Erro
  • Can't create file /home2/crbtqpva/public_html/LUGO/images/thumbnails/images-thumbnails-remote-https--fbexternal-a.akamaihd.net-safe_image.phpdAQBeMo544q4VuIHEampw470amph246ampurlhttp3A2F2Fmedia.lavozdegalicia.es2Fdefault2F20142F062F242F001214036424619416824672FFoto2F-374x246.jpgampcfs1ampupscaleampsx0ampsy11ampsw800ampsh419. Change the permissions for folder /home2/crbtqpva/public_html/LUGO/images/thumbnails to 777.
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Infórmamnos dende o SERGAS que está previsto que mañá se publiquen no Diario Oficial de Galicia as puntuacións definitivas e o acordo de finalización da fase de oposición do proceso selectivo correspondente ás categorías de facultativo/a especialista de área e médico/a de urxencias hospitalarias

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

       O venres pasado seica saiu publicada, nun diario local, unha noticia conforme se averiou o tubo neumático do HULA, ese que tanto se molestaron en explicarnos para que servía.... Temos que queixarnos no nome dos compañeiros de mantemento, xa que, pode ser un pouco rechinante o que se di:
        Fálase no artigo de que son celadores/as os que meten as mostras no tubo neumático, de que se chama a un teléfono externo cando hai avarías, ou de que é unha empresa privada a que se fai cargo do servizo...

PRIMEIRO.- Os/as compañeiras celadoras non meten as mostras no tubo
SEGUNDO.- O teléfono que hai en cada entrada do tubo neumático é da casa, os propios eléctricos nos din que se hai un número externo ao que chamar que lle lo digan, para chamar eles tamén.
TERCEIRO.- O tubo neumático lévase dende mantemento, o amaño da avaría tardou o mínimo posible (24hs), e iso foi porque ningún dos seus xefes lles ordenou quedarse de tarde para rematar o traballo.

Dende logo isto non é comparable co que está a pasar coa electromedicina, que para amañar unha avaría pasan antes 15 días dicidindo se o ten que amañar o Sergas ou a empresa concesionaria.

Todo  iste rollo é para deixar claras estas puntualizacións e para pedir que cando alguén fale, fale con propiedade.

 

Warning: imagejpeg() [function.imagejpeg]: Unable to open '/home2/crbtqpva/public_html/LUGO/images/thumbnails/images-thumbnails-remote-https--fbexternal-a.akamaihd.net-safe_image.phpdAQBeMo544q4VuIHEampw470amph246ampurlhttp3A2F2Fmedia.lavozdegalicia.es2Fdefault2F20142F062F242F001214036424619416824672FFoto2F-374x246.jpgampcfs1ampupscaleampsx0ampsy11ampsw800ampsh419' for writing: File name too long in /home2/crbtqpva/public_html/LUGO/plugins/content/mavikthumbnails.php on line 552
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo









No día de onte a CIG-Saúde convocou rolda de prensa para denunciar a situación caótica que se está a vivir neste hospital ao longo de todo o ano, pero máis nestes intres previos ao verán.

Estanse a dar situacións que rozan a máxima incongruencia e que é imprescindible facer públicas.

Como xa denunciamos a través da nosa páxina a semana pasada, as unidades que estaba previsto que pecharan a partir do 1 de Xullo, están pechando anticipadamente, unha delas a 3C2, pecha no día de hoxe, unha semana antes do anunciado.

Todo isto é produto do plan desenvolto desde a Dirección para que non haxa doentes que ingresen na Medicina Interna, de feito a estas alturas xa hai 15 días que o nivel de ingresos descendeu, de modo que das 102 camas de Interna neste momento somentes hai ocupadas 65.

Este plan lévase a cabo  a base de dúas maneiras fundamentais:

- bloquear camas nas unidades abertas, de modo que esta fin de semana en cirurxía,  só lles permitiron ingresar nunha cama de home e outra de muller, tendo en realidade 12 camas libres das cales 10 permanecían bloqueadas.

-incentivar as altas.

                A experiencia dos usuarios/as é que a pesar de que veñen a Urxencias moitas veces non son ingresados/as ata que non queda máis remedio, polo que logo teñen que sufrir as consecuencias disto.

                En todo o hospital hai ausencias sen cubrir, na Reanimación hai 3 profesionais de vacacións que non están cubertos, sendo a política do servicio dar altas forzadas para cumprir cos ratios de persoal. Isto ten unhas consecuencias nefastas para o traballo do persoal e para a saúde das persoas e case equivale a ter camas pechadas.

                O desorde é tal que no tempo que levou escribir  esta nota de prensa a planta xa non pecha hoxe, cando o persoal tiña preparadas as altas e os traslados, non sabemos se nesta decisión inflúe o feito de que hoxe o servizo de Urxencias estea de bote en bote. Coma sempre a Observación está petada e retendo os ingresos.

