Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Scan_Pic0638

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Mantida hoxe reunión da Comisión de Seguimento de Acomodos Internos:

  1. Resoltas reclamacións
  2. Lista definitiva: previsiblemente sairá o luns
  3. Escolla no mes de novembro, en todo caso, sempre antes do 15 de decembro (comunicarannos cronograma)
  4. Escolla en unidade de acto de todo o persoal da mesma categoría
  5. Incorporacións probablemente no mes de Xaneiro

 

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

CONCURSO DE TRASLADOS DE LICENCIADOS SANITARIOS (FEAS E MÉDICOS DE URXENCIAS HOSPITALARIAS)

Dende o día 22 de outubro, os profesionais que participaron no concurso de traslados de persoal licenciado sanitario convocado por Resolución do 10 de maio de 2012 poderán consultar no seu expediente electrónico persoal (Fides/expedient-e/sección de procesos) a puntuación e destino definitivo obtidos no indicado proceso.

A consulta terá carácter meramente informativo. Os prazos de toma de posesión nos destinos adxudicados iniciaranse en xaneiro de 2014, logo da publicación da resolución definitiva do concurso no Diario Oficial de Galicia. Dita resolución informará dos recursos que cabe interpoñer contra a mesma e prazos de impugnación.

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Vén de publicarse hoxe a listaxe provisional de baremación de acomodos, prazo de reclamación do 3 ao 16 ambos inclusive



PREME AQUÍ

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Tamén no día de hoxe, tratáronse os seguintes puntos na orde do día:

-Dixitalización de Historias Clínicas, seica o SERGAS decide que sexamos pioneiros na dixitalización de Hª Clínicas, polo que o día 2 de outubro comenza a experiencia piloto, dixitalizando historias que serán usadas nas consultas o día 2 de xaneiro, traballando a 3 meses vista. Teñen previsto que o traballo máis groso estea rematado a inicios do próximo ano, as historias de uso pouco frecuente serán dixitalizadas a medida que sexan usadas. Este proceso só afecta ao HULA, e será presentado mañá aos Xefes de Servizo e tamén terá o seu comunicado de prensa, supoñemos que cun amplo e autocomplacente publirreportaxe como xa nos teñen acostumados/as.

-Longas duracións.- Parece ser que hai 23 prazas para cubrir, o criterio que sigue esta  Dirección é o do 50% para primeiros/as de lista e 50% para Comisións de Servizo. As categorías e o reparto son os seguintes:

--DUEs, 7 prazas, todas a CCSS

--TCAE, 7 prazas, todas a CCSS

--TER, 2 prazas, todas a primeiras de lista (son reservas de praza)

--AUX. Adm, 4 prazas, 3 a CCSS e 1 a primeira de lista

--Pinche, 3 prazas, todas a CCSS

De outras categorías din que teñen que decidir que farán, xa que contan con persoal de primaria que se incorpora (celadores), mantemento… e que van esperar para tomar unha decisión. A Dra de RRHH asegurou que non ían perder ningunha praza.

- Número de aspirantes para o novo Pool, a Dirección propón reducir o número de aspirantes a petición deles mesmos, de modo que queda así, para a área de Lugo:

TCAE.- 20 titulares e 20 reservas/ CELADORES/AS.- 6 titulares e 6 reservas/ DUEs PRIMARIA.- 14 titulares e 14 reservas

Esta decisión tómase ante o pírrico número de días que son chamados/as para traballar

-Movementos do Persoal da Xerencia de Primaria.- O luns estarán todos no hospital traballando, ao persoal administrativo manteranlle o nomeamento  e o traballo na Xerencia.

Como pasou tanto tempo dende a solicitude da reunión houbo temas que xa están resoltos:

-Recollida de roupa no quirófano polo persoal de limpeza xa vai incluída no novo concurso

-O tema de seguridade na Urxencia tratarase no Comité de Seguridade e Saúde

VARIOS:

-33 persoas poden ter problemas para cobrar o salario xa que non teñen o número de conta correcto, avisaranas.

-7 persoas interinas das transferidas teñen pendente de asinar o seu nomeamento, por se len esto, dicirlles que non asinar non supón absolutamente nada, son persoal estatutario interino a tódolos efectos.

-Información de apertura de expediente disciplinario a un traballador do centro

ROGOS E PREGUNTAS:

-Cobertura horas sindicais.- Din que teñen a consideración que calquera outra cobertura, a CIG di que non cubrir aos/ás súas delegadas supón un impedimento para desenvolver a labor sindical e que nos protexe a LOLS.

-Preguntas da CIG:

                -Datas de apertura de Hemodinámica; o Xerente responde que mañá comezan as obras de adaptación que hai que facer e conta con ter o servizo funcionando antes de fin de ano.

