Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Para falar de cuestións variadas, supoño (porque como é caro de contactar só faltaría que fora rácano nos temas a tratar). A CIG-Saúde empeñouse en que el tivera unha reunión coa Xunta de Persoal para falar da organización/reorganización do traballo da Enfermería de cara ao hospital novo, que de feito xa comezou neste. Ás 8,30hs do día 20 estará a CIG puntualísima para que nos informe, se tedes algo especial que preguntar ou opinar é o momento de dicírnolo.

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Preguntámonos nestas irrepetibles datas, se rir ou chorar, a resposta certa é que será mellor ir pensando en morrer de risa.

Hoxe tentamos entrar na Intranet para deixar as nosas ideas, ideas sobre que?, bueno un pouco sobre todo... a cuestión é que ao ver que da Dirección se demandaban ideas, a miña malvada intención era poñer o que segue: "Eu dígoche as miñas ideas se ti me dis as túas intencións", pero ete aí, que a entrada só estaba permitida aos/as membros dos grupos de traballo que se constituíron con motivo da estrea do h. novo.

Logo destos suscítansenos varias dúbidas con respecto a que demonios terán que decirse os membros do grupo de traballo a traveso da Intranet, logo, os grupos non están para o intercambio de ideas de xeito directo?, quizá non teñen correos electrónicos para intercambiar?, para que é o grupo de traballo?, non é quizá para compartir ideas dentro do grupo?

Vou explicar como funcionan os grupos de traballo da CIG-Saúde, o grupo reúnese, discute, faise a información pertinente e logo ponse en común con tod@s os membros do Consello Nacional, dende este ente superior apórtanse ideas, discútese o acordado nos grupos de traballo e chégase a algunha conclusión........ Comparando como funciona o sistema SERGAS-Xeral Calde, nós somos casi a perfección.

Señores, fagan reunións dos grupos de traballo, expoñan as discusións e conclusións e pidan ideas ao resto de persoal, ou non lles parece? e logo todo o persoal aceptará de mellor grao as súas conclusións.

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

O mércores día 21 foi convocada a Xunta de Persoal pola Xerencia polo tema do Peche de Camas, fomos moi ben informados/as (polos Drs de Enfermería, Médico e de Persoal) de que o número de camas que se pechaba viña derivado de que nos últimos 4 anos a ocupación media do hospital nos meses de verán era baixa e que, polo tanto, o máis rentable era pechar o número de camas que pechan (segundo palabras do Dr Médico a cama baleira máis rentable é a cama pechada) e por eso se xustifica pechar as camas do Complexo.

Pecharán oficialmente: a 4ª dta e a 2ªdta de Calde, a 3ª esq do Xeral e a metade de S. Xosé

Criterios de peche: foron mencionados varios, aludiron a que se pechaban camas médicas e que era pouco probable que houbera ingresos de neumoloxía ou de xeriatría, xa que nos meses de verán as patoloxías relacionadas con estas especialidades menguan, a maiores os médicos teñen que ir de vacacións e os anestesistas condicionan que non se poidan desenvolver con normalidade as intervencións cirúrxicas. En todo momento deixaron claro que non ían incrementarse as cargas de traballo nin minguar a calidade asistencial, están dispostos a abrir as plantas que se pecharon se é preciso, e en ningún caso se porá a 3ª cama en Calde, se non que se abrirán as que se pecharon.

Houbo silencio ao remate da exposición.

A CIG agradeceu a información e  queixouse da tardanza en dala, xa que dende que se informou oficiosamente ás supervisoras ata que se reuniu a Comisión de Dirección pasou demasiado tempo, houbo demasiados rumores, sacamos 2 notas de prensa (e ata nos deu tempo a pensar que a opinión da CIG influiu en que non pecharan máis camas aínda). Manifestamos a necesidade de que se nos mantivera informados/as.

