gracias

FOLGA 8 DE MARZO

8_MARZO

 

CONCENTRACIÓNS NO HOSPITAL E NOS CENTROS DE SAÚDE

 

hospital_1

hospital_2

chantada_1

chantada_2

 

CONVOCATORIA XUNTA AUXILIARES DE CLÍNICA

xunta_de_galicia
ORDE do 20 de febreiro de 2019 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
Descargar PDF

O obxecto do proceso selectivo será cubrir trescentas cinco (305) prazas da escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, polas quendas de acceso libre e promoción interna. Resérvanse setenta e seis (76) prazas para seren cubertas pola quenda de promoción interna.
As prazas non cubertas por esta quenda acumularanse ás de acceso libre.

O sistema selectivo é o de concurso-oposición


Rreservaranse da quenda de acceso libre vinte e unha (21) prazas para ser cubertas por persoas con discapacidade cun grao igual ou superior ao 33 %

O modelo de solicitude estará á disposición de todas as persoas que desexen participar no proceso selectivo no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, seguindo a ruta «Función pública»-«Procesos selectivos»-«Xeración e presentación de solicitudes de procesos selectivos», en dúas modalidades, segundo se dispoña ou non de certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT) ou DNI electrónico. Despois de premer a modalidade de solicitude elixida, as persoas aspirantes deberán consignar todos os datos que aparecen na pantalla e, posteriormente, validalos e confirmalos.

O prazo para formalizar telematicamente as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

 

LUGAR E DATA OPE

Servizo Galego de Saúde

·         RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos o lugar e a data de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de celador/a, convocado por Resolución do 1 de marzo de 2018.

Descargar PDF

 

celadores

 

 

CONCENTRACIÓNS NOS CENTROS DE SAÚDE E O HOSPITAL DE MONFORTE

Escoitar entrevista audio Onda Cero Monforte a partir minuto 00:12:30 ata 00:16:30 

Ver ligazón A Voz de Galicia

concentracin_3

IMG-20190219-WA0009

concentracin_19_02

concentracin_2

concentracin_4

foto_21_02_2

foto_21_02_19

 

NOTA DE PRENSA COMITÉ DE FOLGA

O Comité de Folga fixo unha nota de prensa denunciando os imprimentos que fai a nosa Xerencia dos acordos que asinou con nós para rematar a folga.
Tamén na nota expuxemos novos puntos para defender o noso hospital que pouco a pouco están desmantelando.
Ver ligazón A Voz de Galicia
huelga_19_02

 

PREVISIÓN PUBLICACIÓN ACTUALIZACIÓNS LISTAS DE CONTRATACIÓN

logo_sergas
Marzo:
Listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as e resultados definitivos de baremación do 1º bloque do proceso de actualización das listas de selección temporal das categorías de albanel, carpinteiro/a, celador/a, cociñeiro/a, costureiro/a, grupo auxiliar da función administrativa, lavandeiro/a, pasador/a de ferro, perruqueiro/a, pinche e telefonista.

Listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as e resultados provisionais de baremación do 3º bloque do proproceso de actualización das listas de selección temporal das categorías de enfermeiro/a, enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo, enfermeiro/a especialista de saúde mental, enfermeiro/a especialista en enfermería familiar e comunitaria,  enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía, médico/a de familia, médico/a de urxencias hospitalarias,  pediatra de atención primaria e persoal de servizos xerais.

Resolución apertura de listas Facultativo/a especialista de área (FEAs).

Abril:

Listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as e resultados definitivos de baremación do 2º bloque do proceso de actualización das listas de selección temporal das categorías de  técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior en dietética e nutrición, técnico/a superior en documentación sanitaria, técnico/a superior en hixiene bucodental, técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico, técnico/a superior en radioterapia, técnico/a en coidados auxiliares de enfermería e técnico/a en farmacia.

Listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as e resultados provisionais de baremación do 4º bloque do proproceso de actualización das listas de selección temporal das categorías de calefactor/a, condutor/a, electricista, fontaneiro/a, mecánico/a.

Listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as e resultados provisionais de baremación das diversas clases de persoal funcionario da Lei 17/89.

Maio:

Listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as e resultados definitivos de baremación do 3º bloque do proceso de actualización das listas de selección temporal das categorías de  enfermeiro/a, enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo, enfermeiro/a especialista de saúde mental, enfermeiro/a especialista en enfermería familiar e comunitaria,  enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía, médico/a de familia, médico/a de urxencias hospitalarias,  pediatra de atención primaria e persoal de servizos xerais.

