gracias

PRIVATIZACIÓNS NO NOVO HOSPITAL DE VIGO

Venres, 22 Xaneiro 2010 13:27
pprivatizadorNa xuntanza mantida o venres 22 de xaneiro coa xerencia do CHUVI para informar sobre a adxudicación do novo hospital o Xerente nos informou da privatización dos servizos non sanitarios para o novo hospital.

 

PRIVATIZARASE:

  • Lavandería
  • Lencería
  • Cociña
  • Subministración e xestión enerxética
  • Xardinería
  • Mantemento
  • Limpeza
  • Seguridade e vixilancia
  • Centraliña
  • Transporte interno e externo
  • Central  abastecemento e tratamento de auga
  • Reprografía e imprenta

Ao privatizarse estes servizos tamén se suprime a xestión administrativa dos servizos mencionados, suprimindo prazas de contratación e OPE. Iso quere dicir que o persoal administrativo verá reducidas as súas prazas.

 

Todo o persoal de plantilla fixo será reclasificado e colocado en novos servizos.

Como consecuencia de todo isto suprimiranse as listaxes de contratación e OPE referentes a esas categorías.

Tamén se vai privatizar a gardería infantil e o aparcamento. Tampouco se descarta a privatización doutros servizos non sanitarios.

A concesión a empresas privadas será entre 20 e 30 anos.

Ante esta situación cremos que hai que tomar partido e responder con firmeza contra este sistema especulador.

 

NOTA DE PRENSA DA C.I.G-SAÚDE DE VIGO

 

 

 

NOTA DE PRENSA DA PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DE MONFORTE

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, ante o comunicado da xerencia do Hospital de Monforte publicado na prensa o día 23 de xaneiro, quere manifestar que as declaracións do xerente non se corresponden coa información que se lle transmitiu na entrevista do pasado venres día 22 de xaneiro.

 

O xerente afirmou a intención de pór en marcha unha área sanitaria única con xestión integrada centralizada a nivel provincial.

 

A afirmación que fixo concorda coas liñas estratéxicas da Consellería de Sanidade expostas pola conselleira ante a Comisión de Sanidade do Parlamento de Galicia o día 16 de xuño de 2009: “levaremos a cabo a reordenación territorial dos órganos directivos, mediante a creación das Direccións de Área, integrando xerencias hospitalarias, de primaria e as direccións provinciais do Sergas”.

 

 

Ante esta cerimonia da confusión, a Plataforma convoca un acto informativo para toda a cidadanía o vindeiro xoves, día 28 de xaneiro ás 20:30 h. na Casa da Cultura de Monforte, onde presentará o manifesto que recolle as reivindicacións para que Monforte siga contando cunha área sanitaria con capacidade de xestión e recursos propios e que non estea baleira de contido e permita unha atención sanitaria cada vez mellor para toda a cidadanía, onde o paciente, e non os criterios economicistas, sexa o centro do sistema.

 

 

 

CANDO O RÍO SONA....

573-16648-a-toumalo20copiaArtigo extraído do diario La Voz de Galicia.

El Sergas niega una reducción de las camas de los nuevos hospitales de Vigo y Lugo

La directora de Asistencia Sanitaria del Sergas, Nieves Domínguez, negó las afirmaciones realizadas por distintas asociaciones en este sentido.

La directora de Asistencia Sanitaria del Sergas, Nieves Domínguez, negó hoy, en declaraciones a los medios, que se vaya a haber una reducción de camas en los nuevos centros hospitalarios de Vigo y Lugo.

Domínguez, que hoy participó en un acto en el hospital Xeral de Lugo, salía así al paso de las afirmaciones realizadas por asociaciones en defensa de la Sanidad Pública, donde se advertía de la intención de reducir en 300 camas las 1.300 previstas en Vigo y en 100 las 823 de Lugo.

«Reducción de camas no va a haber», apuntó la directora, antes de participar en la inauguración de la exposición «Galicia Dixital» en el hospital Xeral de Lugo.

Aún así, quiso dejar claro que los nuevos hospitales no se miden por número de camas, sino por otros criterios «como el índice de complejidad de la tecnología». «Eso es lo que hay que valorar», apostilló.