Fixemos notar, así mesmo, que non era certo o relacionado coa calidade asistencial, cando se pechan plantas e se move ao persoal, cando as especialidades se mezclan e se incrementan os traslados, nin diminúen as cargas de traballo nin se pode manter a calidade asistencial, cuestión na que milagrosamente acabou dándosenos a razón.

Dixemos tamén, que a CIG clasicamente se vén opoñendo ao peche de plantas no verán, e que o esforzo que a Dirección adicaba a analizar as estatísticas dos últimos 4 anos para saber que e cantas camas pechar, se podía adicar a facer social e sanitariamente rendible o feito de deixalas todas funcionando. Tampouco nos poideron levar a contraria nesto.

Esgotado este tema, por ser xa definitivo, faláronse de xeito informal cuestións variadas, a única que nos interesa mencionar é que a petición da CIG o noso Dr. de Enfermería se comprometeu a ter un monográfico coa Xunta de Persoal sobre a organización do traballo e nomeadamente sobre o que se pensa facer coas consultas externas. Cal é a súa idea, tanto para a creación de consultas de Enfermería, como para a supresión de persoal desta unidade. Recordarémoslle este compromiso ata o aburrimento.

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Mañá mércores está convocada Mesa Sectorial, a petición  da CIG figuran 3 temas na orde do día, o relativo ás unidades de drogodependencias, colexiación e novo H. de Lugo, tiñamos na nosa proposta de prioridades bastantes máis cuestións que non foron aceptadas para tratar agora, seguiremos insistindo.

CON RESPECTO AO H. DE LUGO A CIG LEVARÁ Á MESA ESTAS CUESTIÓNS, ogallá saliamos con respostas en todas

  1. Data de presentación do plan estratéxico
  2. Como se verá afectado o prometido incremento de plantillas?.
  3. Que incremento de persoal real vai a haber por categorías? (dixeron que exporían o plan estratéxico o día 16 e nel xa figuran as plantillas, é contalo dous días antes) 
  4. Van crear algunha categoría nova? (refírome aquí a azafatas ou similares, xa que os sistemas de identificación e as distancias requirirán que se preste atención de guía aos doentes)
  5. Cal é o programa de formación para a adaptación as novas instalacións das/os traballadoras/es?
  6. A administración sanitaria vai externalizar ou privatizar algún dos servizos de hostelaría: lavandería. Cales son as opcións de reclasificación deste persoal.   Data prevista de negociación da reclasificación  (xa que van ter que comenzar xa a formación e aínda non se sabe en que categorías poden acabar)
  7. Que van facer coas prazas que ían saír a OPE? (da xerencia quedaron de pedir que saíran igualmente para facilitar o traslado de algunha persoa que está fóra, en total saían 3)
  8. Quen se vai facer cargo do lavado da roupa no futuro, a empresa privada ou unha lavandería do sergas 
  9. Se a lavandería para antes do h. novo que se vai facer co persoal?
  10. Contemplan a privatización ou externalización de parte do mantemento, en concreto a climatizacion?
  11.    En que trámite administrativo está a tramitación para a concesión ou autorización das instalacións ou actividades nucleares ou radiactivas de primeira categoría?.
  12. En que situación se atopa o servizo de Oncoloxía, mantense o proxecto do anterior goberno?
  13. Ubicación do CTG (non sei se vale a pena preguntar xa que enseguida nolo contarán no plan estratéxico, supoño)
  14. En que situación se atopan as negociacións do traspasos dos centros de S. Xosé e S. Rafael? As obras de S. Rafael implican que xa non se transfire? Terán que trasladar aos internos a algunha dependencia do sergas mentres fan as obras? a onde? En que situación se atopa o traspaso do persoal, será só o sanitario o que se integre, ou todo?
  15. Que servizos acollerán as dependencias que queden baleiras?, cando estarán definidos? como se valora a situación estrutural do edificio do h. xeral?
  16. C. de Especialidades, por que non un centro de alta resolución? aínda que non sexa no mesmo edificio.
  17. Parking: nº exacto de prazas e confirmación de se haberá que pagar ou non e cal será o sistema de pago e a que prazas afecta? hai negociacións co concello para o establecemento do sistema de transporte adecuado para cidadáns e traballadores, será gratuíto para o persoal?
  18. Gardería: que tipo de servizo se dará, será con persoal estatutario? cantas prazas leva?
  19. Existe criterio de como se debe facer o traslado, en fases distanciadas no tempo ou de xeito continuo?
  20. Nº total de camas previsto  
  21. DATA REAL DE TRASLADO.
 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

