Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 

·      ACOMODOS INTERNOS: SITUACIÓN, vista dende a CIG

  

O intento de negociación dos acomodos vén dende o hospital vello, alí suscitouse a discusión relativa a si debían saír antes do traslado ou non...

Esta discusión rematouna a Dirección dicindo que era imposible facer o concurso por causa de que as abondosas modificacións e adecuacións dos servizos nas distintas categorías impedía saber que prazas debían ofertarse e cales non.

No documento que recolle a ordenación de persoal tralo traslado vén escrito que se sacarán os acomodos internos 4 meses despois da chegada (cousa a todas luces imposible, como se demostrou).

A negociación comezou o 30 de Abril, o prantexamento da Dirección foi o seguinte:

1º.- Tratar sobre a participación do Persoal Funcionario e Laboral e trasladar a decisión das OOSS a RRHH do SERGAS

2º.- Repasar traballadora a traballadora, e categoría a categoría, para determinar que persoas tiñan o posto por acomodo interno e cales non...

3º.- Tratar as prazas de Saúde Laboral

4º.- Repasar as vacantes a ofertar por servizos e categorías....

Ben é certo que o verán fixo estragos e as reunións estiveron suspendidas de xuño ata a 2ª quincena de setembro (a lentitude que algún sindicato lle achaca á mala intención de non se sabe quen e cun fin de non se sabe que, nós achacámola a que as cousas na administración son lentas e ás veces nin eles mesmos saben que persoal teñen, como o demostraron as innumerables correccións feitas aos listados).

Chegados a este punto, temos que dicir que a Mesa Sectorial non se pronunciou en firme sobre a participación de Funcionarios/as e Laborais, xa que lle pasa laxamente a bola á Dirección do Centro, e a Dirección do Centro pásalle descaradamente a bola ao SERGAS... como unha das partes da negociación debería pronunciarse con claridade, esperemos conseguir que o faga.

No día de hoxe tanto o Comité de Empresa como a Xunta de Persoal solicitaron por unanimidade convocatoria da Mesa Sectorial para tratar este punto, esto non indica que se deixe de traballar nos acomodos xa que hai reunión o día 23 de modo normal.

1º.- Nesta primeira reunión sacouse por unanimidade das organizacions sindicais a petición de que o persoal Funcionario e Laboral participara.

 

A CIG explicaravos aquí as  razóns de manter esta opinión:

- Son persoal do SERGAS con un réxime xurídico distinto (de feito foron os últimos hospitais da deputación en transferirse en Galiza e hai antecedentes de que en todos participan)

 

 

 

-A transferencia faise en base ao decreto 447/1996 que lles ofrece unha serie de garantías que non se poden conculcar e van máis alá da opinión que cada quen teña: harmonización, integración funcional, e voluntariedade á hora de integrarse no réxime xurídico do persoal estatutario....

-Así mesmo o decreto 206/2005, que regula a provisión de prazas, obriga ás institucións sanitarias a facilitar a ubicación do persoal en igualdade en base a criterios obxectivos e polo tanto a convocar traslados internos.

Por todo esto, debemos defender a súa participación dende o momento en que son persoal do SERGAS, coartar un dereito dun traballador supón coartar o dereito de todos/as, igual  o persoal estatutario ten máis dereitos hoxe que os que vaian ter no futuro, polo tanto o camiño firme na defensa dos dereitos non pode ser discutido.

Por outra banda, pensamos que hai que defender un trato igual, nen mellor nin peor, esto significa que serán tratados igual no que son iguais (integración funcional) e diferente no que son diferentes (réxime xurídico suxeito a un convenio), nin nos poden quitar nada que teñamos, nin podemos quitarlles nada do que teñen. Esto será útil para evitar impugnacións sobre o concurso de acomodos...

Todo Lugo sabía onde estaba o Pazo de S. Marcos e que o Sr. Cacharro e anteriores tiñan o despacho pola primeira planta...  esto hoxe non vén a nada recordalo.

2.- As categorías están repasadas en canto a persoal que ten prazas, queda dar un repaso final para matizar puntos de reestructuración... e outros...

3.- Saúde Laboral.- A normativa recente obriga ao persoal con acomodo por saúde laboral a concursar ao seu posto, para poder cumprir con esta obriga as prazas ocupadas por persoas de saúde laboral deberían saír todas... As bases dos acomodos recollen que sairán a concurso todas as prazas, as excepcións que nomean non se refiren a estas...