                -Dado que o servizo de farmacia vai ampliar a súa actividade servindo a un total de 75 Centros de Saúde e Residencias xeriátricas, preguntamos se se vai ampliar a plantilla, a resposta é que de inicio non, esperarán un tempo para tela certeza de que se precisa ampliación da plantilla, din que os celadores do almacén de primaria reforzarán alí de inicio, non nos quedou moi claro que significa isto…

                -Protestamos pola restricción nas merendas dos doentes, xa que un día poden escoller entre iogurt e leite e ao seguinte entre froita e leite, e non lles permiten nin sequera tomar un día as 2 cousas, ao tempo que lle diciamos que o persoal estaba enfadado porque van caixas de auga e leite para a xerencia mentres se lle recorta a comida aos pacientes… Ao que o noso estupendo Xerente contestou que o único que había que darlle aos doentes era unha comida digna, e que a Dirección tiña unha representación institucional e precisaba ofrecerlle á xente que acudía falar con eles algo para tomar…. A cojones, o das dietas dobles pasou á historia porque se pasa de digno…..

A cousa non deu máis de si, nin hai gaña de contalo mellor a estas horas.

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo


 

Esta mañá mantivemos reunión coa Dr de RRHH para tratar dos Acomodos Internos.

Nela informáronnos que houbo 135 reclamacións presentadas por 114 profesionais, enviaránnos o resumo dos motivos de reclamación.

Cometéronse varios erros por mor do expediente,  que non estaba adaptado para ter en consideración casos especiais, véxase: puntuación de lavandeiras e pasadoras reestruturadas a pinche, persoal en CCSS, categorías sen equivalencia no sistema,  persoal en situación especial en activo…, estes erros corrixiranse de oficio despois das consideracións feitas no seo desta comisión e para a semana próxima publicarase unha nova listaxe provisional cun prazo de 10 días hábiles para presentar reclamación.

Apartires da resolución destas reclamacións sairá a listaxe definitiva. A Dirección conta con que a escolla de postos se poida levar a cabo en novembro a máis tardar, sendo a incorporación aos distintos servizos variada, xa que dependerá de que categoría ou servizo sexa algunha persoa podería incorporarse este ano e outras a inicios do próximo.

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Temos novas frescas a respecto dun Ente que anda a colgar notiñas cunha exquisita redacción para dar instruccións ao persoal de Pinches de Cociña nas distintas unidades, se queres disfrutalo: Scan_Doc0066.pdf

Fóra bromiñas, a cousa é seria:

-Un escrito sen asinar, cunha redacción difícil de entender
-Un escrito onde se restrinxen os produtos para a merenda dos doentes,  pasando de escoller froita, leite ou iogurt a deixar 2 opcións nada máis, e retirando os iogures de froitas (segundo temos entendido)
-Por outra banda, recóllense unha serie de "inexactitudes" con respecto a cuestións como que se viñan dando alimentos como: arroz con leite, almibar, flan, marmelo, queixo, natillas, que ninguén recorda ter dado á hora das merendas.... e que o propio "documento" exclúe para servizos que recoñece como particulares (Onco, Pediatría e Coronarias)
-Con respecto ás comidas a maiores hai que dicir que a PINCHE non sabe cantos ingresos programados vai a haber, supoñemos que terán esa información na Cociña.... pero o resultado é que a Pinche se despraza por todo o hospital para buscar algunha dieta para evitar darlle leite e galletas aos ingresos, porque esas dietas nunca chegan.

En resumo, aínda onte saiu cara a Xerencia unha caixa de leite, tamén unhas unidades de leite sen lactosa, a maiores da auga que se lles envía con periodicidade dende a cociña.....

Xa nos gustaría coñecer o estudo que lle di á Dirección o que vai aforrar escatimando uns iogurciños....

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Dende este zulo sindical os días son todos grises, pero tamén íntimos... por iso ás veces costa saír de aquí e para aproveitar a viaxe no día de hoxe entregamos os seguintes escritos:


escrito_da_xunta_de_persoal_reforzos_en_cobertura_de_IT.pdf


comunicacin_risco_garitas_seguridade.pdf

solicitude_de_climatizacin_para_as_garitas.pdf

solicitude_a_vinsa.pdf


formacin_de_persoal_para_hemodinmica.pdf


cambio_de_citas_confuso.pdf


e por último algo alleo ao noso traballo, que por luctuoso non deixa de ser curioso, o que pode chegar a pasar nun hospital, señor....

cambiazo_cadavrico.pdf

 
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Este agradecemento vén dado por unha cuestión concreta no día de hoxe, o de ternos comunicado a través da prensa a formación de enfermeiras no CHUAC para o servizo de hemodinámica.

http://elprogreso.galiciae.com/nova/267516-enfermeras-hula-se-formaran-chuac-atender-hemodinamica

Eu como non pago, nin vou pagar, a subscripción electrónica, non teño acceso a máis, co cal a CIG non sabe nin cantas, nin cando, nin como se van formar estas profesionais.

Xa fai tempo cando había subdirección de enfermaría este sindicato pediu que se fixera unha oferta a través da oficina da traballadora/r que fora masiva, tendo claro que terían preferencia as persoas con acomodo en cardioloxía, tamén descoñecemos este extremo, así que Deus proveerá, e a ver se nesta menudencia se porta, que noutras anda xustiño.

 
Máis artigos...
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>