Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

TEMOS QUE COMUNICAR A BOA NOVA DE QUE O XUÍZ QUE INSTRUÍA O CASO DO ROUBO DUN BOLSO EN CALDE NO QUE SE VIRON IMPLICADAS DÚAS COMPAÑEIRAS ACABA DE ARQUIVAR O CASO.

ESPERAMOS DA DIRECCIÓN QUE POÑA O QUE ESTEA NA SÚA MAN PARA QUE TAL COUSA NON VOLVA OCORRER, XA SON BASTANTES AS PENURIAS LABORAIS QUE SUFRIMOS PARA QUE SE ENGADAN TEMAS COMA ESTE.

ALEGRÁMONOS POR TÓDOLOS TRABALLADORES/AS

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 Trátase con el:

1.- A organización do traballo nas plantas de hospitalización. Despois da implantación do Gacela, que supuxo un aumento da burocracia na atención de enfermería engádese algunha dificultade  máis xa que o a maioría do persoal facultativo dos equipos cirúrxicos non colabora cubrindo os volantes, nin tampouco axudan a facilitar a organización do traballo na planta, co cal a sensación de frustración no desempeño profesional aumenta ao mesmo ritmo que as cargas de traballo. Créase un ambiente de desagrado que non axuda nada a traballar. (Entende que hai que cambiar a maneira de traballar, considera a organización dos servizos anticuada, e parece que está disposto a enfrontarse a esta tarefa,)

2.- Sistema de concesión ou denegación de reforzos. Parece que os reforzos se denegan sen comprobación algunha e a disposición é maior para denegar, escudándose incluso en que ten que ser o médico quen faga o P-10 para concedelo. (Moi habilmente nos dixo que esto non podía suceder pero en ningún caso dixo que se foran conceder todos os reforzos que se pediran)

 3.- Plantillas:

-Pedimos incremento de auxiliares de enfermería, unha máis para as mañás da 4ª Dta e unha máis para as tardes na Coronaria. (Anotouno)

-Pedimos a 2ª enfermeira de noite en tódalas plantas (Dixo que estaban pedidas)

-Pedimos incremento de persoal para Bacterio porque están sobresaturados de traballo (comentou que non tiña coñecemento de que se pedira aumento de plantilla para este hospital, que igual era para o novo)

-Preguntamos pola cobertura da reserva da Coordinadora de Técnicos (Anotouno)

-Preguntamos pola desaparición dunha praza de TER (Anotouno)

 

4.- Calde:

            -A inoperancia da Farmacia, xa que non recolle cambios de tratamento a partires das 12, nin funciona  as fins de semana.... (Anotouno)

            -Estado no que chegan os traslados de urxencias a Calde, o número deles que van xuntos. Que recén chegados hai que facerlles de novo todas as probas co traballo que eso supón. (Anotouno)

            -Cargas de traballo que vai supoñer o feito de facer todas as analíticas do hospital en horario de noite, xa que por moito que haxa 2 enfermeiras no turno hainas polo o exceso de cargas que hai, non has puxeron para facer analíticas. (Calou)

            -Preguntamos polos rumores de peche do laboratorio en tarde e en fin de semana (non parecía que non soubera nada do tema, pareceunos que non lle gustaba a idea????)

5.- Laboratorios

            -Tratamos varios temas relacionados coa rotación de postos en bioquímica

            -A unificación das urxencias

            -Disfrute de PL os sábados en bioquímica (Anotou as 3 cousas)

            -Rexistro de volantes en Hematoloxía (resolto, segundo parece a partires de agora o rexistro faráo o persoal administrativo)

           

Imos vendo

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

O día 11 reuniuse o grupo de traballo de Acomodo Internos, preténdese que as bases estén listas para poder convocar os acoplamentos a primeiros de ano (como nunca se cumpren as datas previstas irase a cousa a febreiro, supoñemos).

É certo que a Dra de RRHH do SERGAS deu orde de parar calquera negociación en curso á espera de que esta se aprobe na Mesa Sectorial.

Tal como entendemos na reunión de Lugo hai vontade por parte de todos de que haxa un último concurso de traslados neste hospital e nós así o demandaremos.

Hai que ter paciencia porque non nos queda outra

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

            O día 6 tivemos reunión de Acomodos Internos, parece que a Dirección é sensible á demanda dos traballadores de ter acomodos antes de ir ao hospital novo, a Xunta de Persoal tamén estivo a favor do mesmo.

