Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

E AO XEFE DE SERVIZO DE M. PREVENTIVA

Á Dirección enviouse petición de información sobre o plan de reestructuración de persoal nas C. Externa, xa que os enrutadores xa están instalados, e só nos interesa que nos conten as súas intencións antes de levalas a cabo, non despois, que logo xa non hai remedio. Polo que a día de hoxe non sabemos realmente nin cantas nin cando as persoas se van ver afectadas.

Tamén se enviou escrito de queixa polo pago de horas extras para a cobertura dos permisos electorais en tódolos servizos e categorías, en moitas ocasións sen xustificación algunha, por certo, algún xefe parece que non sabía que existen tales permisos electorais.......

Ao Xefe de Preventiva dirixiuse a nosa delegada de prevención co seguinte: 

AO XEFE DO SERVIZO DE MEDICINA PREVENTIVA

 

Mª Teresa RODRÍGUEZ PORTELA, delegada de Prevención de Riscos Laborais de CIG-Saúde, por medio do presente escrito

DI:

PRIMEIRO.- O corredor de circulación de persoal deste centro, que permite o acceso e saída deste persoal cara o aparcamento, utilízase para a evacuación e descarga de residuos variados.

SEGUNDO.- Hai frecuentes vertidos no chan produto da manipulación do lixo e outros residuos.

TERCEIRO.- Un considerable número de traballadoras/es que acceden ao hospital por esta vía pisan  e transportan no seu calzado os mencionados residuos, tanto ao seu propio servizo como cara o seu domicilio, xa que no vestiario se comparte o mesmo espazo físico para o cambio de vestimenta.

CUARTO.- A maiores, o feito de ter unha taquilla soa fai que un espazo moi reducido teña que acoller o calzado da rúa e o calzado hospitalario, ambos potencialmente contaminados, estando á súa vez en contacto coa roupa de cada traballador/a.

 

SOLICITA

Se faga unha valoración destas vías de transito e se tomen as medidas pertinentes para corrixir o que, dende o punto de vista da hixiene hospitalaria, non parece o máis adecuado.

Se propoña que ao persoal lle sexa facilitada unha taquilla con espazo separado para a  roupa da rúa e  para o uniforme de traballo, por razóns hixiénicas obvias independentemente da corrección das vías de circulación.

Se nos remita, de ser posible, o informe de conclusións que se emita.

Atentamente

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo
  1. Xornada das Enfermeiras na Farmacia.- pte de documentación por parte da Dirección.
  2. Cobertura da Supervisión de Prematuros.- A nosa primeira opinión é que esta Supervisión se cubriu a dedo, xa que moveron a unha supervisora que concursou para outro servizo e ao mesmo tempo impiden que saia a Supervisión de Prematuros a concurso... miraremos o tema.
  3. Cese de acúmulos de tarefas en enfermeiras.- Segundo parece os acúmulos que cesarían son de 2 tipos, os que están cubrindo vacantes que saíron a OPE, ou aqueles que foron contratados para a apertura do novo hospital e que agora se converten en servizos determinados. En todo caso, se a alguén non se lle renova terase en conta a orde de puntuación na lista de contratacións.


  4. O servizo de derminado de RX (mamos), vaise cubrir, a condición é que se modifica a distribución da xornada, co requerimento de facer 5 meses de tardes ao ano.
  5. Baremación das CCSS, en principio non se van comezar a baremar ata ter reunión coa Xunta de Persoal, que será ao longo do mes de maio
  6. Oferta de Postos ás Aux de Enfermería, aínda non está completo o listado de postos a ofertar, están neso... (quedei coa impresión de que non ían facer a reunión ata a semana próxima)
  7. Os postos aos que foron as enfermeiras trasladadas son os seguintes:

Pediatría-2

Xeriatría-1

Xeriatría/Paliativos-1

Endoscopias-1

Despertar- 1

Quirófanos-2

Urxencias Xerais-3

Trauma-1

Xine-1

MI (4C2)-1

Obstetricia-1

Extraccións.- 1 (adaptación por saúde ou discapacidade)









 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo
a pasar o luns 25 os postos susceptibles de ser ocupados polas persoas,enfermeiras, que aprobaron a OPE, que están citadas para escoller o martes 26 ás 9,30hs. Esperemos que fagan o mesmo coas Aux. Enfermería pero con máis antelación.
 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 
CigSaudeLugo



AO DIRECTOR DE XESTIÓN

Asunto: Sistemas de alarma no hospital

 A Sección Sindical da CIg por medio do presente escrito desexa comentar con vostede acontecementos relativos ao intelixente sistema de seguridade do novo hospital, en dous sentidos distintos e complementarios, a protección do persoal propio e a garantía da atención ao/á doente.

