Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

A CIG REXEITA e así llo fixemos saber a Dirección deste Hospital, o claro incumprimento por parte da DEOXI das bases de acomodos internos, deixando e promovendo os intercambios de postos entre algunhas enfermeiras de consultas. Nas bases dise claramente que a incorporación será irrenunciable,..... ......acaso non son as mismas bases para todos???????

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Nesta reunión tratáronse infinitude de temas, algúns deles con máis percorrido e outros con bastante menos.

1.- Contratacións.- falouse do mal uso que se fai do Pool, e outras perversións das contratacións, quedaron de revisalas, coma sempre… supoñemos que costará que se modifiquen as malas prácticas.

2.- Horas extraordinarias.- Houbo queixas do persoal con respecto ao pago de hs para cubrir festivos en hospitalización, a dirección dixo que o pago de horas era testimonial e concreto en servizos moi determinados pero non en hospitalización, quedaron de enviarnos o montante de hs por servizos…

3.- Xubilacións.- Entregan listado xubilacións do 2013 e as previstas para o 2014. Falamos da precariedade no emprego dos FEAS, xa que no último listado de persoal só había 5 interinidades, en cambio si había máis de 300 FEAS con emprego precario.

                Responderon que tras a incorporación da OPE de FEAS en curso  sairán todas no DOG para cubrilas como interinidades.

4.- Desperfectos no aparcamento cuberto.- Seica está a haber golpes nos coches, e roubos de antenas…. discutiuse sobre a posibilidade de poñer vixiancia pero debido á súa dificultade a Dirección di que temos que asumir isto como un risco de aparcar en calquera parking público.

5.- Arranxos pendentes.- Falamos dos charcos da entrada do tanatorio, viñeron hoxe mirar unha posible solución.

6.- Dixitalización.- Demorouse esta historia, porque xa tiña que estar rematada a primeiros de Febreiro. Segundo parece a árbore de documentos non estaba deseñada dun xeito óptimo, tentaron mellorala, está enviada ao SERGAs e encanto veña aprobada comezarase a dixitalización. O problema era que algún dos buzóns era demasiado xenérico o que dificultaría a localización de determinadas probas.

7.- Supervisións:- Está nomeado un supervisor de servicios de soporte para  facerse cargo de determinados servizos centrais: Farmacia, Rx, Rehabilitación,  H. de día, gabinetes de cardio, Hado….. laboratorios….

                Sepárase a Supervisión de Cardio e rexistros, de modo que hai nova super para hospitalización de Cardioloxía e outra para rexistros e hemodinámica.

8.- Esterilización.- Non sabe nada esta dirección de cómo lle afectaría o concurso privado a este servizo concreto. O SERGAS non se dirixiu a eles. Si que saben que se trata de centralizar e de unificar a xestión (jajajajaha), supoñen que non ten porque aplicarse en Lugo no minuto 1 para Lugo, xa que é nova e que seguramente haberá que tratala de distinto xeito….. Di o Xerente que cando lle pregunten dará a súa opinión…. E bla, bla, bla.

9.- Ratificouse o acordo de vacacións do ano pasado.- Polo tanto, que non inventen nos servizos, porque este ano as vacacións están deseñadas igual que o pasado. En moitas unidades non foron nada restritivas, noutras coma sempre foron máis ñoñas.

10.-Reunión da comisión de acomodos internos para a semana próxima.- preguntaremos por casos concretos e cotexaremos rumoroloxía variada que anda polo hospital

11.- Queixámonos de que os servizos prestados figuran no expediente sen distinguir centro, figuran como EOXI Lugo, Cervo, Monforte e non é posible que nós saibamos en que período estivemos nun centro concreto, pedimos que se corrixa esto.

12.- Queixámonos pola non cobertura do persoal de mantemento, aquí din que xa queda todo o servizo cuberto coa privada, esiximos que se cubra ao persoal estatutario.

13.- Urxencias.- O desbarre total foi cando preguntamos se había algún problema na Urxencia, porque se non o había o resto que queremos xa non ten sentido… o Xerente  di que o propio persoal de Urxencias di que o servizo funciona cojonudamente, que non hai ningunha prohibición de ingresar, e que a nosa observación é inmellorable, na urxencia fanse multitude de tratamentos, e probas que son un plus… (ergometrías…) é dicir, todo é unha balsa de aceite, cúmprese os tempos de triaxe….. falou dos cálculos técnicos de saturación e colapso…. E máis bla…

 

Impresión regular, demasiados “lo miraremos” e “no pasa nada, todo perfecto”… seguiremos niso

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

RESUMO REUNION ACOMODOS  10/01/2014

PERIODO DE INCORPORACION:

A dia 15 de marzo espérase que a maioria do persoal xa estea no novo posto.

CRITERIOS DE SAIDA DAS UNIDADES:

1º Persoal listas contratación: Contratados, eventuais

2º Persoal listas contratación: Longas duracions (por orde de prelación nas listas de contratación vixentes)

º Promoción interna: (por orde de prelación nas listas de contratación vixentes)

4º Comisións de Servicio

5º Persoal fixo sen acomodo (Por orde de prelaciòn nas listas de acomodos internos) --> ollo !!

