Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 

AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN SOCIAL

 

Esta mañá acudimos a unha reunión co Xerente, entendemos que esta convocatoria se debeu á presión da asemblea de traballadoras/es, en cambio non tratamos do tema das vacacións para nada, polo que se demostra que a presión non debeu ser a suficiente.

A reunión foi esclarecedora, de todos modos. Tentaremos verter a nosa opinión crítica coa maior educación posible.

Á CIG deulle a impresión de que este Xerente só ten un argumento e de que o repite moitas veces, por se así logramos ter fe, as explicacións que deu foron idénticas ás que xa enviara á prensa, primeiro, e aos traballadores/as, despois, sen modificarse o máis mínimo.  De feito, utilizou a mesma resposta  para contestar ás distintas preguntas, funcionando como un circuíto pechado.  

Falouse sobre todo da área integrada e do que o novo xerente pretende, como non podía ser de outro xeito, non o compartimos en absoluto.

A estas alturas só podemos falar de percepcións, e como é a nosa obriga así o faremos. A nosa impresión é de que hai unha tendencia obsesiva a homoxeneizar confundindo este termo con integrar, que se quere regulamentar a ordenación do persoal dun xeito monocorde, sen atender a idiosincrasias particulares, e que polo tanto, tratando igual ao que é diferente van cometerse demasiados atropelos inxustificados.

O novo Xerente atívose en todo momento a falar do seu propio nomeamento, da súa autoridade actual e futura, da escala xerárquica da área integrada... Deu a impresión de querer facer tábula rasa da historia e dos acordos dos centro e de que non terá ningún problema en enmendarlles a plana aos xerentes executivos (Monforte e Burela), no tema das vacacións ou no que faga falla, iso sí, cando teña autoridade para iso.

A CIG non logrou establecer ningún tipo de feed-back con este señor, pareceunos impermeable e moi disposto a negociar, pero só consigo mesmo, sendo capaz de, veladamente, facernos saber que se falamos das vacacións antes do día 22, día no que será nomeado, vai ter que ser máis restritivo no acordo. Nin sequera logramos que recoñecera que a normativa ou o DOG non poden interromper o funcionamento diario do hospital, que son dúas cousas ben distintas, e que non é problema do persoal se el está ben nomeado ou mal.

Constatamos nesta reunión de hoxe que a Xerencia Única vai alonxar aos/ás traballadoras da Mariña e de Monforte de quen os/as dirixe, non dubidamos de que no futuro constataremos que a poboación desas áreas vai estar máis alonxada da asistencia sanitaria que precisan. Moito teñen que mellorar para convencernos do contrario. Haberá máis capítulos para contar esta historia.

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Asistentes a esta reunión:

Polo banco empresarial: SR Xerente, Javier Pena e a secretaria de dirección

Polo banco sindical: representantes de tódalas organizacións, da CIG foi, Carme Aira e Mónica Roca.

 

  NA REUNIÓN NON SE TRATOU NADA RELACIONADO COAS VACACIÓNS

 

Xerente.- Moi a curto prazo sairá a orde de desenvolvemento do decreto de Xestión Integrada,  e da mesma forma que cos temas asistenciais, non pode falar con autoridade das outras áreas, polo tanto pide esperar á publicación desta norma. Previsto que estean os novos nomeamentos feitos o día 22, así que a posteriori se reunirá coa Xunta de Persoal para falar das vacacións. Recorda que as vacación non teñen que estar ata o 30 de Abril, e que para ese día estarán.

            Quere saber que opcións hai e que sexan criterios homoxéneos e flexibles para todo o mundo. Non debe unha xerencia única pechar acordos  distintos para cada centro.

            En resumo, pide, criterios homoxéneos, que esperemos uns días...

            Ameazou veladamente que se se negocia antes terían que ser máis restrictivos.

OOSS.- Por parte das OOSS explícase que a realidade non é isa, que xa hai borradores nos servizos e reunións feitas.

Xerente.- Ao que el responde disculpándose e dicindo que as súas instruccións non foron esas, disculpa á súa dirección porque están poucos e probablemente se dera este malentendido.

            Comenta que están a traballar nun documento, que será común a tódolos centros da área, pero agora mesmo non pode mostrárnolo porque non coñece a realidade dos centros periféricos.