Sucederon 3 situacións, polo menos son das que ten coñecemento a CIG, nas que as alarmas antiincendios saltaron , 2 delas de xeito inxustificado. A primeira vez aconteceu no Servizo de Farmacia, a segunda nunha unidade de hospitalización e a terceira na cociña, esta última moi recentemente. É previsible que un sistema hipersensible dé lugar a futuras falsas alarmas.

En tódalas ocasións o persoal descoñecía o que estaba pasando e a quen tiñan que chamar para solventalo, sumidos/as no desconcerto.

Este sistema de seguridade, segundo parece, actúa retirando o osíxeno de determinados habitáculos (provocando o desvanecemento do persoal en poucos minutos) , bloqueando portas e ascensores... e as traballadoras/es non saben a que se debe, nin a onde teñen que acudir como zona segura.

SOLICITAMOS:

Se tomen medidas urxentes para informar a todo o persoal do funcionamento dos sistemas de seguridade, como actuar nos servizos nos que se retira o osíxeno dos locais, a quen teñen que chamar para que se faga cargo da situación...

Nomeadamente na Cociña terán que ser informadas de como actuar no caso de que o bloqueo de ascensores impida o transporte das comidas da 4ª á 5ª planta e de quen ha de ser o/a responsable durante as tardes e fins de semana, de dirixir a actuación.

Non só é importante a comunicación do Plan de Emerxencias se non tamén a información que garanta que o persoal saiba como actuar en situacións que non sendo emerxencias son alarmantes.

 

Atentamente, un saúdo

 

Asdo: Carme Aira

Lugo a 18 de Abril de 2011

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 

Non hai nada escuro nesto por parte deste sindicato. A posición da CIG con respecto a persoal funcionario e laboral sempre foi a mesma, dende que se aprobou no seu Consello Nacional (máximo órgano de decisión entre Congresos).

O decreto 447 recolle como deben ser as transferencias deste persoal, tanto fixo como interino, nós non fixemos este decreto (por si acaso algún sindicato “amigo” nos culpa tamén desto). Nel dise que a integración funcional é obrigatoria, pero a integración xurídica é voluntaria, excepto no caso do persoal interino, que non pode escoller e pasa por obriga a ser persoal estatutario.

Que defende a CIG por imperativo do seu Consello Nacional? Un trato igualitario co respecto ao seu réxime xurídico. Que quere dicir esto? Quere dicir que si están integrados/as funcionalmente e traballando con nós deben participar na vida hospitalaria con nós en tódalas súas dimensións. Por que defendemos que se respecten os seus dereitos de funcionarios/as e laborais? Porque o marca a Lei e así  mesmo defendemos que se respecte o réxime estatutario para o resto de persoal.

Dentro deste contexto defendemos que  funcionarios e laborais foran rexidos polo documento de  acomodos internos e que o documento de ceses e incorporacións tamén afectara aos  interinos/as. É dicir, estamos ás duras e ás maduras, sen máis estrés.

Cando o Sergas dixo que había que esperar á orde de integración para cambiar as vacantes a estatutarias, a CIG asumiuno, non puxo ningunha demanda (o sindicato non pode presentar demanda, só a poden presentar os/as afectados/as), non riscou as vestiduras, pero evidentemente tampouco vai impedir que os/as afiliados/as que se sintan lesionados/as usen a súa asesoría e obren como consideren oportuno, se é que hai base legal para esto.

¿Que prexuízo van sufrir os interinos funcionarios e laborais por esta demanda?, probablemente ningún, xa que os xuízos no contencioso despois de todo o proceso da vía administrativa superan os 2 anos de espera, co cal daralles tempo a esgotar a súa posibilidade de estar na vacante, xa que ao longo deste ano é previsible que se publique a orde de integración e pasen a estatutarios, na seguinte OPE o SERGAS ten a obriga de sacar esas prazas a concurso e se as queren gañar terán que concursar.

¿Que vantaxe teñen  os/as demandantes? : 1º se perden as vantaxes serán iguais ás perdas, é dicir, ningunha. 2º se gañan, recoñeceranlles o tempo traballado coa súa puntuación, pagaranlles o diñeiro que deixaron de gañar... e non lesionan para nada os intereses dos actuais interinos funcionarios e laborais.... que puideron seguir traballando sen problema.

