gracias

NOTA DE PRENSA COMITÉ DE FOLGA HOSPITAL DE MONFORTE

foto_hospiO día 06/01 a Xerencia do Hospital convocou ao Comité de Folga do Hospital de Monforte para unha reunión. Unha hora antes os sindicatos recibiron un correo notificando que quedaba anulada e establecendo unha nova cita para o luns 11

Para os convocantes parécenos unha falta de respeto que se suspenda unha reunión solicitada hai 5 días, unha hora antes de producirse, e  aínda lles parece peor tardar outros 5 días en volver a citalos, tendo en conta os graves asuntos a tratar. É por iso que decimos remitir unha nota de prensa aos medios.

Os sindidatos lembran que non se están cumprindo os acordos de fin de folga, que eran:

  • Contratación dunha TCAE a maiores para reforzar as plantas cando sexa necesario
    • Contratación do celador durante os tres días de máxima actividade en ciruxía
    • Contratación do prometido especialista de dixestivo
    • Solucionar a marcha dun médico rehabilitador debido aos contratos precarios que se lle facían.
    • Mantemento dos contratos cada dous meses aos especialistas, na vez de facer contratos de interinidade.
    • Cese da subdirectora de enfermaría.
    • Contratación dun técnico de laboratorio para o servizo de urxencias.

 

Nesta situación, CCOO, UGT, PROSAGAP E CIG-SAÚDE retoman as concentracións, será os martes ás 12.00 na entrada principal do Hospital e animan á veciñanza a participar “na defensa do noso hospital"

Audio entrevista Onda Cero Monforte. Escoitar audio minutos 0:00:45 a 0:23:48
Ver nota de prensa Xornal de Lemos
Ver nota de prensa Diario de Lemos
IMG_20190207_111713_968

 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info