Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

  

Orde do día:

1.       Cobertura ausencias de TCAE na Unidade de Coidados Especiais de Calde.- Este persoal non se cubre en moitas ocasións con motivo de ausencias por acompañamento a consultas ou acompañamento de traslados ao HULA.  A queixa está máis relacionada co tipo de problemas que xorden e como se resolven ao faltar persoal da quenda e non tanto coas cargas de traballo.

Di a Dirección de Enfermería que se hai máis de 19 pacientes sempre se cubre, e cando hai menos cóntase coa valoración da Supervisora que se ela o considera necesario tamén se cubre, esto na quenda de mañá. Na tarde os permisos cúbrense todos, e o dos traslados valórase, xa que agora o persoal non queda na urxencia co doente, senón que se volve a Calde.

2.       Organización e carga de traballo en diversas plantas.-  Tratouse indistintamente a escaseza de persoal DUE e TCAE. Foise reiterativo no tema de que a figura de correturnos ocupa sitio na carteleira pero á hora da verdade non están, xa que pasan o 100% do tempo cubrindo ausencias das compañeiras. Falamos da dificultade de traballar con múltiples especialidades (ou de repente cunha soa, véxase Trauma), numerosos ingresos, altas, traslados, preparacións de quirófanos... cada día e da necesidade de dotar adecuadamente as plantillas, de manter 4 enfermeiras de mañá e noutros lugares de reforzar TCAE de tarde e de noite.

Di de novo a Dirección de enfermería que haberá que valoralo (esto xa o dixeron 25000 veces máis ou menos), que nalgunhas plantas xa quedan 4 enfermeiras de mañá diariamente, e que como xa dixo noutras ocasións hai que traballar en equipo... Discutimos un bo cacho sobre isto, sacando cada parte a relucir o de sempre.... todo quedou unha vez máis en “Se valorará”

3.       Permisos por ingreso familiares de 1º grao.- Dificultades diarias no desfrute dos permisos básicos fixéronnos solicitar, unha vez máis e con insistencia reunión  monográfica coa Dirección para tratar deste tema, a resposta tamén foi se valorará. Con respecto ao punto concreto sinalamos que nos chamou a atención hai un par de semanas que algunha supervisora se sentira descolocada porque non sabía que os días de permiso se dan en razón de se o domicilio do/a traballador/a está na mesma localidade que o centro de ingreso do familiar ou non e non ten nada que ver co centro de traballo... Quedaron de facer algo ao respecto.

Aproveitaron para comunicarnos a incorporación de 2 novos permisos:

http://www.cig-saude.info/CENTRAL/index.php?option=com_content&view=article&id=1959:permisos-e-licenzas-a-raiz-da-denuncia-da-cig-o-sergas-reconece-algun-permiso-ata-agora-ocultado&catid=64:xornada-permisos-e-licenzas&Itemid=125

 

5.       Vestiarios mixtos na cociña.- Igual diredes: ver para crer... Pois si, na cociña existe un vestiario mixto.... somos transmodernos/as e hai xente á que lle costa cambiarse ante ollos de varios xéneros e sexos...

Di o Dr Técnico (subdirector de recursos económicos) todo escandalizado que é moi curioso que despois de 5 anos haxa queixas, que non hai máis espazo e que tentarán cambiar á persoa que non se sinte cómoda en tal situación... que de ser máis tentarán distribuír o vestiario doutro xeito...

6.       Protocolo de apertura de taquillas.- Parece que non se cumpliu este protocolo nunha ocasión e que houbo unha queixa.... recoñecen o erro e din que xa deron explicacións por escrito á persoa reclamante.

Deixan claro que hai 2 tipos de situacións: - as “batidas”, que están suxeitas a un protocolo que se cumpre tal cual e a apertura puntual dunha taquilla de alguén que non volveu a chave ao remate do contrato, que nese caso faise dun xeito “abreviado”, cunha persoa da oficina do traballador/a e unha compañeira da afectada...

