Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

1. Problemas dos/as doentes de Oncoloxía

2.Medicina nuclear e radioterapia

3.Prazas de TCAE retidas nas Consultas Externas

4.Electromedicina

5.Problemas coas citas

6. Planta de xinecoloxía

7.Protocolo Meninxite  Bacteriana

8.Frío no quirófano

9.Conflitividade laboral no HULA   




1.       Problema dos/as doentes de Oncoloxía.- Comezamos retomando unha cuestión que quedou da última permanente, trátase dos pacientes oncolóxicos que tiñan ciclos longos que se demoraban o inicio do tratamento, pola analítica… consulta…. E que iso facía que chegaran moi tarde ás súas casas, ou que tiveran que volver ao día seguinte para poñelo. Quedaron de darlle unha volta ao tema, máxime cando o Hospital de día conta con capacidade suficiente, xa que ten unha zona de camas pechada por falta de personal.

Tamén acontecía que moitos deles se demoraban tanto na consulta que non chegaban a tempo para recoller a medicación en dispensación farmacéutica.

O Xerente respondeu que dende aquela se reunira todo o equipo e fixeran unha reorganización dos itinerarios e unha citación a primeira hora deste tipo de doentes, considerou que estaba resolto o problema. Con respecto á recollida de medicación, nin se acordaba nin coñecía se seguía habendo problemas, comunicounos que esa farmacéutica agora estaba fisicamente ubicada na zona do H. De día de Onco.

2.       Medicina Nuclear e radioterapia.- Preguntamos para cando estaba previsto o funcionamento ao 100% e explicou o seguinte:

a.       Di que se está a traballar de 8,30 a 18hs. O segundo acelerador chegou en outono, agora mesmo está pendente da visita dos técnicos do consello de seguridade nuclear que está prevista a mediados de decembro, polo que conta que estea en funcionamento por fins de xaneiro. Só queda a Mariña indo a Labaca polo que a primeiros de febreiro xa se poderá tratar en Lugo.

b.      Medicina nuclear se ve que xa está cubrindo o 100% da demanda.

Falamos tamén do orzamento destas unidades, dixo o Xerente que todo era gasto autorizado, obvio, ao preguntarlle pola posible consolidación de prazas para o 2017 dixo que diso non sabían nada, que o SERGAS xa tiña coñecemento das necesidades que hai no HULA para eses servizos, co cal xa só nos queda esperar.

3.       Prazas retidas de TCAE nas Consultas Externas.- Preguntamos polo remate da dixitalización das historias e explicámoslle ao Xerente como acontecera o tema, e dado que houbo o compromiso de que esas prazas unha vez reorganizada a zona ían saír a concurso de xeito independente, a Cig tiña que facer valer tan compromiso. El explicou que a súa aspiración era que as sucesivas citacións as fixeran as TCAE dende cada consulta, polo que podía non sobrar ninguén. Tamén falou de un pool de enfermeiras para esa zona???? Entendemos que se negociará coa Xunta de Persoal calquera modificación das condicións laborais actuais deste persoal, así como a súa posible reestruturación.

4.       Electromedicina.- Comentamos o tema de que o SERGAS non vai prorrogar o contrato coa empresa actual, que era centralizado, e deu orde aos centros de facer outro concurso por xerencias, e ante isto a CIG o que pediu e que se manteñan esas dúas prazas que agora mesmo hai no servizo sen cubrir, e que a unidade pertencente ao hospital que non quede sen carga de traballo. É máis solicitámoslle expresamente o seu compromiso de manter esas prazas.

El explicou como ía ser o concurso, e somentes dixo que se manterían se eran necesarias para facer o traballo. Segundo parece agora queren internalizar no canto de externalizar, isto é ben difícil de crer... pero bueno.... Dixo que:

a.       Os traballos dentro do HULA.- ocuparanse dos apartos pequenos e da primeira intervención

b.      Este concurso.- é para o mantemento dos apartos intermedios

A alta tecnoloxía xa está aparte.

                Monforte e A Mariña.- O concurso nestes centros afectará tamén aos aparatos pequenos e á primeira intervención, xa que non contan con electromedicina.

5.       Problemas coas citas.- Queixámonos do mal funcionamento do sistema de citas, xa que se cambian continuamente, obrigando ás persoas a vir varias veces para o mesmo, xa que algunha vez nin se chegan a enterar do cambio ata que están no hospital. Pedimos que haxa unha remodelación na organización dos servizos e das citas. Recoñeceu as eivas no sistema dixo que tentarán corrixilo, sinceramente, coas cousas que pasan, hoxe a CIG pensa que isto ten amaño.... e si que é moi lesivo para usuarias e usuarios.

6.       Planta de xinecoloxía.- Comentámoslle que na última tempada nesa planta houbo innumerables especialidades mesturadas: Plástica, ORL, Trauma, Vascular, Uro, Cirurxía xeral e Ollos.... Dixo que era para adiantar lista de espera e optimizar a ocupación, que non eran intervencións complicadas... podemos entender moitas cousas pero isto parecéunos excesivo, entendemos que isto pararía pronto.... polo menos tanto exceso.

7.       Protocolo Meninxite Bacteriana na Urxencia.- Aínda non hai moito houbo dificultades para que se cumprira este protocolo, que trata da profilaxe que debe facer o persoal cando está en contacto co/a paciente antes de que se confirme ese diagnóstico. Concluímos que habería que facer un  traballo de desenvolvemento do protocolo para adaptalo ao noso hospital, e pensamos que tamén haberá que facer un traballo docente para garantir a prevención de riscos laborais do persoal.

8.       Frío no Quirófano.- Preguntamos que pasara para que un día concreto se tiveran que practicar as Intervencións cirúrxicas con radiadores, que tiñamos fotos que o mostraban. Dixo que o que sucedera era que se puxeran radiadores para subir a temperatura non para operar, xa que evidentemente cos radiadores non se opera, aínda nos tivemos que rir. A cousa é que houbo un fallo que motivou a perda de temperatura nos quirófanos, e que os radiadores se puxeran para non perder o programa completo dese día, de feito só se perdeu de facer 1 quirófano, e que isto se fixo con medicións anteriores e posteriores por parte de medicina preventiva.


9.     Conflitividade laboral.- Comentamos o gran nivel de conflitividade que se daba nalgúns servizos no HULA e  que pensábamos que as relacións laborais non deberían resolverse en Inspección, pensamos que a Dirección de Enfermería tería que intervir activamente nestas cuestións. El contestou que xa se facía, e nós o que pensamos é que se se fai e o resultado é tan malo, debería facerse doutro xeito....