gracias

OS XERENTES DOS GRANDES HOPITAIS PÚBLICOS COBRAN MÁIS QUE FEIJOO.

ASÍ DA GUSTO PREDICAR A CARIDADE

Segundo un artigo publicado hoxe no diario El Pais, aquí tedes os soldos dalgúns dos Xerentes dos hospitais de Galiza e dalgún outros altos cargos, entre eles a bondadosa e solidaria Pilar Farjas.Velaí que con estes soldos os que nos temos que apretar o cinto somos nós.Como ben dixo un colega seu: "MANDA HUEVOS".
  Como carallo nos imos tomar en serio as ridículas propostas que nos fan.Ainda hai pouco que o dixen e sigoo mantendo,mexan por nos e din que chove.Sabedes o que me temo eu?que cando se entere o señor Feijoo o que vai facer é subirse o seu soldo,menudo é él.

.573-39689-a-mexando

Los gerentes de los grandes hospitales públicos cobran más que Feijóo

Los tres altos cargos de la Xunta con mayor sueldo son responsables sanitarios

PABLO LINDE - Santiago - 23/11/2009

Los tres altos cargos de la Xunta con mayor salario son gerentes de hospital. Y los responsables de los cinco mayores centros sanitarios de Galicia perciben un sueldo superior a los 89.983 euros brutos anuales que cobra el presidente Alberto Núñez Feijóo, según la tabla salarial de la Administración a la que ha tenido acceso este periódico. Todos ellos, tanto los gerentes como el presidente, verán reducido su salario el año que viene en un 3% si, como es previsible, sale adelante una enmienda del PP a sus propios presupuestos para rebajar el gasto en altos cargos en el pleno parlamentario de hoy.

María Rosa Bermejo, gerente del Hospital Universitario de Santiago de Compostela es el alto cargo mejor pagado de toda la Xunta, con 121.367 euros. Entre los responsables de centros sanitarios la siguen, por este orden, el gerente del Universitario de A Coruña, el del hospital de Pontevedra, la del de Ourense y el del universitario de Vigo, que cierra la lista de los cinco con mejor sueldo con 95.094 euros anuales (ver tabla).

La cifra final de estos salarios es la resultante de sumar las retribuciones fijas, que se publican cada año en el Diario Oficial de Galicia (DOG); los complementos de productividad variable, cuyo importe fluctúa en función del tamaño del centro; la antigüedad del funcionario y su carrera profesional.

Además de estos cinco gerentes, otros cuatro altos cargos de la Xunta cobran más que Feijóo: el director general de Emigración (12.000 euros más), el presidente de Sogama (10.000 más), el director de la Compañía de Radio Televisión de Galicia (5.535 más) y el director del Igape (casi 3.000 euros más).

Casi todos los salarios de los gerentes son también mayores que los de los conselleiros. Todos excepto el gerente del Comarcal de Monforte superan los casi 70.000 euros que percibe, por ejemplo, la titular de Sanidade, Pilar Farjas.

El recorte del 3% a los sueldos de altos cargos, que afecta a conselleiros, directores generales, presidentes de empresas públicas, gerentes de hospitales y organismos autónomos es más un gesto simbólico que una medida de contención de gastos. Aplicado a los 20 gerentes de centros hospitalarios y de atencióprimaria de Galicia supondría un ahorro anual de algo menos de 50.000 euros.

.573-73961-a-salarios-xerentes1

 

CONCENTRACIÓN DE CELADORES EN VIGO POLO EXAME DA OPE 2009

O luns 23 de novembro ás 11h celebrouse unha concentración de celadores diante da Dirección Provincial do Servizo Galego de Saúde en Vigo para protestar polas irregularidades no exame da OPE celebrado o pasado 7 de novembro.

Os feitos que se denuncian son especialmente significativos sobre todo nas preguntas do exame, que non se axustaban en gran parte ao temario xa que na pare específica figuraban preguntas que non correspondían a dito apartado e que moitas preguntas non correspondían coa titulación esixida.

Tamén protestouse entre berros e pitos de silvatos pola desorganización e falta de rigor no control sobre a execución dos exames.

Unha representación dos mais dun cento que se manifestaron foron recibidos por un representante do SERGAS que lle manifestou que trasladaría as súas queixas e recomendoulles que lle enviaran un escrito coas demandas aos responsables do proceso selectivo.

