Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 

 

En realidade a quen vai dirixido é ao persoal, pero sería desexable que os demais tiveran coñecemento desto que segue.

En primeiro lugar dende a CIG-Saúde queremos felicitar ás compañeiras polos innumerables escritos dirixidos á súa dirección, nun bon tono, ben argumentados e co afán de mellorar as súas condicións de traballo e por ende a calidade da asistencia que prestan.

Unha asidua lectora da nosa páxina que se atopa bastante lonxe e que ten a inmensa virtude de recoñecer o traballo alleo,  mandounos as fotos dun hospital que no seu momento tamén se considerou o mellor de Europa, esto foi hai 3 ou 4 anos, cando se inaugurou. Pódese considerar por tanto, un hospital novo e partimos da base de que no inicio se consideraría un hospital "limpo" (como din os de aquí) e que a día de hoxe mantén esa consideración.

Explícovos, durante esta rudimentaria visita guiada que vos propoño:

tomelloso_1.

Como vedes estamos nun baño dun cuarto calquera, os asideiros da parede parecen firmes e o asento está perfectamente instalado para facilitar o aseo do paciente (no noso hospital inaugurado 4 anos despois, só hai contados asentos).

A segunda imaxe é complementaria da primeira e reflexa algo básico:

tomelloso_3

Neste misterioso pobo un mecanismo simple (algo menos estético que as nosas mamparas) impide que as enfermeiras e auxiliares ou os celadores/as  mollen os pés para asear aos/ás doentes (en Lugo si os mollan).

De seguido mostraremos outra importante zona do aseo, o wc:

tomelloso_2

Esta foto queda máis grande para que poidades apreciar en toda a súa dimensión esta zona, nun hospital que habemos de supoñer é tan limpo coma o noso. Obsérvase un magnífico toalleiro, pero tamén un lavacuñas e unha zona de colocación de planchuelas cos seus soportes instalados.

Sei que vós non vos estades preguntando a que vén esto, sabedes perfectamente que vén a conto do sinnúmero de restriccións que se crearon dende a Dirección, con motivo da estrea do noso novo e limpo hospital.

Como os lavacuñas non se instalaron, díxosenos que era arcaico poñelos, xa que son fonte de infección, como as planchuelas desbotables pasaron de moda e non se podían instalar xa lavacuñas (supoñemos que polo seu excesivo prezo) díxosenos que o lóxico era un único hixienizador para que as cuñas fagan cola á espera de turno de lavado. E como había gaña de tocar os ovos díxosenos que era feo deixar as botellas e as planchuelas nos cuartos, e como aínda quedaban gañas de tocar máis os ovos, díxosenos que nin os ouriños nin as deposicións se podía evacuar polo wc.de modo que estética e limpamente se han de pasear polos corredores.

Comprometéronse ante a Xunta de Persoal a resolvelo nun grupo de traballo e con participación das Auxiliares de Enfermería, este articuliño quere recordarlles que a norma pode ser múltiple, non existe unha soa (nin aínda que sexa o noso Xerente o que mande), e recordámoslles tamén unha cita evanxélica moi a conto: "Deus creou o sábado para servir ao home (e á muller, estas citas sempre hai que actualizalas) non ao home para servir ao sábado", estráñanos que non o saiban porque a Farjas seica anda moi posta nestas cousas.

Supoño que non resistiredes a curiosidade de saber onde é esto, igual pensades que non o poñemos porque nos parecen máis atrasados que nós porque aínda teñen lavacuñas, e as cuñas nos cuartos de baño, pois non, non é por eso (non podería ser atrasado un sitio no que se usan bateas desbotables, no noso moderno hospital esquecéronse estes pequenos detalles, xunto co incremento de plantillas) pero parecía acaído gardar o segredo para o final. O pobo é Tomelloso, tan digno como a bimilenaria Lucus Augusti (que esa si que era unha montaña sagrada, non o noso hospital).

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Hoxe  visitei persoalmente, por primeira vez, os locais e talleres de mantemento, fixen fotografías e acto seguido chamei e  pedinlle ao meu compañeiro e amigo Pedro permiso para usar a seguinte linguaxe con relación ao persoal de mantemento, por esto a uso, porque me autorizou expresamente a facelo.