 

OPE CELADORES

OPE_CELADORES_15_02

 

RELACIÓN PROVISIONAL TRASLADOS LEI 17/1989

traslados_sergas
RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de admitidos/as e excluidos/as no concurso de traslados para a cobertura de postos de traballo de persoal sanitario funcionario incluído baixo o ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, convocado mediante a Resolución do 25 de setembro de 2018.
Premer ligazón

 

CONSULTA PACS EN GUERRA

votacin_18_02

 

ACTUALIZACIÓN LISTAS DE CONTRATACIÓN VARIAS CATEGORÍAS

listas_contratacin
RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario
Descargar PDF

CATEGORÍAS:

  • Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía
  • Técnico/a superior en dietética e nutrición
  • Técnico/a superior en documentación sanitaria
  • Técnico/a superior en hixiene bucodental
  • Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico
  • Técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico
  • Técnico/a superior en radioterapia
  • Técnico/a en coidados auxiliares de enfermería e técnico/a en farmacia


Contra a resolución provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación, as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante as direccións das estruturas organizativas de xestión integrada e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación. As persoas que, presentando debidamente solicitude de inscrición, non consten como admitidas nin excluídas, disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.

Premer ligazón

 

REUNIÓN MESA SECTORIAL CON PACS EN FOLGA

pacs_en_folga
NOVIDADES DO DOCUMENTO:

Cómputo de xornada:  recollese a nosa alegación de incluír na neutralidade a maternidade, paternidade  e enfermidade grave...
Dotación de persoal. Creación da comisión,  no último trimestre do ano 2019,  para o estudo dos reforzos e creación de novas prazas.
Complemento de nocturnidade e festividade.  A Administración propón que o pago sexa o 40% no 2020 e o 60% no 2021.

Descargar acta 13/02/2019

 

PREVISIÓNS PUBLICACIÓN LISTAS DE CONTRATACIÓN

publicaciones_13_02

 

TRASLADOS PERSOAL LEI 17/1989

traslados_lei_17_1989

 

VOLVEN AS CONCENTRACIÓNS NO HOSPITAL DE MONFORTE

Hoxe o Comité de Folga do Hospital de Monforte celebrou ás 12:00 unha concentración na entrada do Hospital de Monforte para protestar polos acordos non cumplidos polo Xerente cando se asinou a acta de fin de folga no H.C.M.

Queremos darvos as grazas a todos os que viñestes e tamén agradecervos aos que no puidestes baixar xa que a carga de traballo non volo permitía facer.

Tamén mostrar a nosa ledicia a que asistentes que non eran traballadores do Hospital se sumaran a nosa concentración.

MOITAS GRAZAS A TODOS

Ver ligazón Xornal de Lemos

Ver ligazón Diario de Lemos

concentraciones_martes_hospi

20190212_143138

20190212_143217

 

CONCENTRACIÓNS EN ATENCIÓN PRIMARIA NA COMARCA DE LEMOS

Os traballadores do Centro de Saúde de Chantada nos remitiron as fotos que fixeron hoxe na Concentración en Defensa da Atención Primaria. Animámosvos a todos a facelas. Son todos os martes ás 12:00 horas e ás 18:00 horas os traballadores que estades en quenda de tarde.

chantada_1

chantada_2

 

CURSOS ONLINE CIG-SAÚDE

oferta_formativa

celador

cocina

comunicacin_con_familia

comunicacin_con_pacientes

do_infantil

dolo_cig

 

ACTA COMITÉ DE FOLGA PACS 05/02/2019

pacs_en_folga

Estes días CIG-SAÚDE Monforte fixo unha rolda de visitas polos Pacs para informarvos da reunión do 05/02 e saber o que pensabades na nosa Comarca e recoller as impresións e queixas que podíades ter para transmitirllas a CIG-SAÚDE Central.

Aínda que na acta pon que se convoca ao Comité de Folga o 11/02 esta data foi cambiada para o 13/02 ás 17:00 horas. Como poderedes ver o que aconteceu na reunión celebrada o 05/02 correspóndese co que vos informamos a semana pasada.

Se tedes calqueira dúbida podedes poñervos en contacto connosco

Descargar acta Comité de Folga co SERGAS 05/02/2019

 

 

ASAMBLEA INFORMATIVA PACS

pacs_en_forlga_12_02_lugo

 

RESPOSTAS DEFINITIVAS E PUNTUACIÓN PROVISIONAL OPE

ope_informa_logo_grande

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación do modelo definitivo de respostas dos distintos exercicios e as puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de técnico/a superior en documentación sanitaria, convocado pola Resolución do 1 de marzo de 2018.

Descargar PDF

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación do modelo definitivo de respostas dos distintos exercicios e as puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso nas categorías de grupo técnico da función administrativa e grupo de xestión da función administrativa, convocado pola Resolución do 1 de marzo de 2018

Descargar PDF

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación do modelo definitivo de respostas dos distintos exercicios e as puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de enxeñeiro/a técnico/a, convocado pola Resolución do 1 de marzo de 2018

Descargar PDF

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación do modelo definitivo de respostas dos distintos exercicios e as puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria, convocado pola Resolución do 1 de marzo de 2018.

Descargar PDF

Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante o tribunal no prazo de cinco días hábiles seguintes á súa publicación, unicamente de existiren erros na confección aritmética da puntuación obtida.A reclamación deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e deberá dirixirse á sede do tribunal para efecto de comunicacións, situada na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

Ver ligazón

 

 

CANTO DO IMNO GALEGO POR MILLEIROS DE PERSOAS

bandera
¡Que bonito é escoitar o imno galego cantado por milleiros de persoas!

Ver enlace Facebook

 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info