7.       Programa informático de coidados en plantas.- Solicítase perfil de entrada nos programas que recollen coidados dos/as doentes da TCAE... pola facilidade de caer en erros que pode darse cando unha persoa transcribe os coidados para outra, por independencia do colectivo e autonomía da categoría.

Explican que hai 3 perfís de entrada: Farmacéutico/a, Médico/a, Enfermeira, e que iso excede as competencias da dirección do centro xa que é a Dirección de Soporte informático quen o leva, pero que de todos xeitos recollen a demanda e daranlle trámite onde proceda.

8.       Rexistro de pacientes en planta.- Cando se recibe un doente na unidade que vén trasladado de outra, incluído “Agudos” tarda moito en aparecer o seu historial no ordenador, o que acarrea dificultades para a súa atención.

Fala o Xerente da incorporación de programas novos que poden corrixir estas eivas pero que levará tempo, repasarase o circuíto e tentarán darlle prioridade administrativa a este traslado.

9.       Rogos e preguntas

Comunica a Dirección a substitucións das Supervisións da UCI, e comunícasenos a persoa que os susbtituirá.

Dende a CIG preguntamos por qué non se nos comunicou a situación da 2B2, dannos unha breve explicación sobre que xa están as unidades implicadas en aviso e que se tomaron as convintes medidas...

Preguntamos tamén polos acomodos de TCAE que se comprometeron para Abril, por causa de que non saíron os postos de consultas externas. Din que se poñerán con iso, para ver como vai o tema da dixitalización das historias clínicas e que nos reunirán ao respecto.

Con respecto á selección provisional do persoal non sanitario para a Unidade de Radio terapia, pedimos que cando volva acontecer algo así se conte co pertinente persoal a imaxe de como se fai na Dirección de Enfermería, porque así non haberá descontento ante a falta de oportunidade para ocupar un novo posto.

 

E non deu tempo a máis, porque o Comité de Primaria estaba para entrar na súa reunión coa Dirección....

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

http://hlcal116s/eoxi/administracion/APLIC/POSTIT/files/1459506023_513.pdf


ACOMODOS INTERNOS


prazo reclamacións de 15 días hábiles a contar dende o día seguinte á esta publicación

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN SOCIAL

A Sección Sindical da CIG-Saúde no día de hoxe denuncia a situación na que se atopa o HULA, xa que seguen pechadas o mesmo número de camas de sempre mentres o hospital está desbordado por doentes mesturados de moitas especialidades. Pasamos a detallar a distribución de doentes:

Cirurxía 3b1.- ten 4 pacientes de traumatoloxía, 1 paciente de uroloxía, 2 pacientes de c. vascular

Cirurxía 3b2.- 1 paciente de traumatoloxía

Medicina Interna 4c2.- 2 pacientes nefroloxía; 1 de neumoloxía e 1 de hematoloxía

Medicina Interna 3c2.- 1 paciente de traumatoloxía; 1 de oncoloxía ; 2 de nefroloxía e 3 de dixestivo

Medicina Interna 3c1.- 1 de dixestivo; 3 de oncoloxía;  1 cirurxía; 1 de neumoloxía e 1neuro

Nefroloxía e Cirurxía Vascular.- 1 doente de  hematoloxía; 1 de cirurxía; 1 de Medicina interna e 1 de neumoloxía

Neumoloxía 4a2.- 2 doentes de dixestivo

Dixestivo Infecciosos 4a1 .- 1 doente de Medicina Interna; 1 de Cirurxía

Traumatoloxía Uroloxía 2b2.- 1 trauma

Neurocirurxía 1c1.- 2 pacientes de  traumatoloxía e 2 de cirurxía

Dicir ademais que quedaban fóra de Medicina Interna 10 pacientes máis desa especialidade dos que non demos constatado o lugar que ocupaban.

Temos que felicitar ao persoal en primeiro lugar, porque por exemplo, o persoal facultativo para ver aos doentes da súa especialidade ten que facer moitos Km andando pasillos, e ao resto do persoal porque traballar co ratio por paciente xusto e con doentes de ata 6 especialidades diferentes sen perder a cabeza e a paciencia ten un mérito que ninguén lles recoñece.

