gracias

PREVISIÓNS PRÓXIMAS PUBLICACIÓNS LISTAS CONTRATACIÓNS

info_listas_contratacin

Está previsto que o mércores, 27 de marzo se publiquen as listas provisionais do proceso de actualización correspondente ás categorías de:

  • Enfermeiro/a
  • Enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061
  • Enfermeiro/a especialista do traballo
  • Enfermeiro/a especialista de saúde mental
  • Enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía
  • Enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria
  • Médico/a de familia
  • Médico/a de urxencias hospitalarias
  • Pediatra de atención primaria
  • Persoal de servizos xerais.
 

LISTAS DEFINITIVAS CONTRATACIÓNS

listas_contratacin

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario das categorías:

  • Albanel
  • Carpinteiro/a
  • Celador/a
  • Cociñeiro/a
  • Costureiro/a
  • Grupo auxiliar da función administrativa
  • Lavandeiro/a
  • Pasador/a de ferro
  • Perruqueiro/a
  • Pinche
  • Telefonista
As listas entrarán en vigor con efectos do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

 

 

OPE AUX ADMTVO

573-18369-a-tou20saltonInfórmase que está previsto que o luns, 25 de marzo, se publiquen no Diario Oficial de Galicia, o lugar e as datas de realización dos exercicios da fase de oposición para o ingreso na categoría de grupo auxiliar da función administrativa.

 

Os exames da fase de oposición terán lugar no Recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda, o domingo, 7 de abril, ás 15:30 horas.

 

Na páxina web (www.sergas.es) publicaranse as distintas portas de acceso ao recinto de realización das probas así como os/as aspirantes asignados/as a cada unha delas.

 

 

INSCRIPCIÓN LISTAS XUNTA PSX E XEROCULTOR

 

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se acorda a apertura de novas listas para a incorporación de solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia do grupo IV, categorías profesionais de xerocultor/a e de persoal de servizos xerais

Solicitudes

Os/as interesados/as en formar parte das listas, deberán presentar a instancia con-forme o modelo que se encontra á súa disposición no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de Listas de contratación.

As instancias dirixiranse á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda e presentaranse nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, nas oficinas de Correos e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Taxas: 17,60 euros

Están exentos do pagamento, consonte o artigo 23.5 da Lei 6/2003 do importe total da taxa:

  • As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.
  • As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial

Do 50 % do importe da taxa:

  • As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría xeral.
  • As persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data de publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galiciae non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

Descargar PDF

 

 

NOTA DE PRENSA CENTRO DE SAÚDE CHANTADA

Nota de prensa íntegra remitida aos medios

Prensa dixital Xornal de Lemos

chantda_cs_17_02

 

PUBLICACIÓN PUNTUACIÓNS DEFINITIVAS PROCESO OPOSICIÓN VARIAS CATEGORÍAS

INFO_OPE

Grupo técnico da función administrativa e Grupo de xestión da función administrativa
 
Médico/a de familia de atención primaria
 
Enxeñeiro/a técnico/a
 
Técnico/a superior en documentación sanitaria
 

CORRECCIÓN DE ERROS PROCESO SELECTIVO XUNTA

xunta_de_galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 5 de marzo de 2019 pola que se convoca proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 003 do grupo V (ordenanza e outras) de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 5 de marzo de 2019 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia
 

COMPOSICIÓN CONSELLO ASESOR DE PACIENTES DA ÁREA DE MONFORTE, O CERVO E MONFORTE DE LEMOS

logo_eoxi_lugo

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2019, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se establece a composición do Consello Asesor de Pacientes da Área de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

Descargar PDF

 

CADRO DE PRAZAS PENDENTES DE OFERTAR

Descargar documento

provisionales_ope_2019

 

OPE 2019

ope

 

RESOLUCIÓN CONVOCATORIA XEFE DE TALLER HOSPITAL DE MONFORTE

Hospital-Comarcal-de-Monforte

Publicouse hoxe no taboleiro da nosa Eoxi a Resolución de Convocatoria de Xefe de Taller do Hospital de Monforte

Descargar resolución

 

PREVISIÓNS OPE

ope_15_03

 

MODIFICACIÓN CADRO DE PRAZAS TRASLADOS DE PERSOAL SANITARIO NON FACULTATIVO

traslados_sergas

O SERGAS mandou un novo cadro de prazas para traslados aberto e permanente para persoal sanitario non facultativo que modifica ao que mandamos o sábado

Descargar pdf

 

CADRO DE PRAZAS OPE 2019

ope_informa_logo_grande

Hoxe houbo Mesa Sectorial e o SERGAS presentou o seguinte cadro de prazas provisionáis para OPE 2019

Descargar cadro de prazas

 

CONCURSO DE MÉRITOS XEFE DE TALLER DO HOSPITAL DE MONFORTE

Hospital-Comarcal-de-Monforte

ANUNCIO do 18 de febreiro de 2019, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, polo que se dá publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca a provisión, polo procedemento de concurso de méritos, dun posto de xefe/a de taller do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos.

