Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN SOCIAL

No día de hoxe a CIG acudiu, con unha representación da maioría do persoal do Servizo de Urxencia (Médico, DUE, TCAE e celador), á reunión que tiña solicitada coa Xerencia.

Nela o persoal manifestou a súa visión da Unidade e os seus problemas , tanto organizativos e laborais como de Calidade Asistencial nos seguintes termos:

Consideraron que a afluencia de doentes se mantén na media, (aínda que os doentes son máis idosos, as súas patoloxías máis complexas e a asistencia sanitaria é de maior calidade, e por isto leva máis tempo), xorden “colapsos” para o persoal cando se xuntan os picos de afluencia coa falta de saída de doentes da urxencia, o cal dá a imaxe de hacinamento que habitualmente se ve, repercute nas cargas de traballo e nos tempos de espera dos doentes....

Por que non dan saído os pacientes de Urxencias?.- Dende o punto de vista do persoal non drena polo bloqueo de camas, pola tardanza na recepción de ingresos nas Plantas de hospitalización ou ben pola demora en que a única ambulancia que traslada doentes de alta ao domicilio estea ocupada...

Por que hai hacinamento?.- Porque non ha saída de doentes, cara o seu destino. A máis disto, hai un condicionante estrutural polo deseño do espazo físico, onde hai poucas zonas de privacidade e moitos corredores, o que non garante unha estancia do doente e acompañantes coa suficiente dignidade e confortabilidade.

Como repercute isto no persoal por colectivos?

- O persoal de Enfermería (DUE, TCAE) e celadores/as, teñen que atender durante horas a pacientes con cama asignada, pero pendentes de ingresar, ou en espera de asignación de cama, estes doentes teñen unhas necesidades asistencias de grandes dimensións (por isto ingresan) tales como: administración de medicación, monitorización, realización de técnicas específicas, aseo, , acompañamento a consultas, endoscopias, xesos...para as cales as plantillas de persoal non están dimesionadas, co agravante de que nin siquera se reforzan algunhas das categorias (véxase: DUE ou celador/a)

-Médicos, ás veces non teñen tempo nin para comer, compiten con outros médicos por un espazo físico para ver doentes, os requerimentos ao persoal de Enfermería e celadores/as non poden ser satisfeitos no tempo esperado polas cargas de traballo adicionais ás que estes están sometidos...

Que pasa cando os pacientes comezan a saír de urxencias para o seus destinos?.- Os doentes móvense todos nunha pequena franxa horaria, a partir das 19 hs... despois de innumerables horas de espera e os/as celadores non dan abasto, o servizo queda sen este persoal e polo tanto a atención aos novos doentes que chegan vese enlentecida ou freada.

Agora toca falar da reacción do Xerente a estas demandas:

-Fixo varias preguntas ao persoal presente, para clarexar dúbidas ou pedir opinións sobre cuestións concretas.

-Pero máis alá de manifestar que anotara os problema relatados (dos que cando menos en parte xa tiña coñecemento), só acadou o compromiso de valoralos con calma pero sen dilación.

Nin que dicir ten que o persoal a máis de enumerar os problemas que os/as acucian tamén expuxo numerosas posibilidades de solución, bastante efectivas e nada custosas a maioría delas.

A sensación coa que se saiu da reunión non deixou de ser agridoce, a pesar de ter a esperanza de que poida ser produtiva, o cal melloraría a calidade asistencial e confortabilidade dos pacientes ao tempo de mellorar as condición laborais.




CIG-Saúde

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Mais de 6 meses despois de terse producida a avaría da sonda do aparato de manometrías rectais -proba diagnóstica realizada nunha consulda de Dixestivo- por fin parece que se repuxo (creemos que se mercou nova), poñendo fin a un retraso intolerábel e escandaloso, que afectou a mais de 50 pacentes e que motivou mesmo a denúnica pública dalgúns.




Dende a CIG-SAÚDE queremos insistir en relacionar esta tardanza, fóra de todo prazo razoábel, coa privatización do mantemento dos equipos de electromedicina, adxudicado á empresa IBERMANSA por unha cantidade que ronda os 28.000.000 € . Este caso en concreto amosa dun xeito nítido cómo, cando se trata dunha reparación ou reposición que esixe un desembolso económico elevado, a empresa resístese ata o infinito, emprendendo un proceso de discusión interminábel no que predomina o interese lucrativo por encima do sanitário. E o peor é que ao final o SERGAS pague por un lado a totalidade da contrata e por outro os custes que esta non queira asumir.




