gracias

PROPOSTA NOVO BORRADOR PACS EN FOLGA

pacs_en_folga

Convócase ao Comité de Folga a unha reunión que terá lugar o vindeiro martes, 23 de abril de 2019 ás 11.00 horas

Descargar borrador proposta presentada por SERGAS

Cálculo Fórmula

 

CONVENIO ESPECIAL COA SEGURIDADE SOCIAL DE COIDADORES DE PERSOAS DEPENDENTES

LOGOMITJA8x10

O día 07/03/2019 publicouse no BOE  o Real Decreto-lei 6/2019, de 1 de marzo, de medidas urxentes para garantía de la igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes no emprego e a ocupación.

Na súa Disposición adicional decimocuarta sobre Réximen xurídico dos convenios especias dos coidadores non profesionais das persoas en situación de dependencia establece que a partir del 1 de abril de 2019, os convenios especiais que se suscriban según o previsto no Real Decreto 615/2007, de 11 de mayo, polo que se regula la Seguridade Social dos  coidadores das personas en situación de dependencia, se rexirán íntegramente polo dispuesto no dito real decreto.

As cuotas á Seguridade Social e por Formación Profesional establecidas cada año en función do previsto no artigo 4 do Real Decreto 615/2007, de 11 de maio, serán aboadas conxunta e directamente polo Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO) á Tesorería Xeral da Seguridade Social.

Se queredes ter máis información Premer ligazón

Descargar BOE páxina 22


 

ACTUALIZACIÓNS LISTAS DE CONTRATACIÓN VARIAS CATEGORÍAS

listas_contratacin

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2019 pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario de:

  • Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía
  • Técnico/a superior en dietética e nutrición
  • Técnico/a superior en documentación sanitaria
  • Técnico/a superior en hixiene bucodental
  • Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico
  • Técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico
  • Técnico/a superior en radioterapia
  • Técnico/a superior en coidados auxiliares de enfermería
  • Técnico/a en farmacia

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesa-das poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición, ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.
 

MODIFICACIÓN ORDE DE NÓMINAS PERSOAL XUNTA DE GALICIA

xunta_de_galicia

ORDE do 8 de abril de 2019 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2019.

Descargar PDF

¿A QUE PERSOAL AFECTA?

A) Contía das retribucións dos funcionarios públicos que desempeñan postos de traballo para os que o Consello da Xunta de Galicia aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia

B) Contía das retribucións do persoal laboral incluído no ámbito de aplicación do V Convenio colectivo único

C) Reintegro de retribucións para a implantación do réxime extraordinario de acceso ao grao I do sistema de carreira profesional do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e do persoal laboral fixo do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, aprobado polo Consello da Xunta o 28 de marzo de 2019.

 

NOVAS FEAS

feas_15_04_19

 

PREVISIÓN PUBLICACIÓNS ACTUALIZACIÓNS LISTAS DE CONTRATACIÓN

publicaciones_a_15_04

 

NOTA INFORMATIVA CONFLICTO ATENCIÓN PRIMARIA

573-26240-a-tou20enfadaop

A secretaria Nacional de CIG-Saúde considera “inadmisible” que xa antes de iniciarse a negociación do estudo de necesidades de persoal na atención primaria, que é un dos compromiso recollidos na acta, xa o conselleiro adiante en sede parlamentaria que non teñen a máis mínima intención de dotar o servizo de máis medios humanos, nin materiais, nin máis orzamento. Nin sequera de dotar á Primaria de capacidade resolutiva ou a creación dunha Xerencia. “Antes de cuantificar as necesidades reais xa anuncian o ridículo orzamento que van investir, o que é a proba máis evidente de que a súa intención era e é non facer nada”, denuncia Abuín.

Desde a CIG-Saúde “lamentamos o erro cometido ao confiar en que a consellaría de Sanidade e Feijóo ían cumprir o que a Directora de Recursos Humanos, que adoita respectar os compromisos que adquire e que dela dependen, nos estaba a transmitir. Estaba sendo utilizada e eles non tiveron sequera a decencia de asistir a ningunha reunión coa Plataforma”.

