Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

“Na versión definitiva irá a opción galego.

Xa lle enviamos as traduccións a Siemens e estan traballando neso.”

Un saúdo

O compromiso está servido e será esixido.

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo
Estimados sres:

Visitando o H. novo a CIG puido por fin, probar o funcionamento dos brazos electrónicos/multimedia. O seu manexo foi sinxelo e suave, vimos onde se situaba o teléfono e a cómoda pantalla táctil do TV/ordenador.

A nosa sorpresa centrouse na escolla do idioma de uso de estes elementos, xa que se atopaba preseleccionado o español e como optativos, o francés, inglés e alemán. A CIG entende que nun lugar como Lugo haxa unha elevada demanda do uso do alemán, pero tamén que deberá haber unha demanda maior do galego.

Dende a CIG reclamamos que dende o SERGAS se satisfaga o dereito que usuarios e traballadores/as teñen de usar a súa lingua materna no disfrute dos medios de entretemento e máis no desenvolvemento das súas tarefas profesionais.

Sería, dende o  noso punto de vista, imprescindible que se tratara coa empresa gañadora deste concurso a posibilidade  de deixar instalado nos aparatos o idioma Galego, por defecto, ou como mal menor que poida ser escollido, de ser vontade, de quen usa estes medios.

Como non o consideramos unha cuestión valadí agradeceriamos se fixeran as xestións oportunas e se nos informara do seu resultado.

Outro punto que queremos remarcar e que xa que está en marcha (aínda que lenta): a sinaléptica, recordando que se debe ser en extremo coidadosos/as coa linguaxe sexista. Para mostra podemos sinalar a "0ficina do Traballador", sabemos que foi a empresa constructora quen o deixou sinalado así, pero a Dirección non só non o corrixiu aínda senón que permite o uso dun correo do SERGAS con esta mesma denominación.

Pasamos a recordar que a porcentaxe de mulleres que traballamos neste centro ten que superar o 80%, por forza.


Para o seu coñecemento, atentamente...

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo





PC060062Como resumo da reunión poñemos o pertinente enlace a El Progreso do Venres 14, que amablemente nos leu hoxe o noso Xerente, dicir que na reunión cotexamos a información que traía este diario e o que dicía o Xerente e era tal cual, polo tanto felicitamos ao gabinete de prensa do Sergas e recordámoslle que nos pasen ao tempo a información aos/ás representantes dos traballadores/as. Os pacientes repartiranse de modo que non cheguen todos xuntos á mesma planta.

Preguntamos a maiores por varias cousas, entre elas si vai estar a tempo a limpeza de todas as dependencias a ocupar... xa que non temos empresa nin medios... nin limpadoras suficientes.

Tamén se o persoal vai ter axuda para deixar de fumar, ao que  nos respondeu o xerente que ata que haxa suficiente demanda por parte do persoal ou ben algunha denuncia pois non se vai poñer en funcionamento ningún plan, que todos/as sabemos que o límite é o valado que rodea ao hospital... Pasamos pola oficina do traballador/a e solicitamos que fagan un modelo de denuncia para levar no peto, onde figure o nome do xerente como denunciado para poder darllo a quen queira denunciarnos por fumar no recinto hospitalario...

Pedimos que se comunique ao servizo de Saúde Laboral a petición de que realicen informe das taquillas... que está pendente.

Explicamos tamén a dificultade que teñen os acompañantes para achegar ás consultas a pacientes maiores ou dependentes, non hai sitio habilitados para aparcar momentaneamente, non hai ningunha sala onde poidan acomodarse a cubertos mentres os acompañantes aparcan o coche... tampouco teñen sitio para esperar sentados no hall... dixeron que miraría de corrixir nalgunha medida esta situación...

Recoñeceron que a sinalización deixa moito que desexar, incidimos en que ao pé das escaleiras mecánicas hai que sinalar os ascensores e as escaleiras convencionais para evitar accidentes.... Por certo, parece que lles reduciron en 2 ocasións a velocidade pero seguen a ir a toda mecha.... Son sabedores de que a porta xiratoria tamén causa quebrantos... pero non hai decidido como enfrontalos...

