gracias

MÉRCORES 9,CONCENTRACIÓN DIANTE DO PARLAMENTO DE GALIZA

demolicionsppLembramos que o vindeiro día 9 de nadal(logo da ponte) temos todos e todas unha cita pendente en Compostela. Haberá unha concentración ás 17:30 horas diante do Parlamento de Galiza para esixirlle ao goberno do Partido Popular que modifique as súas posturas e onde lles solicitaremos Xustiza e Democracia para o conxunto de traballadores do SERGAS. Haberá autobuses de balde desde as distintas comarcas.

 

POLO RESPECTO AOS ÓRGANOS DE NEGOCIACIÓN

POLA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA

POLO CUMPRIMENTO DOS ACORDOS ASINADOS

 

¡¡¡¡¡¡¡¡ACUDE!!!!!!!!

 

CONCENTRACIÓNS NAS DIRECCIÓNS PROVINCIAIS POLAS LISTAS DE CONTRATACIÓN

03122009_001Hoxe ás once da maña realizamos varias concentracións diante das direccións provinciais do SERGAS para protestar pola situación das contratacións.

Por un lado están as listas pendentes por publicar (enfermeiras, cociñeiras, auxiliares de enfermaría, etc). O SERGAS dixo que a finais de novembro estarían publicadas as listas, (remata o mes e non hai nada).

Outro problema que temos é a política de racaneo nas contratacións e iso que esta administración éncheselle a boca de falar de solidariedade cos parados e paradas, boa parte das vacantes que se acordaron no plan mellora para o ano 2009 seguen a estar sen cubrir, as ausencias do persoal por asuntos propios, ITs, vacacións, LDs etc cada vez se cobren menos, chegaron incluso a pechar plantas nos hospitais por non cubrir, claro que non se cortan despois en derivar persoal estatutario a hospitais privados.

Ler máis...

 

MONFORTE.HOSPITAL DO SÉCULO XXI

Segundo dixo o noso xerente,o de Monforte ía ser un hospital do século XXI,pois si señor,estao facendo xenial.

Empezou por votar as secretarias de dirección do seu despacho e poñelas no que antes era a sala de espera.E montou a sala de espera no pasillo.Quedoulle que nin diola.Tal cual,pleno século XXI.Non si damos unha imaxe que.......

02122009

 

A QUÉ ADICAN AS SÚAS HORAS DE TRBALLO OS XERENTES?

Este é un artigo publicado hoxe, 29-11-09,no diario El País,sobre como gasta as horas de traballo para exercer de hooligan a xerente do Hospital Comarcal de Valdeorras.

La gerente del hospital valdeorrés aclamó la moción de A Veiga

El marido de Magadán, edil del PP, tacha al PSOE de "extrema izquierda"

CRISTINA HUETE

La gerente del hospital comarcal de Valdeorras, María Jesús Magadán, formó parte del séquito del PP que el pasado viernes acudió al multiusos de A Veiga para arropar la moción de censura promovida por este partido contra el alcalde socialista, Fernando Fernández. Magadán, vinculada al PP a través de acta de concejal que tiene en A Rúa, está casada con el número dos de este partido en A Veiga, Rogelio García Mata, desde el viernes en el gobierno local.

Su presencia, en un día laboral, formando parte de la clac que alentaba la moción con la que el PP provincial desalojaba de la alcaldía al PSOE molestó a los socialistas, que entienden que la gerente del hospital valdeorrés no incurrió en falta laboral, pero puso de manifiesto que "se mueve por el interés partidista más que por el sanitario". "Fue una absoluta falta de ética", sostienen.

Fuentes hospitalarias consultadas por este diario señalan que el puesto de alta dirección que ocupa Magadán no le obliga a tener una jornada laboral convencional de ocho horas. "Se entiende que un día puede trabajar siete horas y otro 20; no tiene que dar cuentas", con lo que no es necesario que pida día libre para ausentarse de su trabajo. "Sólo tiene que pedir las vacaciones a la gerencia del Sergas, el resto lo distribuye ella", motivo por el que puede mantener su acta de concejal y asistir a las sesiones en A Rúa.

