Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 

Levamos unha extensa orde do día que non se deu tratado ao completo

 

  1. Servizo de Farmacia.

  

  • Petición de creación de Servizos determinados para os/as técnicos de farmacia, xa que a lista de contratacións é pequena e unha gran parte está no desemprego porque xa cumpriron os 180 días de acúmulo de tarefas, mentres se dá o paradoxo de que hai xente de outras áreas traballando nos acúmulos de Lugo. O Dr díxonos que se ía facer cargo desto e que en maio se pedirían, co resto de necesidades de outras categorías, o cal nos alegra, en maio iremos comprobalo.
  • Contratan ás técnicos de farmacia para cubrir DLD con contrato de reforzo (como ao resto de categorías), queixámonos por isto xa que non é de recibo, por que non se aforra nada e lesiónanse os dereitos das persoas contratadas.
  • Preguntamos como se vai cubrir a vacante de enfermeira que queda despois do traslados a Primaria. O Sr Dr asegurounos que se cubriría cun/unha técnica en farmacia, tal e como manda a normativa.

 

  1. Oferta prazas OPE Auxiliares de Enfermería.

 

Queixámonos de que o SERGAS saca a OPE 10 prazas de Aux de Enfermería que non saíran a traslados externos, de modo que quedan 6 persoas da OPE 2006 fóra de Lugo e 10 da OPE 2008. Parece que non só saen as 4 xubilacións que se xeraron a partires da convocatoria de traslados se non que todo indica que se crearon 6 vacantes novas (parece que a propósito de colocar a alguén), para crealas de xeito extraordinario tamén o puideron facer no seu momento para que saíran a traslados. Quedou de informarse, xa que parecía non saber nada do tema. Esperemos que esta xenerosidade se reflicta noutras categorías nas que todo o mundo vén de traslado, véxase: Grupo B de xestión, e enfermeiras…

 

  1. Carteleiras con correturnos.

 

Explicamos que isto incomoda moitísimo ao persoal, e que nos parece unha medida de aforro, porque con esta modalidade de carteleira o aumento de persoal non se convirte en tal, nin se xeran substitucións, nin se mantén, nalgún caso, o número de persoas que estaban no h. vello.

O Dr díxonos que si que era para aforrar diñeiro, pero que sempre era mellor ter CC na carteleira que un Pool correturnos, porque este nolo ían sacar. É unha maneira de velo, dende o noso punto de vista o que hai que garantir é que se reforce todo aquel turno no que o persoal non chegue para sacar adiante o traballo cun nivel adecuado de calidade.

Non nos deu ningunha solución con pinta de ser posta en práctica, días ten o ano…

 

  1. Tratamento dos pises, pases… pizarras….

 

Comezamos polo máis sinxelo: as pizarras, explicamos que se estaban baixando o mesmo paciente a RX 3 veces na mañá, unha para Tórax, outra para TAC e outra para guayo… díxosenos que xa ían poñer nos controis pizarras para organizar isto …

Dixemos que tamén que había que atopar solución para que o persoal non dera 300 paseos coas botellas e coas planchuelas…. Dixo que os pises se podían verter nos WC. Preguntamos por que non se poden deixar copas opacas e tapadas nos baños, aínda que se cambien en cada turno. Ou ben que se busque un sistema intermedio para que as botellas e planchuelas non causen tantos quebrantos como para que o persoal se fatigue, canse, disguste… Quedou de ver unha posible solución para isto, xa veremos, o dos mobles baixo os lavamáns non lle gustou moito … Negounos que se estiveran a facer “auditorías” para controlar como se actúa con respecto a isto, que se estaban a facer pero que era para controlar outras cousas.

 

  1. Está medicina preventiva estudando vías de transporte para os éxitus, xa que se están baixando polos ascensores de persoal.
  2. Organización do servizo de HD, o persoal pediunos que botáramos mao da indefinición de tarefas dentro do servizo, pedimos á Dirección que se fomente a creación de protocolos e a definición destas tarefas
  3. Servizo de neurofisioloxía.- mercaron 3 EEG, pero só hai 2 enfermeiras, polo tanto un dos aparatos está parado???????????? Esto sentido non ten ningún… o que se nos dixo foi que ata que os 2 EEG que hai non funcionen a pleno rendemento non se poñerá a 3ª enfermeira, pero pensamos que nunca van estar a tope porque para o verán non se van substituír as vacacións do persoal.
  4. UCI de pediatría, seica se vai cambiar de sitio, máis ou menos en 2 aniños, o persoal pensa que se agora está nun almacén no futuro tamén vai estar noutro almacén, polo tanto, pedimos que se teña en conta a opinión do servizo para que non volva suceder o mesmo. Elas consideran que a ubicación idónea está nun sitio que agora non ten uso, por isto, pedimos que as escoiten, díxosenos que si, que se escoitarán…. Xa veremos, tamén.
  5. Cálculo de Xornada do H. de S. Rafael, das categorías de Aux. de Enfermería e coidadores/as, manifestamos a discrepancia dunha parte de persoal no cálculo, e nós mesmas pensamos que mentres se manteña o réxime xurídico destes/as traballadores/as a xornada anual terá que parecerse algo á que teoricamente tiñan…. Acabaremos nunha reunión monográfica para tratar o tema.

 

Non deu tempo a máis