En base a todo o anterior, dende a Secc. Sindical da CIG-SAÚDE témos dirixido escrito á Xeréncia do HULA esixindo que, por unha parte, nos informe sobre se ten decidido aplicar a penalización que corresponda na facturación da empresa IBERMANSA, ou -como nos tememos e como ven sucedendo- non se vai ter en conta o incumprimento e se vai pagar o 100% do facturado, e, por outra, que se nos diga cómo teñen pensado recuparar a normalidade na citada consulta, superando o enorme atraso producido.




 

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

No día de onte houbo reunión da Xunta de Persoal coa Xerencia, para o gusto da CIG son reunións demasiado distanciadas no tempo e con demasiada xente. Élle doado á Xerencia contestar a medias.

Tratáronse algúns temas, quizá non os máis importantes, tentaremos resumilos:

1.       Vacacións.- Expúxose  a prórroga do acordo actual de vacacións, cuestión que foi aceptada por tódalas partes.

A maiores comentouse a dificultade de escoller vacacións cando non se sabe que unidades de hospitalización van pechar no verán.

E tamén se solicitou que as persoas con acúmulos de tarefas abertos poidan disfrutar se o piden os días de vacacións que vaian xerando.

A estes puntos a Dirección comentou que tentarían dar a coñecer os peches, e falou tamén da dificultade de darlle as vacacións aos acúmulos de tarefas por cuestións organizativas, e que iso debe quedar para circunstancias extraordinarias que se valorarían de xeito individual.

2.       Impresora de etiquetas en cita previa.- A queixa é pola distancia dalgúns postos de cita ás impresoras de etiquetas, a Xerencia quedou de facer unha valoración da ubicación das mesmas.

3.       Ventanas plantas de hospitalización.- Seguimos coa queixa de que os/as doentes se ven completamente de unhas unidades a outras. Contestaron que están poñendo vinilos traslúcidos progresivamente.

4.       Prazas de aparcamento escasas.- Hai dúas medidas que se están a considerar, cambiar a orientación das prazas para incrementalas (probablemente se consigan unhas 30 máis) e tamén cambiar as tarxetas de apertura de barreiras polas tarxetas sanitarias, xa que será máis difícil que se presten a terceiras persoas que ocupen indebidamente as prazas.

5.       Escaseza celadores/as de Rx.- Ante a queixa, xa manifestada, da insuficiencia de persoal. Responden que o Servizo está en plena reorganización, posto que se está a cambiar o sistema de traballo. Estanse estudando os circuítos, pero ao estar en pleno cambio procede esperar para sacar conclusións definitivas. Daquela tomarán a decisión que corresponda.

6.       Trauma.- O servizo decidiu que se farían dentro da garda as IQ de fx de cadeiras que viñeran de urxencia. O persoal médico acepta de bo grao esta cuestión, xa que sempre que se poida practicar esta intervención de xeito urxente resulta positivo para os/as doentes. O problema prantéxase cando a intervención que clasicamente se facía con 3 traumas, agora pretenden facela con dous, todo isto debido a que non sempre quedan 3 traumas de garda. A dificultade dáse cando unha serie de profesionais facultativos levan anos facendo unha técnica determinada agora se verían obrigados/as a cambiala de xeito abrupto e sen previo aviso, de modo que se dá a incongruencia que se a IQ é de mañá ou ben se están os 3 de garda, se faría coma sempre e con 3 profesionais mentres que se é de tarde e non hai máis que 2 tería que facerse doutro xeito ben distinto, sen ter en conta a falta de experiencia dos profesionais nesta segunda vía. Algún deles negouse a operar se non está o persoal suficiente, o cal nos pareceu un exercicio de responsabilidade. Explicado isto, o sr Xerente dixo que se falaría co Xefe de Servizo, non temos nin idea se entendeu as implicacións de todo tipo que estas decisións teñen, incluídas as legais.

7.       Protocolos de actividades de entretemento para pacientes psiquiátricos en Calde.- Recoñecen dende a Dirección que se armou moito revuelo pero que agora mesmo está todo o mundo colaborando sen problemas, e xa se aclararon os malosentendidos iniciais.

8.       Mantemento zonas axardiñadas de Calde.- Estase pedindo orzamento a distintas empresas para o saneamento e replantación do xardín de Calde.

9.       Permisos.- Solicítase que se cree e se xunte a Comisión de seguimento de permisos (que ata o momento nunca funcionou), trataríase de que cada denegación de permiso supuxera que a Comisión se reunira e decidira. Por suposto, negóusenos esa posibilidade, como moito que cada quen que teña problemas cun permiso vaia á Dirección para que alí o revisen.

10.   Coches HADO.- Recibimos queixas de  dúas cuestións: a primeira relativa a déficits de mantemento nos coches e a segunda relativa á ubicación dos mesmos, xa que dormen fóra verán e inverno, están xeados polas mañás, o persoal móllase para cargalos.... Parece que foron sensibles á primeira queixa, á segunda non o teño tan claro, no futuro inmediato interesarémonos de novo polo tema.