4.- Queda pendente o repaso das vacantes para sacar a concurso, en tódalas categorías, outro escollo aquí refírese ás prazas de Enfermeira da Unidade de Psiquiatría, xa que unha especialidade recoñecida  non conta con prazas reclasificadas de Enfermeira Especialista...

Podedes crer que traballamos para que non se lesione a ninguén, ou que si esto sucede se lesione o menos posible.

A nosa obsesión é actuar neste tema, e noutros, como se debe, en ningún caso como se quere ou por interese particular

 

 

TEDES A NOSA PORTA ABERTA PARA PREGUNTAR O QUE CONSIDEREDES E OPINAR TAMÉN O QUE QUEIRADES, A CAMBIO, UNICAMENTE, DO COMPROMISO DE ESCOITARNOS NO QUE TEMOS QUE DICIR

 

 

Informaremos do que aconteza coma sempre

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

SEGUINDO A POLÍTICA INFORMATIVA DA CIG QUEDA NESTE ENLACE O RESUMO DA REUNIÓN DO COMITÉ DE EMPRESA COA XERENCIA, ATALLANDO RUMORES QUE CIRCULAN POR AÍ DIREMOS QUE DNA CARME AIRA NON FOI BOTADA DA REUNIÓN POLO XERENTE (COUSA IMPENSABLE E ILEGAL) DE FEITO PERMANECEU NA REUNIÓN DO SEU INICIO AO SEU REMATE.

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 

PARECE QUE ERGUEMOS AMPOLAS CON ESTA NOTA, XA QUE O SERGAS DESMENTIRÁ TODO O DITO EN BASE A MEDIAS VERDADES, SI É PRECISO XA A RESPONDEREMOS

NON ACOSTUMAMOS A MENTIR NIN A FACER DEMAGOXIAS, PERO IGUAL É MOMENTO DE CAMBIAR DE OPINIÓN, XA SE VERÁ

 

 

 

AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN SOCIAL
A situación de apertura do novo hospital ao longo deste ano fíxonos pensar nunha mellora na asistencia sanitaria a pesares da machacona presenza da crise, xa que tanto dende a Presidencia da Xunta como dende a Consellería de Sanidade se reiterou ata a saciedade a promesa de novos servizos e melloras para Lugo.
A realidade vén sendo ben distinta, xa que se están dando mantidamente unha serie de feitos que contradín o antedito de xeito absoluto.
Tralo verán non se volveron abrir unha serie de servizos xustificados pola baixa presión asistencial, cuestión que non quedou máis remedio que asumir, xa que se constatou o número de camas libres e a baixa media de ocupación, esto non quita que a mestura de pacientes de diversas especialidades nun mesmo servizo merme a calidade de atención que se presta, e aínda así requira un dobre esforzo para o persoal.
Agora mesmo cónstanos que se pretenden pechar 4 camas na UCI e reducir a 6 enfermeiras, tamén en base a unha baixa ocupación, ante a chegada ao hospital novo, esta carteleira sufrira un incremento importante de persoal de enfermería coa idea de atender a un maior número de pacientes.
Parece que a idea inicial era acoller aos pacientes na UCI-2 do novo servizo de hemodinámica, dende a CIG pensamos que se este servizo fora a abrir en breve, non se produciría redución algunha de camas nin de persoal, índicanos esto que existe un cambio de planes con un recorte encuberto que nos pode facer sospeitar que nunca cheguemos a contar cos novos servizos prometidos para o H. Lucus Augusti.
A información dada pola Xerencia indicaba que os concursos da Alta Tecnoloxía para os Servizos de Hemodinámica, Radioterapia e Medicina Nuclear estaban en curso. A pesares de realizar as pesquisas pertinentes en Recursos Económicos no Sergas non logramos atopar ningún rastro de que se estea a traballar nesto. O que supón unha demora de moitos anos no desfrute deste avance para a poboación da nosa área sanitaria, e unha diferenza na carteira de servizos ofertada polo SERGAS en áreas similares á nosa, como é Ourense.
Xunto con esto é público e coñecido que os edificios baleiros das vellas instalacións están deteriorándose sen oportunidade de albergar nada do que tamén estaba prometido para eles, sendo modificado o discurso a estas alturas, dicindo que aínda non está decidido que tipo de servizos se destinarán aos edificios do vello complexo.
A organización do traballo da enfermería e a consideración de cara a este colectivo está sendo penosa, rexida polo criterio único do aforro económico, con mobilización constante do persoal de modo que unha enfermeira de tocoloxía pode ser desprazada a neumoloxía e logo para tocoloxía enviarán a unha enfermeira de xinecoloxía (este caso foi recente e real), como se pode intuír incluso para quen non teña un coñecemento profundo destes temas, a repercusión na asistencia aos doentes parece máis que evidente.
Parece que hai outros servizos como Rehabilitación que se quedan sen doentes agudos porque son derivados aos concertados, cando sempre se lles prestou atención no hospital e nos centros de saúde.
Temos unhas estupendas instalacións que pouco a pouco e case sen que se note están quedando sen o uso que lles correspondería.
Estase fomentando dende a Dirección un empeoramento na calidade asistencial que se lograra acadar nas deterioradas instalacións coas que contabamos antes e remítenos a hai 20 anos ou máis en canto aos malos usos de mobilizar ao persoal por todo o hospital e a que o uso do Gacela, o traballo por pacientes e non por tarefas, os plans de coidados na enfermería se vaian ao garete xunto coas expectativas de melloras para a asistencia á poboación.
O HOSPITAL NOVO DE LUGO ESTANDARTE E BANDEIRA DE MODERNIDADE PARA ESTE GOBERNO DO PP ESTÁ PLENAMENTE INMERSO NA POLÍTICA DE RECORTES QUE REPERCUTEN DIRECTAMENTE NA INSATISFACCIÓN DOS/AS TRABALLADORES E NA ASISTENCIA AOS DOENTES
Asdo: Carme Aira Díaz
Lugo a 20 de outubro de 2011