Tamén se falou de envíar proposta de adaptación do sistema de transporte para que poidan falaren coa empresa e corrixir defectos de funcionamento, se queredes que comuniquemos algo dicídenolo...

Que saibades que enviamos un correo ao concelleiro de transporte para solicitar bus de chegada para as 7 da mañá para que poida ir nel o persoal de limpeza e amablemente nos contestou que non é posible unha liña de chegada a esas horas... veremos que se pode facer ao respecto.





 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 

Asunto: Petición de información

 

Por medio do presente escrito CIG-Saúde solicita a seguinte información:

 

Dotación de medios

 

  1. Van existir as “petacas” de aviso dos timbres? e cando se van poder utilizar?, xa que hai unha dificultade manifesta na detección da chamada, polo baixo volume do aviso sonoro.
  2. Cando se vai poñer a 5ª roda ás camas da hospitalización?, segundo parece esto facilitaría a súa conducción.
  3. Cando van estar os informes dos Técnicos de Saúde Laboral, relativos ás taquillas do persoal? (a esto xa se nos contestou que non se vai facer nada ata que Inspección responda á denuncia da Xunta de Persoal, como Inspección xa respondeu xúntase a mentada resposta).
  4. Está previsto que haxa restricción de uniformes a 3 como máximo, por que?, ten que ver con que as taquillas sexan insuficientes  ou espazo da lenzaría pequeno?
  5. Vanse poñer soportes para as planchuelas e conexos nos cuartos de baño?, precísanse asentos para duchar aos pacientes sentados/as.
  6. Os carros de farmacia parece que resultan antiergonómicos e insatisfactorios, os da medicación da planta tamén, agradeceriamos saber quen os informou en sentido positivo e en base a que...
  7. Por outra banda os carros de medicación e de curas na planta son insuficientes, xa que só hai 2, cando hai como mínimo 3 enfermeiras á vez facendo o seu traballo... Queremos ademais información sobre cando se van instalar os “ordenadores” que nos prometeron nos carros da medicación. Solicitamos se doten as unidades axeitadamente.
  8. Para que serve a baranda que se instalou ao longo dos corredores na hospitalización?, para o noso ver atópase situada demasiado cerca do chan (no caso de que sexa para que o/a paciente poida apoiarse nela para camiñar).
  9. Vaise avaliar o funcionamento do tubo pneumático, para poder ver de subsanar os “erros” de funcionamento?¨, É certo que polas mañás é o celador/a o que ten que levar as analíticas a laboratorio porque o tubo se colapsa?, esto é importante xa que falta aínda moito por trasladar.
  10. Mapa de cámaras de seguridade

 

Organización do traballo, dotación de persoal e contratacións

 