No hospital máis moderno de Europa o persoal de mantemento foi instalado nunha especie de cabalerizas (caballerizas en castelán), eu nunca as vin, máis que nos telefims americanos (nen sequera son socia das Bridas, toda a miña experiencia con cabalos data da miña infancia, cando montaba a pelo e a burro).

Oín no seu momento queixarse á xente de mantemento de que os seus talleres estaban sen pulir, en puro bloque (eu na miña ignorancia pensei que eran bloques de formigón, e dixen, que problema hai! eso é moderno) hoxe vinos e son bloques, deses cos que se fan os alpendres nos pobos e lles chaman “feismo”, os bloques das “cuadras” das vacas (máis argumentos para a denominación de cabalerizas).

Súmase a esto que só teñen calefacción de mañá, que puxeron portas porque o persoal as pediu, xa que todo era deseñado cun auténtico modelo estabulador.

Entroume un significativo desánimo, ben é certo, que foi interrumpido pola rabia de saber que o fin de todo vén sendo a privatización do servizo, xa que nalgunha categoría demostraron que con 6 persoas máis darían o servizo adecuado, e parece que van contratar unha empresa privada con 21 traballadores/as (seguro que polo custo dos 6 estatutarios que pedían), mentres van e veñen, kilómetros arriba e abaixo.

Como non se podía traer mobiliario do “Xeral” a eles trouxéronlles un torno destes que non pasa ningún control e pesa un ovo e medio, e pretenden que o usen, supoño que para tunelar algo (algo que como enfermeira descoñezo).

Só fai falla que nesa zona suministre o xabón a marca “HENO de PRAVIA”, péchase o círculo e os responsables quedan contentos, esto é bon, o malo é que o persoal nin o ten, nin o vai ter claro.

Estes que vos contei non son os seus maiores problemas, botade conta.

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 

Onte mantivemos reunión coa Dirección para expoñerlle unha serie de problemáticas relacionadas co traballo das Pinches de Planta, xa que teñen unha serie de dificultades que queren comentarlle, véxase: o tema das papas para as dietas pastosas que nalgunha planta son inasumibles, a falta de material ou as tarefas a realizar, frecuencia de chegada de carros, reparto no bloque técnico...

Pedimos unha vez máis que se protocolice este traballo en conxunto co persoal de enfermería para evitar friccións e favorecer que cada quen saiba o que ten que facer.

O home aveuse sen problema ás nosas peticións e quedou de convocar ao persoal da planta (pinches) a unha reunión con el para a semana próxima e tentar buscar solucións conxuntamente. Cuestión que lle agradecemos de antemán.

Tamén nos contou que na cociña están tentando solucionar os problemas relativos á implantación da liña fría, tentando organizarse e probar novos platos que dean mellores resultados que algúns actuais, cousa que agradecemos tamén (por se algún día ingresamos e podemos comer). Pena que non se fixera todo con máis tempo e tranquilidade, pero esto non é responsabilidade de ningún destes xefes.

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

No día de onte reuniuse a Permanente da Xunta de Persoal coa Xerencia e a reunión discorreo do seguinte xeito:

 

