gracias

CIG-SAÚDE REXEITA O "PIN INFORMATIVO" QUE QUERE IMPOR O PP NA SANIDADE PÚBLICA

pin_informativo

 

LISTADO PROVISIONAL DE PUNTUACIÓNS DE MOBILIDADE INTERNA HOSPITAL PÚBLICO DE MONFORTE

Hospital-Comarcal-de-MonforteSaiu publicado no taboleiro da intranet do Hospital Público de Monforte a lista provisional de baremación de Mobilidade Interna do Hospital Público de Monforte.
hAI un prazo de quince días hábiles a contar dende mañá para formular as reclamacións que estimedes oportunas, é dicir ata o 21 de febreiro inclusive.
Premer listado de baremación

 

PANFLETO MANIFESTACIÓN 09/02/2020

CIG-apoia-Mani-SOS-9F-2020

 

LISTADOS PROVISIONAIS VARIAS CATEGORÍAS

info_listas_contratacin
RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación provisional de admitidos/as e excluídos/ as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario das categorías de:

  • Albanel
  • Carpinteira/o
  • Celadora/or
  • Cociñeira/o
  • Costureira/o
  • Grupo auxiliar da función administrativa
  • Lavandeira/o
  • Pasadora/or de ferro
  • Perruqueira/o
  • Pinche
  • Telefonista
Contra a resolución provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación, as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante as xerencias das áreas sanitarias e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade no prazo de dez días hábiles (do 1 ao 14 de febreiro de 2020) contados a partir do seguinte ao da súa publicación. As persoas que, presentando debidamente solicitude de inscrición, non consten como admitidas nin excluídas, disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.

Descargar PDF

Ir enlace




 

PUBLICACIÓN DOG MODIFICACIÓNS SELECCIÓN PERSOAL ESTATUTARIO TEMPORAL

log_dog
RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se autorizan e se publican diversos acordos adoptados pola Comisión Central de Seguimento do Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 123, do 30 de xuño de 2016).
Descargar PDF

 

MANIFESTACIÓN SANTIAGO 09/02/20

IMG-20200128-WA0007

 

Modificacións Pacto FEAS

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se autorizan e se publican diversos acordos adoptados pola Comisión Central de Seguimento do Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 123, do 30 de xuño de 2016).

Descargar PDF

 

INSTRUCCIÓN DO USO AXEITADO DE ESPAZOS PÚBLICOS E TABOLEIROS NOS CENTROS SANITARIOS

O 24 de Xaneiro, publicouse na intranet do Sergas a instrucción sobre o uso axeitado de espazos públicos e taboleiros nos centros sanitarios
Descargar instrucción

 

ADMITIDOS E EXCLUÍDOS DIVERSAS CATEGORÍAS E ACORDOS DO PACTO

573-18546-a-mediotouchiscando1



Está previsto que o xoves 29 se publique en DOG a resolución pola que se autorizan e se publican diversos acordos adoptados pola Comisión Central de Seguimento do Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 123, do 30 de xuño de 2016).

O venres 31 está previsto que se publique a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal das categorías de albanel, carpinteiro/a, celador/a, cociñeiro/a, costureiro/a, grupo auxiliar da función administrativa, lavandeiro/a, pasador/a de ferro, perruqueiro/a, pinche e telefonista

 

ERRO NOS CURSOS ACIS!!!!

573-15736-a-tou20acojonau4O outro día a dircción enviounos os cursos ACIS presenciais que se van facer en Monforte, hai un erro no número de un deles. Fixádevos ben porque está mal o número.
Na relación que mandaron ven co número 207873 e o que hai que poñer é 207883 soporte vital básico.
Si poñedes o 207873 estaríades pedindo un curso de cancro oral que se imparte en Compostela, ollo!!!
Por outra banda o curso 207983 ainda non se pode pedir, seica non está habilitado.

 

ACLARACIÓN PUBLICACIÓN NO DOG ORDE DE NÓMINAS 2020

573-18369-a-tou20saltonOnte publicouse a orde de confección de nóminas para o 2020 na que se inclúe o cobro do 100% do grao de carreira e o acordo retributivo da atención continuada do persoal de PACs. Cómpre aclarar que NON recolle o incremento do 2% do Estado que se publicou onte no BOE, polo que queda por tanto pendente de incluír.

ORDE do 14 de xaneiro de 2020 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2020.
Descargar PDF

 

LUGAR E DATA DE REALIZACIÓN OPE

573-36683-a-ollopiollop·         RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos o lugar e a data de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en diversas especialidades da categoría de enfermeiro/a especialista, convocado mediante a Resolución do 3 de maio de 2019.

Descargar PDF

·         RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos o lugar e a data de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de fisioterapeuta, convocado mediante a Resolución do 3 de maio de 2019.

