gracias

INFORMACIÓN SUBA SALARIAL 2%

xunta_de_galiciaA Xunta de Galicia aplicará xa na nómina de xaneiro as subas retributivas específicas que foron pactadas coas organizacións sindicais, e fará efectiva a suba xeral do 2% ao conxunto dos seus empregados públicos en canto o autorice o Goberno central. En todo caso, a Xunta publicará a vindeira semana a orde de confección de nóminas para 2020, tal e como recolle un informe analizado hoxe no Consello da Xunta.

Esta suba salarial efectuarase a través do fondo retributivo que xa está dotado nos orzamentos da Xunta para 2020, que entraron en vigor o pasado 1 de xaneiro. Por tanto, a Xunta aplicará esta suba de maneira inmediata no momento en que a Administración xeral do Estado habilite o mecanismo correspondente. Ademais, esta suba xeral do 2% beneficiará todos os traballadores da Administración autonómica e terá efectos desde o 1 de xaneiro, polo cal xa está sendo devindicada polos empregados públicos galegos.

Descargar Consello Xunta 16/01/2020 páxina 13


 

LISTADO PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS CONCURSO DE MOVILIDADE INTERNA

HOSPITPublicouse na intranet o listado provisional de admitidos excluidos do concurso de movilidade interna do Hospital de Monforte de Lemos
Se queres descargar o listado Premer ligazón

 

TARXETA BENVIDA 2020

log_muchos_nios
ORDE do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nados, adoptados/as ou declaradas en situación de garda con fins adoptivos no ano 2020 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403B).
Descargar PDF

As contías previstas nos números 1 e 2 incrementaranse un 25 % no suposto de residencia en concellos cunha poboación inferior a 5.000 habitantes segundo os últimos datos oficiais de poboación de carácter definitivo publicados polo Instituto Galego de Estatística.

 

MOBILIDADE INTERNA

Hoxe publicóse a lista de admitidos e excluídos dos acomodos internos.A lista está exposta no taboleiro de anuncios do pasillo de dirección.
Podédelo consultar alí.
hai 5 días de prazo para reclamar.mobilidade

 

PAGAMENTO POR FILLOS MENORES DE TRES ANOS

573-18666-a-toufeliz2·         ORDE do 18 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2020 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS410A).

Descargar PDF

 

HORA EXAME VARIAS CATEGORÍAS

ope_informa_logo_grande
Información chegada do SERGAS: hora exame de varias categorías
Descargar horas exames

 

LISTAS PROVISIONAIS ADMITIDOS E EXCLUIDOS FEAS

listas_contratacin
Na comisión central de contratacións do pasado 20 de decembro de 2019, acordáronse unha serie de medidas para mellorar o procedemento de selección de FEAs.

Dito acordo está pendente de publicación no DOG, e previsiblemente cando se publiquen en febreiro as listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as, se abrirá un prazo de reclamacións de 10 días durante o cal poderán cambiar o/s distrito/s preferentes e formular as reclamacións que consideren oportunas á súa baremación.

 

EXAME INFORMÁTICA PSX

INFO_OPEPublicouse onte na páxina web do SERGAS unha nota informativa do tribunal de PSX clarexando cal é a versión de Libreoffice que se vai ter en conta no exame previsto para o día 8 de febreiro.
Ir enlace páxina SERGAS

 

CURSOS ACIS 2020

cursos_acis

 

CONVOCATORIA OPE VARIAS CATEGORÍAS

Servizo Galego de Saúde

CONVOCATORIAS OPE

·         RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías de médico/a de urxencias hospitalarias e médico/a asistencial do 061.

Descargar PDF

·         RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de admisión e documentación clínica.

Descargar PDF

·         RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área.

Descargar PDF

 

ACLARACIÓNS INSCRICIÓN OPE

Bo día,

Para evitar posibles erros na inscrición que poden ter consecuencias graves para os/as aspirantes, vos envío esta aclaración sobre as quendas de acceso e o pago de taxas.

 

O/a aspirante pode inscribirse en 3 posibles quendas: Logo de finalizado o prazo de inscrición non se permitirá ningún cambio na modalidade de acceso.

 

-          Promoción interna:

1º. Ter a condición de persoal estatutario fixo doutra categoría de nivel académico igual ou inferior a aquela a que se pretende acceder.

2º. Estar en servizo activo en institucións sanitarias do Sistema público de saúde de Galicia e con nomeamento como persoal estatutario fixo durante, polo menos, dous anos na categoría de procedencia.

Deberán pagar as taxas que lle correspondan.