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN SOCIAL

 

            Unha vez máis a CIG-Saúde ten coñecemento do que acontece no HULA pola prensa, e referímonos neste caso ao peche/bloqueo de 40 camas para este Nadal. Estas son: 20 en trauma, 10 en uroloxía e 10 en cirurxía.

            Sen previo aviso nin comunicación algunha, dende a Xerencia deciden prescindir de tal número de camas, ás que hai que sumar unha das plantas de pediatría, que permanece pechada dende o verán, o que supón un total de  64 camas pechadas dende o día 20 de decembro ata o día 7 de xaneiro.

            Isto ten que facerse co único fin de evitar as substitucións dos pírricos días de permiso e vacacións que nos restan por disfrutar  ata o 15 de xaneiro.

            Unha vez máis as listas de contratación se verán afectadas nas categorías de DUE, TCAE, TEF, Celador/a, Aux. Administrativos, como mínimo.

A CIG-Saúde non pode entender este afán por pechar o hospital, porque ou ben os patróns de morbilidade e ingreso variaron ou a súa vontade de recorte os leva a pechar o máximo posible pase o que pase.

Non é posible que sendo seria a Dirección fale de achegar aos doentes ao control de enfermería, o que teñen que ter é o valor de dicir  que de agora en adiante este hospital vai baixar todo o que poida o seu rendemento, ata a súa desaparición a prol de outros.

Nunca esto acontecera, e máis foi sostible chegar ata o 2013,  con esta falta de transparencia o único que nos resta é sospeitar das motivacións e do futuro que lle queda á Sanidade Pública en Lugo.

Aínda que nesta nota vai sucintamente explicadas as repercusións dende un punto de vista exclusivamente laboral, temos que dicir que a repercusión para os/ás doentes é a mesma de sempre. O peche de camas ten como fin, a maiores de evitar substitucións, provocar o abultamento das listas de espera, e isto, que é negativo para a sanidade pública convértese en positivo para a sanidade privada.
Non é de recibo pechar un hospital no Nadal, paralizar a súa actividade,  a non ser que o que se queira é garantir que empeore o Sistema

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

http://saladecomunicacion.sergas.es/Paginas/DetalleNova.aspx?idioma=ga&IdNova=7931


NOVOS DATOS DA FOLGA NOS QUE SE RECOLLE UN INCREMENTO EN LUGO DE 2 PUNTOS CON RESPECTO A ONTE

NORABOA A TODOS/AS

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 

ENFERMEIRAS

 

CIRURXÍA VASCULAR/NEFRO  MTNDF

6

CIRURXÍA 3B1  MTNDF

7

CIRURXÍA 3B2  MTNDF

6

ESPERTAR  ½ Xor ou M e/ou T

2

DIXESTIVO/INFECCIOSOS  MTNDF

11

MI 3C1  MTNDF

6

MI 3C2  MTNDF

6

MI 4C2  MTNDF

11

NEONATOS/UCI PEDIATRÍA  MTNDF

5

NEUMOLOXÍA  MTNDF

2

NEUROCIRURXÍA/NEUROLOXÍA  MTNDF

4

ONCOHEMATOLOXÍA  MTNDF

8

PSIQUIATRÍA  MTNDF

3

QUIRÓFANO  MTNDF

6

TRAUMA/PLÁSTICA/DERMA MTNDF

7

UCI  MTNDF

18

UROLOXÍA/OFTALMOLOXÍA  MTNDF

3

XERIATRÍA/REUMATOLOXÍA  MTNDF

4

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

ENFERMEIRAS

 

CIRURXÍA VASCULAR/NEFRO  MTNDF

7

CALDE. Coidados Especiais  MTNDF

2

CIRURXÍA 3B1  MTNDF

8

CIRURXÍA 3B2  MTNDF

6

CMA/QUIRÓFANO  MT ½ Xor

2

ESPERTAR  ½ Xor ou M e/ou T

2

DIXESTIVO/INFECCIOSOS  MTNDF

12

HEMODIÁLISE  M e/ou T F e gardas localizadas

4

MI 3C1  MTNDF

7

MI 3C2  MTNDF

7

MI 4C2  MTNDF

12

NEONATOS/UCI PEDIATRÍA  MTNDF

6

NEUMOLOXÍA  MTNDF

3

NEUROCIRURXÍA/NEUROLOXÍA  MTNDF

5

ONCOHEMATOLOXÍA  MTNDF

9

PSIQUIATRÍA  MTNDF

6

QUIRÓFANO  MTNDF

12

REANIMACIÓN  MTNDF

5

TRAUMA/PLÁSTICA/DERMA MTNDF

7

UCI  MTNDF

22

UROLOXÍA/OFTALMOLOXÍA  MTNDF

5

URXENCIAS XERAIS  MTNDF

12

XERIATRÍA/REUMATOLOXÍA  MTNDF

6

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

SE QUERES A PLANTILLA PREME NO ENLACE: Scan_Doc0027.pdf

 
Máis artigos...
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>