Descargar PDF

·         RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos o lugar e a data de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de persoal de servizos xerais, polos sistemas de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral, convocado mediante a Resolución do 1 de marzo de 2019.

Descargar PDF

 

CURSOS ACIS 2020

RESOLUCIÓN conxunta do 27 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos e da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, pola que se convoca o Plan de formación continua para o persoal deste servizo.
Descargar PDF

Só se poderá solicitar a participación nun máximo de seis actividades formativas por ano.
Prazos de inscrición A partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata un mes antes do inicio de cada actividade formativa
Anulación de reserva: Se a/o aspirante seleccionada/o para a realización dunha actividade formativa decide non asistir a ela, deberá comunicar a súa renuncia a través da páxina web da Acis cunha antelación mínima de catro (4) días naturais ao da data fixada para o inicio da citada actividade. De non facelo así, e agás motivo xustificado, baseado en causa de forza maior ou acontecemento imprevisible, non será admitida/o en ningunha outra actividade formativa no transcurso dos doce (12) meses seguintes.

 

APROBADO CONSELLO DE MINISTROS SUBA SALARIAL 2%

573-18666-a-toufeliz2
O Goberno garantiza, coa aprobación do Real Decreto-Lei, que o incremento se fai efectivo dende o 1 de xaneiro de 2020. A subida salarial se aplica ás empregadas e empregados públicos das administracións estatais, autonómica e local, e tamén ao sector público empresarial

O incremento das retribucións para 2020 establece as seguintes previsións:

  • Un incremento fixo do 2% das retribucións das empregadas e os empregados públicos con efectos 1 de xaneiro
  • Un incremento variable, en función do crecemento do PIB de 2019

Descargar Consello de Ministros de 21/01/2020

Real Decreto-ley 2/2020, de 21 de enero de 2020, por el que se aprueban medidas urgentes en materia de retribuciones en el ámbito del sector público.

 

INFORMACIÓN SUBA SALARIAL 2%

xunta_de_galiciaA Xunta de Galicia aplicará xa na nómina de xaneiro as subas retributivas específicas que foron pactadas coas organizacións sindicais, e fará efectiva a suba xeral do 2% ao conxunto dos seus empregados públicos en canto o autorice o Goberno central. En todo caso, a Xunta publicará a vindeira semana a orde de confección de nóminas para 2020, tal e como recolle un informe analizado hoxe no Consello da Xunta.

Esta suba salarial efectuarase a través do fondo retributivo que xa está dotado nos orzamentos da Xunta para 2020, que entraron en vigor o pasado 1 de xaneiro. Por tanto, a Xunta aplicará esta suba de maneira inmediata no momento en que a Administración xeral do Estado habilite o mecanismo correspondente. Ademais, esta suba xeral do 2% beneficiará todos os traballadores da Administración autonómica e terá efectos desde o 1 de xaneiro, polo cal xa está sendo devindicada polos empregados públicos galegos.

Descargar Consello Xunta 16/01/2020 páxina 13


 

LISTADO PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS CONCURSO DE MOVILIDADE INTERNA

HOSPITPublicouse na intranet o listado provisional de admitidos excluidos do concurso de movilidade interna do Hospital de Monforte de Lemos
Se queres descargar o listado Premer ligazón

 

TARXETA BENVIDA 2020

log_muchos_nios
ORDE do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nados, adoptados/as ou declaradas en situación de garda con fins adoptivos no ano 2020 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403B).
Descargar PDF

As contías previstas nos números 1 e 2 incrementaranse un 25 % no suposto de residencia en concellos cunha poboación inferior a 5.000 habitantes segundo os últimos datos oficiais de poboación de carácter definitivo publicados polo Instituto Galego de Estatística.

 

MOBILIDADE INTERNA

Hoxe publicóse a lista de admitidos e excluídos dos acomodos internos.A lista está exposta no taboleiro de anuncios do pasillo de dirección.
Podédelo consultar alí.
hai 5 días de prazo para reclamar.mobilidade

 

PAGAMENTO POR FILLOS MENORES DE TRES ANOS

573-18666-a-toufeliz2·         ORDE do 18 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2020 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS410A).

Descargar PDF

 

HORA EXAME VARIAS CATEGORÍAS

ope_informa_logo_grande
Información chegada do SERGAS: hora exame de varias categorías
Descargar horas exames

 

LISTAS PROVISIONAIS ADMITIDOS E EXCLUIDOS FEAS

listas_contratacin
Na comisión central de contratacións do pasado 20 de decembro de 2019, acordáronse unha serie de medidas para mellorar o procedemento de selección de FEAs.

Dito acordo está pendente de publicación no DOG, e previsiblemente cando se publiquen en febreiro as listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as, se abrirá un prazo de reclamacións de 10 días durante o cal poderán cambiar o/s distrito/s preferentes e formular as reclamacións que consideren oportunas á súa baremación.

 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info