.

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

HULA_entrada_3

 

A CIG-Saúde reclámalle á dirección do HULA que poña solución á situación de colapso das urxencias

Critican que, logo de catro meses, a xerencia siga sen recibir o persoal


A CIG-Saúde vén de reclamarlle ao xerente do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) que atenda a solicitude de xuntanza trasladada hai xa catro meses para abordar coas traballadoras e os traballadores de urxencias, as situacións continuadas que se están a soportar neste servizo en todas as categorías. Dende a Federación de Saúde critican a incapacidade da dirección do hospital para atallar esta situación límite e a falta de interese por abordar co persoal afectado as carencias desta unidade.

A secretaria comarcal da CIG-Saúde, Carme Aira, denuncia que esta mañá o servizo de urxencias volveu amencer con 15 pacientes que deberan estar en observación, debido "como sempre, a que en observación había pacientes que deberían estar ingresados/as".

Aira explica que o pasado ano a CIG-Saúde expuxera á xerencia as dificultades polas que pasa o persoal de urxencias para o desempeño adecuado do seu traballo, "xa que en moitas ocasións a situación é límite e non garante a mellor calidade asistencial, nin a seguridade xurídica necesaria para o persoal". Porén, daquela, a xerencia non achegou explicacións "convincentes" sobre os seus proxectos para a mellora desta unidade e posteriormente eludiu manter unha reunión co propio persoal do servizo, "dilatando o tema cunha negativa que non puido ser máis grande, e remitíndonos ao director asistencial".

Á súa vez, o director Asistencial demorou a xuntanza, "de modo que a día de hoxe, catro meses despois, o persoal de urxencias non puido comunicarse colectivamente coa súa xefatura para transmitir os problemas que causan o ateigamento do servizo, nin á xefatura se interesou o máis mínimo por contar co persoal para buscar a mellor solución posíbel", critica Aira.

Capacidade nula da xerencia

Dende CIG-Saúde denuncian o colapso das urxencias do HULA se agudiza mentres a xerencia "demostra ter unha capacidade de actuación nula, pois ningunha das medidas que din que toman serviron até o momento para nada, e nin sequera lles interesa escoitar o persoal. Mentres quen está a dar a cara, a facer o traballo o mellor posíbel en situacións límite, xogándose o seu prestixio profesional e na máis absoluta das inseguridades, son precisamente eses traballadores e traballadoras ás que non queren escoitar".

Diante de todo isto, CIG-Saúde insta a toda a dirección do HULA a resolver os problemas "que hai baixo o seu teito, pois as urxencias só son unha parte, moi relacionada co resto de situacións que se dan no hospital".

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo
Estimadas compañeiras/os:
A CIG-Saúde forma parte do Movemento Galego de Saúde Mental, creado para a defensa da Sanidade Pública e mellora do tratamento que dentro dela se lle dá á Saúde Mental e aos/as seus usuarios/as.
Enviamos o último comunicado  deste Movemento A_XERENCIA_DO_SERGAS_EN_LUGO_ELUDE_RESPONSABILIDADES_EN_SADE_MENTAL_1.pdf , emítese en resposta a unha nota de prensa cursada pola Xerencia do Hula vertendo unha serie de acusacións inxustificadas.
Ante isto a CIG-Saúde decidiu pedir explicacións ao Xerente na reunión mantida o venres 23, tentaremos resumilo aquí.
Preguntado o Xerente sobre si se estaba levando a cabo algún tipo de auditoría en Calde, con que persoas e con que fin,  este respondeu que fora a raíz das acusacións contra o persoal vertidas polo MGSM (no propio adxunto hai enlace ás denuncias feitas), que ata agora as consideraran como anónimas pero que agora viran ao responsable na TV e que decidiran emitir esa nota, ao tempo o Xefe de Servizo lle pedira autorización para que viñeran participantes da Asociación Galega de Saúde Mental e demostrar que non eran certas.
Tamén chegou a negar que a CIG se reunira con el para evidenciar problemas estruturais do edificio e necesidades de diverso mobiliario. Todo isto nun tono pouco dialogante e bastante irritado.
Por se non quedara claro na mesa queremos puntualizar o que sigue:
O MGSM en ningún momento acusou de nada ao persoal, tal e como se ve nos enlaces que figuran no adxunto, nin ese é o seu cometido, somentes denuncia todas aquelas cuestións que afectan a usuarios/as co fin de melloralas, como así aconteceu ata o momento.
O MGSM non emite comunicados anónimos, está liderado por un profesional concreto co apoio de todas aquelas persoas e  colectivos que o conforman.
Por outra banda, é incrible que se trasmita aos/ás profesionais o bulo de que están no punto de mira, e para "apoialos" o Xefe de Servizo chame ao chou a profesionais da Asociación Galega de Saúde Mental, asociación á que el pertenece e da que foi presidente varios anos e  que o Xerente tamén ao chou o autorice.
Dende a Cig non entendemos ben de que vai isto o que si temos claro é que ESIXIMOS que se deixe en paz ao persoal, basta xa de manipulacións e de vender motos, de dicir que alguén os acusa para que o Xefe de Servizo os salve. Que se centre a Xerencia nos mandos intermedios e na xefatura para que fagan o seu traballo escoitando ao persoal e poñendo a vontade precisa para mellorar as condicións de vida dos/as residentes e as súas posibilidades de recuperación.
Resumindo, o que ESIXIMOS é seriedade, que si tivestes a paciencia de ler isto descubriríades que non ha hai.
Un saúdo
 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo



 

Tratáronse  varios temas, a maioría presentados pola CIG nesta ocasión, algún deles moi recorrente, recollemos o máis significativo

 

1.       Atención no servizo de urxencias, referido isto aos pacientes pendentes de ingreso.- Explicamos a dificultade que existe nesa unidade polo feito de que non poden restrinxir as entradas de doentes e tampouco poden tomar decisións sobre as saídas dos mesmos da urxencia. Queremos dicir que cando observación está chea e as plantas polas circunstancias que sexa non poden recibir os ingresos, todos quedan na propia urxencia, o cal causa trastornos evidentes tanto para doentes como para o persoal, xa que esta unidade non está deseñada para ter vixiancia ou administrar tratamentos a doentes que deberían estar ingresados.

Tamén nos queixamos de que non se responde con axilidade á necesidade de reforzo nin nas plantas nin na propia urxencia.

Pedimos que se implemente a coordinación entre urxencias e o resto de unidades para darlle axilidade á saída de doentes desta unidade.

A Xerencia responde con infinidade de explicacións sobre picos de actividade por épocas ou tramos horarios, contan que están levando adiante un plan de continxencias que está funcionando, e que as melloras informáticas tamén melloran os tempos, xunto cunha mellor xestión das altas de hospitalización e da ocupación  das ambulancias.

Dan unha estatística atroz sobre o tempo medio de espera entre a “alta de urxencias” e a ocupación real dun paciente en hospitalización que é de 1,3hs.

Para resumir, rematamos dicindo que non queremos máis explicacións, que sabemos perfectamente o que acontece que o que estamos pedindo é solucións a problemas crónicos, que se respecte ao persoal cando pide reforzo e que se facilite a mellor coordinación coa hospitalización.

 

2.       Reforzos persoal sanitario en plantas.- Este tema mesturouse co anterior. Queixámonos de que cando o pico do gripe era máis alto non se reforzara adecuadamente.

Neste punto volve outra estatística atroz, resulta que no 2017 se gastaron 150000€ en reforzos de persoal.

Como sempre, preguntámonos se iso é certo como é posible que o persoal teña a percepción contraria. Haberá que mirar se o fallo é de organización.... xestión...

Insistimos aquí  como no tema anterior que non é unha cuestión de análise cuantitativo senón cualitativo.

Sen negalo, tampouco dá a impresión de que se vaia modificar nada.

Outra OOSS fala da necesidade de incremento de Dues os domingos pola tarde nas plantas de cirurxía, xa que a maiores da actividade habitual teñen que enfrontarse a un gran número de ingresos programados. A Dra de Enfermería responde que ese tema xa se tratou en máis ocasións e que en teoría o venres debería programarse o persoal segundo a actividade asistencial prevista para o domingo.

3.       Limpeza grúa por persoal TCAE.- Este tema levouse xa 100 veces a estas reunións, as OOSS e a Dirección teñen claro que é un traballo da empresa de limpeza, quen parece que non o ten claro é o encargado da limpeza e tampouco algunhas Supervisoras, que recorrentemente volven co mesmo rollo.

