gracias

AMORTIZACIÓN PRAZA TELEFONISTA HOSPITAL MONFORTE

O H.C de Monforte ten previsto amortizar unha praza de telefonista e reconvertela en auxiliar administrativa. REXEITAMOS ESTA AMORTIZACIÓN. Se se necesita unha praza en administración que a creen e que se manteña a de telefonista.
Se se trasladan as chamadas ao Hospital Lucus Augusti a calidade na atención ao público nunca vai ser coma a que poden dispensar as traballadoras de
Monforte xa que elas coñecen o funcionamento interno do noso Hospital e sempre poderán resolver axeitadamente calquera dúbida que poida xurdir e derivar, en caso de ser necesario, ao departamento correspondente.
A intención da noxa Xerencia é que os fines de semana a centraliña sexa atendida por telefonistas do Hula. O día de mañán ¿que pasará? ¿desmantelarán a centraliña e levarana para Lugo?

nota_prensa_A_Voznota_prensa_O_Progreso
nota_prensa

 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info