Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

POR FIN TEMOS AS PRAZAS DEFINITIVAS QUE ENVÍA A DIRECCIÓN DE ENFERMERÍA, BOTÁDELLES UN OLLO


PREME AQUÍ


PREVISIÓNS DE DATA DA CONVOCATORIA: MES DE XUÑO



AS BASES ESTÁN COLGADAS NESTA PÁXINA, NA COLUMNA DA DEREITA

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

ASEMBLEA DE ENFERMEIRAS
(DUES)

O XOVES DÍA 3 DE MAIO ÁS 14 HS

NA AULA 304  DO HULA

TEMA: ACOMODOS INTERNOS: POSTOS ESPECIAIS (postos con perfil)

 

 

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

A dirección manifesta a intención de sacar a convocatoria en Maio

 

1.- Están corrixidos os defectos de redacción das bases e serán enviadas para a súa aprobación pola xunta de persoal

2.- Postos de Saúde Laboral, propostas da dirección:

 

-que se reserven as prazas de información de celadores/as na súa totalidade para Saúde Laboral

 

A mesa (é dicir tódolos sindicatos) opúxese en pleno a un tratamento distinto entre categorías, e corroborou a exposición da CIG de que non hai postos de Saúde Laboral en si mesmos, se non traballadores/as que precisan adaptación polas súas limitacións, polo tanto non se poden reservar postos por si acaso, e tamén apoiou que se hai casos que haxa que valorar estes se fagan no seo do Comité de Seguridade e Saúde, cuestión aceptada por tódalas partes, polo tanto, a semana próxima trataranse estes casos.

 

3.- Funcionarios e Laborais, proposta final e inegociable da Dirección:

 

            -reservaranse os postos equivalentes ocupados previamente ao 27/04/1992

 

4.- Postos con perfil para enfermería, (chamadas agora pola dirección prazas especiais de enfermería), proposta da dirección:

 

            -reservar estas prazas (é dicir non sacalas a concurso desta volta)

 

            Nova oposición da mesa en pleno, xa que as diferencias son tan importantes quedamos para darlle un novo cariz ao documento proposto como baremos para estes postos, a ver se é posible chegar a un punto satisfactorio para as partes.

 

 

A Dirección de enfermería quedou de enviar as prazas definitivas, a excepción das de Calde, xa que teñen que revisalas.

 

5.- Varios.- A dirección decide confirmar a todo o persoal (técnico) que está de mañá nos laboratorios e máis en Rx, esto nin nos vale nin nos deixa de valer, pero hemos de dárlle unha voltiña para poder levar os nosos argumentos para a semana.

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

PRAZAS QUE SAEN A TRASLADO PARA FEAS

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo


Dende a CIG-Saúde pensamos que o peche de camas repercute de xeito directo en 3 colectivos:

 

-persoal fixo: que traballará en peores condicións con mezcla de pacientes de distintas especialidades, con saturación das unidades que permanezan abertas, e coa engádega da mobilidade obrigatoria a outras plantas

-persoal contratado: pola restricción da contratación (vén se ve nas listaxes de nomeamentos, que cada día teñen un menor número de follas), xa que non hai persoal fixo ao que substituír (porque se substitúen el así mesmo)

-Doentes: A CIG considera que non hai garantía de que se manteña a calidade asistencial cando se pechan camas, por moito que a dirección insista nesto, de feito segue a haber listas de espera para a primeira consulta, de modo que nin sequera se sabe se as persoas que esperan esta primeira visita requirirían ingreso ou non


NOTA ENVIADA Á PRENSA NO DÍA DE ONTE

 

O seguinte enlace recolle a noticia en La Voz


http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2012/04/18/hula-cerrara-301-camas-verano-falta-ocupacion-recortes-sanidad/0003_201204L18C1992.htm

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

BORRADOR_ACOMODOS_INTERNOS_PNS

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Aquí quedan enlazados 2 documentos:

-posicion_cig_acomodos.doc

resumo_da_reunin_de_acomodos.doc


para a vosa información

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

cid_image002


No día de hoxe enviamos escrito de alegacións á proposta de sacar prazas de enfermería con perfil para acomodos internos, deixamos aquí os seguintes 2 documentos:

-postos_con_perfil1.pdf proposta da dirección

-argumentario_prazas_con_perfil1.pdf contra a totalidade da proposta



A maiores a  CIG-Saúde enviou onte este escrito á Dirección Xerencia e á Dirección Médica



Asunto: Reforzo do Servizo de Saúde Laboral

A Sección Sindical da CIG-Saúde por medio do presente escrito perante esa dirección


DI:

PRIMEIRO.- Nestes acomodos internos procederase a sacar  a concurso todas as prazas vacantes ocupadas por traballadores/as con adaptacións de Saúde Laboral.

SEGUNDO.- Temos en conta que posiblemente a maioría das persoas con acoplamento poidan gañar o posto que ocupan neste momento.

TERCEIRO.- Aínda así, quedará un importante número de persoas ás que haberá que reavaliar e reubicar, para o caso de que non poidan alcanzar o posto no que están.

Por tanto

SOLICITA

Un reforzo de persoal facultativo neste servizo, para poder facerlle fronte, de xeito áxil, á revisión e reubicación do persoal mencionado.

Entendemos ademais, que este é o momento idóneo para poñer ao día o labor deste servizo e dárlle a importancia e peso que lle debería corresponder dende a súa creación.

Ao longo destes días colgaremos o resumo da xunta de persoal de hoxe e a posición definitiva da CIG ao respecto dos acomodos internos para funcionarios e laborais.


Bo descanso, se estades con días...

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Scan_Pic0355

 
Máis artigos...
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>