  1. Dificultades na localización dos celadores/as,  é preciso mellorar a  cobertura para as comunicación.
  2. Organización dos servizos, a pouca claridade na definición das tarefas, sumada ao descoñecemento (normal e esperado) do medio no que se traballa fai que as cargas de traballo se multipliquen a un ritmo similar á insatisfacción do propio persoal.  .
  3. SOLICITAMOS incremento de persoal de TCAE na quenda de noite, xa que as cargas de traballo o xustifican, se non nos cren que o comproben visitando a planta de M. Interna no Lucus.
  4. As direccións correspondentes deberían pasarse polas plantas, para ter claro canto persoal necesitan porque o que hai non chega. A MAIORES DEBERÍAN MOTIVAR UNHA REUNIÓN PARA A COORDINACIÓN DO TRABALLO DAS CATEGORÍAS CON PRESENZA NAS PLANTAS...
  5. PARA A SÚA INFORMACIÓN: O PERSOAL ACUSA Á DIRECCIÓN DE ENFERMERÍA DE AUTORITARIA E DICTATORIAL. TAMÉN DE POUCO SERIA, XA QUE ELES DIN UNHA COUSA MENTRES MANDAN ÁS SUPERVISORAS (ás que se prestan, claro) DICIR OUTRA.
  6. Pedimos que dende a oficina de persoal se habilite un sistema de entrega de chaves de taquillas de modo que as contratadas que van en quenda de noite non teñan que desprazarse ata o hospital 2 veces (unha para recoller as chaves e outra para acudir á súa quenda).
  7. Pedimos tamén apoio de persoal no servizo de atención ao doente, xa que nos parece que está desbordado por escaseza de traballadores/as, polo tanto debería concedérselle unha aux. administrativo como xa estaba comprometido.
  8. Cobertura de postos de traballo, segundo a nosa información tódalas reservas deixadas polas supervisoras que nomearon hai meses, máis xubilacións, tanto de persoal sanitario como de non sanitario están sendo cubertas por acúmulos e non por contratos de longa duración, o cal é inexplicable porque estas son prazas presupostadas. Solicitamos se nos entreguen os datos relativos a estas cuestións concretas (non os nomeamentos, nin o listado de traballadores/as) e esiximos que se corrixa esta anomalía á maior brevidade.
  9. Pool.- É certo que reunido o Pool de Aux e enfermeiras a dirección de enfermería se comprometeu a chamalas o máximo posible? tanto que agotarían os 120 días anuais moi prematuramente. Esto non é o normativo, o pool é para o que é, para o resto existe algo que se chama LISTA DE CONTRATACIÓNS, SOLICITAMOS QUE A DIRECCIÓN PASEN POLA OFICINA DE ATENCIÓN AO TRABALLADOR/A PARA QUE LLES FACILITEN O PACTO DE CONTRATACIÓNS.

10.  Horas Extra, estanse pagando para reforzar no hospital novo?, esperemos que non.

 

Accesos ao Hospital

 

  1. A porta xiratoria da entrada ocasiona varios “accidentes” ao día, habendo ao lado portas de apertura convencional que non están sinalizadas, quizá o da porta é máis estético que práctico, pregaríase darlle unha voltiña a esta cuestión, porque igual non pasa nada por poñela de apertura lineal.
  2. Escaleiras mecánicas, tamén son perigosas, pensamos que a súa velocidade non está ben calculada e tamén houbo máis de un incidente por esta causa.
  3. Non hai ningunha posibilidade de que as persoas que o precisan se senten no Hall do Hospital a que o acompañante aparque o coche... vemos como imaxe habitual a persoas maiores apoiadas contra a cristaleira da entrada esperando de pé sen máis apoio que a caiada... Tampouco sabemos que haxa un WC público na entrada (se o hai non está sinalizado).
  4. Para acceder ás consultas non hai posibilidade de achegar aos pacientes en coche, e alí as distancias son enormes para os doentes. SOLICITAMOS que haxa a posibilidade de parar para baixar e acomodar ao paciente e logo ir aparcar o coche onde sexa, tal como se está a facer non se fai ben. Xa preguntamos en máis ocasións por esto e a resposta non coincide coa realidade.
  5. Bus.- Falta unha liña de Bus para poder chegar ás 9 da mañá (ás consulta, pe) xa que os doentes citados para estas horas teñen que saír moitísimo antes do necesario.

Saúde Laboral

 

  1. Solicitamos que se  comunique aos/as delegados/as de prevención, do xeito máis inmediato posible calquera accidente laboral ocorrido, á marxe da relación trimestral que se nos facilita. Así como o subseguinte proceso de investigación: as causas que o motivaron, as medidas correctivas a implantar...
  2. Con respecto ás empresas concesionarias de servizos, tendo en conta que a empresa principal é a primeira responsable da preservación da saúde do/a traballador/a, aínda que a concesionaria tamén o sexa: Solicitamos a creación de Protocolos de Comunicación, tanto de accidentes como de outras cuestións relativas á Prevención de Riscos, para o cumprimento do SERGAS e das empresas. Tamén debería ser esixible por parte do SERGAS que as empresas baixo a súa responsabilidade cumpriran a normativa de traballo e información aos/as delegados de prevención desas empresas, coa inspección do correcto funcionamento dos seus Comités de Saúde Laboral. (A caída dun falso teito sobre a cabeza dunha limpadora, non se pode responder achacando responsabilidades a outros).

