gracias

MESA SECTORIAL DE CONTRATACIÓN

REUNIÓN NEGOCIACIÓN PACTO DE CONTRATACIÓNS.

 

 

         573-52036-a-cigtoudemo   Nesta reunión a Admón fíxonos entrega do documento que se vos enviou pola mañá, no que se  recolle a baremación do novo pacto.

            Previa á entrega do documento a Admón infórmanos que aceptan a petición sindical de que exista unha única listaxe baremada con criterios OPE. A simulación que fixeron para comprobar que este sistema non prexudicaba moito aos opositores que superaron o proceso selectivo e que non acadaron praza é insignificante.

            Pola contra, coa simulación que realizaron beneficiase máis persoal, xa que a todo o mundo se lle vai ter en conta a nota de OPE.

            Nós manifestémonos a favor disto, é máis, có sistema de exame actual dun só exercicio con dúas partes, o prexuízo para quen non superase a OPE é maior; ou tes 0  puntos ou tes 18 puntos.

Temas que plantexamos como CIG-SAÚDE. 

-          Queremos negociar un único baremo para selección temporal e definitiva. Se este baremo vai entrar en vigor despois da OPE 2010, non corre presa negocialo. A Admón non é partidaria, xa que o seu argumento é que non queren negociar unha OPE até que finalice esta. Argumento perigoso, preguntamos se estaban a dicir que non van convocar a OPE 2010?. Seguiremos insistindo cando enviemos as nosas alegacións.

-          Das novas convocatorias non queren nen falar. A Admón dí que non van publicar unha nova convocatoria co sistema actual de baremación. Comentan que están a recibir numerosas peticións do persoal que superou este proceso selectivo para que se faga unha nova convocatoria.

-          En todo caso, a Admón podería valorar facer unha nova convocatoria co baremo de OPE (que entregaron hoxe), xa que segundo nos informaron a plataforma dixital está bastante avanzada. Na reunión anterior acordarase que o novo pacto entraría en vigor con posterioridade á OPE 2010, previa publicación para que todo o persoal fose coñecedor das regras de xogo. Temos que valorar isto para nos posicionar; é importante que se debata nas comarcas e que enviedes os posicionamentos.

-          Puxemos enriba da mesa a dificultade que ten este sistema nos baremos de médico de familia; segundo o baremo de OPE puntuación da experiencia profesional é por categoría e especialidade. Neste colectivo o pacto actual contempla no apartado de experiencia profesional a puntuación de primaria e de urxencias hospitalarias.

-          Solicitamos que as listaxes se rexeneren cunha periodicidade anual, iniciándose con posterioridade á próxima OPE. 

            Esta reunión non deu máis de si, seguiremos insistindo nas nosas propostas, enviaranse ao SERGAS por escrito.

 

 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info