  1. Agradeceunos o Xerente a boa conducta mantida polas OOSS durante o traslado (dito sexa de paso non llo agradeceu coa mesma vehemencia a todas as organizacións por igual)
  2. Parece que toda a  tecnoloxía que había que trasladar está trasladada. Os quirófanos do 9 ao 14 (os de máis alta complexidade tecnolóxica) xa están abertos e para funcionar. A sala de vascular está pendente dos resultados das medicións de preventiva para comezar. Está en adquisición   un 3º TAC para radioterapia e medicina nuclear que en tanto non comecen a funcionar se destinarán a adiantar lista de espera desta proba (supoñemos que a base de peonadas).
  3. Parece que xa pasada a fase de traslado comezamos a de organización (boa falla fai). A Dirección Médica ten pedidos aos servizos informe sobre a planificación dos mesmos. É o momento de poner en marcha esa entelequia denominada Macroprocesos… De modo que cambie a concepción que temos da organización do traballo, todo enmarcado nunha recesión económica substancial……..
  4. Para o próximo mes e progresivamente, haberá:
    1. Inicio da negociación do concurso de acomodos internos  para a  súa posterior convocatoria.
    2. Convocatoria de interinidades médicas e de reservas de praza, que seica se vai corrixir a precariedade na que están
    3. Convocatoria de xefaturas de sección e servizo, xa que parece que unha maior xerarquización favorece un mellor funcionamento?????????
    4. Convocatoria de Supervisoras de Unidade
    5. Convocatoria de encargados/as de quenda de celadores/as (dicir que se presentaron o mesmo número de aspirantes que postos hai para cubrir).
    6. Está cursada solicitude aos arquitectos do edificio para que deseñen os usos dos espazos públicos. Incluído os espazos destinados á publicitación das novas e convocatorias sindicais, a CIG pide que se nos comunique a proposta e que se poidan facer alegacións (esto vén da nosa obsesión por pensar que queren ocultarnos ante o público e deixarnos reducidos ás mazmorras hospitalarias), ao que se nos dixo que si, non sabemos se con moito convencemento.
    7. Exceso de xornada.- Están resoltas todas as reclamacións do ano pasado. A maiores din que no futuro se van facer as  liquidacións de oficio en canto teñan o programa informático preparado. Así mesmo, tentarán que os/as contratados/as poidan acceder ao fidex aínda que non teñan un vínculo activo.
    8. Aparcadoiro.- A partir do 24 estarán as barreiras activas e o parking de pago cobrando, daranos unha tarxeta identificativa para acceder ao parking.
    9. Tendas.- Está en curso o concurso de varias tendas: perruquería, quiosco, regalos, roupa de nenos, floristería e vendig, quedou deserto o da oficina bancaria pero tentarán que haxa este servizo, polo menos, de caixeiro a través do procedimento negociado.
    10. En varios, tratouse un tema moi sensible, a petición de un grupo de compañeiras, auxiliares de enfermería. Parece que hai ordes moi diversas con respecto ao uso e vaciado de conexos e cuñas….  Díxosenos que había en marcha un grupo de traballo  formado por supervisoras para tratar estas cuestións, rematará para a semana e esto someterase a estudio e alegacións por parte da xunta de persoal e as interesadas. A maiores a Xunta de Persoal pediu que se fixeran procedementos de traballo para as pinches de planta e os celadores do retén, xa que parece que será máis doado a integración do traballo se está protocolizado. Non sabemos porqué a SAE, que aprobou na reunión anterior, solicitar esto todo á dirección logo se descolgou da petición e quixo unha reunión delas  e as auxiliares de enfermería coa Dirección de Enfermería… porque esto non debía ser o que elas querían, todos entendemos como positivo que se deixe participar ao persoal, menos elas que o entenderon como negativo…

´               Como as OOSS temos o costume de meternos en distintos despachos despois das reunións, xa que parece que hai moitas cousas ocultas que tratar, a CIG fai o mesmo (total para acabar colgando a información na páxina), co cal tocou visita ao despacho do subdirector de RRHH, para tratar:




-          O pago de horas extras nalgúns servizos en detrimento do persoal das listas de contratacións. Sempre se nos di que esto se tenta corrixir, que o traslado é unha excepción e que non se vai a abusar desto no futuro???? Preguntamos se xa que na farmacia se pagaban horas extra incluso de noite, non sería bon pensar que debería estar funcionando as 24hs… ¿Preguntamos dende aquí cando se vai falar de se as plantillas son suficientes ou non?, pensamos que esto ten tanta prisa como a mobilidade interna.

Ler máis...

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 

Non hai color. Ben se vé que aquí se pensa coa cabeza, que quen toma as decisións sabe ben o que fai, que quen as critica (quenes as criticamos) son (somos) uns aloucados, desacougados, cús de mal asento, os do NON POLO NON.