Sostuvo que el nuevo hospital de Lugo, cuya inauguración está prevista para después del verano, será «absolutamente espectacular y fantástico, lo mismo que el de Vigo».

La directora de Asistencia Sanitaria del Servicio público sanitario gallego reiteró la necesidad de tener en cuenta «otros criterios», al margen del número de camas, pero sí aseveró que ambos centros dispondrán de «las camas necesarias para atender la población».

 

Xa veremos...

 

O GASTO SANITARIO GALEGO ENTRE OS MÁIS BAIXOS DO ESTADO

pprivatizadorA Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública advirte dunha maior deficiencia presupostaria nos gobernos do PP.

O Goberno adica este ano 1.333 euros á cobertura sanitaria de cada cidadán, é dicir, 27 euros menos por persoa que nos orzamentos da Xunta de 2009. Atendendo a estes datos, a Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública (FADSP) alerta sobre a insuficiencia do gasto sanitario per cápita, que se sitúa en Galiza por debaixo da media estatal (1.343 euros por persoa).

Nun estudo no que comparan o gasto sanitario de cada comunidade autónoma, a FADSP subliña que hai unha maior deficiencia presupostaria naqueles territorios que goberna o PP. Así, denuncian "diferencias notorias" no orzamento per cápita entre os gobernos que máis adican e os que menos: Euskadi destina 1.623 euros á sanidade de cada cidadán mentres que Baleares é o que menos gasta neste concepto (1.066 euros).

Finalmente, estas asociacións destacan que, como xa ocorrera no ano pasado, as comunidades gobernadas por progresistas teñen uns orzamentos per cápita maiores que as outras: 1.366 euros de media fronte a 1.317 nas gobernadas por conservadores. Do mesmo xeito, subliñan que o modelo de financiamento autonómico "non supuxo melloras nos orzamentos sanitarios por mor do seu carácter non finalista".
 

GRAN CORRIDA

PostDateIcon 
Corrida-JALISIA

-Maeztro, dejeme que le empitone por la reaguardia prezupueztaria.


- Maletilla, no ze paze que le corto el rabo y le pongo loz cuernoz al revez.


- Pilarita, ponnoz un fino y unas aceitunas sin huezo, y a Marianico métele un buen puro de ezes que tanto le guzta lucir en las  grandez corridas, a ver zi zale del armario de una vez y me deja er camino libre a la España cañí.


- Freijolito, no zeaz tan ambiciozo ca un te quedan muxas corridas que lidiar con ezte perzoná der SERGAS.


- Y a ertes toca huevos de la huerga no hai quien les toree, otroz entran ar capote pero estes son duros de pelar Maeztro.


Y dijo er toro al morir "no por muxo madrugar er SERGAS va a negosiá" asi que caña ar mono y a la mona.


 

CALENDARIO LABORAL

573-73732-a-calendario
 

ARTIGO EXTRAÍDO DO XORNAL LA VOZ DE GALICIA

573-53927-a-papel_CABREAOLa CIG denuncia que la Consellería de Sanidade no pagó la extra de Navidad a todo el personal

El sindicato señala que no entiende «tal discriminación ni tampoco lo que pasa en ese departamento, en el que todos los años hay el mismo problema».

Autor:
EFE
Fecha de publicación:
29/12/2009

La CIG-Autonómica ha denunciado que la Consellería de Sanidade aún no pagó la extra de Navidad a todo el personal. El sindicato recuerda en un comunicado que «todo el personal que trabaja en la Xunta de Galicia cobró entre los días 21 y 22 de diciembre la paga extraordinaria de diciembre más el salario del mes de diciembre, excepto el personal dependiente de la Consellería de Sanidade, que tuvo problemas con el pago en las provincias de Pontevedra, Lugo y también en servicios centrales».

Tras señalar que no entiende «tal discriminación ni tampoco lo que pasa en esa Consellería, en la que todos los años hay el mismo problema», la CIG apunta, además, que «el acuerdo salarial del 2008 aún está pendiente de cobrar por parte del personal de esta Consellería».

Explica que, en este caso, «estamos hablando del 0,2% que se repartió en el año 2008 y que, a día de hoy, en esta Consellería están pendientes de cobrarlo».