Ler máis...

 

DESMENTIDO DA PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA

Empezamos cedo.Hoxe aparecía publicado no diario El Progreso unha noticia que nada tivo que ver co manifesto que onte se leeu na formación da plataforma.Este é o comunicado de prensa desmentidoo:

COMUNICADO DE PRENSA

 

 Os membros da PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA de Monforte, que se constituíu o pasado venres, día 27 de novembro, advirten que non se fan nin se farán responsables de ningunha noticia publicada en ningún medio de comunicación, excepto aquelas expresamente asinadas en nome da mesma.

Tomouse esta decisión logo de ver a nova publicada no diario El Progreso o sábado, día 28, e que non reflicte a realidade do que aconteceu no acto ao que fai referencia.

 

Monforte de Lemos, 28 de novembro de 2009

 

 

 

PLATEFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA

Onte formóuse por fin en Monforte a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública.Houbo unha asemblea aberta a tod@s os monfortinos na que se leeu o seguinte manifesto:

 

MANIFESTO EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA

 

 

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte de Lemos, conformada por veciños e veciñas e organizacións de distinto tipo pertencentes ás poboacións de Monforte, Carballedo, Chantada, Saviñao, Sober, Ferreira, Quiroga, Pobra do Brollón, Bóveda, Rubián e Folgoso do Caurel manifesta como principios xerais da mesma:

 

  • A necesidade de manter a Área de Saúde de Monforte para asegurar unha calidade digna da asistencia sanitaria das poboacións anteriormente nomeadas. En vista das peculiaridades xeográficas, orográficas, poboacionais, socioeconómicas e de infraestruturas desta área, a Plataforma manifesta a necesidade dunha Área Sanitaria propia e forte como garante dunha asistencia sanitaria de calidade.

 

  • A defensa da sanidade pública, único xeito de garantir o acceso da poboación á sanidade en igualdade de condicións.

 

  • A loita por unha boa calidade asistencial na Área Sanitaria de Monforte, coa mellora continua da dotación, tanto humana como técnica, que permita asegurar que os veciños e veciñas destas comarcas reciban coidados sanitarios sen discriminacións nin diferenzas con respecto a outras.

 

 

TIRÓN DE ORELLAS AO GOVERNO DO SEÑOR FEIJOO

573-62673-a-linguafeijoA Axencia Europea para as Linguas Minorizadas censura a política lingüística da Xunta

Pide ao Goberno que poña fin ás iniciativas que tomou nos últimos meses en contra do idioma galego.

"As medidas adoptadas contra a lingua galega desde o pasado mes de abril supoñen unha vulneración de tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos subscritos polo Estado Español". Así o entende a Axencia Europea para as Linguas Minorizadas (EBLUL), quen instou á Xunta a que poña fin á súa "política de desprotección dos dereitos da comunidade lingüística galega".

O EBLUL, promovido polo Parlamento Europeo e que ten rango de entidade consultiva desta institución, do Consello de Europa e da ONU, alerta contra o "incumprimento dos tratados itnernacionais sobre dereitos lingüísticos" e asegura que, se o Goberno non rectifica, trasladarán a situación aos diferentes foros internacionais nos que se encontra presente.
Extracto do texto da Resolución do EBLUL:

1)Animamos o Goberno galego a que desenvolva unha política lingüística de promoción e extensión social da lingua propia de Galiza, pondo fin ás iniciativas que tomou nos últimos meses en contra do idioma galego nos diferentes ámbitos.

2)Informamos á Xunta de Galiza de que as medidas adoptadas contra a lingua galega desde o pasado mes de abril supoñen unha vulneración de tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos subscritos polo Estado español, como o Pacto internacional de dereitos civís e políticos ou a Carta europea de linguas rexionais ou minoritarias.
Neste sentido, resulta de especial gravidade que o Goberno galego non tivese en conta o último informe que o Comité de Expertos do Consello de Europa emitiu hai apenas uns meses sobre a situación lingüística de Galiza. Non é só que non se puxese en marcha ningunha das medidas recomendadas para dar cumprimento á Carta europea, senón que se desmantelaron algúns dos proxectos máis aplaudidos polo Consello de Europa, como as Galescolas, que era a única rede de ensino infantil que contemplaba con normalidade o uso do galego en cancións e xogos.