Pechouse a Lavandería: ¿a onde iamos ir no século XXI tendo un servizo de lavandería próprio? Iso non é moderno, non é eficiente, ¡a quen se lle ocorre defender tamaño despropósito!; un servizo a carón mesmo do Hospital, atendido por persoal cunhas condicións de traballo minimamente dignas… A ONDE IMOS PARAR!!!

Agora xa temos o que queriamos, a roupa viaxa a León e  á Coruña, como debe ser…se non fose porque ¡¡OS ZOCOS DE QUIRÓFANO (que agora se mandan a lavar) VEÑEN EMPAQUETADOS DESAPARELLADOS, DOUS DO MESMO PÉ, DE DISTINTO NÚMERO, ETC.!! ¡¡VIVA A CALIDADE!!

 

MÁXIMA CONTRADICCIÓN

 

No Hospital espacioso –ata extremos ás veces inhumanos, TAQUILLAS DIMINUTAS- ata puntos  difíciles de concebir. Sendo positivos, ben se pode pensar que quen tomou a decisión de adxudicar ese concurso nesas condicións botaría contas de que, ao meter a roupa a presión, sairía pranchada…E  sendo negativos, deixándose levar pola carraxe que nos invade cada vez que abrimos a TAQUILLA, o seu sería emparedar alí a quenes toman decisións (persoas con nome e apelidos) sen a mínima consideración polo persoal que as vai utilizar, sen PUTA IDEA do que se traen entre mans, e sen o mínimo interese por facer ben o seu traballo.

¡¡TODA UNHA TOMADURA DE PELO!!

 

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 

 

A CIG ten presentado por escrito petición de que haxa nas distintas unidades o 3º carro de curas e medicación, xa que como mínimo hai 3 enfermeiras traballando na quenda de mañá   e a medicación das 8 hai que dala nun rango horario razoable. O SERGAS e a Dirección do hospital, sempre solícitos, forneceunos do ergonómico carro que figura na fotografía que vedes de seguido.

10022011044

supoñemos que á conta dos 3,9 millóns de euros que aforrou a Consellería de Sanidade  en quince días polo do control do gasto farmacéutico e o catálogo de medicamentos, podemos ter tan versátil carro de curas no novo Lucus Augusti.

Como se ve está dotado de todo tipo de elementos, que o fan imprescindible: ordeador de rexistro de datos para este hospital sen papeis, ergonómicos caixetíns de quita e pon, unhas rodas luxuriosas e unha bolsa de lixo na elegantísima cor negra, que luce moito de toda a vida.

Esperamos ofrecervos máis novas actualizadas de outras innovacións que ocorran no hospital máis moderno de Europa, dende o invento da roda ata... xa nos sorprenderá a dirección.

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 

 

Hoxe vimos nos medios de comunicación, que silencian á CIG en moitas ocasións, o protagonismo inaugurador de varias enfermeiras de pro. Nomeadamente o Señor Alfredo Moreno Alegre, o Señor Francisco Vilanova Fraga, como estrelas principais e o Señor Manuel Gómez López, en primeira fila pero como actor secundario. Non sabiamos de tanta deriva enfermeira na dirección, pero claro: “amor con amor se paga”. Desexámoslles a oportunidade de que se convirtan en breve en auxiliares de pro, que é o que lles falta.

Agora entendemos dende a CIG que non teñan tempo de contestar aos correos que lles enviamos pedindo información, están de figurantes en escearios alleos, pero que de algún modo lles son produtivos.

Xa sabiamos que a nosa concepción do mundo dista en exceso da súa, pero non sabiamos que poideran ser asalariados sindicais, sen gota de recato. Igual nos acusan de ser duros/as nos comentarios, pero que saiban que para nós é duro saber a quen lle renden pleitesía.

Numerosos escritos do persoal de distintos servizos do hospital non os convocou no lugar correcto para resolver os temas, ao persoal obviano porque é doado, hai moitos mecanismos de opresión e presión, ao persoal que os convida a actos de publicidade gratuíta alágano.