Pasouse parte da reunión falando do que era integrar ou non era integrar.

A CIG explicoulle que a Xerencia Única trascende con moito o tema das vacacións. Que o ritmo teórico e normativo non pode interferir no ritmo real e no funcionamento do centro.

Insistimos en que homoxeneizar non ten por que ser integrar, e que hai que respectar os acordos previos de cada centro, xa que cada un ten as súas peculiaridades.

Obviou a pregunta de como ía facer para resolver o feito de que xa houbo acordo en Burela, en Primaria as instrucción que hai foron emitidas de xeito unilareral pola empresa.

A CIG defendeu o modo de traballar que viñamos tendo, de modo que se facían grupos de traballo nos que participaba a dirección e as OOSS, e que para isto non había que esperar ningún nomeamento, en  todo caso á CIG non lle quedaría máis remedio que esperar porque os demais estaban aceptando a proposta do Xerente.

 

 

CONCLUSIÓNS: O QUE HAI FEITO NON VALE, HAI QUE ESPERAR A QUE O SR. XERENTE SEXA MACRONOMEADO E QUE O QUE VAN PROPOR SERÁ O MÁS FAVORABLE POSIBLE, XA VEREMOS PARA QUEN.

 pola tarde o segundo capítulo desta historia

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

POR FIN HOXE O NOSO XERENTE CONVOCA Á XUNTA DE PERSOAL PARA MAÑÁ VENRES ÁS 12, ENTENDEMOS QUE PARA TRATAR O TEMA DAS VACACIÓNS, DAREMOS INFORMACIÓN AO SAÍR DA REUNIÓN A TRAVÉS DESTA PÁXINA





 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo








Esta foto recolle un salón de actos que rematou case cheo. As compañeiras/os acudiron masivamente á convocatoria de asemblea que fixo a Xunta de Persoal para tratar da aplicación do "acordo" provisional de vacacións. Este ano dende o SERGAS prantéxase un documento de "flexibilización" do desfrute de vacacións tarde mal e arrastro, neste recóllese a posibilidade de negociar nos centros algunha mellora.
Neste noso hospital, o sr. xerente recén chegado ou se está a facer o avión ou nos saiu totalitario porque se negou de inicio a tratar ningunha das peticións feitas pola Xunta de Persoal. Esto déixanos con múltiples aplicacións e acordos particulares que melloran a uns e empeoran a outros/as.
Acudimos todos/as os/as asistentes visitalo ao seu despacho para solicitarlle outra vez que nos reciba, que se sente a falar, que argumente por que nos está a dicir que non....

COMO ATA O VENRES NON ESTÁ, TEREMOS QUE ESPERAR, PERO SE ESE DÍA NON NOS CONVOCA, TEREDES NOTICIAS DA XUNTA DE PERSOAL PARA FACER MÁIS MOBILIZACIÓNS/ XUNT@S PODEMOS





DSC_0075

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 

PREPOTÉNCIA E INEPTITUDE  UNHA MALA COMBINACIÓN

 

Que a estas alturas do ano, cando quedan menos de dous meses para o início do teórico periodo oficial de vacacións, co SERGAS non fose quen de ter elaboradas as Instruccións, que regulen o modo de organizalas nos distintos Centros de Traballo, indica un grao de incompeténcia realmente supino, e se a iso lle sumamos  o feito de que o borrador que achegaron non recolle nin unha soa das propostas que lle fixemos chegar, temos que falar ademais de absoluta INSENSIBILIDADE, o que augura un futuro de conflictividade xa que o diálogo parece que non ten cabida nesta Administración.

 
 

Polo que respecta ao noso Centro –o HULA- temos que lamentar que a Dirección teña pechado as portas aos intentos da Xunta de Persoal de chegar a Acordos en cuestións nas que o próprio borrador contempla a posibilidade de negociar en cada Centro. Tratándose –como é o caso- dunha nova Dirección, tomamos nota do seu debut  cheo de PREPOTÉNCIA, e rexeitamos o modo UNILATERAL con que a nosa Dirección está tratando de organizar os calendarios de vacacions nun ano que presenta novidades importantes.