A medida (desmedida) acordada pola Dirección de proceder a un drástico peche de camas no Complexo – dúas plantas en Calde durante tres meses e unha no Xeral durante dous, a maiores do H. Provincial- xa denunciada pola CIG-SAÚDE con anterioridade, foi tratada na Xunta de Persoal este mécores, acordándose por unanimidade o seguinte:

 

-         Solicitude urxente de reunión coa Xeréncia para pedir explicacións sobre dous aspectos: xustificación dun peche tan brutal e esixéncia dun maior respecto á representación legal dos traballadores e traballadoras, a quen non se lle ten comunicado en absoluto a adopción de medidas que condicionan tanto a prestación asistencial aos pacientes como as condicións de traballo do persoal afectado.

 

 

DERIVACIÓN DE PERSOAL AO NOVO HOSPITAL

 

Na mesma reunión da Xunta de Persoal, e tamén a proposta da Sección Sindical da CIG-SAÚDE, acordouse pedir explicacións sobre os seguintes aspectos en relación coa derivación ao Novo Hospital de determinado persoal –de momento só un celador: número de persoas, método de designación e cometidos a desenvolver. Na CIG-SAÚDE non concordamos coas formas en que foi acordado este primeiro caso, sen información prévia algunha e pasando mesmo por enriba dos própios responsables directos do colectivo en cuestión.

 

 

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 

            Parece ser, que agora se vai a producir, a famosa unificación dos laboratorios de urxencias de este complexo, no seu día o director de enfermería, comprometeuse ante nós, a notificárnolo si dita situación se producía, co fin de escoitar propostas e sobre todo, escoitar a opinión do persoal implicado, non dubidamos da súa palabra, pero como algunha das supervisoras implicadas, xa está amosando a carteleira, e non precisamente para comentala, senón, para impoñela, a outra supervisora, ou non sabe ou non contesta, cremos que o noso director de enfermería esqueceuse deste pequeno detalle, non sabemos, si polos seus quefaceres diarios, ou polos seus pousados periodísticos, publicitando aumentos de persoal de enfermería a conta doutras categorías.

            Gustaríanos, que nos puidera explicar, como é posible, que no turno de maior traballo destes servizos, se perda un posto de traballo, e ademais pretender, que un dos técnicos de mañá, se adique ao control de calidade, almacén… é dicir, función de supervisión, sen recoñecerlla, perdóenos, é certo, na famosa reunión, tamén nos dixo estar a favor das coordinacións técnicas, tal vez, volveu ter un pequeno lapsus de memoria, e olvidóuselle dicirnos, que as implantaría, pero sen recoñecerlle as funcións, é dicir, o seu famoso aumento de plantilla, resúmese nunha perda dun posto e medio de traballo.

            Si esta é a súa idea, de aumento de plantilla, consenso no desenvolvemento do novo hospital… Meu deus, coma un día distes, salga na prensa prometendo un aumento de plantilla da limpeza, xa me vexo coa vasoira na man, por non dicir noutro sitio…

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

ESTA NOTA DE PRENSA FOI ENVIADA O DÍA 18 DE MARZO, A DÍA DE HOXE E COTEXADO COA PRESIDENCIA DA XUNTA DE PERSOAL NON HAI COMUNICADO OFICIAL SOBRE O PECHE DE PLANTAS. EN CAMBIO NÓS SABEMOS QUE PECHARÁN A 2ª DTA E 4ªDTA DE CALDE E A 3ªDTA DO XERAL. SE MULTIPLICAMOS 31 CAMAS X 3 PLANTAS E Á SÚA VEZ X 3 MESES OBTEREMOS A PERDA DE UN MÍNIMO DE 279 CAMAS NO COMPLEXO ESTE VERÁN. TEMOS QUE FELICITAR Á XERENCIA POR ESTE EXEMPLO DE XESTIÓN. ASÍ AFORRA CALQUERA.

AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

 

Parece que este ano están a punto de pechar un número importante de camas durante moitos meses (en concreto 3 meses) o que non parece xustificable e pode supoñer o camiño para o peche definitivo e anticipado do Hospital de Calde.

Supón a maiores:

-         O recorte das prestacións sanitarias

-         O recorte das contratacións

-         A mobilización involuntaria e inestabilidade nos postos de traballo con repercusión  nos doentes

-         A sobrecarga nas plantas abertas e a dificultade na asistencia pola mezcla de especialidades

Garante desorganización, malestar, merma da calidade asistencial, utilización do persoal fixo como substituto e todo por un aforro económico salvaxe que sempre acabamos pagando doentes e traballadores

 Lugo a 18 de marzo de 2010

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

ESTIMAD@S COMPAÑEIR@S

Consideramos que a nota de prensa que a CIG enviou aos medios de comunicación non foi ben entendida polo diario El Progreso, cuestión que se tratou esta mañá coa responsable de redacción e comprometeuse a publicar unha corrección mañá.

GRAZAS AOS/AS AFILIADAS QUE VIÑERON CONSULTAR ESTE TEMA AO NOSO LOCAL

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 

CigSaudeLugo 

A TODO O PERSOAL DO COMPLEXO XERAL-CALDE

 

A Sección Sindical da CIG-SAÚDE xa viña amosando a súa preocupación ante evidentes sinais de que se estaba deseñando todo un novo sistema de traballo de cara ao Novo Hospital que pode modificar substancialmente a organicación e as condicións de traballo actuais, denunciando que se faga de forma unilateral e advertindo da tentación da nova dirección de impoñer as súas alternativas sen información nin negociación prévia algunha.

 

A entrevista publicada o domingo, día 14 de marzo, non diário local “el Progreso” co Director de Enfermaría non fixo mais que confirmar as nosas sospeitas e reafirmar os nosos temores.

 

Do manifestado por D. Alfredo Moreno na prensa, temos que dicir o seguinte:

 

1.- Antes de nada, salientar que o feito de que nos enteremos pola prensa indica que estabamos no certo cando afirmamos que existe falla de diálogo cos representantes dos traballadores e co própio persoal afectado.

 

2.- Donde o Director de Enfermaría fala de ATENCIÓN INTEGRAL, nós non podemos ver mais que INCREMENTO DE CARGAS DE TRABALLO.

 

3.- NON ESTAMOS DE ACORDO COA ECUACIÓN “ASUMIR RESPONSABILIDADES=ASUMIR MAIS TRABALLO”. Queremos pensar, por outra parte, que non se está pretendendo dicir que ata agora NON SE ASUMEN  RESPONSABILIDADES no desempeño profesional.

 

4.- Saudamos a intención de incrementar os CADROS DE PERSOAL, pero tamén neste asunto queremos saber a cambio de que é este aumento, xa que sospeitamos que a cambio de nada non vai ser..

 

5.- Animamos ao persoal a non ACHANTAR co que nos queiran impor, se elo conleva incrementos de cargas de traballo inasumibles, modificación das competéncias profesionais, condicións de traballo mais penosas e calquera perda de dereitos que custaron moito esforzo consolidar.

 

Lugo, a 16 de marzo de 2010

 novo enlace á promoción en publicidade do xeral

 
Máis artigos...
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 Seguinte > Final >>