 

Todo o que se diga ao respecto da postura da CIG neste caso é MERDA, escúseme a expresión, e quen bota merda non deixa de ser un merdento, escúseme de novo a expresión.

POLO QUE Á CIG RESPECTA QUEDA ZANXADO O TEMA, PARA MÁIS INFORMACIÓN

607547358

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo
CONSULTADO NO SERGAS CO RESPONSABLE CORRESPONDENTE DE RRHH:

-OS/AS ENCARGADAS DE QUENDA QUE RENUNCIEN AO SEU CARGO OU QUE SEXAN RELEVADOS/AS POLA DIRECCIÓN DO CENTRO, TERÍAN QUE

                  Concursar en acoplamentos internos, en traslados externos só terían que concursar aqueles/as que viñeran en CCSS de outros hospitais ou de fóra da Comunidade.
                   Polo tanto, os/as que teñan o destino definitivo neste centro producto de OPE ou TRASLADOS, só terían que concursar nos acomodos internos
 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 

O día 29 a Dirección mantivo reunión coas OOSS para falar dos acomodos internos no noso Hospital. A intención manifestada por eles sempre foi que saíran acomodos  antes do verán, a nosa posición con respecto a esto sempre foi que é mellor facelo ben que atrapallar para abrir a convocatoria en Xuño. Para a CIG non é tan importante correr moito como aclarar o “totum revolutum” de prazas que hai.

A Dirección quedou de presentar unha serie de listaxes que os compañeiros sindicais lle pediran (xa que a CIG non estivo presente na primeira reunión), e non os trouxo, as listaxes eran:

-Persoal con acomodo no hospital

-Listaxe de acoplamentos por Saúde Laboral

-Listaxe da ubicación dos/as traballadores/as transferidos

Só nos foi entregada unha lista, a das persoas que tiñan acomodo interno no hospital vello, o cal dende o noso punto de vista non serve para nada.

A CIG pediu, o seguinte:

-Listado dos postos que non poden saír (os que xa están ocupados por persoas con acomodo interno).

-Listado dos postos que poden saír (as vacantes que existen).

-Listado da ubicación real do persoal e se foi mobilizado forzosa ou voluntariamente.

-Plan de reestructuración das C. Externas (xa que parece de recibo que o persoal non se reestructure a posteriori dos acomodos se non antes, xa que parece que a tal restructuración é inevitable).

-Listado do persoal transferido e de que servizos procede.

- Posteriormente pedimos por correo a listaxe das persoas que se van de traslado para primaria, xa que indica teoricamente que prazas totais quedarán vacantes.

Con respecto ao persoal da deputación, aprobouse por unanimidade que participen no concurso en igualdade de condicións que o resto de persoal.

 

Quedan moitas cousas pendentes de determinar:

Quen ten acomodo?

Quen foi reestructurado?

Que prazas deben saír?

Quen traballaba no mesmo centro ou noutro?

Que significa en igualdade de condicións?

Iremos vendo e irémolo contando

 

 

 

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 

Levamos unha extensa orde do día que non se deu tratado ao completo

 

  1. Servizo de Farmacia.

  

  • Petición de creación de Servizos determinados para os/as técnicos de farmacia, xa que a lista de contratacións é pequena e unha gran parte está no desemprego porque xa cumpriron os 180 días de acúmulo de tarefas, mentres se dá o paradoxo de que hai xente de outras áreas traballando nos acúmulos de Lugo. O Dr díxonos que se ía facer cargo desto e que en maio se pedirían, co resto de necesidades de outras categorías, o cal nos alegra, en maio iremos comprobalo.
  • Contratan ás técnicos de farmacia para cubrir DLD con contrato de reforzo (como ao resto de categorías), queixámonos por isto xa que non é de recibo, por que non se aforra nada e lesiónanse os dereitos das persoas contratadas.
  • Preguntamos como se vai cubrir a vacante de enfermeira que queda despois do traslados a Primaria. O Sr Dr asegurounos que se cubriría cun/unha técnica en farmacia, tal e como manda a normativa.