3)Se a Xunta continuar coa súa política de desprotección dos dereitos da comunidade lingüística galega e de incumprimento dos tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos, desde o Comité de Estado do EBLUL trasladaremos esta situación aos diferentes foros internacionais en que se encontra presente.
 

INFORMACIÓN MESA SECTORIAL 26 DE NOVEMBRO

tamosfartosNa mesa sectorial de hoxe, a  plataforma  rexeitamos unanimemente a proposta do SERGAS que pretendía que fora definitiva. Posteriormente, presentousenos unha nova oferta a modo de acta que tamén pretenden que asinemos. Nesta, aparece a redistribución no tempo ofertada a semana pasada, novamente a Carreira Ordinaria pero sen definir, tamén aparece por primeira vez a Carreira Extraordinaria para o persoal transferido do Hospital Naval de Ferrol e un pago por cartillas(TIS) ao persoal Sanitario. A semana que ven haberá unha nova mesa Sectorial que dí o Sergas que será a definitiva.

 

POLO CUMPRIMENTO DOS ACORDOS ASINADOS

RESPECTO AOS ÓRGANOS DE NEGOCIACIÓN

  

A Plataforma Sindical adoptou o seguinte calendario de mobilizacións:

  • Concentración o 9 de decembro ás 17,30 hs diante do Parlamento de Galiza. Haberá autobuses desde as distintas áreas(contactade coa vosa sección sindical)
  • Concentracións en todos os centros de traballo o dia 15 de decembro
 

ESCRITO DE CIG-SAÚDE ATODAS AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS DA PLATAFORMA

Bo día: hoxe pola mañá almorzamos con un panfleto de CCOO no que se atribúe, exclusivamente  a titularidade das propostas que como plataforma imos a realizar nos próximos días, incluída a estratexia a seguir na Mesa Sectorial. Parécenos impresentable que unha organización sindical se queira atribuír as medidas de presión que como plataforma consensuamos en aras a acadar unha mellora nas proposta do SERGAS, sen que ninguén reclame a titularidade intelectual das mesmas, nin o traballo que dentro da plataforma achegamos  cada organización.

                        Ao longo deste conflito todas as organizacións propuxemos, en maior ou menor medida, os actos a realizar, renunciando a incrementar as mobilizacións en aras de manter a unidade sindical.

            Se o que se pretende é romper a plataforma creando un clima hostil entre as/os delegadas/os  nos centros de traballo, creemos que é mellor dicilo abertamente.           

            Neste intre non é cuestión de intentar pórse medallas, a nosa prioridade debe ser combater as agresións da ADMÓN.

            Desde CIG-SAÚDE facémoslle un chamamento a CCOO xa que non nos   parece nin ético nin moral atribuírse en exclusiva as propostas que achegan outros e que pasan a ser  de todas e todos.

 

 

            Agardando unha resposta .

 

            Un saúdo       Mª Xosé Abuín Álvarez.

                                   Secretaria Nacional de CIG-SAÚDE

573-36683-a-ollopiollop

 

respecto ós acordos, Consello de CIG-Saúde e reunión plataforma sanitaria

O mércores 25 de novembro CIG-SAUDE celebrou un Consello Nacional para decidir a postura que lle íamos plantexar ao resto dos membros da Plataforma.

Logo de analizar o resultado das asembleas celebradas en toda Galiza e ante a unánime resposta do persoal en rexeitar a última proposta do SERGAS. así como seguir mantendo a presión con novas mobilizacións e incluso ir a Folga como último recurso, CIG SAUDE, logo dun amplo debate, decidiu poporlle á Plataforma Sindical a convocatoria de folga para intentar mudar os posicionamentos da Administración.