            Na reunión deuse a circunstancia de que chegou información de que a Directora de RRHH do SERGAS tiña a intención de convocar o grupo de traballo de acomodos internos no SERGAS (de feito existe convocatoria para o día 11 de novembro) coa intención de pechalo documento e envialo á Mesa Sectorial (eso parécenos precipitado, participamos neste grupo e cremos que aínda queda algún pasiño que dar antes de que se poida enviar á Mesa, xa se verá o 11)  e mentres suspender as convocatorias que se estean a negociar nos distintos hospitais.

            En vista de como están as cousas tivemos que aceptar esperar a que pase o día 11. Informaremos do tema puntualmente.

É certo que o decreto 206/2005 di que  a reordenación de persoal ten que pasar pola Mesa Sectorial, en concreto di: 

Ler máis...

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Hoxe a CIG mantivo por primeira vez unha conversa co Director de Enfermería, causóunos boa impresión.

Tratamos con el as seguintes cuestións:

1.- Nalgunha planta están  negando os CC cando unha persoa volve de estar de baixa co argumento de que xa o disfrutou a contratada, eso dende o punto de vista da CIG é impensable, O CÓMPUTO DE XORNADA É INDIVIDUAL, se non entendemos mal ao noso Director tamén llo parece. Cada quen debe ter conta do que traballa, as compensacións non se trasvasan,  se a baixa é neutra éo para todo.

2.- Outra cuestión tratada foi a compensación por substituír ás persoas que van á OPE, nós non tiveramos queixas ata o luns pasado, cando unha traballadora nos comentou o intento da supervisora de obrigala a facer o turno coa compensación de 1 día libre a cambio.

Esto fixo que indagaramos por outros sitios e descubrimos que:

-O Barco, dan 2 días libres ou ben o 175% do valor da hora (h. extra)

-Ferrol, o mesmo ou incluso máis se quen negocia é hábil

-Coruña, non pagan horas só dan 2 días libres...

-Lugo, 1 día pelao

Sabede que pedimos 2 días como mínimo, sabemos que non estivemos moi áxiles tratando esto porque xa é moi tarde, pero a parte de pedir agora tentaremos un acordo razoable para o futuro.

O Director quedou de informarse e dicirme algo.

3.- Falamos tamén da insatisfacción e malestar que provocan as reticencias a poñer reforzo cando é preciso, como a supervisora de mañá pasa a bola á da tarde e esta a de mañá, pedimos que se resolvera canto antes. Dixemos que, entendendo que é sano que a petición de reforzo se xustifique, tamén entendemos que no momento de apuro eso non é o prioritario... Entender parece que entendeu. Xa imos vendo.

 

 

 

 

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo
DemolicionsPP
 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 O “Hospital del Tajo”, inaugurado en Febreiro do 2008, é un dos novos Centros abertos na Comunidade de Madrid, baixo o goberno de Esperanza Aguirre, que ven aquí e agora a conto porque se trata dun modelo de xestión que o Partido Popular xa anúncia que vai copiar para Galiza en médio de grandes alabanzas ás súas virtudes. O Hospital de Aranjuez foi construído con financiación privada por un consorcio de empresas, a cambio das concesións ¡POR 30 ANOS! dos servizos de limpeza, seguridade, mantemento, cociña, lavandería, esterilización, transporte interno e externo, alamacéns, xestión do persoal administrativo, etc, ademais do pago dun canon anual pola Comunidade de Madrid.

 

CIG-SAÚDE tivo a ocasión de conversar cunha lucense (M.N.N.D.) e compartir a súa experiéncia como acompañante dunha filla súa ingresada alí por parto. Esta é a entrevista:

 

Ler máis...

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 

O Sindicato, CIG- Saúde, denuncia publicamente, a política aforradora que está tendo o SERGAS en Lugo, en materia de persoal, agravando así a situación sanitaria no Xeral-Calde e cabreando constantemente ós /ás profesionais.

undefined

Ler máis...

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

A nova dirección contesta mal, non sabemos se nos visitan pero si que nos contestan pouco.

Explícome, temos pendentes de contestación un  par de escritiños á Dirección Médica para os que agradeceriamos resposta. Poñemolo aquí por si acaso o ven.

Contarvos tamén que o noso Xerente se despista un pouco coas reunións e coas peticións feitas.... hai tanto traballiño

 
Máis artigos...
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 Seguinte > Final >>