Para la CIG pueden ocurrir dos circunstancias, «o pueden estar usando este tipo de partidas para pagar paparotadas y otras cosas, o bien el pago del plus de los altos cargos y subidas salariales de los jefes territoriales es mucho más de lo que cuentan

 

PUBLICACIÓN DE PLANTILLA DEFINITIVA E LISTA PROVISORIA OPE

573-18369-a-tou20saltonO SERGAS nos ten confirmado telefónicamente que o mércores ou o xoves publicará a plantilla definitiva dos exames de OPE, así como listado provisorio de aprobad@s e suspens@s.
 

AOS MEDIOS DE COMUNICACION

                            AOS MEDIOS DE COMUNICACION

 

 

 

A Secion Sindical de CIG-Saúde do Hospital Comarcal de Monforte quere denunciar a actitude da directora de enfermería, que obriga aos traballadores/as a cumprir unha xornada superior á que marca a táboa de xornada anual efectiva.

 

Todos/as os/as traballadores/as teñen dereito a 63 horas anuais para coller cando queiran, pero dende que chegou esta directora, aos/as profesionais que collen unha noite fanlle un novo cómputo horario e automaticamente descóntanlle a noite dúas veces polo que teñen que traballar máis horas das que marca a lei, cousa que non están a facer en ningún hospital do SERGAS.

 

Non sabemos si esto o fai para coaccionar ós/as traballadores/as para que non pidan noites e así aforrar cartos e colgarse medallas diante do SERGAS, ou si en realidade está seguindo as prácticas que tiña como Dra de Enfermería en Lugo, onde pasou máis de unha década gobernando a base do si ou si.

 

Pedímoslle que reflexione xa que pasaron varios anos dende aquela e algo mellorou o persoal do SERGAS, menos en Monforte.

Pedímoslle tamén que escoite cando tentamos explicarlle a situación, xa que se no resto de Hospitais non teñen estas maneiras non é porque sexan moi bos, se non porque xuridicamente constatan que non están defendidos se fan o contrario.

Pedímoslle que afronte unha fonda reorganización do traballo de enfermería neste noso Hospital  (non só reorganización de servizos) e se deixe de menudencias coas que o centro non gaña nada e o persoal perde moito.

Pedímoslle que deixe de incomodarnos e se aveña a razóns, que estamos no século XXI.

 

Si non é así  o mellor que pode facer é dimitir e marcharse para a casa.

 

 

 

                                   Monforte a 21 de Decembro de 2009

 

BO NADAL

ESPEREMOS QUE A FARJAS E TODO Ó PP TEÑAN PARA NÓS MELLORES DESEXOS, QUE NESTE ANO.farjas_cagonet

 

MODELO DE RECLAMACIÓN ÁS LISTAS DE CONTRATACIÓN

573-36801-a-tou20preguntandopDeixámosvos aquí un modelo de reclamación ás listas feito polos nosos compañeiros d'O Barco.

DE: XXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXX
A: DIRECCIÓN PROVINCIAL DO SERGAS DE XXXXXXXXX


Don/dona XXXXXXXXXXXXXXXXXXX, con DI nº XXXXXXXX-X, con enderezo a efectos de notificación en Rúa XXXXXXXXXXXXXX de XXXXXXX, a Vde:


EXPÓN:
• Que entreguei solicitude para as listas de contratación convocadas por Resolución de 1 de abril de 2009 e publicada en DOG o 17 de abril de 2009, para a categoría de XXXXXXXX, na área de saúde de XXXXXX.
• Téndose publicadas as listas provisorias atopo un erro que penso debe ser correxido:
- Figuro con XXX puntos no apartado de XXXXXXXX, cando debería de figurar con XXX puntos dado que (aqui escribides os vosos argumentos)XXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXX. Axunto documentación que así o acredita.
(Isto só no caso de que incluades algunha documentación).

SOLICITA: Sexa subsanado este erro, xa que debería aparecer con XXXXX puntos no apartado de XXXXXXXXXXXXX na miña baremación.



En XXXXXXX a XX de XXXXXXX de 2009 ou 2010 (segundo corresponda).




Asdo: XXXXXXXXXXXXXX.