Na xuntanza da Plataforma realizada o mesmo día pola tarde CIG-SAUDE propuxo a convocatoria de folga, posto que creemos é unha cuestión de dignidade e coherencia entre outros motivos e porque apenas queda marxe de manobra antes de que se aproben os presupostos. Esta postura non foi apoiada polo resto de Organizacións en principio, e polo tanto, en aras de manter a unidade sindical aprazamos a convocatoria a outra data.

En xuntanzas anteriores da Plataforma CIG-SAUDE xa propuxera mobilizacións o 9 ou 15 de decembro entre outras medidas. pero nunca o publicitamos.
Consideramos que as propostas que se fan na Plataforma son da Plataforma, sen intentar coller protagonismo ningunha Organización Sindical, como sucedeu cunha Organización Sindical que fixo público ás súas propostas, todas as Organizacións fan propostas e todas contribúen a manter o principio de unidade.

Esta información e correo enviado por CIG-SAUDE foi unha resposta posterior á información enviada por outro sindicato.

O acordo a que se chegou por parte de Plataforma foi:
1.- Rexeitar a proposta do SERGAS, solicitar o cumprimento íntegro dos acordos. Se a Admón mantén a proposta presentada na reunión anterior, solicitaremos a presenza da Conselleira na M.S para desbloquear esta situación.

2.- Se non prospera a reivindicación sindical, intentaríamos algún acto mais significativo...

3.- Convocatoria dunha concentración diante do Parlamento o Próximo día 9 de decembro, ás 17 hs.

Nós propuxémoslle ao resto de organizacións que se na reunión do xoves 26 o SERGAS non move a postura e ameaza con retirar a súa proposta e aplicar o artigo 38 do EB, nós tamén teríamos que ameazar coa convocatoria de folga, non estaban moi convencidos disto.

Seguiremos informando puntualmente de como se vaian producindo os acontecementos

.573-45883-a-puno

 

LISTAS DE CONTRATACIÓN

contratacin_cadeas_sen_opeBLANCO_ 

 

RACHA AS CADEAS DO SERGAS

contratacin_cadeas_G_copia Son moitos os problemas de contratación que se perpetuan sen que por parte do SERGAS se lle dé unha solución. Por iso, o vindeiro xoves día 3 de decembro, concentrarémonos ás 11 de mañá diante das direccións provinciais en sinal de protesta.

Por un lado están as listas pendentes por publicar (enfermeiras, cociñeiras, auxiliares de enfermaria, etc). O SERGAS dixo que a finais deste mes estarían publicadas as listas, (estamos a 25 de novembro e non hai nada).

O decreto das novas categorias séguese sen publicar e o mais duro é que parece que algunhas destas categorias como a de técnicos de documentación ou @s dietistas corren o risco de ser privatizadas directamente sen dar opción ó persoal a traballar.


Outro problema que temos a política de racaneo nas contratacións e iso que esta administración éncheselle a boca de falar de solidariedade cos parados e paradas, boa parte das vacantes que se acordaron no plan mellora para o ano 2009 seguen a estar sen cubrir, as ausencias do persoal por asuntos propios, ITs, vacaciois, LDs etc cada vez se cubren menos, chegaron incluso a pechar prantas nos hospitais por non cubrir, claro que non se cortan despois en derivar persoal estatutario a hospitais privados.

Segue sen haber convocatoria de listas de farmacéuticos de saúde pública.

Levamos anos reclamando a publicación dos chamamentos que se van producindo e ata o de agora na maior parte das áreas hai que chamar á dirección provincial para saber onde vai a lista, co sinxelo que sería que publicaran diariamento na súa web os chamamentos a medida que se van producindo.

Por non falar da negociación do novo Pacto de contrataciois, levamos mais de ano e medio sen conseguir nada mais que o SERGAS salte cunha proposta irracional de crear 3 listas que poderían deixar a moito persoal fora dos chamamentos e mais se temos en conta o xeito de facer a OPE estes señores nalgunhas categorías.

Etc, etc, etc.

