gracias

RELACIÓNS LABORAIS E COVID19

No actual contexto de emerxencia sanitaria, a CIG está traballando para dar unha resposta áxil na defensa dos dereitos laborais e garantir a seguridade e a saúde do conxunto das traballadoras e traballadores galegos.

 

Neste sentido, vimos de elaborar un documento de respostas urxentes a algunhas das dúbidas máis frecuentes sobre a incidencia da epidemia da doenza COVID-19 nas relacións laborais.

 

Podes consultar o documento nesta ligazón: [www.cig.gal/covid19]www.cig.gal/covid19. Na que tamén atoparás enlaces á normativa de referencia e modelos para solicitar a redución ou adaptación da túa xornada laboral.

 

Tamén podes acceder ao documento de texto a través desta ligazón: https://bit.ly/2WokAyN

 

Ten en conta que, debido á rapidez coa que se producen mudanzas, o documento está en continua actualización e revisión.

 

Aproveitamos para partillar a valoración que a CIG fai das medidas recollidas no Real Decreto de medidas de emerxencia aprobado onte no Consello de Ministros e Ministras: - A CIG considera que as medidas sociais e laborais son claramente insuficientes, inxustas e están moi lonxe das doutros estados da UE

 

Así como o comunicado emitido a respecto da declaración do Estado de Alarma e as propostas formuladas pola central sindical:- Paulo Carril: “Os custos da declaración de estado de alarma e emerxencia sanitaria non poden recaer na clase traballadora”

 

Lembra que estamos para axudarche no que precises. Se tes dúbidas, contacta coa CIG, preferentemente por correo electrónico ou teléfono.

 

Non podemos permitir que os custes da emerxencia sanitaria recaian sobre a clase traballadora e os colectivos máis vulnerábeis, nin que se aproveite esta situación para recortar dereitos e liberdades fundamentais.

 

Asinado.

EXECUTIVA CONFEDERAL

 

SUSPENSIÓN PRAZOS TRAMITACIÓN RECURSOS ADMINISTRATIVOS

Quedan  suspendidos os termos e interrómpense os prazos na tramitación dos recursos administrativos (ordinarios e extraordinarios) ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.

Descargar pdf

 

SUSPENSIÓN PRAZOS DETERMINADAS CATEGORÍAS PARA ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN DE OPE

ope_informa_logo_grande
O SERGAS comunicounos que  na páxina web do Servizo Galego de Saúde publicouse esta mañá unha nota informativa da suspensión do prazo para a entrega da documentación preceptiva exixida aos/ás aspirantes seleccionados/as na ope das categorías de enfermeiro/a, celador/a e grupo auxiliar da función administrativa, que se reiniciará unha vez perdan vixencia as medidas excepcionais acordadas pola situación sanitaria actual.

 

CERTIFICACIÓN EMPRESA PARA XUSTIFICAR DESPRAZAMENTO DOS TRABALLADORES DO SERGAS CONFORME AO REAL DECRETO 463/2020

573-15736-a-tou20acojonau4
O Rel Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 no seu artigo 7 establece ""as limatacións da libertade de circulación das persoas e que durante a vixencia do estado de alarma as persoas únicamente podrán circular polas vías de uso público para a realización dunha serie de actividades. Unha de elas é o desprazamento ao lugar de traballo para efectuar a prestación laboral, profesional ou empresarial

Os traballadores deberían levar consigo a autorización que nos remitiu a empresa ao noso correo  para efectos de identificación polas autoridades competentes no caso de control de circulación para acceso ou saída do respectivo centro de traballo.

Debedes imprimila de modo que capture a pantalla e se vexa o voso nome no correo. Non hai outra forma de descargala cos vosos datos 

Falado pola mañán co servizo de Atención ao Traballador nos confirman que tamén nos serviría a tarxeta sanitaria co chip e foto

 

NOVAS MEDIDAS E ESTADO DE ALARMA

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

·         RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19.

Descargar PDF

·         RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, declarada polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do día 13 de marzo de 2020, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19.

Descargar PDF

 

MINISTERIO DE SANIDAD

Estado de alarma. Medidas urgentes

· Orden SND/232/2020, de 15 de marzo, por la que se adoptan medidas en materia de recursos humanos y medios para la gestión de la situación de crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19.

oPDF (BOE-A-2020-3700 - 5 págs. - 244 KB)

 

· Orden SND/233/2020, de 15 de marzo, por la que se establecen determinadas obligaciones de información de acuerdo con lo previsto en el Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, por el que se declara el estado de alarma para la gestión de la situación de crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19.

oPDF (BOE-A-2020-3701 - 3 págs. - 246 KB)

 

· Orden SND/234/2020, de 15 de marzo, sobre adopción de disposiciones y medidas de contención y remisión de información al Ministerio de Sanidad ante la situación de crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19.