Descargar PDF


 

CONVOCATORIA XUNTA SUBALTERNOS E ORDENANZA

xunta_de_galicia

ORDE do 5 de marzo de 2019 pola que se convoca proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 003 do grupo V (ordenanza e outras) de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia

Descargar PDF

ORDE do 5 de marzo de 2019 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Descargar PDF

O prazo para formalizar telematicamente as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG)

 

RESUMO PROCEDEMENTO CONVOCATORIA PSX

ope_informa_logo_grande
Prazo de presentación solicitudes: do 15 de marzo ata o 30 de abril de 2019, ambos inclusive. O formulario de inscrición atópase no FIDES no apartado de Procesos.

As solicitudes de participación no concurso-oposición dirixiranse a unha unidade de validación das relacionadas no propio formulario electrónico de inscrición

Como novidade no formulario de inscrición, inclúese a verificación automática de determinados requisitos, sen necesidade de ter que aportalos en papel. Tal é o caso de:

  • DNI ou NIE.
  • Certificado de discapacidade emitido na Comunidade Autónoma.
  • Desempregados/as de máis de 6 meses a nivel estatal.
  • Condición de familia numerosa recoñecida na Comunidade Autónoma.


No caso de que non se queira autorizar dita verificación terase que marcar esa opción na inscrición, e daquela presentará en papel toda a documentación.

O resto de requisitos teranse que aportar fisicamente (título, pasaporte...).

Taxas:
25,81 euros. O/a solicitante poderá facer efectivo o pagamento da taxa desde Fides/expedient-e, habilitándose un enlace directo ao sistema de pagamento lectrónico de taxas da Consellería de Facenda


Exentos do pagamento da taxa por dereito de inscrición:

  • As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.
  • As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

Bonificación do 50 % á inscrición solicitada:

  • Polas persoas que sexan membros de familias numerosas de categoría xeral.
  • Polas persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas nas cales soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou ubsidio por desemprego

Méritos: valoraranse con referencia ao día inmediatamente anterior, inclusive, ao da publicación da convocatoria no DOG.

Puntuación específica polo exercicio de dereitos de conciliación:
Polo exercicio de dereitos de conciliación nos cinco anos anteriores á data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, ata o máximo de 0,5 puntos:

  • Licenza por maternidade: 0,2 puntos/licenza.
  • Permiso de paternidade: 0,2 puntos/permiso.
  • Redución de xornada por motivos familiares: 0,2 puntos. Para estes efectos, só se computará unha redución por ano e tomarase como data de referencia a data do seu inicio. No suposto de que o seu desfrute se estendese na anualidade seguinte á de inicio, computarase como unha soa redución.
  • Excedencia por coidado de fillos e familiares: 0,02 puntos/mes.

Poderán presentarse:

  • Por rexistro electrónico (requirirase un certificado dixital válido: FNMT,DNI electrónico ou Camerfirma)
  • De forma presencial no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde
  • A través de calquera dos procedementos do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Exento/a da realización do exercicio de lingua galega: estar en posesión do Celga 3, curso de iniciación ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia

O/a aspirante deberá seleccionar no formulario electrónico de inscrición o idioma, galego ou castelán, en que desexa que se lle facilite, na data de exame, o cuestionario de preguntas da parte común e específica da fase de oposición
Reparto_PSX

 

FOLGA 8M

photo

O pasado 08/03/2019 celebrouse a Día Internacional da Muller. En Monforte celebráronse varios actos en conmemoración na loita dos nos dereitos na procura dun mundo en Igualdade.
Dar as grazas a todxs os que participastes nestes actos, tanto na Manifa como os que fixestes folga, aos que fixestes mínimos como aos que non fixestes mínimos... O importante es que estives ahí apoiándonos... Algún día conseguiremos un mundo en Igualdade
MOITAS GRAZAS A TODXS.

Ver vídeo 8M. Rap Alexandra Pérez. Concello de Monforte de Lemos 

1
2
4
5

6
6_1
8
8_1
9
10
11

 

MESA SECTORIAL 12/03/2019

logo_sergas
O 12/03 vaise celebrar a Mesa Sectorial. Entre os puntos destacar: 

  • Proxecto de decreto de oferta de emprego público de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde {2019).
  • Proxecto de decreto polo que se regulan as Áreas Sanitarias e os Distritos Sanitarios do Sistema Público de Saúde de Galicia.
  • Ratificación do acordo adoptado o 18 de febreiro de 2019 no seo da Comisión Central de Seguimento do Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal do Sistema Público de Saúde de Galicia
  • Concurso de traslados aberto e permanente: oferta de destinos 2019.
 

CADRO PROVISIONAL PRAZAS TRASLADOS ABERTOS E PERMANENTES

traslados_sergas
O día 12/03/19 celebrarase Mesa Sectorial. O SERGAS presentou estos cadros de prazas para os traslados abertos e permanentes

  1. Descargar cadro provisional de Facultativos Especialistas 
  2. Descargar cadro provisional de Facultativo AP-AE
  3. Descargar cadro provisional de Persoal Sanitario Non Facultativo
  4. Descargar cadro provisional de Persoal de Xestión e Servizos
 

ÁREAS LIMÍTROFES PACTO DE CONTRATACIÓNS

listas_contratacin
Descargar documento áreas limítrofes

 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info