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 

 

  • Informóusenos que aínda que non haxa pacientes o día 2 de novembro abrirá Medicina Interna, de pediatría  non o aseguraron deste xeito.

  • Falamos da inxustiza cometida cos ceses dos acúmulos de tarefas.

O feito de que non abran as prantas ata novembro fixo que houbera persoas fixas para acomodar en diversos servizos,  por suposto estas persoas escolleron o servizo a onde ir.

A cuestión é que  os criterios de cese dos acúmulos foi a opción de preferencia do persoal fixo. Cousa para a que non se atopa referente legal de ningún tipo.

Dende a CIG entendemos que os ceses dos acúmulos afectan a toda a casa e non só a M.Interna o criterio de cese ten que ser global, é dicir que as persoas terán que cesar de menor a maior puntuación nas listas de contratación.

Dende a Dirección quedaron de darlle unha voltiña a esto, mañá preguntaremos a ver que nos contan

  • Celadores.- Solicitamos que se cubra o posto de información que corresponde ao  encargado de celadores, e que leva dende o inicio sen cubrir.

Traccións na urxencia.- A CIG presentou un Recurso de Alzada contra a instrución ou protocolo que se fixo para a axuda e asistencia ao Trauma no caso das fracturas que requiren tracción. Comentamos que este documento non é un protocolo, xa que di que lles corresponde a tódalas categoría facelo e ao mesmo tempo di que será o médico o que decida en cada caso. Tentaremos tratalo monograficamente nun futuro inmediato, tendo claro que estamos con boa disposición para negociar nuns termos que poidan satisfacer ás partes.

  • Queixámonos do sistema de cobertura das baixas de TER no servizo de Rx, quedou de mirar como estaba este tema.

  • Comisións de Servizos.- Quedan pendentes de valorar as categorías de pinches, celadores e Aux de Enfermería, pedimos que as valoren dunha vez. Informaron de que na maioría de categorías as CCSS ocuparán as vacantes, e os/as primeiras de lista ocuparán as reservas de praza, ao 50% claro.

-As prazas de aux de enfermería para CCSS que nós contamos son 7 a día de hoxe, e haberá 3 máis para xaneiro por sendas xubilacións.

-Celadores: hai 3 reservas de praza.

-Pinches: hai 1 reserva para primeira de lista … e perdinme na conta das vacantes.

·         Pool.- aínda que xa no mes de xullo fixemos escrito expoñendo as enormes diferencias de días traballados entre as persoas do pool, non conseguimos descubrir que demos pasaba ata que pedimos as listas de experiencias que nos facilitaron na dirección de enfermería. Mañá presentaremos este escrito  na Dirección.

MESA SECTORIAL

Deixamos aquí a información referida á orde de integración do persoal funcionario e laboral

A Dra de RRHH comunicou que se está traballando na orde de integración, que ademais esta non incluirá a Carreira Profesional

Dende CCOO pediron que o persoal de S. Rafael tivera preferencia á hora de ir a Calde (esto non fai falla pedilo, xa llelo recoñece o protocolo asinado pola sra conselleira) e UGT que se tiveran en conta as súas condicións, supoñemos que a antigüidade.