11.   Queixámonos da falta de información á Xunta de Persoal dos cambios organizativos das unidades, das aperturas de novos servizos, da implantación de programas informáticos.... Nomeamos varias unidades, o silicom, consultas-peonadas de tarde... Recoñecen que non foron coidadosos niso, pode ser que modifiquen a súa conduta, xa o veremos.

12.   Invernadoiro.- É un proxecto que seica pretende achegar á sociedade a Sanidade. Corre a cargo dunha ONG, cultívao voluntariado, e os seus produto irán para comedores sociais. Cando estea máis avanzado preténdese usalo para explicarlle á poboación infantil as vantaxes dunha dieta sana... Houbo quen pediu que parte das ganancias dos produtos permitiran que as nais que teñen nenos/as ingresados/as poidan comer unha dieta hospitalaria. Valorarase.... seica

13.   Preguntamos sobre o novo Subdirector de Calidade, un médicos máis para a Dirección, como xa hai poucos.... Preguntamos polo seu curriculum, e o Xerente dixo que era espectacular, o que eu non sei é se o ve con bos ollos porque é íntimo amigo del... ou porque o curriculum é bon. Por de pronto hai pasta para ese salario de calidade grupo A, e non hai para carros e ordenadores suficientes para garantir a calidade na administración da medicación co silicom.

Queda algunha cousiña que considero pouco significativa... o máis chamativo do día de onte é o que descubrimos en canto a denominacións:

-As camas que houbo bloqueadas en case tódalas unidades de hospitalización do noso hospital, resulta que non estaban bloqueadas.... seica a denominación non é a correcta, estas camas deben chamarse: DE USO NON PREFERENTE.... e por riba non están pechadas, tal como o seu propio nome indica... Manda truco

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

hemodinmica

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Presentacin2

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

IMG-20150109-WA0002


EN LUGO PASA CALQUERA DÍA....


 

  

A CIG-Saúde denunciou o peche de camas para o Nadal, alá por mediados de decembro,  pechábanse daquela 14 camas en cirurxía e 11 en Xine, que se engadían ás que xa levaban meses ou anos pechadas:

-14 en Trauma

-14 en Xeriatría

-14 en Uro

-10 en Paliativos

-14 en neumoloxía

Todo isto coa engádega das que se usurpan ao sistema informático sen previo aviso e que se van rotando para que non logremos telas computadas.

Probablemente un cento de camas que permanecían inutilizadas en pleno inverno, nunha área cunha poboación idosa, dispersa e alonxada do centro hospitalario.

Entendemos que a nosa Dirección cría que o facía moi ben,  e igual tiñan a ilusión de que alguén dixera que non eran recortes senón boa xestión e polo tanto lograran unha medalla por parte do Sr Presidente da Xunta, en ningún caso deberon chegar a pensar que os problemas da urxencia do HULA podían persistir aínda que o mundo enteiro andivera de celebración en celebración.

A cuestión é que o Sr Presidente Feijóo pide desculpas por non darlle a cada quen a atención sanitaria que merece (aínda que pareza unha sorna) mentres a nosa Dirección di que non é certa a denuncia da CIG, que facemos demagoxia política, total ... só había 7 pacientes ingresados nos box da urxencia, un con control contínuo de constantes vitais no box de críticos e outro transfundindo 3 concentrados de hematíes...

Total só... baixou a Dra Médica revisar historias para dar altas e cando non  puido amañar ordenou demorar os ingresos programados para dar prioridade aos pacientes pendentes de ingreso que a tal hora xa levaban varias horas metidos na cama nos corredores da unidade de urxencias... non che quero nin contar o número de horas que levaban no Hula dende que chegaron á urxencia.

Sras e Señores a CIG denuncia feitos probados e constatables, senón son certas as nosas denuncias por que se abriron as camas de neumoloxía que levaban un par de anos pechadas, ou as de xeríatría que non abriron despois do verán?, por que se abriron de noite? E  por que se abriron a golpe de contratos de reforzo?  Igual foi pola boa previsión que se fai dende a nosa Dirección.

A  única política que fai a CIG é a da defensa da Sanidade Pública, da asistencia sanitaria de calidade, e das condicións de traballo dignas... é máis, non precisamos facer demagoxía porque esa xa a fan vostedes sós

 

 

 

 

 

 

 


      

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Á Dirección de Procesos Asistenciais

 

 

A Sección Sindical da CIG-Saúde ten coñecemento no día de hoxe de cómo amenceu o servizo de Urxencias do HULA.