 

Esperamos que respondades adecuadamente (é dicir, coma se vos importara) a convocatoria da Xunta de Persoal para protestar por esta falla de respecto aos/ás traballadores/as. Logo tampouco van valer lamentos

A Xunta de Persoal convoca asemblea de traballadores para o mércores 4 de abril, ás 11:30 horas no Salón de Actos do HULA.

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 

 

  1. Fíxosenos entrega do listado de solicitantes de acomodos internos, comunicóusenos que apartires do 15 de xaneiro vaise reforzar a unidade de validación para axilizar o proceso.

  2. Integración.- De 195 persoas transferidas, solicitaron integración voluntaria 95 solicitantes máis 19 integrados/as forzosos/as, de modo que as integracións totais serán entre 112 e 114. 27 persoas con vínculo laboral quedaron sen integrar. Nos próximos días publicarán un listado de persoas excluídas por non cumprir os requisitos. A opinión da dirección é que a integración se resolverá pronto.

  3. Formación.- Dado que houbo problemas con que a formación obrigatoria descontara horas de permisos de xeito desigual, a Dirección de enfermería asegura que as Supervisoras están informadas de que as horas dos cursos obrigatorios non serán contabilizadas para superar o límite de permisos por formación. Ofrecen presentar un plan global de formación, que teña en conta as necesidades formativas e  os permisos de formación. A CIG pide que os permisos sexan acordes coa oferta formativa que falaron incluso de mellorar.

Falaron dende a Dirección con orgullo polo número de profesionais que participan de xeito voluntario no programa: “Sabes o que ensinas, ensinas o que sabes”.

  1. Contratacións para o Nadal.- Pretenden que as OOSS “autoricen” á dirección a facer contratos de reforzo durante 15 días para cubrir permisos no nadal,  no canto de facer substitucións nominais.  Aducen a dificultade de organizar os servizos se os contratos son nominais. Tódalas organizacións sindicais respondemos que innovaccións as xustas,  insistimos en que os contratos haberán de ser de substitución coma sempre, que fagan o posible por organizarse para non andar movendo á xente de servizo. Quedaron de mirar como o podían amañar.

  2. Tratouse de varios casos de celadores/as en canto a contratación e reclamouse que servizos que teñen reforzos habituais estabilicen persoal. Dende a Dirección dise que o persoal de celadores está substituído nas IT nun 99,6%... Se hai problemas din que se traten os casos concretos que tentarán corrixilos.

A CIG reclamou poder tratar o cómputo de xornada que se aplica aos bloques de vacacións, xa que a aplicación da fórmula, é legal, pero tamén inxusta e prexudicial para as traballadoras. Se unha persoa eventual cubre unha baixa de 6 meses terá que facer do orde de 80hs menos que se cubre un bloque da vacacións de 6 meses, por unha cuestión das fórmulas que se usan en cada caso…. Da Dirección xa dixeron que iso non se vai corrixir, e nós seguiremos a insistir.

 

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo


Hoxe, as organizacións sindicais da Xunta de Persoal do HULA, entre elas a CIG, tivemos que organizar de xeito "express" (estivemos a chamar por tf avisando aos profesionais) un acto de protesta nunha xornada organizada polo Colexo de Enfermería de Lugo, na cal traía de conferenciante a Directora de Recursos Humanos do Grupo CAPIO Hospitales, é dicir, unha representante da sanidade PRIVADA que polo que dí a prensa adícase a tratar de facerse coa xestión dos hospitais públicos privatizados de Castela-A Mancha, Valencia, Madrid.. ¿a qué ven ao HULA? ¿por qué a invita o Colexo de Enfermería de Lugo?

GRAZAS A TODOS, por acudir a este acto de protesta, no cal se escoitaron moitas consignas: "O PUBLICO E SERVIZO, CAPIO É BENEFICIO".... NON, NON, NON A PRIVATIZACIÓN....  non só enchimos o salón de actos, senón que a protesta serviu para remover conciencias.. os asistentes a ditas xornadas deixaron o salón de actos vacío, evidentemente a ninguén lle interesaba xa escoitar o discurso que traía preparado esta Sra.