A CIG dixo:

-          Que o SERGAS era o responsable de certificar os Servizos Prestados, e se había discrepancias a comisión de seguimento da transferencia era o ámbito idóneo para tratalas.

-          Que os funcionarios e laborais debían participar en igualdade de condicións nos acoplamentos internos, xa que non se podía chantaxear ao persoal presionándoo para que se estatutarice. Se teñen tanto empeño na súa estatutarización deberían ofertarlles a Carreira Profesional.

-          É que había temas nos que era fundamental a negociación entre a Xerencia do Lucus e a Xunta de Persoal e o Comité de Empresa.

O decreto sairá en breve, previo paso pola Mesa Sectorial, daquela esta delegada que escribe estará presente na Mesa.

 

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

BASE COTIZACIÓN PRORRATA PAGAS EXTRA

No día de onte acudimos ao servizo de nóminas para explicar as diferencias relacionadas con este apartado da vosa nómina

nota explicativa 

escrito á dirección  , rexistrado no día de hoxe


folla de sinaturas  para o persoal


Falado coa dirección xa cursaron petición a soporte técnico para que corrixan o defecto, aínda que eles mesmos din que como xa aconteceu antes será lento e pesado. Así mesmo, confirmaron que sempre que haxa que corrixir con efecto retroactivo o farán.

Farémosvos chegar a folla de sinaturas, se queda alguén pendente pode descargala da páxina e entregala na dirección.

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Nós repostamos sempre o mesmo, os Acomodos Internos van negociándose pouco a pouco, a situación é delicada pola grande variedade de circunstancias que afectan ao persoal tralo cambio do Complexo ao novo Lucus Augusti.
Estívose repasando por categorías aquel persoal que ten praza por acomodo nun determinado lugar, quedan unicamente os celadores/as para repasar mañá.
Igual temos que facer a posteriori das posicións iniciais un repaso por categorías para ver se otorgamos puntos de reestructuración de xeito adecuado e co mesmo criterio a todo o mundo.
Logo faremos un repaso das vacantes que existen e das prazas ocupadas por persoal propietario pero sen acomodo interno, para determinar as prazas que deben saír a concurso.
É dicir, que andamos neso pero non é para mañá mesmo, se hai algunha novidade comentarémola, e por suposto publicaremos a data da convocatoria, cando sexa.
Estamos á vosa disposición para a consulta de calquera dúbida.

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Dende a semana pasada véñense escoitando rumores continuados sobre o peche de diversos servizos:

O xoves pasado.- íanse pechar 5 quirófanos

O venres.- Un quirófano pero de xeito definitivo

O luns.- íanse unificar as unidades de hospitalización de cardio e neumo

O martes.- ía pechar unha das plantas de trauma

 

Ante todo este cúmulo de díxome-díxomes, a CIG-Saúde púxose en contacto coa Dirección do Hospital, que negou taxativamente que se fora pechar absolutamente nada, o único certo é que non abriron as plantas de interna e pediatría, e que tal e como se nos comunicou, serán reavaliadas o 17 de outubro.

Preguntamos tamén por o rumor sobre o aprazamento de ingresos programados de M. interna, que terían como fin non ter que abrir a planta pechada, e tamén se nos negou, parece que hai suficientes camas libres para non ter que adiar ingresos. Pola nosa conta comprobamos que o programa cirúrxico está ingresando e sendo operado con normalidade

Tamén se nos asegurou que o hospital era solvente ata fin de ano, e que no caso de algún impoderable, este sería comunicado con carácter urxente á Xunta de Persoal.

Dende aquí apelamos encarecidamente a non chamar ao mal tempo, xa que este vén só.

Tamén esperamos que se nalgún momento hai que mobilizarse porque os rumores se convirtan en certos esté todo o persoal xunto xa que é o único modo de garantir a nosa defensa.

ESPERAMOS QUE ESTE ARTICULIÑO REDUNDE NA TRANQUILIDADE DE TOD@S

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo



 
NESTA REUNIÓN ENTRE OUTRAS COUSAS QUE SE ATOPAN NO SEGUINTE ENLACE: _RESUMO_permanente_do_29_de_setembro_de_2011.doc TAMÉN NOS DIXERON QUE OS CÓMPUTOS DE XORNADA PARA CONTRATADOS/AS SE VAN FACER DE OFICIO PARA ESTE ANO 2011, O QUE SUPÓN QUE XA SÓ HABERÁ QUE RECLAMAR NO CASO DE DISCREPANCIAS CO CÓMPUTO DA EMPRESA.

 

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

_IGP7119


DE QUEN SON OS COCHES?

 
Máis artigos...
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>