4.       Acomodos Internos.- Parece que a intención é que saia a convocatoria a semana próxima.

5.       Celadorxs retén e información.- Trasladamos a queixa dos/as profesionais de que dado que só hai unha sala de Rx moitos volantes urxentes quedan para a noite e son os celadorxs do retén os que teñen que baixar as camas, como son moi xustiños iso é un traballo extra que entorpece bastante outros que teñen que facer. Tomaron nota. Con respecto a información a cousa é que o persoal é utilizado para cubrir ausencias en distintos servizos, como a maioría son de Saúde Laboral todo recae nas mesmas persoas. Falaron aquí da reestruturación na que están traballando e que cando esté rematada iso se corrixirá.

6.       Soros en diversos corredores do HULA.-  Non nos parece o sitio máis idóneo para que se “garden”, están expostos a calquera cousa e a maiores unha parte (os caducados) están rotos e en mal estado. Recoñecen o problema, fálase de habilitar outro espazo ou facer armarios.

7.       Informacións da Xerencia.-

HEMODINÁMICA

- Comunican que se abrirá Hemodinámica ata as 10 da noite de luns a venres e as fins de semana de 8 a 22hs.

Primeiro de nada preguntamos que motivara esta apertura e porque non de noite tamén. Din que a pesares de que a mortalidade por infarto en Lugo está na media do resto das áreas pero que os tempos dende o primeiro síntoma á realización da anxioplastia (cateterismo) si que eran moito máis dilatados que noutras áreas. Loubamos a resistencia da poboación de Lugo, porque con tempos maiores a supervivencia era igual que no resto de Galiza.

Dixeron tamén que foi bo que neste tempo se estabilizara o servizo con profesionais moi competentes e ben formados. Que acabamos de recibir acreditación para formar outros/as hemodinamistas.

Pregunta outra Organización como se vai artellar a asistencia. Din que hai 3 profesionais médicos e 5 DUES formadxs, que Dues se formarán máis. Van facer gardas localizadas, de modo que aos/ás facultativos lles corresponden 10 gardas ao mes, e moitas máis en períodos vacacionais, o cal parece bastante excesivo.

Preguntamos que papel xogaba Medtronic (empresa de xestión coa que a Xunta fixo un convenio de colaboración) no Servizo de cardioloxía e onde se podían consultar as condicións dese convenio. A resposta foi que era unha empresa que se encargaría da análise de datos, formación, mellora de circuítos, calidade, mapas de procesos, etc e que o coñecemento que aportara quedaría para uso do Hospital noutros servizos. A respecto de consultar o convenio respondeume o Xerente que o tiña no seu despacho e que se ía alí mo deixaría consultar... tócate os pés.

MANTEMENTO

-Reordenación do Servizo de Mantemento, explican o novo organigrama. Aproveitamos para insistir na importancia de conservar electromedicina e dotalo cos profesionais necesarios.

 

8.       Varios.- Preguntamos que pasaba en Calde, se estaban a facer unha especie de auditoría, con que persoas e con que fin. Explicounos o Xerente que todo partira dunha queixa que fixera o Movemento Galego de Saúde Mental, dicindo que o persoal de calde trataba mal aos doentes, que ata este momento as denuncias deste movemento foran anónimas pero que agora viran na televisión  ao responsable disto.

Xa contestamos aquí que o MGSM nunca fora anónimo e que era difícil que fora certo que lle botaran a culpa ao persoal do funcionamento imperfecto que se poidera dar.

Dinos o Xerente que o Xefe de Servizo falara con el para pedirlle autorización para que membros da Asociación Galega de Saúde Mental (á que el mesmo pertenece) viñeran visitar o centro e aos/ás traballadoras para demostrar que o que se dixera non era certo  e que el lle dixera que podía traer a quen quixera....

Tamén nos dixo que estas denuncias eran a instancia de algún traballador de Calde que pertencía ao Movemento.

Sinceramente, entendemos que isto é unha manipulación interesada para acusar ao movemento de meterse co persoal para que despois o Xefe de Servizo o salve coa axuda dos seus amigos da Asociación  e do Xerente.

Para a semana faremos un articuliño sobre isto.

Rematamos con 2 problemiñas nos mostradores de citas da 3ª e da 4ª. Altura dos monitores nos que se visualizan os números, xa que a xente tropeza con eles. Situación dos monitores dos ordenadores, pola  súa disposición un usuario/a pode ver a pantalla na que se xestiona a cita de outro

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Infórmase que hoxe, martes, 26 de decembro publícanse no Diario Oficial de Galicia as Resolucións de convocatoria de concurso de traslados aberto e permanente para as categorías de persoal sanitario, diplomado e de formación profesional así como persoal licenciado sanitario de Atención Primaria.