CIG-SAUDE xa lle manifestou estas queixas a semana pasada ao SERGAS mediante escritos, instando á administración a que resolva estas cuestións e non se volvan a repetir en próximos procesos,  para elo lembróuselle que na OPE 2006 editouse unha guía técnica con recomendacións para os tribunais con regras básicas entre as que se encontraba a de intentar que as preguntas sexan de fácil comprensión.

Como dato significativo destacar que o índice de aprobados do persoal que preparou as oposicións nas academias foi moi baixo, o cal demostra que o proceso de preguntas non foi moi axeitado. Este feito indigna aos que estiveron preparando durante meses as oposicións e que enriba do custe das taxas por participar no proceso selectivo tiveron que facer fronte a un esforzo económico para preparar ditas oposicións.

Por elo se esixe que en próximos procesos selectivos se elabore un temario oficial común para rexerse por el, este compromiso xa se admitiu noutras administracións pero de momento na administración sanitaria non se asumiu.

Na concentración acordouse que o vindeiro xoves 26 de novembro elaborarase o escrito para recollida de sinaturas e envialas ao Servizo Galego de Saúde.573-36801-a-tou20preguntandop

 

A VOLTAS COS ACORDOS

Dixámovos aquí unhas taboas nas que se explican claramente a pasta que nos queren chourizar dende o PP.Esto copiámolo directamente da páxina dos nosos compañeiros de O Barco e está feita polos compañeiros de Cig-saúde Ferrol:

Como xa informamos estes dias, a Administración fixo unha última oferta, para a rapiña ó persoal dos acardos que tiñamos acadados, entre o luns e o martes faranse asembleas en tódalas áreas para catar a opinión do persoal sobre o conflicto. Por iso parécenos importante que para ter unha opinión sólida saber que se gaña e que se perde na proposta que fan estes piratas de garabata e rosario, para iso ímonos servir da axuda dun cadro comparativo que fixeron @s nos@s compañeir@s de CIG-Saúde Ferrol.

En canto ó acordo retributivo:



No ano 2.013 as cifras de incremento equiparanse ás que estaban previstas para o ano 2.012 pero non se recupera a perdeda acumulada do que se deixa de ingresar nos anos anteriores.

A estas cifras debesenlle de engadir o aforro noutras partidas orzamentadas para o SERGAS e perdeda de ingresos para os traballadores/as: precio de gardas médicas, Atención continuada en persoal de urxencia de hospital + PACs, desprazamentos de persoal de primaria, etc, etc.

En canto á carreira profesional extraordinaria do persoal sanitario de FP e non sanitario de xestión e servizos

O incremento anual por grao para o persoal sanitario de fp e non sanitario de xestión e servizos que remataria no ano 2011, para acadar as cifras do valor por grao definitivas, modificaríase do seguinte xeito:


Ademais o acceso ó IV grao de carreira atrásase ata xullo do 2011 e en piores condiciois:


En canto á carreira ordinaria
Empezamos a negociación da carreira ordinaria coa anterior Administración que viuse truncada polo cambio de goberno, e con este as cousas aínda se complicaron mais posto que aplicaron a estratexia de dilatar as negociaciois no tempo, a proposta do SERGAS deixa aberta a negociación de carreira (realízaríase no 2010) pero sen marcar prazos de execución, polo que por un lado non nos ata as mans para mobilizarse por este tema, pero por outro as expectativas de conseguir un bon acordo con prazos de execución breves para o persoal da OPE 2006 e o que ven de carreira extraordinaria son complicadas dende o noso punto de vista.

O SERGAS ameaza con eliminar a proposta de non ser aceptada polos sindicatos.

Por outra banda a posición do SERGAS mudou de quitar todo a esta última proposta (probablemente sexa unha estratexia de negociación) pero o que sí é certo é que as mobilizaciois que se levan dado ata o de agora sí serviron para algo.
Agora con estes datos sobre a mesa a palabra a ten o persoal, CIG-Saúde vai a ter moi en conta á hora de fixar postura o pronunciamento das asembleas, é obvio que un rexeitamento do acordo conlevaría a convocatoria de folga; pero lembrade tamén que decir sí o acordo átanos as mans para calquera mellora retributiva de aquí ó 2014.
Cecais cumpra lembrar que o acordo retributivo situábanos na media en canto a soldos con respecto ó resto de servizos de saúde no ano 2008, polo que no 2014 voltaremos a estar no vagón de cola do estado, por non falar que o SERGAS é prácticamente o único que aínda non ten negociada a carreira profesional do seu persoal.

Folga decir da importancia de participar nas asembleas dos vosos centros de traballo.
Así que agora vos tedes a palabra.
 