E dende logo debemos recoñecerlles aos doentes a súa capacidade de aguante.

Apelamos unha vez máis ao sentido común do, recén chegado, Xerente para que bote man deste noso hospital, de xeito inmediato.

As urxencias seguen petadas, reforzan de vez en cando aos facultativos sen reforzar ao resto de persoal, nin abrir camas pechadas co cal a solución se volve ben pobre e non resolve nada.

As esperas para lograr unha cita son interminables, como tamén o é esperar para acceder a atención ao doente....

É urxente a revisión das políticas antigas, tanto de persoal como as organizativas e de sevicios, porque isto comeza a ser insostible.

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

RESUMO REUNIÓN DO COMITÉ CO XERENTE DE CLECE

No día de hoxe celebrouse, por fin, a reunión co Xerente. Por suposto, non resolvemos nada, pero quedounos moi claro que é a empresa quen decide as contratacións e máis a organización do traballo. Como non serviu para nada, unha vez pasadas as eleccións procederemos a facer algunha cousiña.

Tentaremos poñer en orde o que alí se falou.

Comezouse falando do absentismo, seica é unha cruzada persoal do Xerente combatir que a xente esté de baixa. En lugo alcanza o 14 %, con picos que sobrepasan esta cantidade e a media da empresa é do 4%, polo que o Xerente entende que hai moito fraude, por isto está de acordo con que Noemí chame por teléfono, di que para axilizar as probas.... e non o considera nin presión nin coacción.... de feito, unha das probas de que hai fraude é que o despido da compañeira rebaixouno ao 4% de golpe. Vainos pasar os datos e as estadísticas.... A pesar de que se lle falou do pago por cheque, e dixeron que explicarían por que pasaba non explicaron nada.

 Tod@s achacamos as baixas ao exceso de cargas de traballo, á mala distribución destas cargas e tamén ao clima laboral, que non era o adecuado. Nós pedimos que se fixera un estudo do porqué hai tantas baixas coa avaliación dos postos de traballo e do clima laboral.... Pareceunos que xa tiñan decidido que o mellor é a man dura e a intención non vai cambiar.

Pedimos que se fixera unha guía das tarefas a realizar por cada posto con carácter xeral, e isto ademais de ser útil para saber o que hai que facer tamén o sería para ver como estaban distribuídas as cargas realmente. Anotouno sen que saibamos que vai facer.

Non cobertura de baixas, din que tódalas baixas se cubren con contratos de semana, pero claro, logo non van ao posto da persoa que está de baixa porque se reorganiza o traballo. Mira que ben!

A compensación dos sábados verdes vaise dar a todo o mundo no primeiro trimestre deste ano.

Negaron que non se contratara ás persoas maiores de 55 anos, dixo o xerente que non era certo, cando lle levamos a contraria dixo que xa se demostraría....

Queixámonos das chamadas de atención ás traballadoras, do modo de facelas, e dos escritos de amonestación, según eles todos foron moi correctos e ameazan con máis por estar ás escuras nas salas mandando wass e que xa están avisadas. Támén dixeron que ninguén impedía que colleran unha chamada da casa, que iso eran cousas distintas.

Pedimos que o persoal de 21 hs fora o que pasara a xornada completa con preferencia sobre os novos contratos, e que isto se fixera por antigüidade, dixo o xerente que de ningunha maneira e que se o facía sería a cambio de algo.

Sacamos o tema da loucura que era solicitar un día de libre disposición, aquí dixo Pepe que o persoal o buscara..... a tomar vento mariñeiro

Tratei con Pepe o tema do roubo da noite das vacacións e soltoume un rollo onde rematou dicindo que quen fixera o día demais fora porque quixera e que se lle pagara....

O resto todo foi imposible tratalo, teño unha proposta que xa vos comentarei para tentar levar adiante os temas dos que falamos e todos os que quedaron no tinteiro.