 

O prazo de inscrición iniciarase a partir do mércores, 27 de decembro.

 

Con carácter excepcional, e exclusivamente para o primeiro ciclo de adxudicación, admitiranse as solicitudes de participación e petición de destinos que consten rexistradas en Fides/expedient-e e formalmente presentadasata o 31 de xaneiro de 2018.

 

Na páxina web do Servizo Galego de Saúde, no apartado de emprego público, sección de concurso de traslados aberto e permanente consta información detallada dos aspectos máis destacados do proceso de inscrición así como resumo de preguntas frecuentes.




·         RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario diplomado sanitario.
 
·         RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario licenciado sanitario de atención primaria.
 
·         RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario de formación profesional.
 
 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

O día 26 de outubro este sindicato rexistrou un escrito, dirixido ao Xerente, onde se relataban unha serie de anomalías  do  Centro de Calde que repercutían negativamente nos/as doentes.

Dado que o Xerente nin nos chamou nin nos respondeu, solicitamos unha reunión con el que se celebrou onte.

Seguramente aínda quedaron por dicir máis cousas que se poden mellorar pero para iso vén un ano detrás do outro.

Con respecto ao tratado, foi o seguinte:

-A ausencia de duchas nos cuartos, cando os pacientes son cada vez de máis idade e lles costa acceder ás bañeiras.

Aquí o Xerente non se pronunciou expresamente. Si que dixo 2 cousas importantes que había diñeiro suficiente para facer inversións e que o diñeiro da madeira vendida sería destinado integramente a proxectos de mellora da habitabilidade e que dentro do plan de humanización se detectarían as áreas que hai que mellorar.

-Camas e colchóns en mal estado, aquí sorprendeuse de que isto fora así, xa que insistiu en que non había problema para cambiar os colchóns que probablemente non todos á vez pero si progresivamente.

-Mal estado dos armarios ou ausencia deles, tomou nota.... sobre entendemos que se corrixirá

-Sillóns, son os que había en Calde, antiergonómicos e duros, atópanse nos cuartos e nas salas da Tv, comprometeuse en investir o necesario para cambiar polo menos os das salas.

-Limpeza, queixámonos da falta de limpadora de noite pero tamén de que as de día teñen que afrontar unhas cargas de traballo moi excesivas.

-Materiais de apoio a mobilidade reducida, cando un/unha residente precisa de un andador ou unha alza para o WC... non só tarda en chegar senón que ás veces vén en mal estado

-Servizo de perruquería insuficiente, non chega co día que vai a compañeira do HULA, nós entendemos que deben ter unha asistencia que atenda ás necesidades hixiénicas ( corte de pelo) como estéticas (tintes, depilacións....)... Tamén dixo que si que iso era posible e que tentarían amañalo.

-Comida de liña fría, comentamos o penoso que era comer de por vida ese tipo de comida. Os/as pacientes síntense frustradas/os e logo gastan moitos cartos nas máquinas sen respectar a súa dieta.... Propuxemos que xa que se vai amañar a zona de cafetería para distintas actividades que se teña en conta para a posibilidade de facer talleres de cociña para que polo menos un día á semana poidan comer comida tradicional.

-Da tala masiva feita queixámonos sobre todo de que non fora progresiva, o Xerente dixo que as árbores estaban en mal estado (aínda que as toradas se vían sás coma mazás) e que por falta de mantemento se producían constantes situacións de perigo por caídas ou cortes de luz ao pobo de Calde. Que o plan se deseñara por técnicos e coa aprobación de medio ambiente. Parece que xa reforestaron algo, pero polas condicións metereolóxicas (de seca) non puideron seguir pero que se fará en canto o tempo o permita.

-O estado dos bancos e demais do xardín é penoso, dixo que evidentemente de agora en adiante se ocuparía do mantemento tanto dos elementos de mobiliario como da vexetación.

Notificamos tamén algunha cousiña máis e deixamos para outro día temas como medios, protocolos e apoios cos que conta o persoal, implicación das xefaturas e mandos intermedios ou a falta de colectivos profesionais como celadores/as ou terapeutas ocupacionais..

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Notaprensa29112017

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

OPE_17_UNHA_FARSA_2

 
Máis artigos...
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>