CADRO PROPOSTA SERGAS

573-16328-a-sperandoAquí vos deixamos o cadro resumo de como van sendo as negociacións co SERGAS.
 

NEGOCIACIÓN ACORDOS SUSPENDIDOS E CONCENTRACIÓN DE DELEGADOS

19112009_00119112009_005Onte houbo unha concentración de delegados diante do SERGAS,mentres se estaba desenrolando a Mesa Sectorial.A administración propuxo un novo texto,o cal pretende que sexa definitivo,no que xa non se fala de suprimir os acordos,se non  de reprogramalos no tempo.Ademáis aparece por primeira vez a negociación da carreira ordinaria.

 

A SOLIEDARIDADE DO PP

Aquí tedes a soliedaridade do PP coa sociedade galega.A caridade da señora Farjas.Este artigo foi publicado hoxe no Voz.Mexan por nós e din que chove.

573-39689-a-mexando EL PP BLOQUEA POR TERCERA VEZ LA PROPUESTA LEGISLATIVA PARA SUPRIMIR EL PLUS DE ALTOS CARGOS

 

EXAME DE CELADORES

Rematou o prazo para presentar reclamacións ás preguntas, o tribunal a día de hoxe non tomou aínda ningunha decisión ao respecto, non hai de momento nada anulado, cando analicen tódalas reclamacións tomaran unha decisión ao respecto como se fai sempre.

Aquí vos deixamos un artigo publicado en La Voz de Galicia o 18-11-09

 

PLANTILLAS EXAMES

Deixámosvos aquí a ligazón para ver as plantillas de todas as categorías.Tou_scribindo
 

ASEMBLEA PLATAFORMA MONFORTE

17112009Hoxe celebrouse en Monforte asemblea informativa da Plataforma para informar sobre a proposta do SERGAS e as accións a levar a cabo por parte da Plataforma.A xente estaba a favor de endurecer as medidas e incluso se falou de si teríamos que chegar a facer folga.Esto ben dado porque non se pode permitir que o governo do PP rompa un acordo asinado e publicado en DOGA.

Non podemos tolerar que oPP ningunee a Mesa Sectorial.Si permitimos esto qué valor terán os acordos acadados en dita mesa si logo non os van a respetar?

Temos que movilizarnos con contundencia pois esto resolverase en decembro no parlamento,unha vez se aproben os presupostos da comunidade xa non haberá volta atrás. 

 

EXAME DE CELADORES

573-17383-a-ENXUF  Hoxe enterámonos de que un grupo de celadores mandaron un escrito a conselleira denunciando todas as irregularidades que houbo no exame.Tamén nos enteramos de que puxeron varias denuncias no xulgado.Aquí vos deixamos o texto que lle mandaron  a conselleira cun montón de sinaturas recollidas:

  A/A da Conselleira de Sanidade.

 Dirixímonos a vostede para expresar a nosa indignación e disconformidade sobre o proceso selectivo a oposición,a categoría de celador,que tivo lugar o día oito de novembro,a cal fomos aspirantes.

  As irregularidades foron as seguintes:

 -Creemos cos exercicios non se axustan a convocatoria,debido a que as preguntas da parte común foron postas na parte do específico.

 -Tamén queremos reflectir que o contido e a forma das preguntas é ambiguo,é dicir,a unha mesma pregunta atopámoslle duas respostas válidas,e noutras preguntas dan por resposta correcta a que non é.

Con isto expresamos un sentimento xeral de varios opositores,pois os exercicios non son un referente válido ás funcións propias do CELADOR reflectidas ata de agora tanto no estatuto,como nos diferentes temarios editados ata hoxe.

 Pregámoslle que dende a súa posición revise o contido deste proceso selectivo a categoría de celadores.

Esperando a súa pronta resposta aproveitamos para saludala atentamente.                                          

 

MESA SECTORIAL

   O SERGAS acaba de enviarnos a convocatoria dunha Mesa Sectorial para este xoves día 19 ás 11 horas en Santiago co único punto na orde do día:

     Información sobre a situación de acordos.        VAQUEIRO

 

EXAME PSX,PROBLEMAS

Hoxe tivemos constancia dunha incidencia a hora de entregar os exames da categoría de psx.

En concreto, algúns que entraron pola porta 11 e a 40, á hora de ir entregar o examen, atópanse con que non teñen folla autocalcable para levar.

Dínlles, que efectivamente, hai unha partida de examenes que non traen folla autocalcable. Isto supón que non teñen forma de correxir o examen na casa e de saber a nota que teñen.