 

 

OUTROS

 

  1. Persoal interino de S.Xosé, condicións das súas interinidades, incorporacións e ceses para OPE...
  2. Persoal de S. Rafael.- Púxose en contacto co persoal esta Dirección Xerencia para informalos de cal é o organigrama directivo despois da transferencia?, saben a quen se teñen que dirixir para tramitación de días, consulta de dúbidas...? van seguir coa mesma organización do traballo?...

 

Agradecidos, atentamente

 

Lugo a 14 de xaneiro de 2010

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 

Hai distintos ámbitos de detección de eivas, que has hai e non poucas. Por unha banda está a organización interna e por outras as distintas estructuras e servizos, non sabemos se daremos diferenciado ambas.

 

Hospitalización:

 

-Varios engorros, aínda que o persoal tenta adaptarse coa mellor vontade, superando o carreo de planchuelas (que por certo, tiveron que levar de Calde, co que pasamos das cuñas desbotable á reciclaxe das que hai) e o dar máis voltas que unha peonza para poder ofrecer un mínimo de confort ao doente. En plantas como a de Xeriatría o volume de traballo segue a ser impresionante, co mesmo persoal de sempre, e por riba nun medio novo que aínda non se controla. Sensación de apoio???, non sabemos se a teñen pero apostamos a que non. Pregunta ¿ESTÁ BEN DIMENSIONADO ESTE PERSOAL OU HAI QUE DARLLE UNHA VOLTIÑA A ESTA CUESTIÓN?, e tamén aos tabiques de Pladur, que seica a noite pasada caíu un cacho dun nunha planta. Mañá vos contaremos máis cousas...

Con respecto ás comidas, dicir que chegan traqueteadas ás prantas porque as xuntas de dilatación do pasillo da 5ªplanta polo que veñen lles meten uns meneos que fan saltar as cousas de sitio dentro das bandexas. Por outra banda, estimouse o tempo que lle levaría a unha pinche de planta dar  comidas a 64 pacientes?, porque se todo se retermaliza a un tempo e leva un mínimo de 1’ por paciente (chegar co carro, comprobar dieta, introducila no cuarto, preparar a mesilla, levantar a tapa da bandexa e desexar bon probeito) entre a primeira persoa que come e a última pasan un mínimo de 64’ ou 32’ se reparten dúas persoas... Neste caso GILA diría: “Oiga, aquí alguien no come caliente”. Por certo, parece que se tería que repasar a cantidade de comida de cada dieta, xa que hai queixas de que é escasa.

 

Farmacia

 

Non sabemos como se vai organizar o servizo de tardes e de noites, pero si sabemos que o persoal non está formado aínda, xa que pasou o seu tempo de formación contando pastillas e mirando caducidades, co cal agora mesmo se senten en “bragas” para traballar coas novas tecnoloxías.

Por ende os stocks das plantas de hospitalización son pírricos e non parece que ninguén lle preguntara ao persoal cales son as “pastillitas” máis usadas ou de que milígramos, así que ala, parece que todas as plantas levan un standar que non se atén ás necesidades... así se fai.

 

Limpeza

 

Persoal escaso, moito volume de traballo, pendentes do cambio de empresa (que cada vez se demora máis, por esto e por aquelo) de modo que nin teñen medios para limpar, non só a empresa saínte non vai aportar maquinaria, se non que tampouco aporta outras cousas como mopas... O chan dos baños é dificilísimo de limpar, as bolsas do lixo transpórtanse dun extremo a outro das unidades en carros prestados polas supervisoras. A rebentar todas...

 

Mantemento

 

Todo en orde, xa saiu a concurso o “apoio eléctrico” e climatización, temos unhas  empresiñas privadas máis entre nós, mentres esa zona de mantemento carece de calefacción e o persoal de tódalas categorías anda a saltos tentando amañar “entuertos” xa que segundo parece hai múltiples problemas por causa de fallos de funcionamento de esto, aquelo, lo otro y lo de la moto.