 

FOLGA E CALENTÓN DE CCOO

Deixovos aquí un artigo que colgaron os nosos compañeiros de Cig-saúde de Vigo sobre o comportamento de algunha central sindical(non sei porqué lle chamo así).Non ten desperdicio.

 

Martes, 15 Decembro 2009 20:51

ccoo-calentonNas asembleas do día 15 de decembro convocada pola Plataforma Sindical Unitaria nos hospitais Xeral e Meixoeiro de Vigo, contra a suspensión por parte do Servizo Galego de Saúde dos acordos asinados, CCOO repartiu un panfleto criticando a folga do 16 de decembro convocada por CIG-Saúde e o SAE. Non nos parece moi ético que un sindicato aproveite as concentracións convocadas por unha plataforma sindical, onde entre outros está a CIG-Saúde e o SAE, para repartir un panfleto en vésperas dunha convocatoria de folga para intentar desmobilizar ao persoal, A nós non se nos ocorre aproveitarnos de dita convocatoria conxunta para repartir a nosa propaganda a favor da folga, o facemos en asembleas e distribuíndo a información polos centros e servizos, método que non criticamos, no lexitimo dereito das organizacións sindicais a difundir a súa información, pero sí utilizala de forma sectaria nos actos conxuntos. Non entendemos dito feito salvo dende a perspectiva da impotencia frustrante e da rabia incontida por parte de CCOO, non é a primeira vez que arremeten impulsivamente contra a discrepancia, mostrando un claro desprezo ao pluralismo e mantendo posturas con certo matiz de autoritarismo.

Nos non somos piquetes do SERGAS, outros cos seus actos si o parecen.

Nos preguntamos que lle parecería  que nun acto convocado por eles lle repartiramos propaganda na súa contra. Pensamos que con este acto eles mesmos se descualifican unha vez mais e as traballadoras e traballadores se dan conta deste tipo de manobras.

Dende CIG-Saúde mantivemos un total respecto ás demais Organizacións Sindicais que forman parte da Plataforma nas asembleas que realizamos o pasado 14 de decembro e expuxemos as nosas razóns, xunto o SAE, polo que considerabamos oportuno convocar folga.

Esta decisión non a tomamos á lixeira posto que sabemos que a folga é un arma preciosa que so debemos utilizar cando se esgotan o resto de recursos.

Foron moitas as horas que dedicamos a debater esta posibilidade analizando pros e contras, pero ó final chegamos á conclusión de que se esta afronta da administración non xustificaba unha folga nada a xustificaría. Por moito menos noutros servizos de saúde se están convocando folgas amparadas por CCOO. ¿Acaso nesas folgas si se van conseguir os obsectivos?...

A FOLGA do día 16 non é ó final das mobilizacións, é o inicio dunha campaña sen límite de tempo na que polo menos dende CIG-Saúde non regatearemos forzas para que se nos devolva o que se nos quitou e era noso.

Non a manipulación  e si a loitar contra o inimigo común, que neste caso e o SERGAS.

Que non se equivoquen de inimigo.

 

LISTAS DE CONTRATACIÓN E OPE

LISTAS DE CONTRATACIÓN 

Según nos informa hoxe o Sergas:

A publicación das listaxes de contratación para vinculacións temporais nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde das categorías de:

  • Medico de familia
  • Pediatra
  • Médico urxencias hospitalarias
  • Odontólogo
  • Persoal de enfermaría - DUE
  • Matrona
  • Auxiliar de enfermaría
  • Cociñeiro

está prevista para mañan venres día 18 de decembro de 2009. O prazo de reclamación ás citadas listaxes incrementase a 20 días hábiles por mor das datas coincidentes co Nadal.

 ope-2009

LICENCIADOS SANITARIOS(FEAS)

A intención é publicar antes de rematar iste ano a fase de concurso(baremación) da maioría das categorías,agás médicos de familia que se fará en xaneiro,así mesmo manexan os mesmos prazos para a convocatoria do concurso de traslados.