oPDF (BOE-A-2020-3702 - 4 págs. - 273 KB)

 

MINISTERIO DE LA PRESIDENCIA, RELACIONES CON LAS CORTES Y MEMORIA DEMOCRÁTICA

Estado de alarma

· Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, por el que se declara el estado de alarma para la gestión de la situación de crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19.

oPDF (BOE-A-2020-3692 - 11 págs. - 295 KB)

 

 

NOVA INSTRUCCIÓN: OUTRAS MEDIDAS EN MATERIA DE PERSOAL COMO CONSECUENCIA DO CORONAVIRUS

logo_sergas
O SERGAS remitiunos a a Instrución 5/2020, da Xerencia do Servizo Galego de Saúde, sobre outras medidas en materia de persoal como consecuencia do novo coronavirus SARS-CoV-2.
Descargar Instrucción

 

CIG SOLICITA QUE FEIJOO RECOÑEZA AS MEDIDAS DE CONCILIACIÓN FAMILIAR

20200313_CIG_informa_medidas_conciliacin

 

ÚLTIMAS RECOMENDACIÓNS DA CONSELLERÍA EN RELACIÓN Á SITUACIÓN ACTUAL DO NOVO CORONAVIRUS

logo_sergas
Últimas recomendacións da Consellería de Sanidade en relación á situación actual do novo Coronavirus en Galicia.

Descargar pdf

 

DECISIÓNS EN MATERIA DE FORMACIÓN POR MOR DO CORONAVIRUS

logo_sergas
O SERGAS remitiu o seguinte Instrucción: Decisións en materia de formación por mor do coronavirus COVID-19

Descargar pdf

 

INSTRUCCIÓN 04/2020 DO SERGAS SOBRE MEDIDAS DO PERSOAL COMO CONSECUENCIA DO CORONAVIRUS

logo_sergas
O SERGAS mandounos o seguinte protocolo para o seu persoal.
Descargar instrucción

 

PETICIÓNS DE MATERIAL NECESARIO E SEN RESTRICCIÓNS PARA A PROTECCIÓN DO PERSOAL DAS II.SS. FRENTE O CORONAVIRUS PARA ATENCIÓN PRIMARIA E ATENCIÓN ESPECIALIZADA

573-15736-a-tou20acojonau4O 06/03/2020 celebrouse en Santiago unha reunión do SERGAS cos sindicatos onde o tema foi o Coronavirus e as estratexias que están a tomar. Nela a responsable de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde comentou que os Centros de Atención Primaria e Especializada podían pedir o material NECESARIO SEN RESTRICCIÓNS.

Hoxe pola mañán os nosos delagados de CIG-Saúde Lugo foron falar coa Subdirectora de Enfermería Dona Ánxeles Dono Díaz e comentoulles que os centros sanitarios podrían pedir o material necesario (incluidos EPI's) para a protección do persoal (e pacientes) das institucións sanitarias da nosa A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte iso si xustificando previamente a súa necesidade.

 

CORONAVIRUS INCAPACIDADE TEMPORAL ASIMILADA A BAIXA LABORAL POR ACCIDENTE DE TRABALLO

573-15736-a-tou20acojonau4

O Consello de Ministros celebrado o día 10/03/2020 aprobou un Real Decreto-Lei que inclue medidas para mellorar a protección dxs traballadorxs polo COVID-19. Neste sentido tanto as persoas en aislamento preventido como quenes se contaxiaron do virus se considerarán incapacidade temporal asimilada a baixa laboral por Accidente de Traballo (exclusivamente para a prestación económica e con carácter excepcional)

Real Decreto-le 6/2020, de 10 de marzo, polo que se adoptan determinadas medidas urxentes no ámbito económico y para a protección da saúde pública.
PDF (BOE-A-2020-3434 - 9 págs. - 218 KB)

 

MOVILIDADE INTERNA

Hospital-Comarcal-de-Monforte
Publicouse no taboleiro de anuncios a Resolución do proceso de Traslados Internos do Hospital de Monforte.
Descargar arquivo
 

 

INSTRUCCIÓN RECOMENDACIÓNS DE VISITAS E ACOMPAÑAMENTOS DE PACIENTES NOS CENTROS SANITARIOS DO SERGAS

logo_sergasDirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde acaba de remitirnos a Instrucción en relación a visitas e acompañamento de pacientes nos centros sanitarios do SERGAS
Descargar ligazón

 

PRAZA TRASLADOS NA CATEGORÍA DE ENFERMERÍA QUENDA MAÑÁN CENTRO DE SAÚDE DE MONFORTE

foto_centro_salud_monforte
O 28/02/2020 o SERGAS remitiu o cadro de prazas vacantes a ofertar para o concurso de traslados abertos e permanentes deste ano.

