gracias

GRIPE PP,NOVA PANDEMIA

http://cig-saude.org/VIGO/index.php?option=com_content&view=article&id=362:gripe-pp-nova-pandemia&catid=28:outras-novas&Itemid=49

 

CARTA DA CIG-SAUDE O SERGAS

Bo día: mediante o presente escrito a CIG-SAÚDE quere  por no teu coñecemento que non acudiremos á reunión bilateral á que estabamos convocados para o próximo xoves, día 8 de outubro.
 
        Á CIG-SAÚDE parécenos dunha gravidade,   até hoxe nunca vista, o feito de que a Admón incumpra os acordos asinados, e creemos que é materia máis que suficiente para que se convoque a Mesa Sectorial de Sanidade.
        Solicitamos que en vez de reunións bilaterais con cada unha das organizacións sindicais, se convoque de inmediato a Mesa Sectorial para que todas/os recibamos a información en tempo e forma.
 
    Agardando a túa resposta.
 
        Un saúdo         Mª Xosé Abuín.
 

SUSPENSIÓN DOS ACORDOS ASINADOS

Qué supón en termos económicos a suspensión dos acordos?


Isto é o que deixará de percibir cada traballadora/or se o goberno do PP suspende no 2010 o acordo retributivo.

Incremento retributivo 2010

GRUPO---ANUAL---MENSUAL
A/A1 ----425 € ----30,36 €
B/A2 ----407 € ----29,07 €
C/C1 ----389 € ----27,79 €
D/C2 ----372 € ----26,57 €
E/AP ----354 € ----25,29 €

Incremento lineal do complemento de atención continuada. Xaneiro 2010.
Nocturnidade + 3 €
Festividade + 1 €
Prefestivo + 6 €

Qué outros conceptos retributivos e de xornada deixarán de percibirse?

Ler máis...

 

O SERGAS INVITA:QUEN PAGA?

Ler máis...

 

QUEN SOMOS?

CIG SAÚDE MONFORTE SOMOS:

  • VICENTE VÁZQUEZ VÁZQUEZ
  • MARIA PILAR LÓPEZ TALLOS
  • PILAR GUEDELLA DÍAZ
 

AFÍLIATE

A afiliación na CIG-Saúde é un acto de compromiso e solidariedade.

Compromiso, porque no acto, manifestas que as túas inquietudes e pensamento sindical coinciden en gran parte cos postulados e opinións nosas, e solidariedade porque a cota sindical que pagas non é a compra dun servicío senón a contribución desinteresada para o mantemento da organizacións sindical.

Tamén e un acto no que te comprometes a respaldar as mobilizacións e actos convocados polo sindicato sempre que poidas asumilos.

¿E que se financia coa túa cota sindical?

Pois a adquisición de edificios e locais do sindicato, así como o seu mantemento.

As campañas de mobilización e concienciación social.

A contribución a caixa de resistencia é que se utiliza só en conflictos longos e duros, e de desgaste económico para o afiliado de inmensa contía.

Os servicios técnicos como a Asesoría Xurídica e normalización liguística.

Servicios Sociais como a Secretaría da Muller ou Atención o Emigrante retornado ou Inmigracion.

Tódolos que xere o sindicato pola súa actividade instituciónal.

Asesoría Xurídica:

A asesoría xurídica esixe para a súa utilización por parte do traballador unha antigüidade mínima de 6 meses, ou o pago dos mesmos se queres utilizala, nunha medida que ten como fin promocionar a afiliación de conciencia e compromiso colectivo, e non a de interese individual exclusivo.

Ademais nas demandas nas que o traballador reclama diñeiro o sindicato estableceu unhas comisións sobre os cartos reclamados no caso de que a demanda sexa estimada e que diminue atendendo a antigüidade do afiliado que no caso de ter máis de 5 anos a comisión e 0%.

 

 

CIG SAÚDE

A CIG-Saúde e a Federación de Sanidade da CIG; e dicir ocúpase de tódolos asuntos sindicais que se producen no Sector da Sanidade.

Como federación integrada na CIG practicamos un sindicalismo de clase e nacionalista nos que os principio de solidariedade e acción sindical global é o eixo da nosa actividade como sindicato.

Ademais os nosos obxectivos principais establecidos nos  estatutos de CIG-Saúde son os seguintes:

1) A defensa do dereito á protección e promoción da saúde integral das/os galegas/os.

2) A defensa do carácter de servicio público da atención de saúde, e por tanto a consolidación dun sitema sanitario público, universal, gratuito e de calidade.

3) A loita contra o coorporativismo e a integración dos lexitimos intereses particulares dos diferentes colectivos nunha concepción sindical global, de clase, e unha acción común.

4) A organización, o asesoramento e a defensa das condicións laborais, profesionais e sociais das/os traballadoras/es do sector sanitario alí onde estean.

Como podedes observar no nosa web  para dar cauce os léxitimos intereses particulares dos diferentes colectivos existen as agrupacións ou grupos de traballo que ocúpanse de forma especializada dos intereses exclusivos que lles afectan, un exemplo de todo isto é a Agrupación Médica que defende os intereses sindicais dos traballadores médicos ante os órganos que correspondan e poñen en coñecemento do sindicato as reivindicacións do seu colectivo, sempre no eido dun sindicalismo global, de clase e solidario.

Noutros colectivos existen grupos de traballo que fan a mesma función que as agrupacións e que posibilitan as propostas sindicais do seu colectivo nunha alternativa real solidaria os sindicatos coorporativistas e nunha forma de atende-los problemas do día a día que como ben sabemos moitas veces son os que máis prexuizos e molestias ocasionan os traballadores.

No referente a organización da nosa Federación podemos resumila da seguinte forma:

1.-Son órganos nacionais de governo da CIG-Saúde:

a) O Congreso

b) O Consello Federal

c) A Executiva Federal

2.- Son órganos comarcais de governo da CIG-Saúde:

a)    A Asemblea Comarcal

b)    O Consello Comarcal

3.- Son órganos locais de governo da CIG-Saúde:

a)    A Asemblea Local

b)    O Consello Local

3.- É órgano unipersoal da CIG-saúde:

a)     A Secretaría Nacional

b)     A Secretaría Comarcal  

c)     A Secretaría Local

 

 

 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info