Hoxe poido dicir, para a vosa tranquilidade, que o Comité estivo bastante correcto na defensa dos temas, e excepto unha saída de pata de banco de alguén que dixo que as cargas de traballo estaban ben distribuídas e que algunha das de 21 hs non facía ben o seu traballo, o resto rebateuse ao unísono.... uns con máis docilidade que outros.....

QUEDA MOITO TRABALLO POR FACER.... ÁNIMO E PARA ADIANTE

    

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

BASES ACOMODOS INTERNOS HULA

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

IMPORTANTE : 

Publicación en DOG: luns 23 de Novembro

Prazo: 20 días habiles.

A través da plataforma FIDES: No apartado de PROCESOS: MOBILIDADE VOLUNTARIA INTERNA: inscrición, imprimir, asinar e rexistrar

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

    Dado que cada vez máis persoal de Consultas Externas  ten quendas de tarde postas en carteleira e sin embargo non cobra a Quenda Rotatoria Simple, falamos ao respecto con Recursos Humanos.

    A cuestión é que a resposta foi: que todo o persoal que estea nesta circunstancia dirixa o correspondente escrito para que se faga efectivo o pago.

    Para máis información chamade ao local da CIG: 982296037/982296537

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

    Para ben ou para mal (esperemos que non) os acoplamentos internos quedan vistos para sentenza.... polo que en breve se enviará o anuncio indicativo a DOG
   As solicitudes faranse no prazo que determine a convocatoria, non inferior a 20 días hábiles desde a publicación do anuncio indicativo no DOG, poderanse presentar, no rexistro do centro, as solicitudes para participar no proceso de mobilidade. 

   Así que nestas andamos....

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 

                Hoxe non fixo falta convocar á Xerencia con urxencia, realmente convocounos ela. ¿Por qué?

ANTECEDENTES

                Na CIG non temos nin idea... na Primavera pasada tivemos reunión coa Dra de RRHH do SERGAS para tentar saber e forzar a apertura destes servizos con persoal estatutario do SERGAS, xa que as malas linguas o que dicían era que no HULA se ía abrir unha sucursal do Centro Oncolóxico de Galicia, con persoal laboral e de índole indefinida (xa que é un consorcio pero actúa como un privado).

                Hai pouco comunicóusenos, á CIG, que o SERGAS coa Xerencia do HULA viña de rematar a solicitude de persoal á Consellería de Facenda. Daquela pedimos como sindicato individual reunión co Xerente para que nos explicara, a resposta foi que  non tiña nada que dicir que cando o tivera nos convocaría. Pouco despois fomos á convocatoria do novo Conselleiro, daquela á nosa pregunta respondeu que estaba aprobado o persoal estatutario para estes servizos e que ía nos orzamentos do 2016,  que os datos concretos debiamos pedirllos á Xerencia do HULA.... Isto foi a semana pasada, daquela volvemos pedir cita co Xerente, ao que nos respondeu que cando tivera algo que dicir xa nos convocaría..... e ao que lle respondemos que igual sabiamos nós máis que el e que o seu xefe nos remitira á súa persoa para que nos informara dos detalles concretos....

ACTUALIDADE

                Informacións da XERENCIA no día de hoxe. Vanse establecer os seguintes criterios de inicio:

                 Dotación de persoal para a recepción da gammacámara (Medicina Nuclear) e do acelerador de partículas (radioterapia), pertencerá ao CHUS, é dicir as Unidades parece que abriran con persoal cualificado das Unidades que funcionan en Santiago. Mentres, o persoal de plantilla do Hula (TER e DUEs) que require unha capacitación de Seguridade Nuclear para exercer nestes servizos formarase en Santiago. Logo permanecerán un tempo nestas unidades convivindo coa xente do CHUS ata que a súa pericia lles permita desenvolver as tarefas propia de xeito independente, momento en que as unidades lles serán transferidas.

                  O persoal do Oncolóxico virá dar apoio cando se transfiran doentes que comezaron o seu tratamento na Coruña e o rematarán en Lugo.