 

O persoal administrativo

Neste colectivo sucede o milagre de que sofren unha diferencia de temperatura notable entre a metade superior do corpo e a inferior (non se pode conseguir algo tan sofisticado nin facéndoo adrede) en cambio no WC a tortura antártica imponse e conxélanse...

 

Outros defectillos: onde dixen digo digo diego

No seu momento anunciáronse moitas innovacións que polo de agora non vemos chegar, véxase:

  1. O sistema robotizado de transporte de comidas foi convintemente substituído por os tractorcillos que circulan pola 5ª planta meneando as bandexas, conducción a cargo da empresa privada.
  2. As petacas avisadoras dos timbres, que en teoría facilitarían ao persoal que se enterara de que o/a  paciente timbra,  foron substituídas por nada (os timbres case non se oen)
  3. Os carros da medicación, ían ser espectaculares e foron substituídos por uns que son para xeriátricos e que se teñen que encher de medicación na posición de cuclillas (moi ergonómica, por certo)
  4. Cafetería sofisticada e aberta as 24 hs foi substituída por  colas de 20’ para poder tomar o café da mañá
  5. Espazo suficiente para aparcar foi substituído por parking de pago e rural parking
  6. Vestiarios para cambiarse foron substituídos por semitaquillas nas que non cabe a roupa (xa houbo quen preguntou se non se engañarían ao dárnolas e lles faltará por dar a outra metade)
  7. Moderno sistema de cuñas desbotables, a bomba!, foi substituído por hixienizador centralizado que obriga a pasear excrementos, tóxicos ou non, por toda a unidade para chegar á hixienizadora.
  8. Incremento de persoal , esto é un expedente X, como pode ser que aumentando o persoal a percepción que teñen traballadores/as sexa de descontento...

 

HAI MÁIS PROBLEMAS QUE IREMOS COMUNICANDO DE MODO CONTINUADO, PORQUE TODO Á VEZ É IMPOSIBLE CONTALO E DIXERILO

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

  

            Parece que o primeiro día de  traslado de doentes se desenvolveu sen problemas. O persoal de enfermería quéixase un pouco de que os pacientes chegaban demasiado xuntos, pero polo demais están satisfeitos/as.

            Incluso están satisfeitas coa Dirección de Enfermería, xa que estiveron presentes en todo momento, colaboraron e ofertaron os reforzos que se precisaran.

            Por fin, o noso Alfredo estivo a pé de obra, falando co persoal e interesándose polo número de analíticas que se pinchan a diario nas plantas e que tipo de pacientes había ingresados nas unidades trasladadas, cando ata o de agora tódalas visitas que fixo a Calde foran como estrela de cine e non como un obreiro máis. 

           A CIG-Saúde agradécelle especialmente este detalle, para que comprobe que as queixas que transmitimos son certas e sentidas polo persoal e non invencións para fastidialo.

            Tomámoslle a palabra, mil veces dada, de que a planificación do persoal é provisional, polo tanto haberá que revisala en breve, e corrixir os defectos cuantitativos e cualitativos que se detecten. Non nos referimos ao trasvase de traballadoras de uns servizos a outros, se non de “incrementar” onde faga falla, que aquí diga o que diga a dirección, NON SOBRA NINGUÉN.

            Debe recordar o noso director que non se pode planificar sen saír do despacho, nen sen escoitar a quen lle transmite a realidade que se vive na atención hospitalaria. Se tiña este costume (que o tiña) esperemos que o vaia corrixindo axiña.