-          Quenda libre: deberán pagar as taxas que lle correspondan

-          Discapacidade xeral: 2 posibilidades

1.       Dispor no prazo de presentación de solicitudes do recoñecemento dunha discapacidade igual ou superior ao 33 %: está exento do pago de taxas

2.       Cando non dispoñan no momento de presentar a inscrición do certifica­do de recoñecemento do grao de discapacidade, deberán acreditar o seguinte:

§  O/a aspirante deberá ter solicitado o recoñecemento do grao de discapacidade ao órgano competente antes do remate do prazo de solicitudes

§  Deberá achegar a solicitude de recoñe­cemento de discapacidade

§  Deberán sinalar no formulario electrónico de inscrición a dita circunstancia no espazo habilitado para o efecto

§  Deberán efectuar o pagamento da taxa correspondente

Neste caso, cando se publiquen as listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as sairá como excluído/a, e terá que achegar o certificado de recoñecemento do grao de discapacidade:

-          Se non lle chegou ou recoñece unha discapacidade inferior ao 33%, nas listas definitivas sairá admitido/a na quenda libre.

-          Se no prazo de reclamacións achega o certificado de discapacidade, pasará á figurar como admitido/a na quenda de discapacidade xeral e poderá solicitar a devolución das taxas aboadas.

 

Saúdos

 

CONVOCATORIA VARIAS CATEGORÍAS

Servizo Galego de Saúde

CONVOCATORIAS OPE

·         RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal sanitario de formación profesional.

Descargar PDF

·         RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de pinche.

Descargar PDF

·         RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías de logopeda e terapeuta ocupacional.

Descargar PDF

·         RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de cociñeiro/a.

Descargar PDF

 

INFORMACIÓN COMISIÓN SEGUIMENTO PACS 18/12/2019

comisin_pacs_17_12_19

 

FELIZ NADAL

nadal_2

 

MESA SECTORIAL 13-12-2019

mesa_sectorial_1mesa_sectorial2

 

INFORMACIÓN REUNIÓN COMISIÓN SEGUIMENTO DE ACORDO PACS

cig_informa
Complemento de nocturnidade e festividade.


O pasado 18/12/2019 celebrouse  a Reunión de comisión de seguimento do acordo de PACs


Mercedes Castro, subdirectora do SERGAS explicou que o complemento do 100% da atención continuada xa esta incluído nos orzamentos do ano 2020. Será retribuido aos traballadores na nómina de xaneiro

 

ACLARACIÓN CONVOCATORIA 2020 COMPETENCIAS PROFESIONAIS

cig_informa

Ante as dúbidas que están xurdindo sobre a nova da Convocatoria 2020 Competencias Profesionais decir que non ten nada que ver coa convocatoria da carreira profesional

As competencias profesionais é un título que se obtén en Formación Profesional a través do tempo traballado e superación dunhas probas do ciclo formativo

Hai diferentes ciclos: Emerxencias sanitarias, Farmacia e parafarmacia... e outras titulacións que non son da rama sanitaria como poden ser Xestión administrativa,  Construción, Instalacións eléctricas e automáticas..

Se queres máis información:

  • Asesoría de información e orientación profesional. Teléfono: 981 546 538.
  • Asesoría de acreditación de competencias. Teléfono: 981 540 219.
 

OPE VARIAS CATEGORÍAS

573-36683-a-ollopiollopInfórmase que está previsto que o xoves, 26 de decembro se publique no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de concurso-oposición para o ingreso nas categorías de cociñeiro/a, logopeda, pinche, técnico/a superior de anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a de farmacia, técnico/a superior de hixiene bucodental, técnico/a superior de imaxe para o diagnóstico, técnico/a superior de laboratorio de diagnóstico clínico, técnico/a superior de radioterapia e terapeuta ocupacional.

 

O venres, 27 de decembro publicarase a convocatoria dos procesos selectivos para o acceso ás categorías de médico/a de admisión e documentación clínica, médico/a asistencial do 061, médico/a de urxencias hospitalarias e facultativo/a especialista de área nas especialidades de: alergoloxía, análises clínicas, anatomía patolóxica, anestesioloxía e reanimación, anxioloxía e cirurxía vascular, aparello dixestivo, cardioloxía, cirurxía cardiovascular, cirurxía ortopédica e traumatoloxía, cirurxía torácica, cirurxía xeral e do aparello dixestivo, dermatoloxía médico cirúrxica e venereoloxía, endocrinoloxía e nutrición, farmacia hospitalaria, hematoloxía e hemoterapia, medicina física e rehabilitación, medicina intensiva, medicina interna, medicina nuclear, medicina preventiva e saúde pública, medicina do traballo, microbioloxía e parasitoloxía, nefroloxía, neurocirurxía, neurofisioloxía clínica, neuroloxía, obstetricia e xinecoloxía, oftalmoloxía, oncoloxía médica, otorrinolaringoloxía, pediatría e as súas áreas específicas, pneumoloxía, psicoloxía clínica, psiquiatría, radiodiagnóstico, radiofísica hospitalaria, reumatoloxía, uroloxía e xeriatría.

 

O prazo de inscrición estará aberto desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de xaneiro de 2020.

 

 

CONVOCATORIA 2020 COMPETENCIAS PROFESIONAIS

xunta_de_galiciaPublicouse a Orde do 29 de novembro de 2019 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais (código de procedemento ED517B).