A CIG-Saúde lamenta, xa que logo, ter desconvocado a folga e terlle dado ese voto de confianza ao goberno do PP, que “sabemos que non é digno de tal”, afirma Abuín, quen anuncia que “imos convocar unha reunión da plataforma en breve para propor retomar a folga no mes de maio se o día 26 o SERGAS non trae á mesa sectorial as propostas para desenvolver os acordos acadados o 10 de abril. Estamos dispostas a incrementar a mobilización a todos os niveis”.

nota_prensa_1

nota_prensa_2

 

 

INSTRUCCIÓN INCAPACIDADE TEMPORAL PARA XS FACULTATIVXS DO SERGAS

xunta_de_galicia

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se acorda a publicación da Instrución do 18 de marzo de 2019 pola que se establece o protocolo común para a xestión clínica e o seguimento da incapacidade temporal por parte dos/das facultativos/as médicos/as das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde prescritores/as de procesos de incapacidade temporal

Descargar PDF

 

BORRADORES VARIAS CONVOCATORIAS OPE 2019

borrador_conv._a_10_04_19

 

PERMISOS ELECCIÓNS SINDICAIS 23/05/2019 NO DISTRITO DE MONFORTE

Descargar Resolución Permisos Eleccións Sindicais 2019

facebook_1554643418394

 

NOTA INFORMATIVA: DESCONVOCADA FOLGA NA ATENCIÓN PRIMARIA

573-69003-a-BURRO

A desconvocatoria de folga non pon fin nin ao conflito nin a negociación. Para nós agora comeza o verdadeiro traballo, se o SERGAS non negocia de boa fe, e da cumprimento as nosas demandas, volveremos a convocar as mobilizacións que sexan necesarias.

desconvocada_folga_primaria


 

DESCONVOCADA FOLGA EN ATENCIÓN PRIMARIA

Folga-AP-abril-2019

NOTA DE ÚLTIMA HORA: DESCONVOCADA FOLGA DE ATENCIÓN PRIMARIA PARA OS DÍAS 09-10-11 DE ABRIL

Descargar Acta Desconvocatoria Folga Atención Primaria

Descargar Orde Consello Asesor Técnico de Atención Primaria

 

DEREITOS E OBRIGAS DOS TRABALLADORES NUNHA FOLGA

IMG-20180301-WA0016

IMG-20180301-WA0017

 

OPE 2019 XUNTA DE GALICIA E SERGAS

xunta_de_galicia

Consellería de Facenda

DECRETO 33/2019, do 28 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019.

Descargar PDF

Consellería de Sanidade


DECRETO 34/2019, do 28 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2019 do persoal sanitario funcionario ao servizo da Comunidade Autónoma incluído no ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas do persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma.

Descargar PDF

 

AMPLIACIÓN PRAZAS OPE PSX

ope_informa_logo_grande

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2019 pola que se modifica a Resolución do 1 de marzo de 2019 pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de persoal de servizos xerais, ampliando o número de prazas convocadas.

Descargar PDF

 

TRASLADOS ABERTOS E PERMANENTES 2019

traslados_sergas

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 18 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e se aproba a oferta de destinos no ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2019 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos.

Descargar PDF

NON. Esta corrección de erros non modifica os prazos establecidos no punto primeiro) e terceiro) da Resolución do 18 de marzo de 2019 (DOG núm. 61, do 28 de marzo).

 

SERVIZOS MÍNIMOS FOLGA DÍAS 9-10-11 ATENCIÓN PRIMARIA

ORDE do 5 de abril de 2019 pola que se determinan os servizos mínimos durante a folga que afectará determinado persoal da Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde a partir do día 9 de abril de 2019.

Descargar PDF

Folga-AP-abril-2019

 

PRAZAS OPE PSX

Infórmase que está previsto que o luns, 8 de abril se publique no Diario Oficial de Galicia a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos pola que se amplía o número de prazas convocadas no concurso-oposición para o acceso á categoría de persoal de servizos xerais, co obxecto de acumular as prazas correspondentes á oferta de emprego público de 2019.

 

Comunícase así mesmo que nesta mesma data publicarase no Diario Oficial de Galicia unha corrección de erros na relación de prazas ofertadas no concurso de traslados aberto e permanente deste ano. Achéganse os Anexos coas modificacións (no Anexo I constan os destinos que se suprimen e no Anexo II os destinos que modifican o número de prazas ofertadas).

 

 

ENFERMEIRA ESPECIALISTA EN SAÚDE MENTAL E DO TRABALLO

·         RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve o concurso específico para o ingreso na categoría estatutaria de persoal enfermeiro especialista nas especialidades de traballo e de saúde mental.

Descargar PDF

 

FOLGA EN PRIMARIA

CIG-Panfleto-XERAL-FOLGA-AP-1

 

REUNIÓN DÍA 29/03/2019 DE CIG-SAÚDE E COMITÉ DE FOLGA PACS


Screenshot_20190402-214934
Screenshot_20190402-214941

 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info