gracias

NON FOI SEN TEMPO

573-37083-a-tou20de20festapHoxe ven publicado no xornal El Progreso que o Xerente de Monforte cesará e no seu lugar virá Lorenzo Armenteros que foi Xerente de Atención Primaria de 1997 ata 2005.

A verdade e que facelo peor que o Xerente actual e moi difícil, pero están a punto de sacar o decreto de área e en canto entre en vigor todos sabemos que as decisións non se tomarán aquí senon en Lugo. Polo tanto temos as nosas dúbidas de que este Xerente consiga mellorar algo o Hospital, xa que as decisións non se van tomar desde aquí.

De tódolos xeitos temos sensacións contraditorias, xa que facelo peor que este é moi difícil, pero o novo tampouco vai ter moito marxe de manobra xa que se limitará a acatar as ordes que lle den en Lugo.

En fin o único bó que vai traer a área sanitaria vai ser o cese do actual Xerente, unha persoa distante, na que non podías confiar, que casi non falaba con ninguén e coa que era imposible chegar a acordos, xa que o único q che decía sobre as propostas que lle levabas era, "se estudiará", "lo miraremos"...En fin penoso.

 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info