 

  1. Oferta prazas OPE Auxiliares de Enfermería.

 

Queixámonos de que o SERGAS saca a OPE 10 prazas de Aux de Enfermería que non saíran a traslados externos, de modo que quedan 6 persoas da OPE 2006 fóra de Lugo e 10 da OPE 2008. Parece que non só saen as 4 xubilacións que se xeraron a partires da convocatoria de traslados se non que todo indica que se crearon 6 vacantes novas (parece que a propósito de colocar a alguén), para crealas de xeito extraordinario tamén o puideron facer no seu momento para que saíran a traslados. Quedou de informarse, xa que parecía non saber nada do tema. Esperemos que esta xenerosidade se reflicta noutras categorías nas que todo o mundo vén de traslado, véxase: Grupo B de xestión, e enfermeiras…

 

  1. Carteleiras con correturnos.

 

Explicamos que isto incomoda moitísimo ao persoal, e que nos parece unha medida de aforro, porque con esta modalidade de carteleira o aumento de persoal non se convirte en tal, nin se xeran substitucións, nin se mantén, nalgún caso, o número de persoas que estaban no h. vello.

O Dr díxonos que si que era para aforrar diñeiro, pero que sempre era mellor ter CC na carteleira que un Pool correturnos, porque este nolo ían sacar. É unha maneira de velo, dende o noso punto de vista o que hai que garantir é que se reforce todo aquel turno no que o persoal non chegue para sacar adiante o traballo cun nivel adecuado de calidade.

Non nos deu ningunha solución con pinta de ser posta en práctica, días ten o ano…

 

  1. Tratamento dos pises, pases… pizarras….

 

Comezamos polo máis sinxelo: as pizarras, explicamos que se estaban baixando o mesmo paciente a RX 3 veces na mañá, unha para Tórax, outra para TAC e outra para guayo… díxosenos que xa ían poñer nos controis pizarras para organizar isto …

Dixemos que tamén que había que atopar solución para que o persoal non dera 300 paseos coas botellas e coas planchuelas…. Dixo que os pises se podían verter nos WC. Preguntamos por que non se poden deixar copas opacas e tapadas nos baños, aínda que se cambien en cada turno. Ou ben que se busque un sistema intermedio para que as botellas e planchuelas non causen tantos quebrantos como para que o persoal se fatigue, canse, disguste… Quedou de ver unha posible solución para isto, xa veremos, o dos mobles baixo os lavamáns non lle gustou moito … Negounos que se estiveran a facer “auditorías” para controlar como se actúa con respecto a isto, que se estaban a facer pero que era para controlar outras cousas.

 

  1. Está medicina preventiva estudando vías de transporte para os éxitus, xa que se están baixando polos ascensores de persoal.
  2. Organización do servizo de HD, o persoal pediunos que botáramos mao da indefinición de tarefas dentro do servizo, pedimos á Dirección que se fomente a creación de protocolos e a definición destas tarefas
  3. Servizo de neurofisioloxía.- mercaron 3 EEG, pero só hai 2 enfermeiras, polo tanto un dos aparatos está parado???????????? Esto sentido non ten ningún… o que se nos dixo foi que ata que os 2 EEG que hai non funcionen a pleno rendemento non se poñerá a 3ª enfermeira, pero pensamos que nunca van estar a tope porque para o verán non se van substituír as vacacións do persoal.
  4. UCI de pediatría, seica se vai cambiar de sitio, máis ou menos en 2 aniños, o persoal pensa que se agora está nun almacén no futuro tamén vai estar noutro almacén, polo tanto, pedimos que se teña en conta a opinión do servizo para que non volva suceder o mesmo. Elas consideran que a ubicación idónea está nun sitio que agora non ten uso, por isto, pedimos que as escoiten, díxosenos que si, que se escoitarán…. Xa veremos, tamén.
  5. Cálculo de Xornada do H. de S. Rafael, das categorías de Aux. de Enfermería e coidadores/as, manifestamos a discrepancia dunha parte de persoal no cálculo, e nós mesmas pensamos que mentres se manteña o réxime xurídico destes/as traballadores/as a xornada anual terá que parecerse algo á que teoricamente tiñan…. Acabaremos nunha reunión monográfica para tratar o tema.

 

Non deu tempo a máis

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

ACABAMOS DE CURSAR ESTA PETICIÓN

A/A do Subdirector Técnico

 

 

A Sección Sindical da CIG-Saúde por medio do seguinte escrito ante esa dirección

 

DI:

 

Que o persoal da Unidade de Xeriatría, UME e Paliativos trasladounos a necesidade de un transfer para esta unidade, por causa dos numerosos pacientes que se reciben e trasladan en ambulancia. Parece que a anchura das camas provoca que se resintan da espalda xa que collen o peso do doente, para a súa colocación na padiola, a gran distancia do corpo.

 

SOLICITA:

 

Sexa comprado o transfer para facilitar o traballo e evitar lesións aos compañeiros da mencionada unidade.

 

 

Atentamente

 
Máis artigos...
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 Seguinte > Final >>