                  Asevera o Xerente que son os profesionais os que dirán cando están preparados eles e os aparatos para tratar ao/á primeiro/a doente. Sen prazos nen imposicións.

Cuantificación do persoal:

FEAS.- 2 radiofísicos/as; 2 especialistas en radioterapia; 1 especialista en Medicina Nuclear

DUES.- Formaranse para acadar a capacitación 4-5

TER.- Formaranse para acadar a capacitación 4-5 (parece que de inicio pode empezarse con 3)

Técnicos Especialistas en Radioterapia.- Colleranse das listas de contratacións das áreas limítrofes, xa que Lugo non conta con lista a día de hoxe.

O resto do persoal irase incorporando segundo as necesidades derivadas da evolución de ambos servizos....

                Preguntado pola CIG sobre o tempo estimado de instalación dos aparellos, díxosenos que 3-4 semanas. Preguntado polas autorizacións de Seguridade Nuclear díxonos que estarían dentro dese prazo. A posteriori o persoal decidirá cando os aparatos están calibrados... Preguntámoslle tamén pola carteira de servizos, e a cal das existentes se ía equiparar, porque nos parecía de máximos aspirar a tódalas terapia levadas a cabo no oncolóxico, díxonos o Xerente que non había que poñer límites a iso....???

                Preguntamos tamén cal será o número máximo de pacientes a tratar, díxosenos que non era posible sabelo.... preguntamos polo número mínimo e máximo de persoal... tamén se nos dixo que non se podía saber...

                Tamén se falou do embrión da nova planta esa de preingreso... hoxe iniciouse con 3 doentes, mañá 5.... unha enfermeira e unha TCAE... todo para que os doentes cirúrxicos á saída de quirófano se vaian para as súas unidades de referencia, nas que teñen reservadas camas dende o día antes....

                Preguntou de novo a CIG sobre o que se nos explicara na reunión forzada pola Xunta de Persoal sobre o peche de URO, senón entenderamos mal, xa que a maiores da unidade de preingreso se nos falara dunha unidade de curta estancia.... case pretende negarse que se falara diso, mais recoñeceuse que era certo e que se estaba comezando por isto para progresar a máis.... xa se iría vendo.... é dicir, temos a impresión que é un lavado de cara precipitado para calar bocas..... contestatarias, claro... o probe pensou que todos/as asentíramos o día que se nos explicou o intercambio de uro por preingreso.... non sei de onde sacou semellante cousa... dunha lectura errada e impermeable, supoñemos...

                 Queixámonos de que igual que estabamos mal afeitas do traslado do hospital vello ao novo, onde o cronograma estaba perfectamente deseñado e se recollía ao minuto quen, cando, cal, como e onde.... e aquí todo era “xa iremos vendo”.... A Dra Médica recoñeceu que non lles gustaba escribir, pero que todo ía funcionando sen problemas, mais o Xerente picouse e comezou a dicir “no hacemos nada bien, todos son peros, peros, peros...” mesmo parecía Van Gaal dicindo: todo negatif, nada positif, todo negatif, nada positif......

                  Apelou o Xerente á vontade da xente, que era a que levaba adiante os proxectos, pero pasou de recoñecer que non había esforzo ningún para implicar aos profesionais... nin se enterou de que os sistemas tradicionais de dirección igual están obsoletos a estas alturas....

                  Dende a CIG non compartimos para nada esta maneira de facer... non sei se se debe ao “ensaio-erro” como metodoloxía que preside a filosofía da xestión da nosa Xerencia, dende a CIG esperabamos máis unha metodoloxía relacionada co estudo, planificación e  coa evidencia científica.... pero se ve que desta volta non vai poder ser, teremos que esperar ao século XXII.


CONSECUENTES



??????? XA IREMOS VENDO....      algunha cousa non pinta ben....
  

Para esmerados/as que chegárades lendo a este punto, dicir, que os 6 DLDs e os 6 Días soltos de vacacións se poderán coller ata o 31 de Xaneiro, o resto (días de vell@) ata o 30 de abril....

 
Máis artigos...
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>