Neste cadro provisional en fase de alegacións  sae unha praza de quenda de mañán para  Centro de Saúde de Monforte na categoría de DUE.

Na actualidade neste centro de saúde na categoría de enfermería hai dúas prazas cubertas por persoal contratado:

  • Unha con contrato de interinidade en praza vacante cupo  deslizante (ten axenda que atende pacientes de tardes e de mañáns). Vacante a 31/12/2019. 
  • Un acúmulo de tarefas que está facendo o cupo de pediatría dunha enfermeira que se xubilou en novembro do ano pasado. Este acúmulo estaba a data de 31/12/2019


A RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se aproban as bases do procedemento de concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario do Sistema público de saúde de Galicia establece “A data fin para o cómputo de prazas que se oferten en cada ciclo anual de adxudicación será o 31 de decembro do ano anterior. A oferta incluirá, demais, as prazas de necesaria cobertura ocupadas por persoal fixo susceptibles de seren adxudicadas en resultas. Ou sexa, o cómputo de prazas terá como data límite o 31 de decembro do ano anterior. E terase en conta prazas vacantes (non entrarían as prazas cubertas en acúmulos de tarefas)

Consultado hoxe co departamento de RR.HH de Lugo nos comentan que no cadro provisional de prazas remitido polo SERGAS ás organizacións sindicáis hai un erro. A praza ofertada no concurso de traslados aberto e permanente deste ano para a categoría de enfermería do Centro de Saúde de Monforte é a de quenda Deslizante e non a de quenda de mañáns. De feito van a correxir esta praza

 ¿Que pasa coa praza de pediatría de Centro de Saúde de Monforte de Lemos na categoría de enfermería?

É unha praza que está de momento bloqueada esperando decisión de RR.HH de Santiago e da Dirección de Enfermería da A.S. Lugo, A Mariña e Monforte. Recordar que na actualidade estamos cunha OPE de enfermería de especialista de pediatría que tivo o exame o  8 de febreiro de 2020 e unha comisión técnica de enfermeirxs especialistas para tratar a convocatoria do concurso específico, na categoría de enfermeirx especialista en pediatría

Se queres ver o cadro de prazas Premer ligazón

 

PROVISIÓN POR CONCURSO DE MÉRITOS DUN POSTO VACANTE DE XEFATURA DE GRUPO DE ÁREA ADMINISTRATIVA (COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO LUGO)

logo_sergas
Publicouse no DOG o 04/03/2020 o  ANUNCIO do 20 de febreiro de 2020, da Xerencia da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, polo que se dá publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca a provisión, polo sistema de concurso de méritos, dun posto de xefe/a de grupo-área administrativa. (DOG 04/03/2020)
Descargar DOG

As solicitudes para participar na presente convocatoria, xunto coa documentación a que se refiren as súas bases, presentaranse, dirixidas ao xerente da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, preferentemente no Rexistro do Hospital Universitario Lucus Augusti, na rúa Doutor Ulises Romero, nº 1, 27003, Lugo, ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Descargar bases

 

PLAN ESPECÍFICO CORONAVIRUS (SARS-CoV-2)

logo_sergas
O pasado venres  foi presentado na Comisión Central de Seguridade e Saúde o Plan Específico para a prevención de riscos ante a exposición laboral ao novo coronavirus (SARS-CoV-2)
Descargar PDF

Os protocolos de actuación estarán en permanente actualización e serán obxecto de publicación na páxina web do Servizo Galego de Saúde.
Descargar ligazón SERGAS 

 

 

INFORMACIÓN CORONAVIRUS

20200306_CIG_informa_coronavirus

 

SERVIZOS MÍNIMOS FOLGA 8 DE MARZO

8_MARZOORDE do 3 de marzo de 2020 pola que se determinan os servizos mínimos, no ámbito da asistencia sanitaria, durante as folgas convocadas para o día 8 de marzo de 2020.
Descargar PDF

 

INFORMACIÓN TRASLADOS ABERTOS E PERMANENTES 2020

traslados_sergas
O SERGAS comunicamos que a reunión da Mesa sectorial anunciada para o venres 6 de marzo para falar sobre o cadro provisional de traslados abertos e permanentes 2020 terá lugar previsiblemente o venres 13 de marzo.

Tras a  aprobación de prazas será remitido para a súa publicación en DOG.


 

PLANTILLAS PROVISIONAIS DE RESPOSTAS DE OPE VARIAS CATEGORÍAS

facebook_1577493724600Este fin de semana celebráronse exames de OPE de varias categorías. Para descargar exames e plantilla provisional de respostas Premer ligazón

BOA SORTE A TODXS

 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info