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Hoxe foi convocada a Xunta de Persoal para informala do traslado do hospital de Calde, contáronnos o seguinte:

-O traslado de doentes estará solapado co traslado de consultas de Calde e de S. Xosé (que comezarán esta fin de semana)
-O cronograma foi modificado por mor da folga de ambulancias do día 22
-O número de pacientes a trasladar no día de hoxe é de 138, pero contan con que os facultativos poidan dar altas, incluso na fin de semana, de modo que se prevé que sexan menos para o traslado do luns e martes próximos
-Mantívose reunión de planificación do traslado o luns pasado (sic) cos responsables dos 5 servizos afectados e coas supervisoras das unidades

CRITERIOS COMÚNS DE TRASLADO

-Cada paciente será avaliado para o seu traslado o mesmo día en que se traslade
-Cada un irá nunha ambulancia individual e acompañado como mínimo dunha enfermeira (que se dedicará a eso exclusivamente), psiquiatría pode ser a excepción (poderían usarse ambulancias colectivas se se estima oportuno)
-Se o paciente o require pode ser trasladado en UCI móbil con médico e enfermeira, no caso de que non sexa procedente o traslado ao Lucus, este sería trasladado ao H.Xeral
-Non se trasladarán familiares dos pacientes canda eles, excepto cos pacientes psiquiátricos (e no futuro cos nenos ingresados en pediatría)
-Intervirán 7 ambulancias que partirán da urxencia de calde ata a urxencia do HLA cada 7 min
-O recorrido interno polos hospitais de partida e chegada estará a cargo de celadores/as expertos que serán substituídos nos seus postos

FICHA TRASLADO

Constará de etiqueta, servizo e cama de orixe, facultativo responsable, cama de destino e identificación da ambulancia que o traslade.
A historia actual do paciente e o histórico tamén

EQUIPO COORDINADOR DO TRASLADO

Formado por 3 persoas: médico, supervisora, persoal de admisión
Responsabilidades:
-decidir quen se traslada (valoración individual inmediatamente antes do traslado)
-decidir en que tivo de ambulancia van
-asegurararse de que se cumple o protocolo e chega á cama correcta
-comunicar incidencias

Pretenden trasladar o día 20: psiquiatría, paliativos, UME e  Xeriatría e o 21: neumo e M interna

Preguntamos  por quen ía facer as camas e acondicionar a planta, e o noso director de enfermería respondeu que había "persoal que se comprometeu a facer as camas durante a fin de semana", preguntamos a cambio de que?, explicouse tanto, desdíxose tanto, que non logramos enterarnos de quen vai facer as camas ata que atopamos a unhas compañeiras á saída que nos contaron que as mandaron vir o sábado na súa quenda facer camas ao lucus, nin había compromiso previo nin se comprometeron, faranas porque lles mandaron.

Ante a queixa pola desinformación do persoal o Dr Médico asegurou que estaba informado  todo o persoal que tiña que estalo (sic), a quen non se lle dixo nada, nada ten que facer...., hai que tenerlos, si señor...e por moito que lle insistimos el insistiu máis en que o estaban facendo todo moi ben... supoñemos que terá unha xordeira prematura...

Ata que eles mesmos se desemburren non se darán conta que unha cousa é planificar (que non dubidamos que o plan sexa correcto) e outra aplicar o planificado (que aí fan augas a máis non poder), como sobrevivimos a todo tamén sobreviviremos ao traslado, pero facer estano facendo FATAL, FATAL, FATAL.

Consideran o traslado de Calde como un test, dicirlles reiteradamente o resultado da primeira parte no relacionado con información e formación: FATAL, FATAL, FATAL.

Quedou pendente un monográfico sobre as ubicacións de enfermería, e poñer data ao subcomité de acoplamentos de saúde de persoal sanitario


 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo
parking_1En todo este contexto que nos toca vivir sempre pasan cousas que poden motivar un sorriso (aínda que sexa pequeno). Estes días as compañeiras da oficina do Traballador (deberán valorar poñerlle oficina da traballadora) enviaron un correo solicitando que o persoal use as prazas de aparcamento destinadas a eles, para poder deixar espazo libre para que aparquen os usuarios.
E... decimos nós, que pasa?
-non hai prazas agora que aínda non foi nin S.Xosé, nin Calde, nin o Materno, nin o Xeral?
-pero non había un cento delas, dentro,  nos sotos, fóra e ata na montaña?
-funciona xa o Parking de pago?
-igual a xente non aparca nel e temos 631 prazas inutilizadas (como esto suceda igual a concesionaria ten que repensarse o do mantemento dos xardíns)
-imporase o ruralparking ou agroparking? esperemos que si, que se note que somos de LUGO, coñe.
Por si acaso, vaia por diante esta suxerencia matinal

self-parking-garage1

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo
AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN SOCIAL

