Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 
  

1.       Contratos fraudulentos.- Queixámonos de que se seguen a usar contratos de reforzo para facer substitucións nominais. Eles queixáronse do nome dado, por iso usaron a denominación,”modalidade de nomeamentos”... sen comentarios...

Explica a Dra de RRHH, que hai máis do 85% de substitucións nominais en PNS e máis do 70% en PS.

Aproveitaron para comunicar que ían dar 3 ou 4 longas duracións de pinches, algunha delas que leva ben tempo cubríndose con acúmulos de tarefas.

2.       Comisión de Servizos/OPE.- Dado que o SERGAS fixo unha monumental chapuza coa oferta de prazas para médicos de familia e DUEs e dende a Dirección de RRHH se lle ofreceu as enfermeiras que petaron na porta quedarse en CCSS sen incorporarse na praza que collan fóra... A CIG pediu que dean o mesmo trato a tódolos aprobados/as da EOXI, sempre que sexa posible.... Ao que se nos respondeu que xa tiñan instruccións nas xerencias executivas e que se aconsellou ao persoal que rexistrara a solicitude  en canto saiban o resultado da elección de destino.

3.       Concurso de traslados das prazas de TCAE de Consultas.- Demandamos que se cumpra o compromiso dado sobre sacar estas prazas a concurso extraordinario. A dixitalización rematou, din que se poden perder 3 a 5 prazas, pero que algunha pode pasar a tardes, xa que cada vez hai máis consulta nese horario. Pretenderon anticipar o concurso de acomodos de todo o persoal. A CIG dixo o seguinte: Cando se negociou esta cuestión, aceptouse que esas prazas non saíran a concurso porque ían saír proximamente, se iso non se cumpre a próxima vez no canto de consentir isto o que faremos será impugnar os acomodos, e xa está.... dito isto, reflexionaron e convocarán á comisión de acomodos internos para falar do tema....

4.       Gardas localizadas en días de Especial Significación Dues Endoscopias.- É a enésima vez que se leva este tema á Dirección, seguen a dicir que non está recollido en ningún sitio. A CIG dixo que xa tiña decidido levar esta cuestión á Mesa Sectorial..

5.       Incremento Celador/a para o quirófano de ambulantes.- Según parece hai moitos casos nos que se precisaría, xa que aínda que as intervencións son menores ás veces a condición dos doentes fai que precisen axuda. Responden que neste momento non é precisa un/unha celador/a a tempo completo xa que en casos puntuais vai o retén. Insistimos en que se reforce o retén ou se poña celador/a alí.

6.       Dotación e apertura da 4B1.- Urxencias.- Para ben ou para mal comezouse a falar da planta pero o gordo do intercambio verbal levouno urxencias....Preguntamos pola dotación de persoal ao que se nos respondeu que era unha plantilla completa e que a fin de evitar cargas de traballo se decidira que, a non ser por interés para o  paciente, non se ían facer traslados a outras unidades. A CIG queixouse da falta de comunicación da apertura da planta á Xunta de Persoal.... Quedou claro que o hospital está cheo e que non quedou máis remedio que abrir esa planta, que xa nos confirmaron que polo de agora non se vai utilizar para as Intervencións de corta e media estancia, xa que vai estar ocupada con pacientes de M. Interna. A CIG sinalou que as plantas están con 5 e 6 especialidades, remarcamos que se fai case imposible traballar, a Dra de Enfermería recoñeceu esa dificultade... non sei se servirá para que se humanicen e reforcen cando teñan que reforzar. Tamén explicou o Dr Médico que chega un momento en que non se pode manter nin tan sequera divididos os pacientes por especialidades en Médicas e Cirúrxicas.

Urxencias / Hospitais de día.-  Se queres ler a información Urxencias.docx

Dietas do persoal de quendas acabaladas.- É unha vella reivindicación para aquelas quendas que van de media mañá ata media tarde. Tamén sumamos isto a que no quirófano teñan algo máis que leite e manteca cando se prolongan os quirófanos entre quendas, que polo menos lles envíen bocatas... Do resto pedimos que lles faciliten a comida do xeito que consideren ou ben cun vale de cafetería, ou lle la envíen da cociña ou lles paguen a dieta.... Xa dixeron hai meses que o ían valorar pero como non o fixeron agora volven dicir o mesmo...

7.       Reestruturación do Servizo de Psiquiatría.- Se queres ler a reestruturacin_servizo_psiquiatra.docx

8.       Informacións varias:

a.       Postos de pinches.- Dixeron que ían cubrir con longas duracións 3 ou 4 postos, e que 2 deles se cubriran segundo o plan de reestruturación do persoal despois do peche da lavandería... empezarán o 10 de febreiro

b.      Novo certificado electrónico.- ata o de agora estabamos traballando cunha sinatura electrónica persoal, de agora en adiante a medida que vaian caducando os certificados que temos na tarxeta sanitaria o que nos darán é un certificado profesional. Iso tramitase na oficina de atención ao traballador, que xa tivo incremento de persoal. Queda por ver se afectará a tódalas categorías ou só a grupos concretos.

Pensamos que nada máis