 

PERSOAL NON FACULTATIVO,PERSOAL SANITARIO DE FP,E DE XESTIÓN E SERVIZOS

Practicamente todos os tribunais a OPE,xa resolveron as impugnacións,agardan publicar as plantillas definitivas de respostas e as listaxes de puntuacións provisorias da oposición,antes de finalizar este ano 2009.Si algunha categoría quedase pendente,publicaríase en xaneiro.

 

 

 

VALORACIÓN DA FOLGA DO 16-12-09

bandeira_galegaCIG-SAÚDE valora positivamente a participación das/os traballadoras/es na folga convocada no día 16 de decembro de 2009.  A  participación nesta folga pódese cifrar en que foi secundada por máis do 80% do persoal do SERGAS; asemade, os motivos que levaron á convocatoria de FOLGA son compartidos polo 100% das/os traballadoras/es.

            Non imos entrar nunha guerra de cifras cos datos que facilita a Admón, pero si queremos subliñar que o SERGAS tentou minimizar a participación na folga declarando uns servizos mínimos abusivos; nalgún caso  os servizos mínimos decretados foron superiores ao número de traballadoras/es que compoñen o cadro de persoal; é curioso que se reforcen os cadros de persoal  un día de folga, ou que se contabilicen as peonadas como actividade ordinaria. Os servizos mínimos foron do 100% ou superiores.

            Para a CIG-Saúde están atinxidos os obxectivos de denuncia que motivaron a convocatoria de folga;  as/os traballadoras/es rexeitaron a política de desprestixio que esta Admón pretende facer da sanidade pública e dos seus profesionais. Reiteramos da Admón o cumprimento íntegro dos acordos asinados.

            Desde a CIG-Saúde non nos conformamos con que o SERGAS diga que vai  publicar un novo calendario de aplicación dos acordos retributivos; que vai suceder co resto de temas pendentes?:

  1.       Quen nos vai devolver as retribucións, que por dereito nos pertencen e que deixamos de percibir ?
  2.       Que pasa co Plano Mellora e co Plano de Saúde Mental: Solicitamos a cobertura total das prazas  de nova creación que contiñan os devanditos planos ?
  3.       Que pasa coas melloras  asistencias que conteñen os ditos planos e que agora esta Admón pretende facer desaparecer como se nunca existiran ?
  4.       Que pasa co recorte orzamentario e coa privatización da sanidade publica?

            Desde CIG-SAÚDE, co apoio das/os traballadoras/e e o apoio da poboación, seguiremos loitando para recuperar o que esta Admón pretende facer desaparecer, non pararemos  até conseguir manter a sanidade pública que por dereito nos corresponde.

           

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2009. 

Asdo: Mª Xosé Abuín Álvarez.

Secretaria Nacional de CIG-SAÚDE.

 

 

CONCENTRACIÓN EN MONFORTE HOXE E FOLGA MAÑÁ

BOXEADORHoxe en Monforte tivo lugar unha concentración promovida pola plataforma sindical.Era o derradeiro acto convocado pola plataforma.Mañá haberá reunión e haberá que esperar para ver que tipo de movilizacións se levan a cabo.

Nós,xunto co SAE, temos convocada mañá unha folga de 24 horas en defensa dos acordos asinados.Isto é o mínimo que merece esta administración.

É unha pena que non estén todos os sindicatos porque nos entendemos que si ante a maior agresión xamais sufrida polos traballadores non convocamos unha folga,cando a imos convocar?

O 18 de decembro hai folga convocada no servizocanario de saúde,e sabedes por quén está  covocada? por CCOO,UGT e SATSE(alí non hai CIG).

En Cantabria hai un montón de días de folga para xaneiro,Quén convoca?CSI-CSIF,UGT e CCOO.Aquí a folga está convocada pola reclamación dos complementos de carreira profesional.

Qué escuros motivos teñen aquí UGT,CCOO,e CSIF para non apoiar esta folga?

Qué interés teñen en intentar dinamitar esta folga repartindo uns panfletos a última hora de hoxe para intentar que a xente non vaia a folga?

Por DIGNIDADE(porque a nós ainda nos queda),mañá únete a folga.