É hora pois unha vez rematado o agobio da OPE na maior parte das categorias de decir BASTA XA!!! e amosar a nosa protesta ante o SERGAS, posto que
SOMOS ESCRAV@S DA SÚA INCOMPETENCIUA E NINGUNEO.
O XOVES 3 DE DECEMBRO TEMOS QUE ACUDIR MASIVAMENTE A CONCENTRARNOS DIANTE DAS DIRECCIOIS PROVINCIAIS ÁS 11 H.


Poñédevos en contacto coa sección sindical de CIG-Saúde da vosa área en caso de necesitar transporte, para poder organizalo

 

O BNG DEMÁNDALLE O PP SE VAI ANULAR AS PREGUNTAS IMPUGNADAS NAS OPOSICIÓNS AO SERGAS

Ana Luisa Bouza denuncia que nos últimos meses xa se

teñen producido varias irregularidades nas probas de

acceso á Xunta de Galiza

Santiago de Compostela, 24 novembro 09.-

Sanidade do BNG, Ana Luisa Bouza, ven de presentar unha iniciativa

no Parlamento Galego na que lle demanda ao Goberno do PP se vai

anular as preguntas impugnadas nas recentes oposicións ao SERGAS

ou se vai poñer en marcha algunha outra medida para restaurar as

garantías desta proba.

Ler máis...

 

ERAMOS POUCOS E.....

Aquí vos deixamos outro artigo que ven no diario El País de hoxe co título: "SANIDADE INCREMENTARÁ LOS PUESTOS DE ALTA DIRECCIÓN"

Para esto si que hai cuartos.Encima non terán que ser nin licenciados nin funcionarios do grupo A,o único que se lles pedirá é ser amigo do PP.Toma redución de altos cargos.

573-66348-a-peido

 

OS XERENTES DOS GRANDES HOPITAIS PÚBLICOS COBRAN MÁIS QUE FEIJOO.

ASÍ DA GUSTO PREDICAR A CARIDADE

Segundo un artigo publicado hoxe no diario El Pais, aquí tedes os soldos dalgúns dos Xerentes dos hospitais de Galiza e dalgún outros altos cargos, entre eles a bondadosa e solidaria Pilar Farjas.Velaí que con estes soldos os que nos temos que apretar o cinto somos nós.Como ben dixo un colega seu: "MANDA HUEVOS".
  Como carallo nos imos tomar en serio as ridículas propostas que nos fan.Ainda hai pouco que o dixen e sigoo mantendo,mexan por nos e din que chove.Sabedes o que me temo eu?que cando se entere o señor Feijoo o que vai facer é subirse o seu soldo,menudo é él.

.573-39689-a-mexando

Los gerentes de los grandes hospitales públicos cobran más que Feijóo

Los tres altos cargos de la Xunta con mayor sueldo son responsables sanitarios

PABLO LINDE - Santiago - 23/11/2009

Los tres altos cargos de la Xunta con mayor salario son gerentes de hospital. Y los responsables de los cinco mayores centros sanitarios de Galicia perciben un sueldo superior a los 89.983 euros brutos anuales que cobra el presidente Alberto Núñez Feijóo, según la tabla salarial de la Administración a la que ha tenido acceso este periódico. Todos ellos, tanto los gerentes como el presidente, verán reducido su salario el año que viene en un 3% si, como es previsible, sale adelante una enmienda del PP a sus propios presupuestos para rebajar el gasto en altos cargos en el pleno parlamentario de hoy.

María Rosa Bermejo, gerente del Hospital Universitario de Santiago de Compostela es el alto cargo mejor pagado de toda la Xunta, con 121.367 euros. Entre los responsables de centros sanitarios la siguen, por este orden, el gerente del Universitario de A Coruña, el del hospital de Pontevedra, la del de Ourense y el del universitario de Vigo, que cierra la lista de los cinco con mejor sueldo con 95.094 euros anuales (ver tabla).

La cifra final de estos salarios es la resultante de sumar las retribuciones fijas, que se publican cada año en el Diario Oficial de Galicia (DOG); los complementos de productividad variable, cuyo importe fluctúa en función del tamaño del centro; la antigüedad del funcionario y su carrera profesional.