 

PEQUENAS ESTO É POUCO SOPORTABLE, CAÑA! CAÑA! CAÑA! e SE ESTO NON SE AMAÑA CAÑA! CAÑA! CAÑA!

quen non saiba de que falamos que nos pregunte directamente: 982296537/536537  e 607547358

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Esto vai escrito en resposta ás declaración do noso inestimable Manolo (subdirector de RRHH) en El Progreso de hoxe, onde di que as queixas máis importantes do persoal son o Parking e os buses.

Temos que respostarlle que, efectivamente, esta son queixas de importancia, pero ¿AS ÚNICAS? home, se di eso nin el podería crerse a sí mesmo (unha boa subvención fai que as novas non se cotexen).

Curiosamente a CIG estivo reunida con el, non resolveu nada, coma sempre, porque o que hai que esperar é a que estoupe todo.

Sempre di que o que prantexamos son cousas moi razoables, case todas, só unhas poucas non se comparten, pero ninguén fai nada, el tampouco.

Tentamos facerlle crer á Dirección que non hai un auténtico incremento de persoal, xa que se multiplican as tarefas para facer polas mesmas persoas ou unhas pouquiñas máis.

O persoal aux administrativo rota ata desorientarse, cando controlan algo xa as cambian (por se acaso o chegan a facer moi ben), as enfermeiras da noite nalgunha planta teñen que deixar pinchadas 23 ou 24 analíticas e 8 ou 10 ECG, cando ata o de agora eran precisas 2 e non se facía esto, esperemos que el e Alfredo vaian ás 5 da mañá explicarlles aos doentes que se espertan para a analítica e o electro. As supervisoras son pagadas para pinchar as analíticas que non se dan pinchado de noite e facer camas e ir pola medicación á farmacia, porque non chegan os/as celadores/as, que fan Km porque o tubo non funciona . As da lenzaría teñen que empurrar con todo o corpo os apertados pixamas porque non hai espazo suficiente. Eu que me aspen, pero non sei moi ben en que rematará esto.

Levamos a esta enésima reunión unha retaíla de cuestións das que ninguén quere oír nada e menos dar resposta.

Unha vez máis ameacei con espirme no hall (a título individual) cal BUDA  (que hoxe polos Kg podo , e desataría o desexo da Xerencia de agasallarme con flores brancas) para pedir a dimisión desta dirección, suscita risas, a min non me fai gracia, parece que ninguén é capaz de valorar a capacidade da humanidade berrando ao unísono no mesmo sentido.

Se definimos o que pasa nomearémolo como IMPRESENTABLE, uns son o significado da non acción, outros calan, mentres todo se encrespa, se fai irrespirable, e pretenden que nos quede empatía para comprender.... ANDA E QUE LLES DEAN. QUE DIMITAN TODOS (aquí a linguaxe non sexista non cabe porque a Dirección é absolutamente masculina, aínda que a de enfermería tenta disimulalo).

QUE SE VAIAN PARA A CASA E QUE NELA RECIBAN Á MAGNÍFICA CONSELLEIRA.

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 

(que son puérperas?, puérperas son as recén paridas).

Parece ser que no día de hoxe cada puérpera tiña o seu ramo de rosas brancas de parte da Xerencia. Por que? NIGUÉN O SABE. Para min o atractivo do Xerente increméntase ante tanta sensibilidade  (xa que nin sequera é S. Valentín).

É a planta que escolleu a Conselleira o venres para lucirse, pero esqueceuse de dicir que as camas as fai unha auxiliar soa e que as enfermeiras teñen que ir buscar aos nenos ás camas das parturientes… por lonxe que estén.

Mentres as enfermeiras suplican ter a medicación que precisan, páganse horas extras, e quedan unha auxiliar e unha enfermeira soa de tarde e noite para o niño e a planta de tocoloxía.

Gostariamos de saber que pasa con estas cuestións, que presuposto permite as rosas brancas e cal impide o auténtico incremento de persoal.

Pedimos que nos tomen o pelo o mínimo se é posibel, porque xa non sabemos cal é o límite á dignidade persoal.

 
Máis artigos...
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 Seguinte > Final >>