gracias

OS SALVADORES DO HOSPITAL DE MONFORTE

573-29600-a-lobeznoVelaí os salvadores do Hospital Comarcal de Monforte.Chegou a CESM e mandou parar.Din hoxe no xornal la Voz de Galicia que as reclamacións deste sindicato foron feitas hai un mes.E tamén din que a resposta da consellería foi moi positiva,xa que lle din que contratarán a calquera especialista en menos de 24 horas e cun contrato de interinidade.Só fodería que non fora así.Empezando porque agora mesmo non temos ningún pediatra.Ainda que se me fai un pouco raro que isto sexa certo,xa que o exemplo mais claro témolo no propio hospital.O novo anestesista está traballando nun contrato que lle renovan mes a mes.E non foi porque nós non foramos falar co noso xerente e explicarlle que como non lle fixera un contrato longo,en canto atopara un contrato mellor ou unha cidade máis atractiva se largaría.Pero nin caso porque "nosotros ya le dijimos que estuviera tranquilo que le iríamos renovando mes a mes"(Benigno dixit).Pero de que pino cairon estes?En fin xa veremos canto nos dura o anestesista.

Outra cousa que quería facer é comentar a postura do delegado da CESM en Monforte que hai uns días ainda dicía que o hospital ía fatal e agora vai como deus.

Ademáis seica tamén estivo arengando ás masas na charla sobre tabaquismo que houbo o outro día e que non foi outra cousa que unha loubanza da xestión integrada por parte do xerente do hospital.

Que cada un saque as súas conclusións de si a CESM é ou non afín á dirección.

 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info