Si hai alguén que lle aconteceu, que chame ó teléfono do sergas 881 542 802 ou 881 542 803 ou ben tamén podedes mandar un fax co voso nome,dni, categoría, e porta de entrada ó seguinte número de fax 881 542 818.

É importante, que no fax que lle mandedes, poñades un número de fax o que queirades que vola envíen de volta.

.573-30060-a-MOSKEAUPQN
 

NOVA PROPOSTA DO SERGAS

 573-69003-a-BURRO

 

 


LOGO DA NEGATIVA POR PARTE DO SERGAS A MANTER O DIÁLOGO SOCIAL NA MESA SECTORIAL, NO DÍA DE HOXE RETOMOUSE A NEGOCIACIÓN CUNHA NOVA PROPOSTA QUE XA NON SUSPENDE OS ACORDOS, SENÓN QUE OS APRAZA NO TEMPO.

ESTA PROPOSTA NON CONTEMPLA NINGÚN INCREMENTO RETRIBUTIVO PARA O ANO 2010 E CONTEMPLA UN HORIZONTE TEMPORAL  QUE REMATARÍA NO 2014, FORA XA DA LEXISLATURA, FEITO QUE CRITICARON DOS ACORDOS ASINADOS.

 

ESTA É A PROPOSTA PRESENTADA E REXEITADA POLA PLATAFORMA SINDICAL INSTANDO AO SERGAS A QUE PRESENTE UNHA NOVA PROPOSTA DE XEITO INMEDIATO:

 

 

2011

2012

2013

2014

Ingresos

<5%

1/3 mellora 2010

2/3 mellora 2010

100% mellora 2011

100% mellora 2012

Ingresos

>5%

2/3 mellora 2010

1/3 mellora 2010

2/3 mellora 2011

1/3 mellora 2011

1/3 mellora 2012

2/3 mellora 2012

MOBILIZACIÓNS

CONCENTRACIÓN DELEGADOS

MÉRCORES 18 NOVEMBRO

ÁS 11 HORAS NO SERGAS

 

 

IMPUGNACIÓN EXAME DE CELADOR

Os nosos compañeiros do Barco fixeron un modelo de impugnación para quen queira impugnalo por todas as irregularidades que houbo.Tamén colgamos a nota de prensa que dende Cig-saúde enviamos aos medios de comunicación.

Este fin de semana celebrouse en Silleda o exame da oposición para o Sergas da categoría de CELADORES, o mesmo constaba de 2 partes diferenciadas:
1. Unha parte específica, con temario propio.
2. Unha parte común tamén con temario propio.
Unha vez rematado o exame nas suas partes, os opositores constataron que na parte específica había un número de preguntas ( aproximadamente 6 ), que non debían de figurar nese exame en concreto pois pertencian ao temario da parte común.
Por todo isto dende CIG-Saúde pedimoslle ao Sergas que busque unha solución, xa que non parece de recibo realiza-los cambios de temarios entre os distintos exercicios.
Tamén se constatou que o nivel dun grande número de preguntas non correspondía coa titulación esixida para á categoría.

Un saúdo

Xan Ramón Fernández Cid
Executiva CIG-Saúde

mans_arribaDende a sección sindical de O Barco elaboramos un modelo de reclamación para quén queira impugnalo, tamén volo deixamos por se a alguén lle interesa:

DE: O TEU NOME
A: Tribunal OPE SERGAS categoría Celador
Dirección Recursos Humanos SERGAS
Directora Xerente SERGAS


O TEU NOME , con número de carné XXXXX inscrita como aspirante para o proceso de Concurso-oposición do SERGAS convocado por resolución de 18 de febreiro de 2009 da Xerencia do Servizo Galego de Saúde (DOG do 26de febreiro de 2009), modificada pola resolución de 8 de xullo de 2009 da Xerencia do Servizo Galego de Saúde (DOG do 14 de xullo de 2009), na categoría de CELADOR, con domicilio a efectos de notificación en ..... DIRECCIÓN,

EXPÓN: que tendo concorrido ao acto único da fase de oposición do proceso no que me atopo inscrita, celebrado o pasado día 8 de novembro de 2009, e comprobando que o primeiro exercicio non se axusta ao estipulado na convocatoria, posto que as preguntas 5, 9, 22, 23, 24, 31, 32 e 48 versan sobre saúde laboral, que forma parte do temario común e non do temario específico, cando na convocatoria di claramente que o temario común será avaliado no segundo exercicio (non eliminatorio), tal e como se pode comprobar na correspondente documentación (exercicio e convocatoria modificada).

