Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 
CigSaudeLugo



AO DIRECTOR DE XESTIÓN

Asunto: Sistemas de alarma no hospital

 A Sección Sindical da CIg por medio do presente escrito desexa comentar con vostede acontecementos relativos ao intelixente sistema de seguridade do novo hospital, en dous sentidos distintos e complementarios, a protección do persoal propio e a garantía da atención ao/á doente.

Sucederon 3 situacións, polo menos son das que ten coñecemento a CIG, nas que as alarmas antiincendios saltaron , 2 delas de xeito inxustificado. A primeira vez aconteceu no Servizo de Farmacia, a segunda nunha unidade de hospitalización e a terceira na cociña, esta última moi recentemente. É previsible que un sistema hipersensible dé lugar a futuras falsas alarmas.

En tódalas ocasións o persoal descoñecía o que estaba pasando e a quen tiñan que chamar para solventalo, sumidos/as no desconcerto.

Este sistema de seguridade, segundo parece, actúa retirando o osíxeno de determinados habitáculos (provocando o desvanecemento do persoal en poucos minutos) , bloqueando portas e ascensores... e as traballadoras/es non saben a que se debe, nin a onde teñen que acudir como zona segura.

SOLICITAMOS:

Se tomen medidas urxentes para informar a todo o persoal do funcionamento dos sistemas de seguridade, como actuar nos servizos nos que se retira o osíxeno dos locais, a quen teñen que chamar para que se faga cargo da situación...

Nomeadamente na Cociña terán que ser informadas de como actuar no caso de que o bloqueo de ascensores impida o transporte das comidas da 4ª á 5ª planta e de quen ha de ser o/a responsable durante as tardes e fins de semana, de dirixir a actuación.

Non só é importante a comunicación do Plan de Emerxencias se non tamén a información que garanta que o persoal saiba como actuar en situacións que non sendo emerxencias son alarmantes.

 

Atentamente, un saúdo

 

Asdo: Carme Aira

Lugo a 18 de Abril de 2011