 

O MÉRCORES 16,VEN A FOLGA CON NÓS

16122009 

Mércores 16 de decembro, folga na sanidade Imprimir Correo-e
 

Folga16Como xa saberedes o próximo mércores 16 de decembro, CIG-Saúde xunto co SAE temos convocada unha xornada de folga. Esta decisión non a tomamos á lixeira posto que sabemos que a folga é un arma preciosa que somente debemos utilizar cando se esgotan o resto de recursos. Foron moitas as horas que adicamos a debatir esta posibilidade analizando pros e contras, pero ó final chegamos á conclusión de que se esta afrenta da administración non xustificaba unha folga nada a xustificaría, hai organizacións que noutras comunidades teñen convocadas folgas polo tema de carreira profesional no mes de xaneiro, se ese tema por sí solo xustifica as folgas noutros lares, como non se vai xustificar no SERGAS pola suspensión de acordos que non solo afectan á carreira profesional senon tamém ós acordos asinados durante estes anos e que nos deixan co cu ó aire nun ataque ó persoal do SERGAS sen precedentes.

A FOLGA do dia 16 non é ó final das mobilizacións, é o inicio dunha campaña sen límite de tempo na que polo menos dende CIG-Saúde non regatearemos forzas para que se nos devolva o que se nos quitou e era noso, estamos dispostos a seguir adiante coa a loita se fai falta o resto da lexislatura, nós non empezamos esta guerra, senon os piratas que nos malgobernan, pero unha vez dentro dela estamos dispostos a queimar as naves.


Queremos que os acordos asinados servan para algo e non para que o primeiro politiquiño que chegue os rache como se non pasara nada; esta é unha FOLGA pola dignidade, porque é mellor morrer de pé, que vivir sempre de xeonllos.

 
 

OS ACORDOS HAI QUE RESPECTALOS

 

TEMOS DIGNIDADE!

 

16 DE DECEMBRO

 

FOLGA NA SANIDADE 

 
FOLGA O DÍA 16; POR QUÉ?



POLO RESPECTO DOS ACORDOS ASINADOSFOLGA

Desde o 14 de outubro a CIG-SAÚDE ven demandando do SERGAS o cumprimento íntegro dos acordos asinados. A Admón non tiña ningunha intención, dende o principio de chegar a acordos coas organizacións sindicais, só pretendía someternos á súa chantaxe.

POR COHERENCIA

A CIG-SAÚDE fíxolle chegar á Admón unha proposta de acta que garantizaba o cumprimento dos acordos, o Sergas sen embargo pretendía que asinásemos unha acta de compromiso (matrimonial, civil, relixioso..), que nos convertéramos en NOTARIAS/OS da Admón. O que pretende a Admón que fagamos as organizacións sindicais é:

- Que enganásemos ás/aos traballadoras/es, convencéndoos de que teñen que renunciar ás súas retribucións.
- Que lle garantíramos que esta Admón vai cumprir o seu calendario. Se agora xa non cumpre o publicado no DOG.!
- Que as organizacións sindicais sexamos dóciles, converténdonos na voz da Admón e non nos representantes das/os traballadoras/es.

POR DIGNIDADE

Porque non podemos consentir que a Admón sanitaria difunda perante a opinión pública unhas mensaxes co único obxectivo de desprestixiar as/os traballadores como preludio das medidas que van tomar na nosa contra.

Non sexas cómplice na campaña de despretixio que pretenden facer da sanidade pública e das/os seus traballadoras/es.

 

CONCENTRACIÓN EN SANTIAGO

09122009Arredor dun milleiro de traballadoras e traballadores do SERGAS concentráronse onte á tarde para rexeitar a decisión do Partido Popular de suprimir, entre outros,  os acordos retributivos. Ao mesmo tempo, dentro do parlamento, o Partido Popular dáballe para diante as súas propostas orzamentarias restrictivas para o ano 2010. Lembramos que con estas medidas:
  • Se suprimen os acordos retributivos asinados e publicados en DOG
  • Se suprime o Plan Mellora
  • Se suprimen os acordos de PAC

En definitiva, se suprimen todas aquelas novas contías asignadas orzamentariamente para o ano 2010.