 

Con 7 doentes ingresados/as nos box da Urxencia, debido a que a Observación permanece chea, incluso un deles coa orde de transfundir varios concentrados de hematíes e outro con controis constantes, por isto ocupaba un box de críticos.

 

Dado que parte importante das camas deste Centro Hospitalario permanecen pechadas, sabemos que as poucas camas libres que hai se atopan en Unidades Cirúrxicas, xa que  hai poucas  intervencións programadas, mentres noutras unidades están xa con máis doentes que camas permanecían abertas.

 Por todo isto, está a acontecer o que vén sendo habitual cando se dan estas circunstancias:

- O mando intermedio ou a propia Dirección Médica acode ao servizo para revisar historias e ver se se poden dar altas, evidentemente estas altas son políticas e non médicas e están motivadas pola necesidade de facer sitio a outros/as doentes.

-Os doentes que permanecen nos box:

- Son trasladados aos corredores, xa que estes box precísanse para ver novos doentes que acudan á urxencia, pero se precisan osixenoterapia ocupan ata completar a sala de espera de resultados.

-Non teñen médico asignado xa que non son pacientes de urxencias senón de

Hospitalización.

-O/a doente permanece nunha cama á espera de ingreso, co mínimo confort e sen ápice de intimidade

-Os/as coidadores ou acompañantes permanecen de pé

Todo o relatado motiva nalgún caso que algún doente pida a alta voluntaria porque non se sinte atendido, a máis de dar unha impresión de descoordinación e de falta de seriedade atroz.

Como se podería comprobar se non se ocultaran estes feitos, estas situacións danse con excesiva frecuencia, para a frustración de doentes e persoal, e dende esta dirección non se lle está a poñer ningún remedio.

A única cuestión que parece clara e indiscutible é que hai que pechar camas e paralizar o HULA, con respecto ao resto o único interese é cronificar o desorde, de modo que aos doentes lles coste acudir á urxencia e aos profesionais traballar nela.

Dende a CIG-Saúde esiximos que se actúe dunha vez ante estes despropósitos constantes, dun xeito protocolizado e coa seriedade esperable dunha Dirección hospitalaria.

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Que os permisos nesta casa se dan como se dan, é unha realidade que todos estamos a sufrir para nosa desgracia.

Dependendo onde traballes e do xefe/a que teñas, ou de si fas valer os teus dereitos  ou non.

Nós animamos dende este sindicato a que revisedes todo o que vos denegan, ou cando  vos din  que antes tiñamos dereito,  agora vos din que non.

Dende CIG-SAÚDE (ante a gran cantidade de erros que nos chegaban) pedimos a través da xunta de Persoal que se fixera unha reunión coa dirección de recursos humanos, para tratar este tema.

      A xunta de persoal aceptou, e logramos ter unha reunión o dia 24 de setembro de 2014 para falar só dos permisos, de moitos deles, pero sobre todo os que se dan por ingresos na observación de urxencias, intervencións na CMA tanto d@s traballador@s coma de familiares, falecemento de familiares, probas diagnósticas  etc etc

 Hoxe seguimos a esperar a que se nos comunique o resultado das propostas de permisos que lle presentamos á dirección da EOXI.

 POR TODO ISTO SEGUIMOS A PEDIRVOS QUE NON VOS QUEDEDES  CO: “NON CHE CORRESPONDE “

QUITARONNOS MOITO PERO O QUE TEMOS É OBRIGA DEFENDELO XA QUE SE ESTA DILATANDO A NEGOCIACIÓN, PARA PODER SEGUIR TIMANDONOS COS PERMISOS.

RESUMO PROPOSTA APLICACIÓN PERMISOS

 

 

 Proposta de permisos

 

1.     TUTELA.- equivalente a primeiro grao. Polo menos en tutelas de incapacitad@s ouconvivintes

2.     CMA.- Os mesmos que ingreso, sempre e cando haxa anestesia (non local) e sedación, ou coidados domiciliarios.

3.     VIXIANCIA MATERNA.- equivalente ao ingreso

4.     PERMISOS POR FORMACIÓN.- Servizos determinados igual que o persoal de plantilla. Eventuais.- Proporcional para contratos de 3 ou máis meses.

5.     PROBAS INVASIVAS: día previo (se precisa preparación) e día da proba

6.     PROBAS INVASIVAS: acompañamento o día da proba

7.     Ingreso familiar en urxencias:≥  7 hs, permiso ese día.

8.     Ingreso por familiar en observación: ≥ 7hs, permiso por ingreso

 

A maiores, dende hai un tempo nos permisos por falecemento de familiares, se  racanean os días, dando días naturais, cando son días efectivos de traballo, polo que tamén se esixe que se den de forma correcta.

 
Máis artigos...
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>