gracias

PRIVATIZACIÓN DO NOVO HOSPITAL DE VIGO

sanidade-publicaAnte todo moita calma.

 

Parece que o poder "Popular" e os seus tentáculos intentan desmobilizar e desmotivar ao persoal para que a onda de críticas á privatización do novo hospital non se expanda. Os medios a súa disposición son ben coñecidos e poderosos,  a estratexia tamén está clara, provocar, mentir e ocultar.

 

Non debemos perder a referencia mais importante e de maior calado, a privatización da sanidade pública e o deterioro tanto asistencial como laboral de TODO o persoal.

 

O que nos debe unir é a defensa do público, a calidade publico asistencial e a defensa das condicións laborais e os postos de traballo.  Coas intencións actuais iso todo vaise dilapidar e quen non o queira ver  quizás teña un problema de perspectiva da realidade.

 

Non temos que por a énfase  na anécdota, como fan outros para esconder as súas perversas intencións, vale como exemplo a convocatoria por parte do xerente do CHUVI de actos para explicar a privatización do novo hospital nun día de mobilización e convocando so ao persoal sanitario (clara intención de dividir). Un lexítimo acto non carente de certa provocación e aleivosía. Nesa xuntanza o Xerente expuxo practicamente todo o guión do PowerPoint, o persoal escoitou pacientemente e manifestou en momentos puntuais o se desacordo pero sen tanta agresividade como se intenta vender. Quizás quen non soubo  estar á altura das circunstancias foi o propio xerente con algún comentario ou xestos pouco afortunados e algunha intervención que caldeou o ambiente con adxectivos como fascistas cara o persoal discrepante.

 

A estas alturas da historia quen non teña información acerca do que significa o financiamento e xestión privada da sanidade pública é que non tivo interese ou non lle preocupa en absoluto, porque información e xuntanzas se teñen feito unhas cantas por parte da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública. Haberá a quen so lle interese a versión da administración por intereses ou proximidade ideolóxica, pero por favor, quen non utilice termos como fascismo ou franquismo para descualificar a moito persoal que ve perigar as súas condicións laborais e defende unha sanidade universal, pública e de  calidade, quizás esa a quen se lle enche a boca con eses cualificativos nunca soubera ou padecera nin o fascismo nin o franquismo por pertencer e sentirse  unha clase social elitista e clasista, quizás esa sexa "La niña de Rajoy" con problemas de "alerxia" á clase media baixa.

 

A ese persoal que non ve mais aló do seu benestar particular, que se relaciona con principios moi básicos, egoístas e insolidarios quizás lle sexa difícil entender principios de  igualdade, xustiza e solidariedade, non so de profesionalidade funciona o mundo, simplemente con dar un par de pasos adiante se poden entender moitas cousas e ver mais mundo.

Non se trata de dividir, como pretende o poder "Popular" e as súas correas de transmisión informativas, o descontento e a protesta tamén son elementos de expresión sempre dentro dun marco de tolerancia e de saber encaixar.

 

Ante este escenario que nos estamos atopando so cabe firmeza na defensa do público, solidariedade, unión e ante todo moita paciencia.

 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info