Además de estos cinco gerentes, otros cuatro altos cargos de la Xunta cobran más que Feijóo: el director general de Emigración (12.000 euros más), el presidente de Sogama (10.000 más), el director de la Compañía de Radio Televisión de Galicia (5.535 más) y el director del Igape (casi 3.000 euros más).

Casi todos los salarios de los gerentes son también mayores que los de los conselleiros. Todos excepto el gerente del Comarcal de Monforte superan los casi 70.000 euros que percibe, por ejemplo, la titular de Sanidade, Pilar Farjas.

El recorte del 3% a los sueldos de altos cargos, que afecta a conselleiros, directores generales, presidentes de empresas públicas, gerentes de hospitales y organismos autónomos es más un gesto simbólico que una medida de contención de gastos. Aplicado a los 20 gerentes de centros hospitalarios y de atencióprimaria de Galicia supondría un ahorro anual de algo menos de 50.000 euros.

.573-73961-a-salarios-xerentes1

 

CONCENTRACIÓN DE CELADORES EN VIGO POLO EXAME DA OPE 2009

O luns 23 de novembro ás 11h celebrouse unha concentración de celadores diante da Dirección Provincial do Servizo Galego de Saúde en Vigo para protestar polas irregularidades no exame da OPE celebrado o pasado 7 de novembro.

Os feitos que se denuncian son especialmente significativos sobre todo nas preguntas do exame, que non se axustaban en gran parte ao temario xa que na pare específica figuraban preguntas que non correspondían a dito apartado e que moitas preguntas non correspondían coa titulación esixida.

Tamén protestouse entre berros e pitos de silvatos pola desorganización e falta de rigor no control sobre a execución dos exames.

Unha representación dos mais dun cento que se manifestaron foron recibidos por un representante do SERGAS que lle manifestou que trasladaría as súas queixas e recomendoulles que lle enviaran un escrito coas demandas aos responsables do proceso selectivo.

CIG-SAUDE xa lle manifestou estas queixas a semana pasada ao SERGAS mediante escritos, instando á administración a que resolva estas cuestións e non se volvan a repetir en próximos procesos,  para elo lembróuselle que na OPE 2006 editouse unha guía técnica con recomendacións para os tribunais con regras básicas entre as que se encontraba a de intentar que as preguntas sexan de fácil comprensión.

Como dato significativo destacar que o índice de aprobados do persoal que preparou as oposicións nas academias foi moi baixo, o cal demostra que o proceso de preguntas non foi moi axeitado. Este feito indigna aos que estiveron preparando durante meses as oposicións e que enriba do custe das taxas por participar no proceso selectivo tiveron que facer fronte a un esforzo económico para preparar ditas oposicións.

Por elo se esixe que en próximos procesos selectivos se elabore un temario oficial común para rexerse por el, este compromiso xa se admitiu noutras administracións pero de momento na administración sanitaria non se asumiu.

Na concentración acordouse que o vindeiro xoves 26 de novembro elaborarase o escrito para recollida de sinaturas e envialas ao Servizo Galego de Saúde.573-36801-a-tou20preguntandop

 

A VOLTAS COS ACORDOS

Dixámovos aquí unhas taboas nas que se explican claramente a pasta que nos queren chourizar dende o PP.Esto copiámolo directamente da páxina dos nosos compañeiros de O Barco e está feita polos compañeiros de Cig-saúde Ferrol:

Como xa informamos estes dias, a Administración fixo unha última oferta, para a rapiña ó persoal dos acardos que tiñamos acadados, entre o luns e o martes faranse asembleas en tódalas áreas para catar a opinión do persoal sobre o conflicto. Por iso parécenos importante que para ter unha opinión sólida saber que se gaña e que se perde na proposta que fan estes piratas de garabata e rosario, para iso ímonos servir da axuda dun cadro comparativo que fixeron @s nos@s compañeir@s de CIG-Saúde Ferrol.

En canto ó acordo retributivo:



No ano 2.013 as cifras de incremento equiparanse ás que estaban previstas para o ano 2.012 pero non se recupera a perdeda acumulada do que se deixa de ingresar nos anos anteriores.