CLIMA LABORAL DIANTE DO TRASLADO AO NOVO HOSPITAL

A DIRECCIÓN DE ENFERMERÍA NON ESTÁ Á ALTURA DO ACONTECEMENTO


Na CIG-SAÚDE sempre tivemos claro que a  posta en marcha do novo Hospital levaría necesariamente aparellada unha complexidade importante, ao terse que crear na maioría dos casos unha nova organización do traballo, casando distintos Centros e distintos Servizos nun novo espazo e con novos deseños. E sempre tivemos a mellor disposición para asumir os mil trastornos e desaxustes que se poderían producir, sabendo o que teñen de inevitables, pero desexosos de que o Hospital Lucus Augusti sexa xa a realidade que a poboación de Lugo necesita e ansía.

Pero cando dende a dirección de enfermería se pretenden modificar CONDICIÓNS DE TRABALLO (quendas, horários e tarefas, entre outras) dun xeito UNILATERAL E ARBITRÁRIO, e presentar estes cámbios como un “TRÁGALA”, pechando toda posibilidade de participación e diálogo, e cando esta actitude está provocando un clamor entre o persoal afectado, entón xa non se trata de simples cambios inevitables provocados polo traslado: TRÁTASE DUNHA DIRECCIÓN IMPOSITIVA E ANTIDEMÓCRATICA.

No día de hoxe o persoal de enfermería de Hospitalización entregou máis de 350 sinaturas que recollen o seu malestar por este proceder e polas imposicións da Dirección, que implican incremento de cargas de traballo e empeoramento das condicións laborais. Solicitan que dende a Dirección de Enfermería se opte por un modelo consensuado como a mellor forma de garantir un clima laboral axeitado.

A CIG-Saúde apoia firmemente este prantexamento do persoal e a maiores denuncia a desinformación dos/as traballadores/as ante o inminente traslado da hospitalización (H. de Calde e S. Xosé) ao Lucus Augusti. Neste sentido, o persoal de Enfermería de Calde está aínda agardando a que alguén se digne a telos en conta á hora de informalos e formalos –telos en consideración- sobre como van traballar no novo Hospital, en vésperas de ter que facerse cargo activo do traslado e da atención aos doentes na novas instalacións.

Móstrase dende a dirección de enfermería unha actitude de imprevisión e falla de diálogo que xustifica plenamente as queixas manifestadas por este persoal e este sindicato,  xa que suma un aumento de estrés innecesario ao inherente a un traslado de esta envergadura.

Esta falla de información é sentida como unha eiva á hora de comezar a traballar con seguridae no novo hospital. A formación nos novos equipos e estructuras tampouco  é considerada como suficiente  cando a voluntariedade e boa disposición do persoal é constante e manifesta.

Sucede que existen cambios tan significativos como a ausencia de avisadores de chamada de bolsillo, prometidos na intranet do hospital, e ausentes (polo menos polo de agora) nas unidades de hospitalizacion, tendo que conformarse o persoal cun aviso luminoso difícil de detectar.

Así mesmo, a nula posibilidade da enfermería de participar na organización de tarefas dos distintos servizos lévanos á desmotivación máis absoluta e a recordar épocas laborais (anos 60) que pensabamos antigas e superadas, e que o noso director de enfermería (traído só para organizarnos no hospital do futuro) se está encargando de volver implantar.

Dende a CIG-Saúde insistimos en que se corrixan estas actitudes para que co cambio de hospital mellore de xeito efectivo, ao persoal, pero tamén a asistencia ao doente e que poidamos deixar de pensar que esta precipitación no traslado obedece  somentes a criterios políticos, cunha obra entregada apresuradamente e sen permitir que o persoal constate o bo funcionamento das instalacións.

Lugo a 16 de decembro de 2010
 
Máis artigos...
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 Seguinte > Final >>