 

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2014/06/25/denuncian-hospital-vive-mayor-caos-organizativo-ultimos-20-anos/0003_201406L25C6992.htm

 

 

http://elprogreso.galiciae.com/nova/341490-cig-denuncia-caos-organizativo-hula

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

MANIFA_LUGO

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

DEP

Como non podía ser menos, dentro desta loucura pre-vacacional, temos que colgar un novo artigo relativo a novos acontecementos no hula. 

Seica as camas previstas para pechar o día 30 van pechar o día 27…. 

Hoxe xa hai un cento delas bloqueadas nas plantas que van quedar abertas, supoñemos que para garantir que teñan cama @s doentes das plantas que pechan. 

Isto faise cunha comunicación de cuallo, sen encomendarse a ninguén, e moito menos, comunicándollo á Xunta de Persoal. 

As compañeiras afectadas veranse abocadas a quedar colgadas durante 3 días, collendo libres que logo terán que devolver ou ben indo cubrir a servizos que as precisen…. Todo de xeito “voluntario”, claro, para non incomodalas…. 

Hai unidades que van pechar traballando a pleno rendemento, hai outras que non pechan, e serán as receptoras de doentes das que están baleiras e con listas de espera. 

As compañeiras quedaron mudas, e desta volta a CIG tamén: 

-Con que fin se fai isto? 

-A quen beneficia? 

-Canto se aforra ou é cinismo e racanería? 

-Quen é o colaborador/a necesario/a para que isto aconteza? 

-Un día cando vaiamos traballar habemos de atopar un burato negro no canto de atopar o HULA???? 

-É perigoso ir traballar ou ingresar alí por se o burato negro existe e hai risco de desaparecer???? 

-Que ocultan cando calan???? 

Xa me posúe o medo a preguntar, por si acaso a resposta é que a Sanidade Pública e o HULA nunca existiron, que eu nunca cheguei a traballar alí, e que todo foi un fermoso soño. 




 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

cartaz_CONCENTRACIN_deitada_MESA_SECTORIAL

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

REUNIÓN DA XUNTA DE PERSOAL COA XERENCIA, A FINS DE ABRIL

 

Tratáronse os seguintes temas:

1.       Permisos:  A proposta da CIG levouse o tema  dos permisos  por familiares tutelados/as, que ata o de agora non se estaban concedendo. A Dirección dixo que lle parecía correcto, e que aceptaba, de feito enviounos unha proposta para conceder os permisos.

A raíz disto a CIG propuxo que se trataran máis permisos, xa que a tecnoloxía mellorou pero as enfermidades non perderon gravidade.

Esta proposta levámola á Xunta de persoal e imos formar un grupo de traballo para falar de varios permisos que están causando problemas.

2.       Peche de plantas: Algún sindicato explicou que levaba este tema á Dirección porque no seu momento o persoal non sabía que plantas pechaban e non podían coller as vacacións.

A CIG reiterou a súa oposición ao peche de camas, e menos mentres haxa listas de espera, manifestou que o envío das enfermeiras a PACS parécenos unha compra do silencio do persoal…..

Preguntamos polo peche da consulta de Infertilidade, o Xerente non tiña coñecemento e que se ía informar.

3.       Mantemento.- A CIG preguntou se tiñan coñecemento da multitude de queixas que nós temos constancia que foron enviadas dende os distintos servizos.

Dixéronnos que si tiñan coñecemento das queixas, que se enviaban a Servizos Centrais, e que estaban monitorizadas. Solicitamos ese informe, e dixéronos que para dárnolo tiñan que preguntar a Santiago.

Dixo o xerente que non había que comparar a efectividade do servizo que presta esta empresa coa efectividade do persoal do hospital, xa que, segundo parece, hai que comparalo coas condición do prego de contratacións. O que dixo a CIG é que igual ese prego é incorrecto e hai que revisalo.

4.       Correturnos de carteleiras.- Solicitamos que se retiren os correturnos das carteleiras e se inclúan como números normais nela. En moitas plantas o traballo está sendo inasumible e polo tanto, non se pode permitir que estean con tan pouco persoal.

Despois de múltiples disquisicións por parte da dirección o Xerente acabou dicindo que se comprometían a defensa do persoal que hai, pero de quitar correturnos ná de ná.

5.       Lista de neurofisioloxía clínica.- Segundo parece desapareceu a lista, xa que se estivo derivando á privada.

O Xerente explicou que puxeran en marcha un plan de choque xa que había moita espera, polo que se enviou á privada, pero de agora en adiante haberá un funcionamento normal.

6.       Celadores.- Tratábase un escrito que enviaron á Xunta de Persoal, pero a dirección informou do cambio de ubicación do retén.

Que como xa se sabe a estas alturas iría para a sala de acompañantes da 2c1, xa que entre o bloque C e B se atopan máis do 80% das cargas de traballo….

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

1495455_497482960377567_292707902583839567_n


 
Máis artigos...
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>