MENOS BOLEROS E MÁIS SANIDADE PÚBLICA !!!!

congreso_enf.2012-p1_089


Os asistentes ás Xornadas abandonan o Salón de actos:


congreso_enf.2012-p1_112

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Esta mañá o flamante presidente da Xunta de Galiza, recén reelixido, estivo no HULA, cuadraba ben xa que veu inaugurar un tramo do corredor Lugo-Monforte, ese que eu defino no meu idiolecto como "calexón" ou "corredoira", e que moi oportunamente non inaugurou xusto antes das eleccións, supoñemos que ao HULA viría interesarse polo desgraciado suceso que lle acontenceu a un traballador público e que o levou a ingresar no noso centro, entre outras cuestións.

Cando nós atopamos á comitiva a escea era singular e chamativa: Xerente e Feijoo no centro, o presidente de ganchete co Xerente, unha persoa máis a cada lado deles e detrás un reducido séquito cun señor militar hipercondecorado, incluído. Os protagonistas cun rictus distendido, charlaban animadamente mentres camiñaban.

Por un momento a miña maldade fixo que o meu cerebro recreara unha escea bucólica do século XIX, onde o noso vestibulo era un xardín boscoso.  A parella protagonista camiñaba relaxada de ganchete, el  ben vestido e cunha agradable charla, ela co seu vestido floreado, xenerosa pamela con lazada e parasol, deixábase acompañar asentindo, de paseo cara os columpios, no fondo da escea á esquerda, despois de subir unha pequena costa, xusto antes dunha ponte de madeira ... o único que non sabería ou querería dicirvos é quen é quen nesta historia.

A cuestión é a seguinte: o calexón é corredor? dende o meu punto de vista non, o corredor é autovía? pois vai ser que non, dende calquera punto de vista, o caso é que as miñas viaxes ao meu pobo logro facelas en 2' exactos menos que pola carretera xeral... con este tramo igual gaño un minutiño máis...

E a cuestión seguinte é: O Presidente autovisita hermético o noso hospital, ese que é dos lucenses de hoxe para os lucenses de mañá..., non se comunica a ninguén, nin sequera á Xunta de Persoal, esa que tamén representa aos traballadores/as que o votaron a el hai ben pouquiño... e ao resto, aos que a el tampouco lle queda máis remedio que presidir...

Como hoxe é un día de onirismo exacerbado.... soñei, escribindo esto, que a estilizada figura do Presidente, con el mesmo no seu interior, se reunía con nós, xunto co Xerente, e por ordeada quenda de palabra nos permitía preguntarlle, todos o felicitarían pola súa triste e incrementada maioría absoluta (gañada pola abstención e perda de votos do seu partido), eu na miña quenda esquecería felicitalo por pura honestidade, e hoxe con respecto a este hospital preguntaríalle a bote pronto o seguinte:

- Pensa o Sr Presidente que a Sanidade Pública é Pública cando se reducen as listas de espera concertando coa Privada mentres o noso hospital permanece baleiro?

-Pensa o Sr Presidente que o noso hospital é o hospital máis moderno de Europa sen 3 servizos que foron usados de estandartes políticos noutros momentos: hemodinámica, Medicina Nuclear e Radioterapia?

-Pensa o Sr Presidente que Privatizar servizos, como o de mantemento, ou crear un plan de eficiencia enerxética ... (do que teremos futuras oportunidades de falar) favorece aos galegos....

e xa de cheo

- Vai crear vostede unha área única provincial para Lugo, deixar morrer aos comarcais de Monforte e a Mariña e afogar á atención primaria? (para que nos poñamos malos todos/as e fagamos gasto no hospital, privado, claro)

e xa por último diríalle o seguinte:

-Ten coñecemento vostede que o persoal da limpeza deste hospital quedou cobrando 700€ de aquí a decembro, porque o empresario ao que vostede lle paga decidiu pola súa conta e risco quitarlles 300€ do salario, sen que ninguén da administración se pronuncie nin lle diga nada?, que opinión lle merece esto? sabe vostede que o seu xerente se escandalizou porque oía "grititos" de protesta dende o seu despacho?

PENA DUNHAS PANCARTIÑAS, SE HOUBERA GANA

 

 

 

 

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

AQUÍ QUEDA O RESUMO DA REUNIÓN POR SE É DO VOSO INTERESE
DEBIDO A UN PROBLEMA DE APERTURA DO DOCUMENTO ANTERIOR QUEDA AQUÍ NOVO ENLACE

 
Máis artigos...
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>