SOLICITA: que sexa anulado tal exercicio por incumprimento da convocatoria.

O Barco, 12 de novembro de 2009.

NOME.

 

PROPOSTA DO SERGAS INCUMPRIMENTO DOS ACORDOS

                   573-72986-a-paos   Borrador. Proposta condicionada as autorizacións e informes preceptivos.

PROPOSTA DE NOVO ESCENARIO TEMPORAL DE CUMPRIMENTO DOS ACORDOS DO SERGAS

O cumprimento dos preceptos da futura Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2010, no suposto de que se aprobe coa redacclon incorporada ao actual proxecto de Lei, suporá a suspension durante ese ano, motivada polas actuais circunstancias económicas excepcionais, dos acordos da Mesa Sectorial que suporian incrementos retributivos para o ano 2010.
Con independencia do necesario cumprimento dese previsible mandato do lexislador, a Administracion Sanitaria ten manifestado as organizacións sindicais a sua vontade de garantir o cumprimento dos referidos acordos.
Sobre estas bases, a administración e as organizacións sindicais constatan a necesidade de dotarse dun instrumento que inclua previsións e compromisos sobre a execución temporal futura dos acordos que sexan suspendidos. Tratase así, por unha parte, de recoñecer que o actual contexto económico claramente adverso condiciona a aplicación das melloras salariais acordadas para un colectivo tan relevante como o dos empregados publicos do Servizo Galego de Saude. Por outra, ratifícase a capacidade negociadora da Mesa Sectorial ao establecer no momento presente, incluso antes de que sexa efectiva a suspension legal, as previsions necesarias para ordenar no tempo o futuro cumprimento dos acordos vixentes. Polo demais, estas previsións sobre execución futura dos acordos veñen a resolver en grande medida a incerteza dos colectivos afectados sobre futuro dos seus incrementos retributivos.

Ler máis...

 

ANÁLISE DA ENTRADA DE CAPITAL PRIVADO NA CONSTRUCCIÓN DE HOSPITAIS POLA ASOCIACIÓN GALEGA POLA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA

money 

Ante as declaracións do Presidente do Colexio de Médicos de Pontevedra, Campos Villarino, nas que asegurou que non lle preocupa o uso de fórmulas privadas para construír os novos hospitais públicos (suponseque os de Vigo, Pontevedra, e o resto de infraestruturas sanitarias que Galicia necesita con urxencia) alegando que en tempos de crises o financiamento público non é suficiente e a súa proposta de acabar co actual sistema sanitario universal e gratuíto para a poboación, a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública quere puntualizar:

 

1.- Que recorrer ao financiamento privado a través das Concesións de Obra Pública non supón que as empresas privadas poñan o diñeiro en lugardo sistema público: o único que varía respecto da fórmula tradicional é que a administración sanitaria en lugar de pedir prestado directamente o diñeiro para construír os centros faino a través dunha asociación de empresas construtoras, aseguradoras e bancarias, o que encarece o custo final dos mesmos xa que os intereses son máis elevados para estas ao que hai que sumar os beneficios que deben repartir dividendos cos seusaccionistas. Os hospitais de Valencia, Madrid ou Reino Unido multiplicanpor sete o seu custo real.

Ler máis...

 

PECHE MONFORTE 10-11-2009

10112009_001

Hoxe as oito da mañá rematou o peche no H.C. de Monforte.Decir que houbo unha boa participación por parte de todo o persoal do centrto en apoio dos compañeiros pechados.O traballo empeza a dar os seus froitos xa que se convocou mesas sectorial para mañá día 12.

Onte pola tarde tamén cremos que houbo unha reunión cos Xerentes(polo menos o noso díxonos que ía a Santiago)para falar dos peches.10112009_003

 

PECHES

Continuando coas protestas pola decisión do Partido Popular de suspender os acordos retributivos. Este martes día 10 toca peche de 24 horas nos centros das provincias da Coruña e Lugo.

 

 

FARJASPECHE10

 

 

PARTICIPA NOS PECHES

NON FALTES

XÓGASTE MOITO, XOGÁMONOS MOITO

 

POLO CUMPRIMENTO DOS ACORDOS ASINADOS

RESPECTO AOS ÓRGANOS DE NEGOCIACIÓN

 

CIG-SAUDE

573-54335-a-logo573-64644-a-galego
 

A QUÉN PRETENDEN ENGANAR CON ESTES ORZAMENTOS?

img002
 

SOLIDARIOS....

....UNS MÁIS QUE OUTROS.573-72328-a-farjas20cristiana20copia
 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info