 

POLO CUMPRIMENTO DOS ACORDOS ASINADOS

RESPECTO AOS ÓRGANOS DE NEGOCIACIÓN

 

 
 

REUNIÓN CO SERGAS SOBRE CONTRATACIÓNS

tamosfartosHoxe tivemos unha reunión co SERGAS para falar das contratacións, tanto das listaxes pendentes como do novo pacto de contratacións. Como previa ao inicio da reunión, a Administración infórmanos da situación na que se atopan as listaxes pendentes de publicar. Desde a Tesourería da S.S de Madrid xa enviaron o disket cos datos do desemprego, nos próximos días farán a volcaxe de datos e, en breve, publicaran as listaxes provisorias. Reiteraron a celeridade coa que se fixo esta baremación, xa que o anterior proceso durara ano e medio

Desde CIG-SAÚDE comentámoslle que a celeridade veríase ao final do proceso, unha vez publicadas as listaxes definitivas.

Nesta reunión a Admón fixo entrega dunha nova proposta. A devandita proposta non é definitiva, xa que tras o debate sindical a Admón quedou en valorar a proposta que unanimemente lle facíamos as organizacións sindicais.

A PROPOSTA DA ADMÓN.:
1.- Incentivación ou recoñecemento do persoal que superou os procesos selectivos.
2.- Nesta proposta barémanse todos: aprobados, suspensos e non presentados.
3.- Unha única listaxe con dous bloques e baremada con criterios de OPE:
    a.-Nota de exame, ponderada segundo a puntuación obtida.
    b.-Experiencia profesional.
    c.-Formación.
4.- A devandita listaxe tería dous bloques:
    a.- No primeiro bloque, estaría por orde de baremación o persoal que superase o proceso selectivo.
    b.- No segundo bloque, estaría por orde de baremación o persoal que non superase o proceso selectivo e o persoal que non participase na OPE.

Esta proposta mellora a proposta presentada na reunión anterior, pero a Admón pretendía seguira diferenciar na baremación os aprobados dos suspensos. Despois do debate, a Admón aceptou pensar a proposta unánime das organizacións sindicais:

Ler máis...

 

MÉRCORES 9,CONCENTRACIÓN DIANTE DO PARLAMENTO DE GALIZA

demolicionsppLembramos que o vindeiro día 9 de nadal(logo da ponte) temos todos e todas unha cita pendente en Compostela. Haberá unha concentración ás 17:30 horas diante do Parlamento de Galiza para esixirlle ao goberno do Partido Popular que modifique as súas posturas e onde lles solicitaremos Xustiza e Democracia para o conxunto de traballadores do SERGAS. Haberá autobuses de balde desde as distintas comarcas.

 

POLO RESPECTO AOS ÓRGANOS DE NEGOCIACIÓN

POLA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA

POLO CUMPRIMENTO DOS ACORDOS ASINADOS

 

¡¡¡¡¡¡¡¡ACUDE!!!!!!!!

 

CONCENTRACIÓNS NAS DIRECCIÓNS PROVINCIAIS POLAS LISTAS DE CONTRATACIÓN

03122009_001Hoxe ás once da maña realizamos varias concentracións diante das direccións provinciais do SERGAS para protestar pola situación das contratacións.

Por un lado están as listas pendentes por publicar (enfermeiras, cociñeiras, auxiliares de enfermaría, etc). O SERGAS dixo que a finais de novembro estarían publicadas as listas, (remata o mes e non hai nada).

Outro problema que temos é a política de racaneo nas contratacións e iso que esta administración éncheselle a boca de falar de solidariedade cos parados e paradas, boa parte das vacantes que se acordaron no plan mellora para o ano 2009 seguen a estar sen cubrir, as ausencias do persoal por asuntos propios, ITs, vacacións, LDs etc cada vez se cobren menos, chegaron incluso a pechar plantas nos hospitais por non cubrir, claro que non se cortan despois en derivar persoal estatutario a hospitais privados.

Ler máis...

 

MONFORTE.HOSPITAL DO SÉCULO XXI

Segundo dixo o noso xerente,o de Monforte ía ser un hospital do século XXI,pois si señor,estao facendo xenial.

Empezou por votar as secretarias de dirección do seu despacho e poñelas no que antes era a sala de espera.E montou a sala de espera no pasillo.Quedoulle que nin diola.Tal cual,pleno século XXI.Non si damos unha imaxe que.......

02122009

 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info