  • A solicitude de participación no procedemento deberá presentarase obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gale requirirá cubrir previamente os datos na aplicación informática que se atopa no enderezo www.edu.xunta.es/acreditacion, desde onde deberá xerarse o formulario normalizado. Esta aplicación está activa a partir do 13 de xaneiro de 2020.
  • Os datos relacionados coa documentación xustificativa do historial profesional e/ou formativo e dos requisitos de participación no procedemento deberán cargarse na devandita aplicación informática.
  • O prazo de presentación de solicitudes será desde o 13 de xaneiro ata o 7 de febreiro de 2020.
  • Só serán aceptadas as solicitudes que sexan entregadas por sede electrónica.

Para saber máis Descargar Orde

 

UNHA VEZ MAIS O SERGAS VENDENDO FUME

UNHA_VEZ_MAIS_O_SERGAS_VENDENDO_FUME

 

MANIFESTO DE APOIO Á PROBLEMÁTICA DO HOSPITAL DE VERÍN

Pronunciamento en contra do peche do paridoiro e das urxencias pediátricas no Hospital de Verín. Por unha Sanidade pública e de calidade en clave de xénero no rural galego.

Tras observar como durante estes últimos anos foron desaparecendo postos de traballo no Hospital Público de Verín en áreas tan importantes como Medicina Interna paliativos, Bloque cirúrxico, Traumatoloxía, Enfermería, etc, chegando incluso a desaparecer servizos como o de Dermatoloxía, agora o goberno da Xunta pretende darlle a puntilla a este hospital público pechando o Paridoiro e as Urxencias pediátricas.

As motivacións son as seguintes:

  1. Unha recomendación, non normativa, que aconsella a non apertura de novas maternidades en zonas con posibilidades inferiores a 600 nacementos ao ano. Esquecendo que esas mesma recomendacións tamén propoñen a revisión e avaliación das opcións, non o peche, das maternidades xa abertas con partos inferiores a 600 ao ano. Esquecendo tamén que esta cifra non a cumpre ningún dos hospitais comarcais galegos, polo que se entende que no futuro tamén se vai propor o peche dos seus paridoiros, así como os de tódalas clínicas e hospitais privados galegos que no acaden esas cifra, aos cales, por certo, se derivan as pacientes da sanidade pública por falta de persoal.

  2. O suposto perigo de perda de destreza dos profesionais sanitarios para atender partos xustificándoo na baixa natalidade da zona, co fin de agachar a falta de dotación de pediatras na sanidade pública galega. Esa suposta falta de destreza solucionaríase proporcionando formación aos profesionais ou creando equipas itinerantes sen eliminar o servizo. Ata o de agora os pediatras nin sequera poderían ter perdido destreza porque a súa praza non era en Verín, eran itinerantes.

  3. A suposta pouca distancia e tempo de traslado dende o Distrito Sanitario de Verín ao Hospital Universitario de Ourense, que dende a EOXI situaron en 43 minutos. Dato totalmente falso, pois ese tempo só se cumpre nun concello dos 11 que conforman o Distrito Sanitario de Verín (Verín, Monterrei, Cualedro, Castrelo do val, Oímbra, Laza, Riós, Vilardevós, A Gudiña, A Mezquita e Vilariño de Conso). Calquera pode comprobar que a gran maioría das poboacións que existen nestes concellos están a mais dunha hora de Ourense e incluso algunhas a mais de 1h:40m. Calquera tamén se pode imaxinar que pode pasar se xurde unha urxencia pediátrica dun neno de 0-14 anos en Pradoalbar, Mormentelos, Chaguazoso, etc, por poñer un exemplo, todos eles a mais de 1h:40m de Ourense. E non estamos falando so de potenciais pacientes que residan alí todo o ano, se non tamén dos posibles pacientes que pasen os seus períodos vocacionais nesas aldeas, que non son poucos, debido a gran emigración sufrida por todas as poboacións do rural ourensá.

Por todo isto e

  • Porque non queremos que se perdan postos de traballos da sanidades pública no Hospital Comarcal de Verín nin queremos que os seus traballadores se vexan obrigados a un traslado forzosa do seu posto de traballo a Ourense.

  • Porque non deron ningún motivo nin existe ningunha escusa técnica, médica ou política que xustifique o peche das urxencias pediátricas, deixando a moitas crianzas en perigo.

  • Porque os propios protocolos de transporte sanitario do SERGAS recomendan evitar que a muller grávida paira no transporte e a propia Xerencia da EOXI de Ourense recoñece que os profesionais do Hospital de Verín van ter que seguir atendendo os partos urxentes que non poidan chegar a Ourense, pero sen contar con pediatra nin servizo de paridoiro.

  • Porque non queremos que as mulleres e as crianzas do rural poñan en perigo a súa saúde e a súa vida e teñan menos dereitos que nas zonas urbanas.

Dende a Xunta de Persoal de Servizos Centrais da Xunta de Galicia reclamamos o mantemento dos postos de traballo do Paridoiro e das Urxencias pediátricas, por unha sanidade pública e de calidade en clave de xénero que non desatenda as necesidades sanitarias do rural galego.

 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info