A estas cifras debesenlle de engadir o aforro noutras partidas orzamentadas para o SERGAS e perdeda de ingresos para os traballadores/as: precio de gardas médicas, Atención continuada en persoal de urxencia de hospital + PACs, desprazamentos de persoal de primaria, etc, etc.

En canto á carreira profesional extraordinaria do persoal sanitario de FP e non sanitario de xestión e servizos

O incremento anual por grao para o persoal sanitario de fp e non sanitario de xestión e servizos que remataria no ano 2011, para acadar as cifras do valor por grao definitivas, modificaríase do seguinte xeito:


Ademais o acceso ó IV grao de carreira atrásase ata xullo do 2011 e en piores condiciois:


En canto á carreira ordinaria
Empezamos a negociación da carreira ordinaria coa anterior Administración que viuse truncada polo cambio de goberno, e con este as cousas aínda se complicaron mais posto que aplicaron a estratexia de dilatar as negociaciois no tempo, a proposta do SERGAS deixa aberta a negociación de carreira (realízaríase no 2010) pero sen marcar prazos de execución, polo que por un lado non nos ata as mans para mobilizarse por este tema, pero por outro as expectativas de conseguir un bon acordo con prazos de execución breves para o persoal da OPE 2006 e o que ven de carreira extraordinaria son complicadas dende o noso punto de vista.

O SERGAS ameaza con eliminar a proposta de non ser aceptada polos sindicatos.

Por outra banda a posición do SERGAS mudou de quitar todo a esta última proposta (probablemente sexa unha estratexia de negociación) pero o que sí é certo é que as mobilizaciois que se levan dado ata o de agora sí serviron para algo.
Agora con estes datos sobre a mesa a palabra a ten o persoal, CIG-Saúde vai a ter moi en conta á hora de fixar postura o pronunciamento das asembleas, é obvio que un rexeitamento do acordo conlevaría a convocatoria de folga; pero lembrade tamén que decir sí o acordo átanos as mans para calquera mellora retributiva de aquí ó 2014.
Cecais cumpra lembrar que o acordo retributivo situábanos na media en canto a soldos con respecto ó resto de servizos de saúde no ano 2008, polo que no 2014 voltaremos a estar no vagón de cola do estado, por non falar que o SERGAS é prácticamente o único que aínda non ten negociada a carreira profesional do seu persoal.

Folga decir da importancia de participar nas asembleas dos vosos centros de traballo.
Así que agora vos tedes a palabra.
 

CADRO PROPOSTA SERGAS

573-16328-a-sperandoAquí vos deixamos o cadro resumo de como van sendo as negociacións co SERGAS.
 

NEGOCIACIÓN ACORDOS SUSPENDIDOS E CONCENTRACIÓN DE DELEGADOS

19112009_00119112009_005Onte houbo unha concentración de delegados diante do SERGAS,mentres se estaba desenrolando a Mesa Sectorial.A administración propuxo un novo texto,o cal pretende que sexa definitivo,no que xa non se fala de suprimir os acordos,se non  de reprogramalos no tempo.Ademáis aparece por primeira vez a negociación da carreira ordinaria.

 

A SOLIEDARIDADE DO PP

Aquí tedes a soliedaridade do PP coa sociedade galega.A caridade da señora Farjas.Este artigo foi publicado hoxe no Voz.Mexan por nós e din que chove.

573-39689-a-mexando EL PP BLOQUEA POR TERCERA VEZ LA PROPUESTA LEGISLATIVA PARA SUPRIMIR EL PLUS DE ALTOS CARGOS

 

EXAME DE CELADORES

Rematou o prazo para presentar reclamacións ás preguntas, o tribunal a día de hoxe non tomou aínda ningunha decisión ao respecto, non hai de momento nada anulado, cando analicen tódalas reclamacións tomaran unha decisión ao respecto como se fai sempre.

Aquí vos deixamos un artigo publicado en La Voz de Galicia o 18-11-09

 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info